Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 29 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer en profundidade o metabolismo das plantas, así como a captación de recursos hídricos e nutricionais (nutrientes minerais, anhídrido carbónico e osíxeno). O obxectivo final da materia é que o alumnado integre este coñecemento nos distintos niveis de organización da planta, desde o nivel celular ao do organismo, así como a súa interacción co medio.
Aplicar a casos prácticos os coñecementos sobre captación de recursos e metabolismo das plantas.
Programa de clases expositivas (26 h)
1. Aspectos xerais das plantas: introdución, 1 h.
2. Transporte a través de membranas, 2 h.
3. Relacións hídricas da célula vexetal, 2 h.
4. Captación de auga e transporte polo xilema, 2 h.
5. Transpiración, 1 h.
6. Nutrición mineral, 2 h.
7. Introdución á fotosíntese, 1 h.
8. Reaccións dependentes da luz, 5 h.
9. Fixación do CO2, 1 h.
10. Fotorrespiración, 2 h.
11. Regulación ambiental da fotosíntese, 1,5 h.
12. Utilización do carbono fixado, 1,5 h.
13. Floema, 1 h.
14. Metabolismo do nitróxeno, 2 h.
15. Metabolismo do xofre, 1 h.
Programa de clases interactivas/seminarios (19 h)
Resolución de problemas relacionados cos temas abordados nas clases expositivas.
Programa de clases prácticas de laboratorio obrigatorias (10 h)
1. Determinación do potencial hídrico e/ou osmótico das células das plantas, 2,5 h.
2. Indución da actividade nitrato reductasa, 2,5 h.
3. Fotosíntese en cloroplastos illados, efecto de inhibidores e da calidade da luz 2,5 h.
4. Análise de resultados e exame de prácticas, 2,5 h.
Por dispoñibilidade do material o programa de prácticas pode verse modificado.
Titorías
Resolución de dúbidas dos contidos da materia.
BÁSICA
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2022. Plant Physiology and Development. 7th ed. Sunderland, MA: Sinauer Associates.
Buchanan, B., Gruissem, W. and Jones, R. eds., 2015. Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
COMPLEMENTARIA
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H. and Waaland, S., 2012. The Molecular Life of Plants. Chichester: Wiley-Blackwell.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R. and Amey, A., 2010. Plant Biology. New York: Garland Science.
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2018. Fundamentals of plant physiology. Sinauer Associates - Oxford University Press
Nesta materia espérase que o alumnado adquira os seguintes resultados da aprendizaxe:
Coñecementos/Contidos
• Con06: Comprender os principios da bioenerxética e biosinalización, e coñecer as principais rutas metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo da información xenética e bioquímica nos seres vivos.
• Con09: Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos, así como a súa interacción co ambiente biótico e abiótico.
Habilidades/destrezas
• H/D01: Aplicar de forma integrada os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na transmisión de información/ideas e na formulación e resolución de problemas, tanto en contextos académicos como profesionais.
• H/D02: Saber obter e interpretar información relevante e resultados experimentais e obter conclusións en temas relacionados coa Bioloxía.
• H/D03: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Bioloxía.
• H/D08: Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
• H/D10: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de maneira colectiva.
• H/D11: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible, reflectindo adecuadamente as fontes de información empregadas.
• H/D13: Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
Competencias
• Com01: Que os estudantes demostrasen posuír, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluíndo algúns aspectos de vangarda do seu campo de estudo.
• Com03: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as capacidades que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• Com04: Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos, calidade e desenvolvemento sostible.
• Com05: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
SÓ SON OBRIGATORIAS AQUELAS ACTIVIDADES NAS QUE SE INDIQUE EXPRESAMENTE
As clases expositivas impartiranse en 26 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais no primeiro cuadrimestre do curso académico. Nelas explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia. A metodoloxía será a Clase Maxistral propiciando a participación do alumnado.
As clases interactivas de seminario impartiranse durante 19 sesións de 1 ou 2 horas e serán presenciais. Nestas clases resolveranse problemas sobre o funcionamento das plantas e discutiranse os resultados das últimas investigacións relacionadas co programa da materia. Para optar á nota de avaliación continua débese asistir polo menos ao 50% dos seminarios. As metodoloxías docentes serán a aprendizaxe baseada en problemas e a aprendizaxe colaborativa/traballo en grupo.
As prácticas de laboratorio serán presenciais e de asistencia obrigatoria. Desenvolveranse en 4 sesións de 2,5 horas. Nelas comprobaranse experimentalmente algúns dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Será obrigatorio levar impreso o caderno de prácticas que se proporcionará con anterioridade, e recomendable levar un esquema de traballo previamente preparado polo alumno. As metodoloxías docentes serán a aprendizaxe baseada en problemas e a aprendizaxe colaborativa/traballo en grupo.
Na cualificación final consideraranse os seguintes apartados:
• Exame de prácticas (10%). Consistirá en problemas e preguntas breves sobre o contido das prácticas. Este exame será presencial e levarase a cabo tras finalizar a práctica do último día. En caso de suspender este exame, a recuperación terá lugar co exame da segunda oportunidade. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con09, H/D01, H/D02, H/D08, H/D10, H/D13, Com01, Com04 e Com05.
• Avaliación continua (20%). Avaliarase o traballo realizado nos seminarios, incluíndo as probas escritas que se proporán ao longo do curso sobre os contidos expostos en clases expositivas e seminarios. Para optar á nota de avaliación continua débese asistir polo menos ao 50% dos seminarios. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con06, Con09, H/D01, H/D02, H/D08, H/D10, H/D11, H/D13 e Com01.
• Exame final de teoría (70%). Este exame é complementario á avaliación continua e consistirá en problemas, preguntas breves de desenvolvemento e preguntas tipo test, incluíndo contido tanto das clases expositivas como dos seminarios. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con06, Con09, H/D02, H/D03, H/D011, H/D13 e Com01.
Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 no exame de prácticas e un mínimo de 4 no exame de teoría (sendo necesario alcanzar un mínimo de 2,5 en cada un dos bloques dos que constará o exame teórico). Soamente no caso de superar a nota esixida en ambos os exames (teórico e práctico) sumarase a nota obtida na avaliación continua.
No caso de non superar algunha das actividades obrigatorias a cualificación máxima será de 4,5 (suspenso).
Na segunda oportunidade manteranse as notas de avaliación continua obtidas durante o curso e o exame teórico ou práctico aprobado, repetíndose só o suspenso.
As probas escritas realizaranse de maneira presencial.
No caso de repetidores/as aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que no caso de primeira matrícula. A nota do exame de prácticas, ou a asistencia a prácticas manteranse durante dous cursos académicos, NON así a nota de avaliación continua.
Traballo presencial:
- Clases expositivas: 26 h
- Clases interactivas de seminario: 19 h
- Clases prácticas de laboratorio: 10 h
- Titorías: 1 h
- Probas que contribúen á cualificación: 3 h
Total horas de traballo presencial o virtual: 59 h
Traballo persoal:
- Estudo individual: 91 h
Total horas de traballo: 150 h
-Asistencia ás clases expositivas e seminarios para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
-Aconséllase o estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación e sedimentación da información recibida.
-Considérase necesario o manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do profesor, como despois da mesma, para completar e corrixir as notas tomadas.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual e Teams a persoas non matriculadas no curso. Do mesmo xeito, o alumnado non poderá utilizar o material achegado polo profesorado no Campus Virtual para a elaboración de apuntamentos que non sexan para o seu uso exclusivo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Rodriguez Gacio
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- mdelcarmen.rodriguez.gacio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Nestor Carrillo Barral
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881814971
- Correo electrónico
- nestor.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Oscar Martinez Troncoso
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- oscar.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 02. Gregor Mendel |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |