Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Céntranse na aprendizaxe de dous conceptos básicos para o deseño e estudo de sistemas de produción industrial de calquera produto biotecnolóxico resultante de estudos previos de laboratorio e planta piloto, como son o transporte de fluídos e a transmisión de calor. Inclúe os seguintes ítems:
- Resolver os principais problemas asociados ao transporte e impulsión de fluídos.
- Identificar e modificar as características de deseño para o fluxo de fluídos.
- Distinguir e enumerar os diferentes mecanismos de transmisión de calor.
- Resolver as ecuacións básicas para a transmisión de calor.
- Identificar os elementos esenciais nos equipos de intercambio de calor.
- Aplicar a operación básica de evaporación a procesos biotecnolóxicos.
Os contidos explicitados na memoria do título son:
1. Conceptos e ecuacións básicas do fluxo de fluidos. Balance de energía mecánica.
2. Fluxo de fluidos incompresibles.
3. Equipos para o fluxo de fluidos: válvulas, bombas e compresores.
4. Mecanismos de transmisión de calor. Conducción. Convección.
5. Intercambiadores de calor: Coeficiente global de transmisión de calor e deseño básico.
6. Operacións de recuperación (evaporación, sedimentación, filtración …).
E se presentan ao alumnado en 24 horas de sesiones expositivas que se complementan con sesións interactivas de seminarios (9 horas) centrados na resolución de problemas de transporte de fluídos e transmisión de calor, e con sesiós interactivas de laboratorio (15 h) onde o alumnado realizará prácticas experimentais en unidades piloto de transporte de fluídos e transmisión de calor:
1) Prácticas de Transporte de Fluídos: Planta de Fluídos; Ensaio de válvulas para líquidos; Estudo de bombas centrífugas; Estudo dunha bomba e os seus compoñentes
2) Prácticas de Transmisión de Calor: Illamento térmico; Estudo dun cambiador de calor (I): Dobre tubo e placas planas; Estudo dun cambiador de calor (II): Dobre tubo, carcasa e tubos, placas planas
Na titorización en grupo reducido (2 horas) presentaranse breves traballos en parellas relacionados i) cos equipos de impulsión de fluídos e de intercambio de calor no eido da biotecnoloxía e ii) coa relevancia das operacións de postratamento (downstream) en procesos biotecnolóxicos.
Bibliografía básica:
Calleja Pardo, G., ed. 2016. Nueva introducción a la Ingeniería Química [en liña]. Madrid: Síntesis. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-9219
Bibliografía complementaria
Costa López, J. et al. 2002. Curso de ingeniería química: introducción a los procesos, las operaciones unitarias y los fenómenos de transporte. Barcelona: Reverté.
Díaz M. 2012. Ingeniería de Bioprocesos. Madrid: Paraninfo.
Incropera, F.P. et al. 2007. Introduction to Heat Transfer. Hoboken: Wiley.
Mott, R.L., Untener, J.A. 2015. Mecánica de fluidos [en liña]. 7ª ed. México: Pearson. Dispoñible en: https://bookshelf.vitalsource.com/#/search?q=9786073232883&context_toke…
Coñecementos/Contidos: Con01, Con03
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D04, H/D05, H/D07, H/D10, H/D12, H/D14
Competencias: Comp03, Comp04, Comp05, Comp06
O proceso ensinanza-aprendizaxe soportase no uso de diferentes metodoloxías docentes:
Clase maxistral onde a docente proporcionará a información esencial, estruturada e máis actual posible sobre o tema, elaborada a partir de diversos libros de texto e documentación científica, facendo uso tamén de soporte audiovisual que permita un mellor acercamento ás operacións e equipos asociados.
Resolución de problemas, co uso combinado de pizarra e folla de cálculo, abordando con detalle o plantexamento dunha serie de problemas ou exercicios modelo e o seu desenvolvemento práctico ata chegar á solución final.
Seminario, onde en grupos de menor tamaño e baixo a premisa de que o alumnado terá traballado de antemán os boletíns de problemas propostos, a docente debatirá os problemas plantexados, promovendo a participación do alumnado, resolverá as dúnidas que teñan surxido durante o traballo autónomo.
Prácticas de laboratorio, onde o alumnado disporá dun manual básico de funcionamento para cada unha das prácticas que recollen os aspectos máis relevantes de seguridade e prevención de riscos laborais.
Nas titorías en grupo reducido porase en práctica o estudo de casos, de xeito que o alumnado en parellas deberá localizar un proceso biotecnolóxico do seu interese sobre o cal desenrolará dúas tarefas asignadas.
Empregarase o campus virtual (Moodle) como ferramenta principal de comunicación co alumnado ofrecéndolles información sobre a programación docente e as probas de avaliación ao longo de todo o curso, poñendo a súa disposición diversos materiais de apoio para o estudio dos temas.
Para la sesións de prácticas usaranse os equipos dispoñibles no Laboratorio de Fluídos e Calor da ETSE, previa autorización da dirección de dito centro.
Farase un seguimento continuo da aprendizaxe, mediante a realización de diferentes actividades, traballos o resolución de problemas. Como resultado, a calificación final obterase de ditas probas tal e como se detalla a continuación:
# Realización de dúas probas cortas de control con valor en conxunto do 15% da nota final
Coñecementos/Contidos: Con01, Con03
Habilidades/Destrezas: H/D01
Competencias: Comp03, Comp05
# Memoria das prácticas de laboratorio que terá un valor do 25% na nota final
Coñecementos/Contidos: Con01, Con03
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D04, H/D05, H/D07, H/D10, H/D12
Competencias: Comp03, Comp04, Comp05, Comp06
# Titorías grupais co 10% da nota final.
Coñecementos/Contidos: Con01, Con03
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D05, H/D14
Competencias: Comp03, Comp04, Comp05
# Exame final, con cuestións teóricas e resolución de problemas co 50% da nota final.
Coñecementos/Contidos: Con01, Con03
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D10, H/D14
Competencias: Comp03, Comp04, Comp05
Son consideradas actividades obrigatorias as prácticas de laboratorio e o exame final. O alumnado que non teña realizado algunha destas actividades terá a consideración de NON PRESENTADO. Ademais, non poderá superar a materia quen falte máis de 3 h ás sesións experimentais, sendo importante a xustificación das ausencias.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecerá a nota obtida na avaliación continua. Será necesaria unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 no exame final para poder incorporar a avaliación continua, nota que se mantén para a segunda oportunidade.
Excepcionalmente gardarase a nota das prácticas de laboratorio e das titorías grupais para o curso seguinte, sempre e cando o/a alumno/a así o solicite na primeira semana de clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión das cualificacións.
Estímase un total de 150 horas (6 créditos ECTS) coas horas previstas indicadas para cada actividade que se indican na seguinte táboa:
ACTIVIDADE FORMATIVA Presencial ( h) Traballo Persoal ( h)
Clases Expositivas 24
Clases Interactivas Seminario 9
Clases Interactivas Laboratorio 15
Titorías en grupo 2
Titorías Individualizadas 1
Exame e revisión 3
Total 54 96
Importante seguir a materia día a día, xa que os temas están moi encadeados e de non facelo córrese o risco de perder rapidamente o fío condutor.
Deben resolverse os problemas persoalmente para ter destreza e rapidez para a súa solución.
Simplemente ver cómo se resolven na lousa non adoita levar a unha aprendizaxe eficaz.
Recoméndase facer uso das titorías individuais cos profesores para resolver as dúbidas que vaian aparecendo
A materia se impartirá en castelán/galego.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet. // 2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación. // 3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais.
Información adicional sobre cuestiones relacionadas con la organización docente e investigadora del Departamento de Enxeñaría Química en la siguiente página web: https://www.usc.gal/gl/departamento/enxenaria-quimica
Jorge Sineiro Torres
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816803
- Correo electrónico
- jorge.sineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Almudena Hospido Quintana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Óscar Rodríguez Figueiras
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816704
- Correo electrónico
- oscar.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alberte Regueira Lopez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alberte.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Andrea Arribas Jimeno
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- andreaarribas.jimeno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |