Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 11.5 Clase Interactiva: 4.5 Total: 16
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Ciencia Política e Socioloxía, Economía Aplicada
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Ciencia Política e da Administración, Socioloxía, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O traballo fin de máster é unha achega orixinal, autónoma e individual de cada estudante, baixo a supervisión dun titor/a, que consiste na elaboración dun traballo no que se acrediten coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.
O Traballo de Fin de Máster é unha achega orixinal, autónoma, individual ou en grupo, baixo a supervisión de persoal docente, que consistirá ben nunha investigación empírica, ben no deseño dun proxecto de xestión pública local. En calquera dos itinerarios indicados a continuación, deberá acreditarse a posesión dos coñecementos e as destrezas adquiridas durante os estudos realizados no Máster.
Itinerario de investigación
A realización do TFM incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, análise de datos, redacción e exposición e defensa públicas.
Calquera que sexa a modalidade do traballo elaborado, o proceso de titorización e aprendizaxe abarcará os seguintes contidos:
1. Identificación e xustificación do problema
2. Definición das preguntas da investigación
3. Definición de obxectivos do traballo
4. Planificación do traballo e secuenciación de tarefas
5. Revisión bibliográfica
Os traballos, en función da súa modalidade, deberán incluír, segundo as orientacións do/as titores/as, as combinacións pertinentes dalgúns dos seguintes contidos:
1. Deseño da investigación
2. Identificación de poboacións de unidades de análises
3. Construción de teorías e modelaxe
4. Aplicación de teorías
5. Conceptualización
6. Construción de (sistemas de) indicadores
7. Mostraxe das poboacións e selección de casos
8. Formulación e contraste de hipótese
9. Recollida de datos e organización sistemática dos datos
10. Análise e interpretación de datos
11. Calibración e probas de sensibilidade dos resultados da análise
12. Exposición do alcance e as implicacións dos resultados.
Itinerario profesionalizante
Os traballos, en función da súa modalidade, deberán incluír, segundo as orientacións do/as titores/as, as combinacións pertinentes dalgúns dos seguintes contidos:
1. Identificación e descrición do problema que se pretende solucionar co proxecto
2. Valoración de necesidades
3. Desenvolvemento dun modelo estrutural do problema, inclusivo dos factores de risco e protectores, e especificando dos factores e os mecanismos mediadores
4. Información ou evidencia sobre a natureza do problema e o modelo estrutural das que dar conta mediante unha revisión bibliográfica ou consultas con expertos, incluídos practicantes e consumidores
5. Identificación da poboación obxectivo particular
6. Especificación dos factores ou mecanismos de risco susceptibles de manipulación en cada nivel do sistema
7. Identificación dos niveis, os escenarios e os axentes da intervención
8. Desenvolvemento dun modelo lóxico ou unha teoría do cambio
· Modelo lóxico: especificación do proceso de intervención en termos de elementos nucleares do programa (obxectivos, inputs, actividades); outputs (produtos das actividades do programa); efectos intermedios maleables (cambios nos mediadores); e resultados distais.
· Teoría do cambio: exposición dunha cadea causal de actividades dirixidas a producir un resultado de intervención positivo. Xustifica as actividades do programa e especifica os axentes da intervención, as súas actividades, e o escenario destas.
9. Establecemento de benchmarks de éxito
10. Especificación do contido esencial do programa:
· Descrición dos servizos que fornecer (para lograr as metas)
· Calendarios, axendas, secuencias e prazos para as fases ou os ciclos do servizo
· Procedementos para a supervisión dos procesos do programa e a valoración dos resultados
· Inventarios dos recursos que se necesitan para executar o programa
· Capacidade da organización para albergar e executar o programa
· Requisitos e procedementos para a información e a rendición de contas sobre o programa
· Requisitos legais, reguladores, de códigos ou de certificación
· Cuestiones de implementación, v.gr., influencias organizativas e outras influencias ambientais
· Formación dos axentes da intervención
· Supervisión dos axentes da intervención
· Integración da intervención con outras intervencións
· Relación da intervención cos estándares clínicos, as guías profesionais e a práctica baseada na evidencia
Competencias:
Básicas e xerais
CG2 - Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada
CG1 - Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado e da sociedade no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
CG4 - Capacidade para xerar novas ideas e resolver problemas en contornas cambiantes que permita avances no coñecemento da xestión local e as políticas públicas.
CG5 - Habilidade de aplicar os coñecementos adquiridos nun traballo concreto ou nun proceso de investigación orixinal.
CG6 - Habilidade para recuperar e analizar información de fontes que permitan deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito xeral das ciencias sociais.
CG8 - Actuar de forma autónoma na avaliación dos acontecementos sociopolíticos, prever os seus posibles escenarios de desenvolvemento, e adoptar as medidas pertinentes para aproveitar as oportunidades e sinerxias nas que poida verse inmersa a administración local.
CG10 - Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
CG11 - Detectar e xestionar a influencia dos cambios tecnolóxicos nos servizos en liña, as redes sociais, a comunicación e o márketing de servizos públicos; que permita facer un aproveitamento óptimo dos mesmos na xestión local.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixida ou autónoma.
Transversais:
CT1 - Comunicación oral e escrita
CT2 - Organización e planificación
CT3 - Capacidade de razoamento crítico
CT4 - Autonomía na aprendizaxe
CT5 - Capacidade de traballo nun equipo interdisciplinar
CT6 - Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT7 - Creatividade e capacidade innovadora
CT8 - Competencia para a procura e xestión de información e datos
CT9 - Compromiso pola calidade, o rigor, a responsabilidade e a honestidade no desenvolvemento do traballo, así como nos seus resultados.
CT10 - Habilidade de aprendizaxe autodirixida e traballo autónomo no campo das ciencias sociais.
Específicas:
CE4 - Coñecer os principais paradigmas e enfoques teóricos tanto clásicos como actuais, así como as novas técnicas de dirección e xestión pública baixo unha perspectiva interdisciplinar.
CE10 Adquirir a capacidade de usar e tratar eficientemente datos de utilidade, interese e aplicación á xestión pública local innovadora.
CE11 - Capacidade de deseñar, analizar e avaliar políticas, proxectos e programas innovadores, para promover un goberno e unha xestión pública eficiente e próxima á cidadanía.
CE1 - Coñecer e aplicar a metodoloxía e deseño de investigación empírica nas ciencias sociais, así como as súas principais técnicas cualitativas e cuantitativas.
CE2 - Adquirir coñecementos teóricos e aplicados das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico, para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
Resultados:
• Comprensión e valoración críticas de información teórica e fáctica sobre temas, fenómenos ou cuestións problemáticas no ámbito das políticas públicas innovadoras, especialmente no marco da Axenda 2030, e a xestión pública local.
• Integración nunha totalidade coherente dos coñecementos multidisciplinares adquiridos nas materias do Máster.
• Capacitación para o deseño e a execución dun traballo de investigación empírica sobre a xestión local e as políticas públicas innovadoras aplicando as ferramentas metodolóxicas e técnicas propias das ciencias sociais.
• Capacitación para o deseño e a execución dun proxecto de xestión de políticas públicas innovadoras na administración local, integrando elementos de deseño de políticas, xurídico-administrativos, económico-financeiros ou relativos aos recursos humanos requiridos para a implementación.
• Capacitación para o traballo autónomo, a xestión do tempo e a toma de decisións.
• Capacitación para a exposición e a defensa pública dun proxecto ben de investigación, ben de xestión, achegando argumentos pertinentes en apoio das decisións tomadas e respondendo con rigor lóxico ás observacións críticas derivadas do escrutinio de profesionais expertos na materia obxecto do proxecto.
Avaliación continua/supervisión. Mínimo 15%, máximo 30%.
Avaliación do TFM. Mínimo 40%, máximo 70%.
Avaliación do acto de defensa. Mínimo 15%, máximo 30%.
Titorías 17.5 horas
Traballo persoal do alumno/a 132 horas
Defensa Pública de TFM 0.5 horas