Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 350 Horas de Titorías: 18.5 Clase Interactiva: 6.5 Total: 375
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Electrónica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O TFM ten como obxectivo principal a análise, deseño, implementación e validación
dun proxecto, realizado de forma individual, relacionado coa Computación de Altas Prestacións e no que se salienten algunhas das competencias adquiridas. Poderase desenvolver nunha empresa ou entidade con acreditada experiencia en proxectos de I+D+i, sendo cotutelado por un profesional do ámbito. O proxecto debe integrar en calquera caso compoñentes de innovación que vaian máis aló da mera paralelización dunha aplicación. O TFM debe promover a achega de valor engadido por parte do estudante en proxectos innovadores, e a súa relación directa co mercado de traballo ou con algún aspecto de investigación.
O obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é introducir ao alumno nun tema de investigación ou de desenvolvemento con obxectivos concretos e alcanzables nun curto espazo de tempo. Ao finalizar o traballo, o estudante será capaz de:
No plano cognitivo:
- Integrar os coñecementos adquiridos para aplicalos a un traballo de investigación ou de desenvolvemento concreto.
No plano subxectivo:
- Presentar e defender os resultados do traballo ante un público especializado.
Análise, deseño, implementación e validación dun proxecto relacionado coa Computación de Altas Prestacións.
O traballo consistirá no estudo dun tema de investigación e/ou desenvolvemento no campo da HPC con obxectivos concretos alcanzables nun curto espazo de tempo.
Para o seu desenvolvemento existirán dúas opcións:
a) A realización vinculada a unha práctica desenvolvida no período de prácticas profesionais en institucións ou empresas.
b) A realización independente de ditas prácticas, que tipicamente permitirá ao alumno introducirse de modo práctico nun traballo de investigación nalgunha das liñas nas que traballan os grupos aos que pertence o equipo docente.
En calquera caso, ao finalizar o traballo o alumno ten que presentar unha memoria final e defender o traballo ante unha comisión especializada.
Dadas as peculiaridades desta materia, resulta imposible especificar unha bibliografía xeral válida para todos os TFM que se van a desenvolver. A bibliografía específica de cada proxecto estará especificada en cada un das diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión Académica do máster.
Competencias da titulación que se traballan (ver memoria título):
- Básicas: CG1,CG2, CG3, CG4, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10
- Transversais: CT1,CT3, CT4, CT5
- Específicas: CE9, CE10
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Tutorías de seguimento cos titores do proxecto para a toma de contacto co TFM, planificación, asesoramento, traballo práctico tutelado no laboratorio, revisado de documentación, memoria e presentación: CG1,CG2, CG3, CG4, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT1,CT3, CT4, CT5, CE9, CE10
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de presentacións e traballos: CG1,CG2, CG3, CG4, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT1,CT3, CT4, CT5, CE9, CE10
Seguimento continuado por parte dos titores que dirixen o traballo e visto e prace na
memoria do proxecto realizado.
Avaliación do traballo por unha comisión integrada por profesores especialistas da área.
O sistema de cualificación será o sinalado con carácter xeral para o máster no regulamento do Traballo Fin de Máster e acorde ao regulamento da universidade.
375h
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptación da metodoloxía aos escenarios 2 e 3
As actividades de titorización do TFM poderán ser presenciais e/ou virtuais no escenario 2 e, no escenario 3, serán virtuais a través de MS Teams ou outras ferramentas telemáticas dispoñibles para as/os docentes e as/os estudantes.
Adaptación do sistema de avaliación aos Escenarios 2 e 3
No escenario 2, a defensa do TFM será realizada pola/o estudante presencialmente ou por medios telemáticos se é necesario.
No escenario 3, a defensa do TFM será realizada pola/o estudante por medios telemáticos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións".