Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 20 Clínicos EEES: 30 Total: 90
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia;
Saber diagnosticar e planificar un tratamento en cirurxía oral;
Saber realizar unha interpretación semiolóxica das lesións cirúrxicas orais;
Realizar un adecuado diagnóstico radiolóxico das lesións a intervir;
Realizar exodoncias simples de dentes uniradiculares;
Realizar exodoncias simples de dentes Multiradiculares;
Realizar biopsias de lesións orais
1. Tratamento cirúrxico-ortodóntico dos caninos incluídos;
2. Estudio clínico-radiolóxico de outros dentes incluídos. Supernumerarios;
3. Quistes dos maxilares. Clasificación. Tratamento. Complicacións;
4. Cirurxía periapical. Concepto. Indicacións e limitacións. Técnica cirúrxica;
5. Cirurxía periapical. Materiais de obturación. Fracasos e complicacións;
6. Infección odontóxena. Alveolite. Periodontite. Concepto. Mecanismos de difusión. Manifestacións clínicas e tratamento;
7. Infección odontóxena. Absceso. Celulite e adenoflemón. Diagnóstico e tratamento. Osteomielite;
8 Sinusite odontóxena. Etioloxía. Exploración clínica. Tratamento e complicacións;
9. Tumores odontoxénicos. Clasificación. Diagnóstico. Tratamento;
10. Tumores osteoxénicos. Clasificación. Diagnóstico. Tratamento;
11. Tratamento das enfermidades das glándulas salivais. Mucocele. Ránula. Sialolitiase. Patoloxía tumoral. Patoloxía infecciosa;
12. Dor facial. Neuralxia do trixémino. Neuralxia do glosofarínxeo. Outras neuralxias. Diagnóstico e posibilidades do tratamento;
13. Patoloxía da articulación temporomandibular. Definición. Etioloxía. Exploración física. Probas complementarias. Planteamento interdisciplinar da articulación temporomandibular;
14.Tratamentos conservadores. Indicación das técnicas cirúrxicas;
15. Cirurxía preprotésica. Frenillos. Vestibuloplastias. Bridas cicatriciais. Diagnose e técnica cirúrxica;
16. Traumatismos dento-alveolares. Clasificación. Diagnose. Pautas de tratamento;
17. Traumatismos dos maxilares. Clasificación. Pautas xerais de tratamento;
18. Lesións cancerizabels. Lesións precancerosas. Diagnóstico e actitude do odontólogo;
19. O odontólogo ante o cancro oral. Pautas de tratamento. Papel do odontólogo no tratamento interdisciplinar do cancro oral;
Programa Práctico
Prácticas preclínicas
I. Incisións, cogallos e suturas en modelos animais
II. Técnicas de biopsia en modelos animais
III. Punción e aspiración con agulla fina
Practicas clínicas
IV. Tratamento cirúrxico de doentes seleccionados
V. Tratamento de pacientes 1
VI. Tratamento de pacientes 2
VII. Tratamento de pacientes 3
Bibliografía básica
Apuntes de Cirugía Oral. Cirugía oral II para alumnos de grado en la en la USC. Antonio Aguado Santos, Juan seoane, Pablo Varela Centelles et al. 2018
Libro de Prácticas Preclínicas de cirugía Oral II. Juan seoane, Pablo Varela-Centelles et al. Campus na nube. 2019
Bibliografía complementaria
Berini L, Gay C. Anestesia Odontológica. Madrid, Ed. Avances, 1997
Bermudo L. Atlas de Cirugía Oral. Ed. Lacer S.A., 2001
Baladrón J. Atlas de Cirugía Oral. Ed. Doyma. 1998
Bascones A. Tratado de Odontología. Tomo IV. Ed. Avances. 2000
Donado M. Cirugía Bucal. Patología y Técnica. Barcelona, Masson, 1998
Esplugues J. Farmacología en la Clínica dental. Ed. Prous, Barcelona, 1993
Evers H. Manual de anestesia local en odontología. Ed. Salvat, Barcelona
Gay C. Cirugía Bucal. Madrid, Ed. Ergón, 1999
Gutierrez Perez, JL. El tercer molar incluido. Doyma, 2001
Horch HH. Cirugía Oral y maxilofacial. Barcelona, Ed. Masson, 1995
López Arranz. Cirugía Oral. McGraw-Hill, Interamericana, 1991
Peñarrocha M. Anestesia Oral. Valencia Promolibro, 1998
Peñarrocha M. Cirugía Bucal. Valencia, Promolibro, 2000
Pifarré E. Patología quirúrgica Oral y Maxilofacial. Ed. Jims, 1992
Raspall G. Cirugía Oral. Barcelona, 1993
Salagaray F. La anestesia en odontoestomatología. Hoechst. Barcelona
Coñecementos
Con41. Realizar procedementos limitados de técnicas diagnósticas invasivas en tecidos brandos (biopsias).
Con42.Prescrición apropiada de fármacos, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e repercusións sobre outros órganos.
Con43. Aplicar técnicas de anestesia loco-rexional.
Con44. Preparar e illar o campo operatorio.
Con46. Manexar infeccións agudas, incluíndo a prescrición farmacolóxica e os aspectos cirúrxicos sinxelos.
Con48. Realizar tratamento tanto médico como cirúrxico das enfermidades comúns dos tecidos brandos bucais.
Con49. Realizar procedementos cirúrxicos sinxelos: extracción de dentes temporais e permanentes erupcionados, raíces fraturadas ou retidas e a extracción cirúrxica non complicada de dentes non erupcionados e procedementos sinxelos de cirurxía pre-protésica.
Con50. Tratar traumatismos dento-alveolares en dentición temporal e permanente.
Con54. Tratar operatoriamente os procesos destrutivos e as lesións traumáticas dento-alveolares.
Con22. Elaborar e executar programas de saúde oral e coñecer da coordinación inter-institucional e interprofesional necesaria para a súa execución.
Con36. Tomar e interpretar radiografías e outros procedementos baseados na imaxe, relevantes na práctica odontolóxica.
Con40. Valorar a función motora e sensorial da boca, os maxilares e anexos.
Con04. Coñecer os principios científicos da esterilización, desinfección e antisepsia necesarios para previr as infeccións cruzadas na práctica odontolóxica.
Con06. Realizar as radiografías necesarias na práctica odontolóxica, interpretar as imaxes obtidas e coñecer outras técnicas de diagnose por imaxe que teñan relevancia.
Con07. Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados.
Con08. Recoñecer a normalidade e a patoloxía bucal, así como a avaliación dos datos semiolóxicos.
Con09. Identificar o principal motivo de consulta e a historia da enfermidade actual. Realizar unha historia clínica xeneral do paciente e unha ficha clínica que reflicte fielmente os rexistros do paciente.
Con12. Coñecer os biomateriais dentais: a sua manipulación, propiedades, indicacións, alerxias, biocompatibilidade, toxicidade, eliminación de residuos e impacto ambiental.
Competencias
Comp01. Capacidade de análise e síntese.
Comp02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp06. Habilidades de xestión da información (habilidade para procurar e analizar información provinte de fontes diversas).
Comp07. Resolución de problemas
Comp08. Toma de decisións
Comp09. Capacidade crítica e autocrítica
Comp10. Traballo en equipo.
Comp17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Comp19. Capacidade de aprendizaxe autónoma
Habilidades o destrezas
H/D18. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D20. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
H/D21.Saber realizar un exame bucal completo, incluíndo as oportunas probas radiográficas e de exploración complementarias, así como a obtención de axeitadas referencias clínicas.
H/D22. Ter capacidade para elaborar un xuizo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada, sendo competente no recoñecemento das situacións que requiran unha atención odontolóxica urxente.
H/D07.Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación por la calidade.
H/D08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D09.Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
H/D16. Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia dos fármacos e outras intervencións terapéuticas, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e interaccións sobre outros órganos, baseándose na evidencia científica dispoñible.
H/D01. Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
Aulas expositivas e interactivas.
Prácticas preclínicas. Escenarios simulados para a obtención de habilidades
Prácticas clínicas. Para obteren competencias na unidade de cirurxía oral
Seminarios titorizados. Resolución de casos clínicos simulados
Titorías clínicas: para a seguimento do alumnado e facilitamento do proceso de ensino-aprendizaxe, de xeito presencial e por correo electrónico.
Traballo grupal de revisión da literatura (5 alumnos)
Os alumnos disporán na aula virtual dos materiais docentes e as instrucións necesarias. O alumnado tamén poderá traballar de xeito asíncrono e colaborativo.
Proba de coñecemento (60%). Exame escrito. 10 preguntas curtas.
Proba de coñecementos prácticos con casos clínicos simulados (25%).
Avaliación continuada nas sesións prácticas (5%).
Avaliación persoal de seminarios (10%).
Tempo de estudo e traballo persoal
3 horas por semana.
Suxírese o emprego dos recurso didácticos da propia materia dispoñibles na aula virtual, así como o emprego da bibliografía básica e, ocasionalmente da avanzada. Tamén recoméndase o emprego de recursos da Internet e on manexo básico de bases de datos electrónicas de recuperación de información.
Juan Manuel Seoane Leston
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812358
- Correo electrónico
- juanmanuel.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Ignacio Varela Centelles
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- pabloignacio.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 4 |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.1 |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.2 |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.3 |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES04 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.4 |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES05 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.5 |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES06 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.6 |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES07 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.7 |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES08 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.8 |
20:00-21:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 4 |
20:00-21:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
18.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
18.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
24.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |