Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica, Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia céntranse na aplicación práctica na contorna dun proxecto de empresa dos coñecementos, habilidades e competencias, adquiridos polo alumno no Máster.
Con este obxectivo realizarase unha estancia de 3 créditos ECTS nunha empresa desenvolvendo tarefas relacionadas co ámbito IoT aplicado o Vehículo Conectado.
A materia non ten contidos específicos xa que dependerá do proxecto desenvolvido na empresa, pero o traballo realizado deberá estar relacionado co ámbito IoT aplicado o Vehículo Conectado.
A materia non utiliza bibliografía específica
Coa realización da materia o alumno deberá adquirir as seguintes competencias e habilidades.
CMP10: Adquirir experiencia no deseño, desenvolvemento, despregamento e mantemento de sistemas IoT nunha contorna real de traballo. Tipo: Competencias.
HBL12: Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e mulitidisciplinares, sendo capaces de integrar coñecementos. Tipo: Habilidades ou destrezas.
HBL13: Comunicar (de forma oral e escrita) as conclusións- e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. Tipo: Habilidades ou destrezas.
HBL14: Predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade. Tipo: Habilidades ou destrezas.
CMP13: Asumir a responsabilidade do propio desenvolvemento profesional e da especialización nun ou máis campos de estudo, de forma continuada, autodirigida e autónoma. Tipo: Competencias.
Aprendizaxe baseada na práctica profesional. As titorías correrán a cargo do profesorado do máster e do persoal da empresa.
Avaliación de informes finais (memoria de actividades das prácticas). Estes informes serán avaliados polo titor académico e terán unha ponderación na nota final do 70%.
Informe de titor profesional. Este informe elaborado polo titor do alumno na empresa terá unha ponderación na nota final do 30%.
A materia suporá 75 horas de traballo na empresa incluíndo a redacción da memoria final de actividades.