Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Ecotoxicoloxía trata o estudo dos efectos adversos dos compostos químicos sobre os organismos vivos, dende o nivel do individuo ata o do ecosistema e incluso da biosfera (ecotoxicoloxía planetaria). Os efectos estudados non teñen porque ter unha raíz estritamente toxicolóxica, outros tipos de perturbacións de orixe químico, físico ou biolóxico poden ser consideradas dentro de esta sub-disciplina da Ecoloxía (p.e. eutrofización, radioactividade, etc.).
O punto de vista ecolóxico, de contexto integral, é o cumio das aspiracións de esta ciencia. Por elo, se inclúen dentro de esta disciplina todos os procesos: transporte, distribución, transformación i efectos dos compostos químicos sobre o ambiente e os organismos. Ademais, considérase que os efectos poden ser directos ou indirectos, a través de alteracións do medio ou das interaccións inter-específicas, e estúdanse tanto os efectos puntuais espazo-temporais como os globais.
Os obxectivos que se perseguen cos estudos ecotoxicolóxicos podemos agrupalos en tres tipos:
• Desenvolvemento de principios empíricos ou teóricos sobre a resposta e efectos de compostos químicos sobre os sistemas vivos.
• Xerar datos que poidan ser usados nas decisións sobre Avaliación do Risco, Desenvolvemento sostible, etc.
• Intervir no deseño de requirimentos legais que regulen a manufactura e a liberación de sustancias.
O programa parte dos conceptos básicos de toxicoloxía ambiental, pero potenciando os aspectos integrados, é dicir, mais ecolóxicos ou de supra-organismos (i.e. poboación, comunidade e ecosistema). Tendo en conta o obxectivo de este máster, préstase especial atención ao enfoque aplicado, vinculado á necesidade de dispor de ferramentas biolóxicas realistas de vixilancia e avaliación da calidade ambiental respecto á saúde humana e dos ecosistemas.
O programa teórico se estrutura en 6 bloques: i) Introdución; ii) O proceso ecotóxico; iii) Avaliación da ecotoxicidade; iv) Biodegradabilidade das toxinas e efectos ecolóxicos secundarios; v) Predición e avaliación de riscos ecolóxicos; e iv) Biomonitorización da calidade ambiental.
O programa teórico se complementa con docencia interactiva, fundamentalmente seminarios, na que se tratarán diferentes temas: modelado da bioacumulación, tipificación de respostas tóxicas, obtención e caracterización de bioindicadores, técnicas de biomonitorización da calidade ambiental, bases de datos e técnicas de avaliación do risco, bioensaios ecotoxicológicos, etc. Además realizarase una práctica de campo na que mediante a presenza de diferentes tipos de líquenes (clasificados en función das formas de crecemento) poida caracterizarse a integridade ecolóxica das comunidades de estes organismos nunha zona urbana.
I. INTRODUCIÓN. Concepto e obxectivos da Ecotoxicoloxía. Fontes e tipos de contaminación. Características dos principais contaminantes. Conceptos toxicolóxicos básicos.
II. O PROCESO ECOTÓXICO. Fase de Exposición (Distribución e transformación de compostos químicos no ambiente. Modelos de circulación e destino dos contaminantes. Fases de acción dunha sustancia tóxica). Fase Ecotoxicocinética (Distribución corporal dos tóxicos. Biotransformación, fixación e excreción. Modelización ecotoxicocinética. Bioconcentración e biomagnificación. Niveis de referencia e factores de contaminación. Modelos de uno ou varios compartimentos). Fase Ecotóxicodinámica (Respostas biolóxicas ós tóxicos e a súa avaliación. Respostas moleculares e fisiolóxicas. Respostas demográficas, etolóxicas e interaccións específicas, etc. Respostas de comunidades e ecosistemas.
III. AVALIACIÓN DA ECOTOXICIDADE. Parámetros toxicolóxicos básicos e a súa determinación. Deseño de ensaios de toxicidade e características (duración, normalización, transformación de datos, unidade tóxica, toxicidade equivalente). Curvas concentración–resposta. Factores que inflúen na toxicidade (toxicidade comparada, tempo de exposición, condicións ambientais, concentracións flutuantes, seguridade ecolóxica, combinación de tóxicos, persistencia, mobilidade, etc.). Deseño de ensaios ecotoxicolóxicos (micro e meso cosmos; tolerancia inducida). Estudios ecotoxicolóxicos en condicións naturais (deseños BACI).
IV. BIODEGRADABILIDAD DE LAS TOXINAS Y EFECTOS ECOLÓGICOS SECUNDARIOS. Biodegradación e biomagnificación de compostos xenobióticos. Interaccións microbianas con contaminantes inorgánicos (transformacións do nitrato, metilacións e acumulación microbiana de contaminantes. Probas de biodegradabilidade de toxinas.
V. PREDICCIÓN E AVALIACIÓN DE RISCOS ECOLÓXICOS. Predición e avaliación do risco ambiental. Actividade tóxica potencial (QSARs). Coeficiente de reparto octanol-agua (Kow) e aplicacións. Procedementos para a avaliación do risco en toxicoloxía ambiental (identificación e estimación do risco). Procedementos para a avaliación do risco ecolóxico (estima da bioacumulación; utilidade das mostras abióticas e bióticas; predición da concentración no efecto).
VI. BIOMONITORIZACIÓN DA CALIDADE AMBIENTAL. Concepto. Características dos sistemas de biomonitorización. Técnicas de biomonitorización. Biomarcadores bioquímicos e celulares: (proteínas e encimas, ácidos nucleicos, biomarcadores inmunolóxicos, biomarcadores histolóxicos, deformidades morfolóxicas e asimetría fluctuante). Bioindicación óptica. Biomonitorización por acumulación química. Métodos para a detección de bioindicadores. Biomonitorización de ecosistemas terrestres (calidade do aire: contaminación química, acústica e electromagnética; calidade do solo: ensaios e estudos de ecotoxicidade). Biomonitorización dos ecosistemas acuáticos (augas continentais: contaminación, eutrofización; augas mariñas: mareas negras e mareas verdes). Sistemas integrados. Planes de vixilancia. Bancos de Especimenes Ambientais.
Básica
• Clements, W. e Newman M.C. 2002. Community Ecotoxicology. Ed. J.Wiley & Sons Ltd. UK. ISBN: 0-471-49519-0 (Acceso libre en: https://onlinelibrary.wiley.com/doi/pdf/10.1002/0470855150)
• Newman M.C. 2014. Fundamentals of Ecotoxicology: The Science of Pollution, 4ªed. Ed. CRC Press. ISBN: 978-1466582293
• Walker, C.H., Sibly, R.M., Hopkin, S.P. e Peakall, D.B. 2012. Principles of Ecotoxicology. 4ªEd CRC Press. ISBN: 9781439862667
Complementaria (*: recomendada)
• Carballeira, A. e Aboal, J. 2000. Bancos de Especimenes Ambientales. Una propuesta para Galicia. Ed USC- Conselleria do M. Ambente (XUGA). ISBN: 84-8121-838-3
• *Carballeira et al. 2003. Biomonitorización de la calidad del aire. En Clima y calidad ambiental. Ed. A. Martí. Pbl. USC. ISBN 84-9750-142-X
• Carballeira, A., Carral, E., Puente, X. e Villares, R. 1997. Estado de conservación de la Costa de Galicia. Nutrientes y metales pesados en sedimentos y organismos. Ed. USC-Conselleria de Pesca (XUGA). ISBN 84-8121-620-8
• Connell, D., Lam, P., Richardson, B.Y. e Wu, R. 1999. Introduction to Ecotoxicology. Ed. Balckwell Sc. Londres. ISBN 0-632-03852-7.
• *Moreno, M.D. 2003. Toxicología ambiental. Evaluación del riesgo para la salud humana. Ed. Mc Graw Hill. ISBN: 9788448137816
• *Newman, M.C. 2001. Population Ecotoxicology. Colección: Hierarchical Ecotoxicology. Ed. Wiley & Sons. UK. ISBN-10: 0471988189
• *Ramade, F. 1995. Precis d´ecotoxicologie. Collection d´Ecologie. Ed. Masson. Paris. ISBN-10: 2225825785
• Tannenbaum, L.V. 2017. Ecological Risk Assessment: Innovative Field and Laboratory Studies. CRC Press 1ªed. ISBN: 1498786170
Básicas e xerais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida auto-dirixido ou autónomo.
CG1 - Identificar e enunciar problemas ambientais
Transversais
CT4 - Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese
Específicas
CE8 - Abordar un problema real de Enxeñaría Ambiental baixo unha perspectiva científico‐técnica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE9 - Posuír as habilidades do aprendizaxe autónomo para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñaría Ambiental que permitan o desenrolo continuo da profesión
Usarase a Aula Virtual da USC, como ferramenta de comunicación cos alumnos ofrecéndolles información da programación docente ó longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntes do profesor, así como artigos científico-técnicos), fomentando o estudo autónomo e o manexo de fontes bibliográficas. O inicio do curso facilitarase o seguinte material no campus virtual da materia:
1. Guía docente: guía aprobada pola Titulación
2. Planificación diaria: unha guía onde se indicará a planificación detallada das actividades.
3. Presentacións: as presentacións-guía usadas polo profesor nas clases expositivas.
4. Material complementario: lexislación relevante, artigos científicos, enlaces a páxinas web, etc.
• Clases expositivas e interactivas: realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercicios) ó longo do curso para ilustrar os contidos teóricos e as aplicacións prácticas e onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados do estado da arte, e onde se verificará a asimilación de contidos por parte do alumnado. É por iso moi importante que o alumno vaia traballando o material de que dispón para promover a interacción profesor-alumno.
• Titoría grupal: Se poderá propoñer a realización de traballos en grupo ou individuais de tipo bibliográfico u sinxelos traballos prospectivos. Aínda que a materia es principalmente teórica, se prevé como actividade complementaria desenrolar o procedemento utilizado na avaliación do risco ou a biomonitorización da calidade do medio nun entorno industrial.
• Titoría individualizada: realizaranse de forma presencial ou ben a través de MS Teams segundo acorden o estudante e o profesor.
A resolución dos problemas plantexados en seminarios e titorías esixe do alumno unha dedicación adicional non presencial.
Nas titorías planéase a posibilidade de realizar, en grupo ou individualmente, traballos bibliográficos ou prospectivos. Se poderá plantexar a presentación oral ou por escrito dos traballos desenrolados para a súa avaliación.
Na cualificación final terase en conta o exame final e a avaliación continua. O exame consistirá en resolver cuestións teóricas, en forma de preguntas cortas e na resolución de casos prácticos sinxelos. Non se conservan partes do exame entre avaliacións ou convocatorias. O sistema de avaliación manterase igual para os alumnos repetidores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A cualificación do alumno terá en conta o seu rendemento no exame final e na avaliación continua (E.C.).
• Exame final presencial: consistirá en resolver cuestiones teóricas, en forma de preguntas cortas e na resolución de casos prácticos sinxelos. 50% da puntuación final.
• Avaliación continua (50% da puntuación final):
- Cuestionarios de seguimento: a realizar tras cada bloque temático de forma individual por vía telemática (10-15 min). Ponderación: 60% de la E.C.
- Traballo individual ou en grupo: presentación (por escrito ou exposición breve) de traballos de tipo bibliográfico ou prospectivo. Ponderación: 30% de la E.C.
- Comportamento proactivo na aula: preténdese valorar la actitude diaria de cada alumno, en especial: a) mostra de que sigue o día a materia e as discusións que se fan na aula; b) comentarios pertinentes sobre o tratado; c) motivación e actitude positiva na clase, entre outras. Ponderación: 10% de la E.C.
Para poder aprobar a materia é necesario que o alumnado participe, polo menos, no 80% das actividades interactivas programadas (seminarios e práctica de campo) que terán un carácter obrigatorio.
A consideración de “non presentado” se obterá se non se asiste a ningunha actividade avaliable, senón será de “suspenso”. Os que teñan que acudir á la segunda oportunidade se lles conservarán as cualificacións obtidas na E.C. No caso de non haber participado en algunha actividade concreta terán preguntas adicionais.
Distribución de la cualificación Modalidade
Avaliación continua 5 puntos
- Cuestionarios 60% Telemática, síncrona
- Traballo en equipo o individual 30% Presencial
- Proactividade 10% Presencial
Exame final 5 puntos Presencial
Avaliación de competencias
A avaliación das competencias realizarase a través de
- Exames e cuestionarios: CB6, CB7, CB8, CB10, CG1, CT4, CE9
- Traballos e titorías: CB8, CB9, CE8
- Comportamento proactivo: CG1, CB6, CB9, CE8
A materia podería ser convalidada segundo sexa o expediente académico do alumno.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 5,0 ECTS correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas
Teoría 14
Prácticas 4
Seminarios 18
Exame 2
Traballo autónomo 74,5
Total 112,5
Presuponse que os alumnos que se matriculen na materia han de ter unha serie de coñecementos básicos en Bioloxía e Química xeral e Ecoloxía que resultan de importancia para lograr superala mesma. Ademais para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais: como Inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicacións informáticas básicas (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas Web) a nivel usuario.
Recomendacións para a docencia telemática. De acordo coas normas da avaliación telemática, es preciso dispor de micrófono e cámara para a realización de exames telemáticos, ademais de que estes dispositivos melloran a interacción co profesorado.
As clases impartiránse en Castelán.
Alejo Carballeira Ocaña
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813312
- Correo electrónico
- alejo.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Jose Angel Fernandez Escribano
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813314
- Correo electrónico
- jangel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
07.11.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
07.11.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
07.11.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |