Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 15 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Desafíos das Cidades Atlánticas
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Entender as cidades contemporáneas como ecosistemas educativos, inclusivos e sociais.
- Entender a diversidade e interculturalidade como potentes palancas de cambio nos fenómenos educativos.
- Comprender procesos e fenómenos de exclusión e marxinalización urbana.
- Comprender conceptos e procesos de violencia urbana no mundo contemporáneo.
- Entender como os procesos de patrimonialización poden promover a identidade, inclusión e cohesión territorial urbana.
- Analizar, avaliar e implementar planes e programas innovadores en pedagoxía urbana.
- Coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das cidades e vinculalos aos desafíos educativos e sociais das cidades contemporáneas.
1. A cidade como ecosistema educativo, inclusivo e social. Participación en redes urbanas.
2. Os procesos de exclusión e a discapacidade no espazo urbano. Exclusión social no espazo urbano.
3. A violencia urbana e os movementos e espazos de resistencia e reivindicación.
4. Diversidade e interculturalidade como riqueza social no contexto urbano.
5. Procesos educativos para a cohesión urbana e social.
6. A dinámica dos territorios urbanos e a patrimonialización dos centros históricos como proceso identitario, de cidadanía e de competitividade urbana.
7. Cidades educadoras.
8. Análise de planes e programas innovadores no ámbito nacional e internacional.
9. Esbozos para unha pedagoxía urbana aliñada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das cidades.
BÁSICA
- Bosch, E. (ed.) (2008). Educación y vida urbana: 20 años de ciudades educadoras. Santillana.
- Graham, S. (2010). Cities Under Siege. The New Urban Militarism. Verso.
- Nájera, E. (2008). Esbozos para una pedagogía urbana pertinente a los desarrollos educativos en las ciudades. Polis: Revista Latinoamericana, 20.
COMPLEMENTARIA
- Bandarin, F., & Van Oers, R. (Eds.) (2014). Reconnecting the city: the historic urban landscape approach and the future of urban heritage. John Wiley & Sons.
- Páramo, P. (2009). Pedagogía urbana: Elementos para su delimitación como campo de conocimiento. Revista Colombiana de Educación, 57(2), 14-27.
- Pavoni, A., & Tulumello, S. (2020). What is urban violence? Progress in human geography, 44(1), 49-76.
- Pergolis, J.C, Orduz, L. F. & Moreno, D. (2000). Relatos de ciudades posibles. Ciudad educadora y escuela: la práctica significante. Idep/Fundaurbana.
- Crisp, B.R. & Taket, A. (2020). Sustaining Social Inclusion. Routledge.
- Casanova, H. & Lozano, C. (coords.) (2004). Educación, universidad y sociedad: el vínculo crítico (pg. 16-42) Publicacions i edicions de la Universitat de Barcelona.
XERAIS
CG1- Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
CG5- Recoñecer a necesidade de desenvolver unha propia perspectiva crítica cos diversos procesos que podan xerar impactos negativos no espazo urbano.
CB7- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS
CT1- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais tanto de Portugal como da comunidade autónoma de Galicia.
CT2- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
CT3- Desenvolverse para el exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
CT4- Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
CT5- Valorar a importancia que teñen a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
ESPECÍFICAS
CE2.1- Intervir na análise global do desenvolvemento social das cidades.
CE2.2- Propoñer medidas de diagnóstico de situacións e establecemento de planes e propostas de intervención para acadar as metas sociais.
SEMINARIOS
O profesorado presenta un tema ao alumnado co obxectivo de facilitar un conxunto de información con alcance concreto.
OBRADOIRO
O profesorado da materia expón ao alumnado un problema ou problemas de carácter práctico cuxa resolución require a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos nos contidos da materia. O alumnado pode traballar a solución aos problemas expostos de forma individual ou en grupos.
TRABALLO TUTELADO
O profesorado atenderá ao alumnado en sesións de titorías individualizadas e/ou en grupo dedicadas á orientación no estudo e a resolución de dúbidas sobre os contidos e traballo da materia.
ESTUDO DE CASOS
Exponse ao alumnado un escenario de traballo, real ou ficticio, que presenta unha determinada problemática. O alumnado debe aplicar os coñecementos teórico-prácticos da materia para buscar unha solución á cuestión ou cuestións expostas. Como norma xeral, o estudo de casos realizarase en grupos. Os distintos grupos de traballo exporán e porán en común as súas solucións.
SEMINARIO (40)
Realizaranse exames ou probas escritas ao final da materia ou durante o transcurso da mesma, orientadas especialmente a avaliar a comprensión dos coñecementos traballados nas sesións.
TRABALLO TUTELADO (10)
Seguimento continuado da evolución do alumnado e do seu traballo no marco da materia, en base a resolución de problemas e participación nas actividades formativas.
ESTUDO DE CASOS (50)
Avaliaranse as solucións propostas polo alumnado ás prácticas expostas. A avaliación de prácticas pode levar a cabo mediante unha corrección por parte do profesorado, unha defensa da solución achegada por parte do alumnado ante o docente correspondente ou unha presentación oral da solución desenvolvida.
Traballo do alumnado na aula
Seminario 15
Obradoiros 15
Traballo tutelado 10
Estudio de casos 20
Traballo do alumnado fóra da aula
Seminario 0
Obradoiros 15
Traballo tutelado 50
Estudio de casos 20
Recoméndase asistir e participar activamente nas sesións.
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 02- Cartografía |
13.11.2024 19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02- Cartografía |
14.01.2025 19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02- Cartografía |