Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 295 Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer mediante a experiencia directa do mundo profesional as formas de organización do traballo e os condicionantes da profesión tal e como se exerce nos medios profesionais.
Ofrecer ao estudante un primeiro contacto co mundo profesional, como espazo para poñer en práctica todas aquelas competencias, habilidades e coñecementos sobre a profesión que o estudante adquiriu no curso da súa formación.
Considéranse prácticas externas as actividades formativas realizadas polos estudantes de Grao nunha empresa, entidade ou organismo, de carácter privado ou público, que teñen como obxectivo complementar a formación universitaria do estudante, e achegar a este ás realidades do ámbito profesional onde exercerá a súa actividade unha vez háxase graduado.
O obxectivo principal perseguido co desenvolvemento destas prácticas externas é permitir ao estudante a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos na súa formación académica, preparándolle para o exercicio de actividades profesionais e facilitando a súa incorporación ao mercado de traballo
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG7: Capacidade de traballar nun grupo multidisciplinar e de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coa robótica e a electrónica.
CEPE: Capacidade para adaptar e aplicar no ámbito profesional un subconjunto significativo das competencias adquiridas neste título de Grao.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10: Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT11: Utilización de información complementaria e/ou puntual en lingua inglesa.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Seguirase a normativa xeral de avaliación da USC e as especificacións descritas na memoria de título. Realizarase unha avaliación final a partir do informe do titor profesional e a memoria final de prácticas externas realizada polo estudante.
Realización de traballos durante as prácticas en organismos externos, empresas ou institucións públicas ou privadas
HP:290 horas
Titoría individualizada:
HP: 5
Avaliación e revisión
HP: 5