Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Sistemas Operativos I pretende dar ao alumno unha visión xenérica dos sistemas operativos dos computadores convencionais. Deste xeito, os principais obxectivos da materia son:
- Comprender os conceptos e problemas específicos dos Sistemas Operativos.
- Analizar os aspectos funcionais máis relevantes dos Sistemas Operativos, así como a sua estrutura e funcionamento interno.
- Introducir a interfaz de programación de Sistemas Operativos reais (principalmente POSIX) para profundizar no laboratorio nos conceptos vistos previamente.
Nesta materia o alumno adquirirá coñecementos sobre a estructura xeral dos Sistemas Operativos e a sua funcionalidade. Así mesmo se exercitará a expresión oral técnica, a capacidade de organización e planificación e a capacidad de aplicación práctica dos coñecementos teóricos.
Nesta materia non se pretende formar ao alumno en habilidades e técnicas dependentes da tecnoloxía dispoñible en cada momento como a implantación, instalación ou actualización dun sistema operativo particular; se non que se pretende que coñeza as funcionalidades invariantes dos sistemas operativos, a sua estrutura, e a maneira na que resolve a xestión dos recursos hardware, a administración dos programas e aplicacións, e de como se establece a interfaz con o usuario. É decir, non se estudia o sistema operativo dende o punto de vista do usuario, se non dende o do deseñador. Ademáis o estudio faise de maneira xenérica, sen entrar nas peculiaridades de nengún sistema operativo específico. De todos xeitos, tanto os exemplos utilizados en teoría como as prácticas propostas se desenvolven sobre un dos sistemas operativos máis ampliamente difundidos, Linux e Windows.
A materia dividese en 6 temas:
1. Introducción aos sistemas operativos.
2. Procesos e fíos. Planificación.
3. Xestión da memoria.
4. Xestión de arquivos e directorios.
5. Xestión da entrada/salida.
6. Introducción á seguridade.
O libro básico sobre que se desenvolven os contenidos teóricos da materia é:
- Andrew S. Tanenbaum. Sistemas operativos modernos (3ª edición). Editorial Prentice-Hall, 2009. ISBN: 6074420467
Ademáis deste libro é recomendable a consulta dos seguintes libros:
- J. Carretero, F. García, P. de Miguel y F. Pérez. Sistemas Operativos: una vision aplicada (2ª ed.), McGraw-Hill, 2007. ISBN: 8448156439
- G. Nutt. Sistemas operativos (3ª ed.), Addison Wesley. 2004. ISBN: 8478290672
- W. Stallings, Sistemas operativos (5ª ed.), Prentice Hall. 2005. ISBN: 8420544620
- S. Candela, C.R. García, A. Quesada, F.J. Santana y J.M. Santos. Fundamentos de Sistemas Operativos, Thomson Paraninfo, 2007. ISBN: 8497325478
- D. M. Dhamdhere. Sistemas operativos. Un enfoque basado en conceptos. (2ª edición). McGraw-Hill, 2008. ISBN: 9701064054
- F. García, J. Carretero y F. Pérez. Prácticas de sistemas operativos: de la base al diseño (2ª ed.), Createspace Independent Publishing Platform, 2017. ISBN: 1547039884
Tras superar esta materia, o alumno terá un coñecemento preciso do mecanismo de funcionamento dun computador moderno, de cómo se xestiona o seu hardware e de cómo se organiza a execución de diferentes programas. Coñecerá algunhas funcións de manexo de procesos e dispositivos a nivel de chamadas ao sistema operativo, e será capaz de aproveitar as funcionalidades da sua xestión para optimizar o uso dun computador. Tamén adquirirá coñecementos sobre algúns sistemas operativos actuais, e se prestará unha especial atención a Linux.
Os coñecementos e habilidades que adquiere o alumno son xerais, e non específicos dun sistema operativo particular. Esto fai que o alumno teña capacidade para comprender e manexar cualquier sistema operativo, e poida adaptarse a novas evolucións, ao dominar os fundamentos.
De xeito máis esquemático, as competencias que adquirirá o alumno son as indicadas na memoria do título para esta materia (páxinas 20-29)
- Competencias globais: CG4, CG8, CG9
- Competencias transversais: TR1, TR2, TR3
- Competencias asociadas aos módulos: FB4, RI10
O material de traballo para esta materia inclúe os libros dispoñibles na biblioteca. A ferramenta fundamental usada polo alumno será o libro básico indicado na bibliografía e as presentacións utilizadas nas explicacións en clase. O aprendizaxe do alumno tamén estará apoiado na enseñanza virtual, a través do Campus Virtual da USC.
Nas clases expositivas o profesor presentará e desenvolverá os aspectos fundamentais de cada un dos temas da materia. Os contidos que se abordan nestas clases van ser suficientes para que se poidan realizar as prácticas da materia; ademais, se explicarán todos os conceptos que se van a esixir para aprobar a materia.
Nas clases interactivas vanse realizar tres tipos de actividades, as prácticas, as actividades de evaluación das prácticas e a presentación de traballos. Durante as sesións de prácticas o alumno resolverá problemas de programación de aspectos concretos dos sistemas operativos e complementarios aos contidos explicados nas clases expositivas.
En canto as competencias que debe adquiri-lo alumno, nas clases expositivas traballaranse as competencias CG4, CG8, CG9, FB4, RI10, e nas clases interactivas traballaranse as competencias CG8, CG9, TR1, TR2, TR3 , FB4, RI0.
A avaliación da aprendizaxe basearase na realización efectiva dunha avaliación continua e un exame final. A avaliación contínua estará fundamentada na realización efectiva por parte dos alumnos das prácticas propostas ao longo do cuadrimestre e na realización dos traballos propostos. Farase un análise das entregas das prácticas e eventuais entrevistas e tests. O exame final incluirá todos os contidos da materia.
Polo tanto, a avaliación da materia consta de dous apartados que se evalían de maneira independente: exame final e prácticas. O exame final supón o 65% da calificación final e a parte práctica supón o outro 35%. En calquera caso, para superar a materia é requisito aprobar cada unha das partes de xeito independente.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria e necesaria pola avaliación contínua. A realización correcta de todalas prácticas obrigatorias é requisito para a superación da parte práctica da materia. Cada unha das prácticas propostas terá unha data concreta de finalización. Pasada esta data, a práctica será considerada como non feita. Ao rematar cada unha das prácticas propostas, o alumno deberá enviala ao profesor.
Ademáis da entrega das prácticas e a sua avaliación polo profesor, haberá un exame final de prácticas soamente na oportunidade de xullo para os alumnos que non superen as prácticas na convocatoria de febreiro.
A participación en actividades de carácter voluntario propostas polo profesor pode incrementar a calificación final en ata 1 punto, ou liberar de algúns contidos da materia no examen final.
O alumno recibirá a cualificación de "non presentado" cando non faga o exame final.
Avaliación de competencias:
- Dentro da parte teórica da materia (65% da nota), avaliaranse as competencias CG4, CG8, CG9, TR1, TR3, FB4, RI10 mediante distintas preguntas e exercicios no exame teórico.
- Dentro da parte práctica da materia (35% da nota) a nota terá en conta o grao de consecución das competencias CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, FB4, RI10.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo que o alumno deberá destinar a traballo personal e estudio estimouse en 56 horas de estudio autónomo, 15 horas de escritura de exercicios ou outros traballos, 25 horas de programación ou outros traballos en ordenador. O total de horas de traballo persoal do alumno é de 96 horas.
Recoméndase a asistencia a clase de docencia expositiva, ónde se exporán os conceptos básicos da materia, a realización dos traballos propostos polo profesor e a asistencia as clases de docencia interactiva
Prerrequisitos: É necesario saber programar en C. É convinte ter cursada a materia de fundamentos de computadores para coñecer a estrutura dun computador.
As clases impartiranse en castelán.
Francisco Fernández Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816470
- Correo electrónico
- ff.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Javier Lopez Fandiño
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881815504
- Correo electrónico
- javier.lopez.fandino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Aula de Informática I4 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Mércores | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I7 |
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I5 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Venres | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de Informática I5 |
11:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Informática I5 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A3 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A4 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A1 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |