Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é que o alumnado adquira as seguintes capacidades:
- Enumerar as aplicacións e o estado actual dos distintos campos da biotecnoloxía vexetal.
- Enumerar e saber aplicar as distintas técnicas de propagación e preservación mediante cultivo in vitro, incluíndo os cultivos celulares.
- Identificar os distintos procesos que dan lugar a un fenotipo a partir dunha manipulación xenética, desde o papel dos promotores ás alteracións de fluxos metabólicos.
- Saber como realizar distintos tipos construcións xenéticas para a sobreexpresión, o silenciamiento e a edición xenómica.
- Enumerar e saber aplicar as distintas técnicas de transformación estable e transitoria mediante Agrobacterium ou transformación biolística, incluíndo a transformación de cloroplastos.
CLASES EXPOSITIVAS:
1. Reprodución: sistemas de reprodución, cruzamentos e poliploidía, 3h
2. Aplicacións en mellora: liñas puras, híbridos, marcadores e mapeado, 3h
3. Cultivo in vitro: micropropagación, organoxénese, embrioxénese e cultivos celulares, 2h
4. Xenómica funcional: Identificación de xenes candidatos e caracterización funcional, 4h
5. Manipulación xenética: Deseño de estratexias, do xene ao fenotipo, 5h
6. Deseño construtivo: Sobreexpresión, silenciamento e edición de xenes, 4h
7. Métodos de transformación e selección, 4h
LABORATORIO:
O alumnado traballará 14 horas no laboratorio nas que se realizarán as seguintes actividades:
1. Cultivo in vitro
2. Transformación transitoria en Nicotiana benthamiana.
3. Transformación estable en Arabidopsis thaliana.
4. Mapeado xenético.
5. Planificación de experimentos e análise de resultados.
SEMINARIOS:
Elaboración dun proxecto de investigación.
TITORÍAS:
Orientación ao alumnado na elaboración de informes de prácticas e presentacións.
BÁSICA
Chrispeels, M.J., Gepts, P. 2017. Plant, Genes, and Agriculture. Sustainability through Biotechnology. Oxford: Oxford University Press
Stewart N. ed., 2012. Plant biotechnology and genetics: principles, techniques, and applications. 2nd ed. Hoboken: John Wiley & Sons Inc.
Altman A., Hasegawa P. M. eds., 2012. Plant biotechnology and agriculture: prospects for the 21st century. Amsterdam: Academic Press.
Plant Biotechnology Journal. https://onlinelibrary.wiley.com/journal/14677652
COMPLEMENTARIA
Slater A., Scott N. W., Fowler M. R. eds., 2008. Plant biotechnology: the genetic manipulation of plants. Oxford: Oxford University Press.
Nesta materia o alumno deberá acadar os seguintes resultados de aprendizaxe:
COÑECEMENTOS/CONTIDOS: CON01, CON05
HABILIDADES: H/D01, H/D03, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10, H/D12, H/D13
COMPETENCIAS: COMP02, COMP03, COMP04, COMP05, COMP08
As clases expositivas impartiranse en 25 sesións dunha hora, cunha frecuencia de 3 horas semanais. Nelas empregarase a aprendizaxe baseada en problemas. Facilitaranse ao alumnado apuntes e formularanse problemas, explicando os aspectos teóricos necesarios para resolvelos, así como outras dúbidas que poidan xurdir.
Coñecementos: Con01, Con05.
Habilidades: H/D01, H/D05, H/D07.
Competencias: Comp03, Comp04, Comp05, Comp08.
As clases interactivas do seminario impartiranse en grupos reducidos durante 10 sesións. Nestas clases empregarase a aprendizaxe baseada en proxectos. O alumnado deberá desenvolver e defender un proxecto de investigación para resolver un problema utilizando as técnicas estudadas na materia.
Coñecementos: Con01, Con05.
Habilidades: H/D01, H/D03, H/D05, H/D07.
Competencias: Comp02, Comp03, Comp04, Comp05.
As prácticas presenciais de laboratorio desenvolveranse en 14 horas distribuídas en 5 sesións. A asistencia comprobarase mediante listas de participación. O alumnado deberá elaborar un informe individual.
Coñecementos: Con01, Con05.
Habilidades: H/D03, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10, H/D12, H/D13.
Competencias: Comp02, Comp03, Comp04, Comp05.
Ao longo do curso realizaranse 2 titorías presenciais ou virtuais en grupos moi reducidos nas que se resolverán dúbidas e orientarase ao alumnado na realización das actividades avaliables.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS NON AVALIABLES:
Será necesario asistir a un mínimo de 4 prácticas para poder presentar a memoria de prácticas.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS AVALIABLES:
- Memoria de prácticas (25% da nota final).
Será necesario presentar un informe de prácticas e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder presentarse ao exame final. O alumnado que obteña menos de 4 poderá optar á segunda convocatoria se realiza unha nova memoria de prácticas que acade esa nota. Se obtén polo menos un 5 e suspende a materia, non será necesario repetir as prácticas e manterase a nota da memoria nos dous anos seguintes. O alumnado repetidor que obteña un 5 poderá presentar voluntariamente un novo informe de prácticas. Para iso será necesario asistir como mínimo a dúas sesións de prácticas informáticas. O estudante que non presente a memoria de prácticas considerarase non presentado a efectos de avaliación.
Coñecementos: Con01, Con05.
Habilidades: H/D03, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10, H/D12, H/D13.
Competencias: Comp02, Comp03, Comp04, Comp05.
- Elaboración, presentación e discusión de traballos (25% da nota final).
Será necesaria unha puntuación mínima de 4 sobre 10 para poder presentarse ao exame final. Se o estudante obtén polo menos un 5 e suspende a materia, non será necesario repetir os seminarios e manterase a nota nos dous anos seguintes.
Coñecementos: Con01, Con05.
Habilidades: H/D01, H/D03, H/D05, H/D07.
Competencias: Comp02, Comp03, Comp04, Comp05.
- Exame final (50% da nota final).
O exame final consistirá no estudo de casos de biotecnoloxía vexetal. Durante o exame final poderanse consultar os apuntamentos.
Coñecementos: Con01, Con05.
Habilidades: H/D01, H/D07.
Competencias: Comp03, Comp04, Comp05, Comp08.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases expositivas: 25 horas
- Clases de seminario: 10 horas
- Clases prácticas de laboratorio: 14 horas
- Titorías en pequenos grupos: 2 horas
- Exame final: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO:
- Estudo individual e realización da memoria de prácticas e o proxecto de investigación: 96 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO: 150 HORAS
- Aconséllase o estudo da materia durante de todo o curso.
- É importante organizar os apuntamentos para que poidan ser consulados de forma eficiente durante o exame final.
O material da materia estará dispoñible na aula virtual, así como os anuncios sobre a materia. Utilizarase un grupo de Teams para compartir os resultados das prácticas.
Javier Sampedro Jiménez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813113
- Correo electrónico
- javier.sampedro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Martinez Troncoso
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- oscar.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
09.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |