Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 11 Total: 22
Linguas de uso Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Intelixencia Artificial
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia introduce ao alumno na derivación de información e coñecemento a partir da análise dunha colección de documentos en lingua natural, o que refire á práctica totalidade de datos xerados e almacenados. Capacitaráselle na análise do contido sobre modelos de representación documental enriquecidos, co fin de abordar aplicacións concretas sobre distintos dominios. Merecerán especial atención a extracción de información relevante, a determinación da polaridade contextual (sentimento) deducible a partir dun contido e a resposta automática a preguntas expostas directamente en lingua natural. Trátase en definitiva de dar resposta a cuestións fundamentais no desenvolvemento de interfaces, contornas de axuda á decisión e acceso a novo coñecemento.
Análise de documentos: estrutura argumental, coherencia e co-referencias. Recuperación e extracción de información. Análise do sentimento. Procura de respostas e outras aplicacións da minería de textos.
BÁSICA
Berry, M. W., & Kogan, J. (Eds.). (2010). Text mining: applications and theory. John Wiley & Sons.
COMPLEMENTARIA
Taeho Jo, Text Mining: Concepts, Implementation, and Big Data Challenge (Studies in Big Data Book 45), 978-3319918143, 1, Springer, 2019
Competencias básicas e xerais:
CG1 - Manter e estender enfoques teóricos fundados para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo da Intelixencia Artificial.
CG3 – Procurar e seleccionar a información útil e necesaria para resolver problemas complexos, utilizando con destreza as fontes bibliográficas do campo.
CG4 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redixir plans, proxectos de traballo, artigos científicos, e formular hipóteses razoábeis no campo.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que fornezan unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, habitualmente nun contexto de investigación.
CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Competencias transversais:
CT7 – Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para fornecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentábel dos puntos de vista ambiental, económico, político e social.
CT8 - Valorar a importancia que a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico teñen no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas:
CE1 - Comprensión e dominio de técnicas para o procesamento léxico, sintáctico e semántico de textos en linguas naturais.
CE2 - Comprensión e dominio dos fundamentos e técnicas de procesamento de documentos vinculados, estruturados e non estruturados, e da representación do seu contido.
Empregarase a seguinte metodoloxía docente:
- Método expositivo / aula maxistral: o profesorado presenta un tema ao alumnado co obxectivo de facilitar un conxunto de información cun alcance concreto.
- Prácticas de laboratorio: o profesorado da materia preséntalle ao alumnado un ou varios problemas de carácter práctico que requiren a comprensión e a aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos no programa da materia. O alumnado pode traballar a solución aos problemas colocados de maneira individual ou en equipo. O traballo poderá ser autónomo, aínda que guiado polo profesorado da materia.
- Aprendizaxe por proxectos: preséntanselle ao alumnado proxectos prácticos que requiren unha parte importante da súa dedicación total á materia. Ademais, e debido ao alcance dos traballos a realizar, é preciso que a/o estudante aplique non só competencias de xestión mais tamén de carácter técnico.
- Titorías: o profesorado atenderá o alumnado en sesións de titorías individualizadas, dedicadas á orientación no estudo e á resolución de dúbidas sobre os contidos, traballos e actividades da materia.
Utilizarase o Campus Virtual para a distribución de materiais, así como guías e titoriais para a realización das actividades requiridas.
E1: Exame final 25%
E2: Avaliación de traballos de laboratorio 40%
E3: Avaliación de traballos tutelados 35%
Para superar (e liberar) tanto E2 coma E3 requírese acadar un 40% da puntuación máxima prevista para estes elementos de avaliación. Non hai mínimo esixido para E1.
Para superar a materia é preciso acadar os mínimos anteriores (en E2 e E3) e sumar na nota final ponderada un mínimo de 5 puntos sobre 10.
No caso de non obter o mínimo esixido para superar algunha das partes (E2 e E3), o alumno terá unha segunda oportunidade na que so entregará os elementos non superados.
No caso dos alumnos que superen parte dos elementos avaliados, pero non acaden o mínimo preciso para aprobar a materia completa, a calificación a incluir nas respectivas actas calcularase como o mínimo entre a media ponderada das partes superadas e 4,9.
Terá a condición de “Presentado” quen entregue todas as prácticas e traballos obrigatorios ou se presente á proba obxectiva no período oficial de avaliación.
As entregas das prácticas e traballos deben realizarse dentro do prazo establecido, e seguirán as especificacións indicadas no enunciado tanto para a presentación como para a defensa.
Asúmese por defecto a modalidade de avaliación continua. Os alumnos que non opten pola avaliación continua deberán comunicalo mediante os mecanismos que se habiliten e no prazo estipulado, unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. En aplicación da normativa correspondente sobre plaxio, a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou de teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos os casos.
A distribución temporal da materia é a seguinte:
Distribución dos créditos ECTS:
- Sesións teóricas: 10 (horas presenciais) + 21 (horas non presenciais)
- Sesións prácticas de laboratorio: 5 (horas presenciais) + 15 (horas non presenciais)
- Sesións de aprendizaxe baseada en problemas: 6 (horas presenciais) + 18 (horas non presenciais)
Total: 21 (horas presenciais) + 54 (horas non presenciais) = Total 75 horas
É importante adquirir algúns mecanismos e automatismos básicos para o uso dalgunhas ferramentas utilizadas no curso. Por este motivo, recoméndase repetir e ampliar de xeito individual na casa as prácticas realizadas nas sesións interactivas.
A docencia desta materia está impartida pola Universidade de Vigo.
Materias que se recomenda ter cursado previamente:
Comprensión da linguaxe natural
Modelado da linguaxe
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | IA.12 |
13.01.2025 10:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.12 |
13.01.2025 10:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.12 |
19.06.2025 10:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.12 |
19.06.2025 10:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.12 |