Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Electrónica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar as prácticas profesionais, o estudante:
- Terá experiencia na aplicación dos coñecementos adquiridos en contextos reais
- Será capaz de reflexionar sobre como se desenvolve a aplicación dos coñecementos adquiridos no máster por profesionais de maior experiencia na realidade
- Terá experiencia real na toma de decisións
- Terá experiencia na adaptación a novas circunstancias na contorna laboral
Os contidos desta materia estarán relacionados cos contidos dunha ou varias das materias do master e fomentarán que o estudante aplique os coñecementos, capacidades e aptitudes adquiridas no resto das materias á realidade profesional.
Dadas as peculiaridades desta materia, resulta imposible especificar unha bibliografía xeral válida. A bibliografía será específica das tarefas a desenvolver na empresa, institución ou entidade.
Competencias da titulación que se traballan (ver memoria título):
- Básicas: CG1, CG3, CG4, CG5, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10
- Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5
- Específicas: CE8
Aprendizaxe baseada na práctica profesional.
Tutorías de seguimento.
Seguimento continuado e obxectivable dunha participación activa 20%
Avaliación de informes finais 80%
150h
As prácticas poderanse desenvolver en institucións públicas, empresas ou entidades non lucrativas. Tanto a Facultade de Informática da UDC como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC teñen un amplo grupo de empresas e institucións colaboradoras a través de convenios para a realización de prácticas. En calquera caso, existe o compromiso firme por parte da coordinación do máster de aumentar o elenco de organizacións colaboradoras, de maneira que os estudantes do título dispoñan sempre da mellor e máis actualizada oferta de prácticas posible.
Cada estudante disporá dun titor académico (profesor-titor) ao que poderá recorrer para calquera cuestión, dúbida ou continxencia. A empresa asignará un titor profesional que se encargará de tutorizar o traballo do alumno dentro da empresa. Ademais, emitirá un informe final valorando o traballo do alumno, seguindo un modelo normalizado, que será tido en conta polo titor académico na valoración.