Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia introduce aos estudantes no campo da programación imperativa, presentando conceptos básicos como algoritmo, programa, instrución, tipo de dato, variable, operador, estruturas condicional e repetitiva, deseños descendente e ascendente, función ou biblioteca. As actividades propostas deben proporcionar ao alumnado unha base conceptual e tecnolóxica sobre a que desenvolver futuros proxectos de Intelixencia Artificial (IA). Ante a súa grande versatilidade, a súa crecente popularidade e a alta dispoñibilidade de módulos que facilitan a construción de software por aproximación ascendente, farase uso da linguaxe de programación Python.
Paradigma imperativo.
Tipos de datos e variables.
Importación e uso de bibliotecas.
Control do programa.
Agrupacións de datos.
Entrada e saída.
Scripts e proba de programas.
Deseño modular.
Nesta materia no se proporcionan apuntamentos por parte dos profesores.
Bibliografía Básica:
1. MARZAL VARÓ, Andrés, GRACIA LUENGO, Isabel, GARCÍA-SEVILLA, Pedro. Introducción a la programación con Python 3. Universitat Jaume I, 2014. ISBN 9788469711781. DOI http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia93. URI http://hdl.handle.net/10234/102653.
2. CUEVAS ÁLVAREZ, Alberto. Python 3. Curso Práctico. Madrid: RA-MA Editorial, 2016. ISBN 9788499643595 (recurso electrónico).
Bibliografía Complementaria:
1. MCKINNEY, Wes. Python for data analysis: data wrangling with Pandas, NumPy, and IPython. 2nd ed. Sebastopol, CA: O'Reilly Media, Inc., 2018. ISBN 9781491957639, 1491957638, 9781491957615, 1491957611 (recurso electrónico).
2. VANDERPLAS, Jacob T. Python data science handbook: essential tools for working with data. 1st ed. Sebastopol, CA: O'Reilly Media, Inc., 2016. ISBN 1491912146, 9781491912140, 9781491912133, 1491912138, 9781491912041, 1491912049 (recurso electrónico).
Contribuír a obter as seguintes competencias básicas, xerais, específicas e transversais recollidas na memoria do título de Grao en Intelixencia Artificial (GrIA) da USC, a UDC e a UVigo: CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CE3, CE4, CE5, TR2, TR3 e TR6.
Como parte do módulo de Software e Bases de Datos do GrIA, os resultados da aprendizaxe esperados nesta materia son:
- Levar a cabo o proceso que permite, partindo dun alto nivel de abstracción, implementar código de alta calidade.
- Aplicar programación modular para resolver problemas específicos no eido da IA.
- Comprender a sintaxe e máis a semántica da linguaxe de programación utilizada.
- Adquirir competencias para resolver problemas de forma metodolóxica e práctica.
- Identificar e ter a capacidade para seleccionar nun contorno práctico as principais bibliotecas no campo da IA e a Ciencia de Datos.
- Analizar as alternativas para afrontar un problema e identificar que aspectos poden abordarse con técnicas de IA e cales non.
- Manexar técnicas e ferramentas de proba para asegurar a calidade dos resultados.
As actividades que serán realizadas durante o semestre son as seguintes:
1. Sesións de teoría centradas na exposición por parte do profesor dos conceptos básicos da materia. Intercalaranse as explicacións teóricas coa proposta e resolución de exercicios de programación de pequeno calibre.
2. Realización de actividades prácticas individuais ou por parellas na aula de informática. Os estudantes deberán afrontar a resolución interactiva de diferentes boletíns de exercicios que contribuirán á avaliación continua da materia.
3. Seguimento e realimentación. Programaranse titorías baixo demanda para a orientación activa do traballo dos estudantes, con especial atención ao desenvolvemento das prácticas propostas na aula de informática. Combinarase a modalidade presencial coa telemática a través de Microsoft Teams.
4. Avaliación mediante exame. Durante o semestre e á súa finalización, os estudantes deberán demostrar individualmente o nivel alcanzado con respecto ás competencias propias da materia.
A realización das actividades previstas apoiarase no Campus Virtual da USC (plataforma Moodle) e na aplicación Teams de Microsoft, fundamentalmente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na normativa institucional de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na primeira oportunidade, a avaliación realizarase integramente de forma continua ao longo do semestre, con pesos do 30% e 70% para as partes teórica e práctica, respectivamente. A nivel teórico, o estudante terá que facer fronte a unha ou varias probas, mentres que, a nivel práctico, terá que desenvolver diversos programas de tamaño e complexidade crecentes. Para aprobar a materia é preciso obter unha nota igual a ou maior que 5 na suma das contribucións das actividades teóricas e prácticas.
O artigo 34 dos Estatutos da USC (2014) recolle que entre os deberes dos estudantes atópase o de estudar e participar activamente nas actividades académicas que axuden a completar a súa formación, mentres que o artigo 130 contempla o deber de asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente das materias. No artigo 10 do Estatuto do Estudantado da USC (2019) figura que os estudantes deberán cumprir coa asistencia ás clases teóricas e prácticas e coa realización das actividades formativas propias de cada materia. Neste sentido, faise constar explicitamente que a asistencia ás sesións interactivas desta materia é obrigatoria, polo que as ausencias haberán de xustificarse adecuadamente. O incumprimento desta obriga pode carrexar fortes penalizacións na avaliación continua do estudante.
Na segunda oportunidade a avaliación basearase nun exame teórico e nunha proba práctica de programación cuxas contribucións á cualificación final serán do 30% e do 70%, respectivamente.
Considerase Non Presentado a quen non se presente a ningunha das actividades que se realicen ao longo do semestre, nin ás probas de avaliación da segunda oportunidade.
Baixo ningunha circunstancia se conservarán notas entre convocatorias de distintos cursos.
A materia ten asignados 6 ECTS, o que supón unha aportación persoal aproximada de 100 horas ao marxe do traballo presencial na aula.
Non hai ningunha recomendación especial ao marxe da asistencia regular a clase ou da conveniencia de asumir o esforzo necesario para levar a materia ao día. Non se fai ningunha presunción sobre coñecementos previos dos estudantes.
Só se precisa a instalación do intérprete de Python na máquina do estudante. A distribución estándar está dispoñible en https://www.python.org/.
Esta materia impártese en galego e castelán.
Julian Carlos Flores Gonzalez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816456
- Correo electrónico
- julian.flores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raquel Dosil Lago
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881815507
- Correo electrónico
- raquel.dosil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Varela Pet
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- jose.varela.pet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.12 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | IA.12 |
Xoves | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.12 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.12 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.12 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.12 |
17.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.12 |
23.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
23.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |
23.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
23.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |