Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 11.5 Clase Interactiva Seminario: 4.5 Total: 16
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica, Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Traballo de Fin de Máster (TFM) é un traballo orixinal e persoal que cada estudante realiza de forma
autónoma baixo autorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos
contidos formativos e as competencias asociadas ao título.
Os contidos do TFM defínense nas propostas individuais ofertadas polos profesores titores,
segundo a normativa disposta pola Comisión Académica de Máster.
O tema de cada traballo é específico, dado o carácter individual do traballo.
B12 CNC12: Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou
altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da
metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
C12 HBL12: Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de
contextos máis amplos e mulitidisciplinares, sendo capaces de integrar coñecementos.
C13 HBL13: Comunicar (de forma oral e escrita) as conclusións- e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a
públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
D11 CMP11: Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas
ou tecnolóxicas dentro o seu ámbito temático, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente
de transferencia do coñecemento.
D12 CMP12: Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que,
sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación de
coñecementos e xuízos.
D13 CMP13: Asumir a responsabilidade do propio desenvolvemento profesional e da especialización nun ou máis campos
de estudo, de forma continuada, autodirigida e autónoma.
Traballo tutelado -Traballo orixinal e persoal que cada estudante realiza de forma autónoma baixo titorización
docente
Estudo previo -Procura, lectura e traballo de documentación, propostas de resolución de problemas e/ou exercicios
que se realizarán na aula ou no laboratorio de forma autónoma polo alumnado.
Estudo de casos -Faise unha análise crítica de problemas similares ao exposto no TFM, co fin de extraer ideas,
analoxías, métodos ou resultados parciais que axuden na resolución do problema exposto no TFM.
Resolución de problemas de forma autónoma -O estudante estuda as posibles solucións a un problema científico-técnico proposto para o seu TFM,
e elabora unha solución de síntese (analítica, meteorolóxica, experimental ou combinada) que lle permita alcanzar os obxectivos previstos.
Presentación -O estudante escribe un informe final ou memoria descritiva do traballo realizado
A avaliación farase mediante a presentación e defensa ante un Tribunal do traballo individual realizado polo alumno baixo a
titoría dun profesor da titulación, ou un profesor ou enxeñeiro alleo á Universidade, representado por un profesor da
titulación.
Na avaliación, o Tribunal poderá ter en conta as opinións ou o informe razoado do profesor titor, así como aspectos como a
calidade da presentación, a revisión da estado da arte, a calidade da proposta técnica, a novidade e relevancia dos
resultados, a capacidade de iniciativa do estudante etc.
Valoración do traballo realizado e da memoria descritiva ou informe final do TFM: 60%
Valoración da presentación pública do TFM (20%) e das respostas do alumno ás preguntas formuladas tras a exposición pública (20%)
.................................................................... Horas na aula......Horas fora da aula......Horas totais
Traballo tutelado.........................................................0........................80......................80
Estudo previo.............................................................0........................20......................20
Estudo de casos..........................................................0........................10......................10
Resolución de problemas de forma autónoma..................0.......................10......................10
Presentación ..............................................................0.......................29......................29
Presentación...............................................................0.........................1.......................1
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientador, considerando a heteroxeneidade do alumnado.
Cada estudante reunirase periodicamente cos seus titores para recibir guía, orientación ou axuda sobre os obxectivos, a metodoloxía, a análise de resultados e a presentación do traballo.
Cada estudante reunirase periodicamente cos seus titores para recibir guía, orientación ou axuda sobre a redacción do informe final e a presentación do traballo