Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 282.5 Horas de Titorías: 12.5 Clase Interactiva: 5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo do TFG será verificar a adquisición por parte do estudante das destrezas e competencias descritas no apartado de competencias nos obxectivos xerais do título de Grao, xunto a destrezas específicas de orientación académica ou profesional.
CETG.- Desenvolvemento das capacidades adecuadas para realizar un exercicio orixinal individual (ou excepcionalmente colectivo), presentalo e defendelo ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas do campo da Robótica de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10: Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT11: Utilización de información complementaria e/ou puntual en lingua inglesa.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Asistencia e orientación para a elaboración do proxecto e a memoria do Traballo Fin de Grao: definición de obxectivos, orientación durante a realización do traballo e a elaboración da memoria, revisión da memoria, e orientación para a preparación da presentación.
Valorarase o Traballo de Fin de Grao tendo en conta o tema, traballo realizado, metodoloxía, valor dos resultados e conclusións, así como a memoria escrita e a presentación oral. Esta avaliación realizarase presencialmente mediante proba oral que debe ser precedida da presentación dunha memoria do traballo realizado.
Desenvolvemento e aplicación das competencias e coñecementos adquiridos no grao á realización dun proxecto no ámbito do mesmo. Elaboración dunha memoria escrita sobre o devandito proxecto.
HP: 0 ------ HNP:295
Presentación e defensa do Traballo Fin de Grao ante un tribunal
HP: 3 ----- HNP:5