Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia pretende ofrecer aos estudantes de Máster unha aproximación especializada ao Fascismo, entendido como un fenómeno histórico complexo e poliédrico que continúa a exercer até o presente unha gran atracción sobre a investigación en ámbitos como a Historia, a Ciencia Política ou os Estudos Culturais. Tamén, de xeito máis xenérico, sobre a opinión pública.
Fronte ás perspectivas tradicionais ou máis ortodoxas, propias da Historia Política (natureza e tipoloxía dos reximes da familia fascista, procesos e vías de "toma do poder", xénese intelectual das distintas experiencias fascistas, caracterización do seu liderado e das súas elites sociopolíticas, etc.) óptase aquí por un enfoque predominantemente social e cultural centrado na experiencia/vivencia cotiá da "xente corrente" baixo os reximes fascistas, cunha particular atención á relación entre as políticas “públicas” deseñados polas estructuras político - institucionais e as actitudes sociais da poboación baixo os Fascismos.
A composición do programa da materia poderá variar total ou parcialmente en cada curso académico, co fin de achegar aos estudantes matriculados/as ás liñas de investigación e debates historiográficos máis actuais en torno do Fascismo internacional como obxecto de estudo histórico. O marco cronolóxico no que se encadre a materia será prioritarimante o mundo de Entreguerras, o que non impedirá aproximacións a casos “extemporáneos”, como as fascistizadas dictaduras ibéricas, os neofascismos ou a relación entre experiencias fascistas no pasado e políticas públicas/oficiais de memoria no presente.
0. PRESENTACIÓN
1. FASCISMOS E ACTITUDES SOCIAIS DA POBOACIÓN: APROXIMACIÓN A UN DEBATE HISTORIOGRÁFICO CLÁSICO
2. OCIO, CONSUMO DE MASAS, TURISMO E IDENTIDADES CULTURAIS NOS FASCISMOS
3. OLLADAS DENDE A HISTORIA SOCIAL: VIVENDA, BARRIO E CIDADE NOS FASCISMOS
BOX, Z.; RINA, C. (eds.) (2020), El franquismo en caleidoscopio. Perspectivas y estudios transdisciplinares sobre la dictadura, Granada, Comares.
CABANA, A. (2009), Xente de orde: o consentimento cara ao Franquismo eb Galicia, Santa Comba, tresCtres
CAZORLA, A. (2015), Miedo y progreso: los españoles de a pie bajo el franquismo, 1939 - 1975, Madrid, Alianza Editorial
CORNER, P. (ed) (2009), Popular opinión in Totalitarian Regimes. Fascism, Nazism, Communism, Oxford, Oxford University Press
DE BERNARDI, A. (2001), Una dittadura moderna. Il fascismo come problema storico, Milán, Mondadori
DOGLIANI, P. (2017), El fascismo de los italianos. Una historia social, Valencia, PUV.
FRITZSCHE, P. (2006), De Alemanes a nazis: 1914 – 1933, Buenos Aires, Siglo XXI
FUERTES MUÑOZ, C. (2017), Viviendo en dictadura: la evolución de las actitudes sociales hacia el franquismo, Granada, Comares.
GENTILE, E. (1993), Il culto del littorio, Roma, Ed. Laterza
GRIFFIN, R. (2010), Modernismo y Fascismo. La sensación de comienzo bajo Mussolini y Hitler, Madrid, Akal.
HERNÁNDEZ, C.; PRIETO, L. (eds.) (2024), Divertirse en dictadura. El ocio en la España franquista, Madrid, Marcial Pons.
LANERO, D. (2013), “Las `políticas sociales´ del franquismo: las Obras Sindicales”, en DEL ARCO, M.A. et al. (eds.), No sólo miedo. Actitudes políticas y opinión popular bajo la dictadura franquista (1936 – 1977), Granada, Comares.
LANERO, D. (ed.) (2020), De la chabola al barrio social: arquitecturas, políticas de vivienda y actitudes sociales en la Europa del sur (1920 - 1980), Granada, Comares.
MOLINERO, C. (2006), La captación de las masas. Política social y propaganda en el régimen franquista, Madrid, Cátedra
MOSSE, G.L. (2005), La nacionalización de las masas. Simbolismo político y movimientos de masas en Alemania desde las Guerras napoleónicas al Tercer Reich, Madrid, Marcial Pons
PAXTON, R.O. (2005), Anatomía del Fascismo, Barcelona, Península
ROMÁN RUIZ, G. (2020), Franquismo de carne y hueso. Entre el consentimiento y las resistencias cotidianas (1939 - 1975), PUV, Valencia.
(*) Proporcionarase Bibliografía específica sobre os puntos 2 e 3 do Programa no decurso das sesións.
1. Propiciar unha formación avanzada en Historia Contemporánea para a docencia e a investigación.
2. Dominar os debates historiográficos centrais arredor do Fascismo internacional de Entreguerras como fenómeno histórico complexo, cunha especial atención ás aportacións feitas dende a Historia Social, a Historia Cultural ou o estudo das formas simbólicas de representación do poder político.
3. Manexar unha bibliografía suficiente que permita un achegamento ben fundamentado á cuestión da interacción entre poder político, institucións e "xente corrente" baixo a experiencia fascista.
4. Capacidade para redactar, expor e defender publicamente traballos académicos.
5. Competencia no dominio dos rudimentos investigadores básicos que permita un emprego correcto e proveitoso das diferentes fontes históricas.
6. Capacidade para identificar na Histoira as raíces de situacións, problemas e controversias actuais.
1. O profesor realizará unha breve introdución a cada un dos puntos do programa. Con posterioridade, e a partir dunha serie de lecturas seleccionadas (e previamente distribuídas) realizaranse tres sesións de seminario nas que os alumnos/as, guiados/as polo docente comentarán e debatirán os textos escollidos.
2. Nunha segunda fase, cada un dos alumnos/as deberá realizar un traballo de curso que consistirá na presentación crítica dun tema de investigación acordado previamente co profesor. No traballo a realizar prestarase unha especial atención ao enfoque teórico – metodolóxico no que se sustenta cada investigación, á bibliogafía manexada e as conclusións ás que se chegue. Estimularase a iniciativa dos alumnos/as á hora de propoñer por si mesmos temas ou liñas de investigación para a elaboración do traballo.
3. Este traballo será obxecto de presentación e discusión públicas ante o conxunto de compañeiros/as do curso.
4. Sempre que sexa posible realizarase unha Práctica de Campo.
ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN NOS DEBATES: 40 %
TRABALLO ESCRITO: 40%
DEFENSA E DISCUSIÓN PÚBLICA DO TRABALLO: 20%
(*) Porén, a inasistencia non xustificada a catro ou máis das sesións presenciais será causa de suspenso, así como o incumprimento reiterado e constatado da obriga de ler os textos seleccionados para os debates.
DISPENSA DE ASISTENCIA: en estes casos a avaliación consistirá na suma da cualificación do traballo de curso: 50% e o comentario de tres textos (lecturas) proporcionadas polo profesor (50%).
O traballo do estudante pode estimarse en hora e media por cada hora de explicación do profesor, ás que haberá que sumar outras 15 horas para a elaboración do traballo individual. Evidentemente, estas estimacións son aproximadas e mudarán en función das necesidades específicas de cada alumno/a.
A asistencia, tanto ás aulas de explicación de conceptos e contidos como a participación activa nos seminarios de debate colectivo e nas presentacións dos traballos finais é basica para un óptimo aproveitamento da materia.
Aplicarase a normativa antiplatixio da USC, incluída a utilización fraudulenta de intelixencia articificial (IA).
Daniel Lanero Taboas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula máster Historia Contemporánea |