Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións, Física de Partículas
Áreas: Electrónica, Área externa M.U en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable, Física Atómica, Molecular e Nuclear
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introducir o alumno nos fundamentos e na tecnoloxía dos sistemas solares fotovoltaicos. Analizarnase os elementos que o compoñen e as suas principais características co fin de poder realziar un deseño adecuado das instalacións.
Principios de funcionamento e os compoñentes dun sistema solar fotovoltaicos: células solares e paneis, sistemas de acumulación, otros elementos. Sistemas fotovoltaicos aillados e conectados a rede. Parques solares. Deseño de instalaciones fotovoltaicas. Tecnoloxías apropiadas.
ENERGÍA SOLAR FOTOVOLTAICA
AUTOR: CASTAÑER MUÑOZ, LUIS
EDITA: EDICIONES UPC
AÑO: 1994
THIRD GENERATION PHOTOVOLTAICS: ADVANCED SOLAR ENERGY CONVERSION
AUTOR: GREEN, MARTIN A.
EDITA: SPRINGER
AÑO: 2003
SOLAR CELLS AND OPTICS FOR PHOTOVOLTAIC CONCENTRATION
AUTOR: LUQUE, ANTONIO
EDITA: ADAM HILGER
AÑO: 1989
PHYSICS OF SOLAR CELLS
AUTOR: PETER WURFEL
EDITA: WILEY-VCH
AÑO:2009ENERGÍA SOLAR FOTOVOLTAICA
AUTOR: CASTAÑER MUÑOZ, LUIS
EDITA: EDICIONES UPC
AÑO: 1994
THIRD GENERATION PHOTOVOLTAICS: ADVANCED SOLAR ENERGY CONVERSION
AUTOR: GREEN, MARTIN A.
EDITA: SPRINGER
AÑO: 2003
SOLAR CELLS AND OPTICS FOR PHOTOVOLTAIC CONCENTRATION
AUTOR: LUQUE, ANTONIO
EDITA: ADAM HILGER
AÑO: 1989
PHYSICS OF SOLAR CELLS
AUTOR: PETER WURFEL
EDITA: WILEY-VCH
AÑO:2009
Básicas:
CB02.- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB03.- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobreCompetencias as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB04.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB05.- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Xenéricas:
CG02.- Competencia para incorporarse a un grupo de investigación ou unha empresa que efectúen desenvolvementos nos ámbitos mencionados.
CG04.- Executar, explotar, manter Competenciase xestionar obras e instalacións de tecnoloxías renovables.
CG07.- Coñecer as bases científicas aplicables no campo das enerxías renovables.
CG08.- Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e a eficiencia enerxética.
CG09.- Coñecer a lexislación a nivel local, rexional e global.
CG10.- Coñecer os factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables no marco da sustentabilidade.
Transversais:
CT02.- Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
CT03.- Resolver problemas de forma efectiva, tomando decisións e liderando equipos.
CT09.- Aprendizaxe permanente e continua actualización.
CT11.- Capacidade de traballar nun equipo multidisciplinar.
CT13.- Capacidade de aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CT15.- Capacidade para analizar as demandas, necesidades e expectativas do mercado.
CT16.- Capacidade para analizar, organizar, xestionar e aplicar un proxecto técnico-científico tendo en conta as limitacións de persoal, económicas, legais, etc.
Específicas:
CE02.- Deseñar, proxectar e dirixir a construción de instalacións enerxéticas eficientes, renovables e sustentables, aplicando ferramentas de planificación e optimización así como destrezas na modelización de sistemas. Coñecer os procedementos de avaliación e dimensionado de sistemas enerxéticos así como os seus tempos de retorno.
CE03.- Analizar a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto e propoñer solucións específicas e innovadoras aos problemas técnicos que se poden atopar nas empresas do sector. Comparar e seleccionar as alternativas científico-técnicas máis adecuadas en diferentes contextos socioeconómicos e ofertalas da maneira máis atractivo posible a potencias clientes.
CE10.- Capacidade para achegar instrumentos e metodoloxías para a diagnose, a xestión e a planificación enerxética en diferentes tipos de comunidades, promovendo a implantación do desenvolvemento de políticas e estratexias racionais e sustentables a partir de diferentes recursos enerxéticos.
A materia desenvolverase en horas de clases maxistrais e actividades diversas (seminarios, mesas redonda, coloquios, etc.), utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o estudante.
Entregaráselle ao estudante todo a material base necesario para o estudo da materia a través da web virtual da materia.
O estudante dispoñerá das horas de titorías correspondentes para solucionar dúbidas, ampliar coñecementos e mellorar os procesos de exposición dos seminarios.
Os estudantes deberán desenvolver en grupo ou de forma individual ao longo do curso un traballo que deberán expoñer.
Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia.
A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos. Durante o desenvolvemento do temario poderanse utilizar programas informáticos e internet.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
A cualificación final será o resultado da avaliación de:
Exame (45%).
Realización de traballos e/ou actividades (45%). Valorarase especificamente a destreza na procura de material para o desenvolvemento de temas, a capacidade de síntese na elaboración do traballo e o dominio dos temas. Entre as actividades deseñadas nos seminarios e clases maxistrais, inclúense clases prácticas obrigatorias nos laboratorios dos Grupos de Investigación.
Titorías individualizadas (10%).
Poderanse realizar diferentes probas para comprobar a obtención de coñecementos teórico-prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
O alumnado que non se presentase ao exame ou non se sometese á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria obterá a cualificación de non presentado.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa para a avaliación do rendemento académico dos alumnos e a revisión das cualificacións”.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a creación de obras plaxiadas ou obtidas de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e fontes.
En xeral, pódense realizar diferentes probas para comprobar a obtención de coñecementos teórico-prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
De forma xeral, poderanse realizar diferentes probas para verificación obtención coñecementos téoricos/prácticos e adquisición de habilidades e actitudes.
A materia desenvolvésese en 21 horas de clases maxistrais, laboratorio e seminario e 3 horas de titorías para o que o alumno dispoñerá do material e os medios audiovisuais correspondentes. Ademais o alumno necesitaría un total de 51 horas en total.
A materia impartirase en castelán.
Antonio Jesus Garcia Loureiro
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 881816467
- Correo electrónico
- antonio.garcia.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ma Angeles Lopez Aguera
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Teléfono
- 881813974
- Correo electrónico
- a.lopez.aguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Fernández Fernández
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
- Categoría
- Profesor/a área externa
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
22.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
09.07.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |