Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Comprende unha serie de coñecementos de base para outras disciplinas que se impartirán en cursos posteriores, fundamentalmente da Área de Sanidade Animal (Enfermidades Parasitarias I e II, Zoonoses e Saúde Pública, Medicina Preventiva y Policía Sanitaria I e II.
Os principais obxectivos son:
- O alumno debe adquiri-los conceptos básicos que conforman a Parasitoloxía e coñecer-los principios biolóxicos que gobernan as complexas relacións que se establecen entre os parasitos, os seus hospedeiros e o medio.
- Coñece-los termos científicos que se empregan na Parasitoloxía Veterinaria.
- Valora-la importancia da presenza e acción dos parasitos sobor das especies hospedeiras, incluído o home.
- Recoñecer e diferencia-las características morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas dos axentes parasitarios, que afecten ós animais; así como, coñecer a qué grupos taxonómicos pertencen os diversos parasitos obxeto de estudo.
- Estudia-los principais ciclos biolóxicos dos parasitos que afectan ós animais e ó home (zoonoses).
- Determina-las posibilidades do laboratorio na identificación dos axentes parasitarios e as limitacións que ten na diagnose integral das infeccións parasitarias.
- Manexa-las principais fontes bibliográficas para que o alumno poida complementa-lo estudo da Parasitoloxía Veterinaria.
1. Clases expositivas:
Bloque I. Parte Xeral. 6 horas
- Historia da Parasitoloxía: A Parasitoloxía na formación do Graduado en Veterinaria.
- O parasitismo no contexto das asociacións biolóxicas.
- Relacións parasito/hospedador.
- Propagación dos parasitos.
- Ecoloxía parasitaria.
- Sistemática, taxonomía e nomenclatura na parasitoloxía.
Bloque II. Protozoos. 8 horas
- Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biolóxicos e características especiais dos SARCOMASTIGÓFOROS, APICOMPLEXA. CILIÓFOROS, MICROSPORIDIOS E MIXOSPORIDIOS de interese veterinario.
Bloque III. Trematodos. 3 horas
- Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biolóxicos e características especiais dos MONOGENEA. DIGENEA de interese veterinario.
Bloque IV. Cestodos. 2 horas
- Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímicas. Ciclos biolóxicos e características especiais dos PSEUDOFILIDEOS. CYCLOPHYLLIDEOS de interese veterinario.
Bloque V. Nematodos. 8 horas
-Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biolóxicos e características especiais dos principais nematodos de interese veterinario. CLASE ADENOPHOREA: ORDE ENOPLIDA. CLASE SECERNENTEA: ORDES SPIRURIDA, FILARIIDA, RHABDITIDA, STRONGYLIDA, ASCARIDIA, OXYURIDA.
Bloque VI. Acantocéfalos, Pentastómidos. 1 hora
- Características morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas. Ciclos biolóxicos. Formas de transmisión.
Bloque VII. Artrópodos. 7 horas
- Características morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas dos ARTRÓPODOS. Papel vectorial destes. Clasificación dos artrópodos de interese veterinario.
- Ciclos biolóxicos da CLASE INSECTA: ORDES HETEROPTERA, PHTHIRAPTERA y APHANIPTERA y DIPTERA (con especial atención ás produtoras de miases).
- Ciclos biolóxicos da CLASE ARACHNIDA: ORDE ACARINA: SUBORDES METASTIGMATA, MESOSTIGMATA, PROSTIGMATA y ASTIGMATA.
- Características xerais e ciclos biolóxicos da CLASE CRUSTACEA: SUBCLASES BRANCHYURA, COPEPODA e ISOPODA.
Cada tema expoñerase durante unha clase teórica; con todo, algúns temas, debido á súa importancia poden requirir máis dunha clase expositiva.
2. Clases interactivas ou prácticas:
Fundamentalmente realizarase a identificación dos principais parasitos de interese veterinario.
Realizaranse 6 prácticas:
- Práctica 1: Protozoos. 4 horas. Lab1 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7).
- Práctica 2: Cestodos y Trematodos. 4 horas. Lab2 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 3: Nematodos I. 3 horas. Lab3 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 4: Nematodos II. 3 horas. Lab4 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 5: Acantocéfalos, Pentastómidos y Artrópodos I. 3 horas. Lab5 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 6: Artrópodos II. 3 horas. Lab6 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
3. Seminarios:
Os alumnos deberán asistir a 4 horas de seminario. S1 (G1, 2, 3, 4); S2 (G1, 2, 3, 4,); S3 (G1, 2, 3, 4) e S4 (G1, 2, 3, 4).
Neles poñerase especial énfase nos principais ciclos biolóxicos dos parasitos de importancia en Medicina Veterinaria, á vez que se incidirá nos conceptos básicos que os alumnos deben coñecer para superar a materia.
Básica:
- BOWMAN, D. D. (2011). Georgis. Parasitología para veterinarios. Elsevier España, Madrid, España. (9ª ED.).
- CORDERO, M. y ROJO, F. A. (2010). Parasitología General. McGraw-Hill Interamericana de España, S.L., Madrid, España. (1ª ED.).
- DEPLAZES, P.; ECKERT. J.; MATHIS, A.; SAMSON-HIMMELSTJERNA, G.; ZAHNER, H. (2016). Parasitology in Veterinary Medicine. Wageningen Academic Publishers, The Netherlands.
- GÁLLEGO BERENGUER, J. (2003). Manual de Parasitología. Morfología y biología de los parásitos de interés sanitario. Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona, Barcelona, España. (2ª ED.).
- KAUFMANN, J. (1996). Parasitic infections of domestic animals. Birkhäuser Verlag, Basel, Switzerland.
- MEHLHORN, H. y PIEKARSKI, G. (1993). Fundamentos de Parasitología. Parásitos del hombre y de los animales domésticos. Acribia S.A., Zaragoza, España.
- TAYLOR, M. A.; COOP, R. L.; WALL. R. L. (2015). Veterinary Parasitology. Wiley-Blackwell, Ames, Iowa, USA. (4ª ED.).
- URQUHART, G. M.; ARMOUR J.; DUNCAN, J. L.; DUNN, A. M.; JENNINGS, F. W. (2001). Parasitología Veterinaria. Acribia S.A., Zaragoza, España. (2ª ED.).
Complementaria:
- BEUGNET, F.; HALOS, L.; GUILLOT, J. (2018). Textbook of clinical parasitology in dogs and cats. Servet Editions, Zaragoza, Spain.
- CORDERO, M. y ROJO, F. A. (1999). Parasitología Veterinaria. McGraw-Hill Interamericana de España, S.L., Madrid, España. (1ª ED.).
- HENDRIX, CH. M. (1999). Diagnóstico parasitológico veterinario. Harcourt Brace. Madrid, España. (2ª ED.).
- KASSAI, T. (2002). Helmintología Veterinaria. Acribia. S.A., Zaragoza, España. (1ª ED.).
- THIENPONT, D.; ROCHETTE, F.; VANPARIJS, O. F. J. (1979). Diagnostic de vermose par examen coprologique. Janssen Research Foundation, Beerse, Belgique.
- TAIRA, N.; ANDO, Y.; WILLIAMS, J. C. (2003). A color atlas of clinical Helminthology of domestic animals. Elsevier Science, Amsterdam.
Principais páxinas na internet:
- https://thelifetree.com/pages/parasite-picture-gallery2
- http://www.parasite.org.au/
- http://www.parasitologyindia.org/
- http://www1.udel.edu/mls/dlehman/medt372/
- https://www.cdc.gov/parasites/about.html
- https://www.esccap.org/
- https://shire.science.uq.edu.au/parasites/index.php
- https://www.ncvetp.org/
- https://www.veterinaryparasitology.com/
- https://parasitxpert.es/
- https://parasitipedia.net/
A identificación das distintas fases da evolución dos parasitos que afectan ós animais útiles e de compañía é competencia do Graduado en Veterinaria. Ademais, nas sesións desenvolvidas no laboratorio o alumno adquirirá as habilidades específicas no manexo de equipos ópticos.
Os alumnos deben adquirir as seguintes COMPETENCIAS:
- XERAIS: Das competencias xerais sinaladas no Libro Branco para o Título de Grado en Veterinaria e, en concreto, as sinaladas para ser desenvolvidas nesta materia, é preciso adquiri-las seguintes competencias:
- GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
- GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
- DISCIPLINARES:
- CEDVUSC06. Coñece-los aspectos básicos dos distintos axentes biolóxicos de interese veterinario.
- ACADÉMICAS:
- CEAVUSC 04. Buscar e xestiona-la información relacionada coa actividade veterinaria.
- CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesional.
- CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
- TRANSVERSAIS:
- CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dunha forma crítica.
- CTVUSC 03. Elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Programa da parte teórica e práctica:
A docencia teórica impartirase no aulario e co horario aprobado na Xunta de Facultade. As clases terán unha duración aproximada de 50 minutos.
As profesoras, a través de Campus Virtual, poñerán ao dispor dos estudantes esquemas das clases teóricas e prácticas. Así mesmo, utilizarase o Foro de Novas do Campus Virtual para avisar aos alumnos das novidades que se vaian producindo ao longo do curso.
- O programa está ordenado por temas, pero isto non significa que cada un deles se correspondan exactamente no tempo á duración dunha clase.
- A cada un dos bloques temáticos dedicaránselles as seguintes horas de sesións expositivas:
- Bloque I. Parte Xeral: 6 horas
- Bloque II. Protozoos: 8 horas
- Bloque III. Trematodos: 3 horas
- Bloque IV. Cestodos: 2 horas
- Bloque V. Nematodos: 8 horas
- Bloque VI. Acantocéfalos e Pentastómidos: 1 hora
- Bloque VII. Artrópodos: 7 horas.
Os esquemas das clases expositivas e prácticas estarán dispoñibles no Campus Virtual.
Terase en conta a asistencia como un baremo que nos indique o grao de interese do alumno.
As clases expositivas impartiranse na aula que nos asigne a dirección do centro.
As clases prácticas, serán presenciais e impartiranse 20 horas de prácticas, en grupos de 20 estudantes. No laboratorio de Parasitoloxía realizaranse 6 sesións regradas.
- As 6 prácticas terán unha duración de:
- Práctica 1: Protozoos. 4 horas. Lab1 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 2: Cestodos y Trematodos. 4 horas. Lab2 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 3: Nematodos I. 3 horas. Lab3 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 4: Nematodos II. 3 horas. Lab4 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 5: Acantocéfalos, Pentastómidos y Artrópodos I. 3 horas. Lab5 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
- Práctica 6: Artrópodos II. 3 horas. Lab6 (G1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)
Ao finalizar as 6 prácticas e antes da proba do exame práctico, os estudantes entregarán a memoria de prácticas, a través do foro de actividades do Campus Virtual.
SEMINARIOS:
Impartiranse en grupos de 30 estudantes.
S1 (G1, 2, 3, 4); S2 (G1, 2, 3, 4,); S3 (G1, 2, 3, 4); S4 (G1, 2, 3, 4).
- Durante o curso os alumnos deberán asistir a catro horas de seminario e neles poñerase especial énfase nos principais ciclos biolóxicos dos parasitos de importancia en Medicina Veterinaria, á vez que se incidirá nos conceptos básicos que os alumnos deben coñecer para superar a materia.
- Nestes seminarios valorarase a participación do estudante e servirán para que as profesoras valoren os coñecementos e competencias que os alumnos están a adquirir.
TITORÍAS (T1, G1-G7):
- A primeira Tutoría impartirase o primer día de clase e será obrigatoria para todos os estudantes, posto que nela se darán as normas de funcionamento da materia, explicando a importancia da asistencia ás clases expositivas, prácticas, seminarios e titorías. Tamén se expoñerán as bases para a avaliación que permitirán superar a materia. Nembargantes as profesoras estarán nos seus respectivos despachos durante todo o curso para axudar aos estudantes á mellor comprensión desta materia. Os estudantes, deberán contactar, previamente por correo electrónico coas profesoras para concertar a hora de titoría, con obxecto de resolver as dúbidas xurdidas na preparación da disciplina.
Para a valoración final dos alumnos, realizarase o seguinte:
- Durante as sesións expositivas realizaranse preguntas escritas e orais. A puntuación obtida supoñerá un 10% da cualificación final. Ao longo das clases teóricas realizaranse as seguintes preguntas escritas (p) dos bloques: Xeneralidades (1 p), Protozoos (1 p), Cestodos e Trematodos (1 p), Nematodos (2 p), Artrópodos (2 p).
- Valoración das clases interactivas ou prácticas: valorarase a participación activa do alumno nas devanditas sesións; así como a memoria de cada unha das prácticas que deben realizar.
- Efectuarase un exame de recoñecemento mediante imaxes proxectadas de 20 formas parasitarias que visen durante o desenvolvemento das sesións prácticas. Superarase cun mínimo de 15 imaxes recoñecidas. Dita proba será presencial e a puntuación obtida supoñerá un 15% da cualificación final. A elaboración da Memoria de prácticas valorarase co 5%.
- Ós alumnos que superen as prácticas (asistencia, memoria e exame) gardaráselles o aprobado nos cursos posteriores, eximíndoos de realizar esta parte nos cursos posteriores. Con todo, os estudantes que non superasen o conxunto da materia, o próximo curso deberán asistir ás clases teóricas e realizar as correspondentes probas de avaliación.
- Valoración teórica final: efectuarase unha proba final presencial mediante a formulación de 8 preguntas de desenvolvemento, que corresponderán:
- 1 do bloque temático I (Xeneralidades).
- 2 do bloque temático II ( Protozoos).
- 1 do bloque temático III ( Trematodos) ou do bloque temático IV ( Cestodos).
- 2 do bloque temático V ( Nematodos).
- 2 dos bloques temáticos VI e VII ( Acantocéfalos / Pentastómidos e Artrópodos).
Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar esta proba a nota mínima media debe ser de 5 sobre 10. Nas preguntas de cada un dos bloques é necesario obter unha puntuación mínima de 3 puntos para que compense co resto das puntuacións obtidas nesta proba. A puntuación obtida supoñerá o 70% da cualificación final. O 30% restante, corresponderá ao 10% da avaliación continua das clases expositivas e ao 20% das clases interactivas, polo que a avaliación continua supoñerá un 30% da nota final.
A valoración teórica final realizarase tras a corrección do exame teórico; a das prácticas, farase tras valorar a Memoria e o exame práctico e, loxicamente, a avaliación continua farase ao longo do curso.
- En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas actividades de xeito presencial.
- A nota do exame práctico gardarase en cursos sucesivos, para que o alumnado que supere este exame non teña que volver a realizar o exame nin asistir ás clases interactivas.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Horas presenciais: 60 h (35 h expositivas; 20 h de sesións interactivas (laboratorio, 4 h de seminarios e 1 h de titoría).
Horas non presenciais: 90 h ( Estudo individual, 60h; elaboración de memoria de prácticas, 20 h; consultas bibliográficas, 7 h; realización de exames, 3h)
- Volume total de traballo: 150 h
- A experiencia acumulada nos anos que dedicamos á docencia desta asignatura lévannos a recomendar ós alumnos o estudo continuado da materia, así como realizar esquemas e resumos que lles axuden a compara-las características dos distintos grupos parasitarios e os diferentes ciclos biolóxicos posibles. Deste xeito conseguirán afianzar coñecementos e evitarán as confusións que xorden cando se intenta a memorización da asignatura co único fin de supera-lo exame final.
- É imprescindible o seguimento das sesiones interactivas e a elaboración dun caderno de notas, para poder ter un coñecemento directo sobre os diferentes grupos e especies de parasitos, así como das súas respectivas fases de desenvolvemento.
Esta ensinanza representa a participación directa do alumno e supón o afianzamento das nocións teóricas.
- Recoméndase a visita das diferentes páxinas Web indicadas na bibliografía, con obxeto de completa-los coñecementos e poder extraer material para a realización dos traballos persoais.
- Recoméndase, asi mesmo, que o alumno propoña as dúbidas que lle xurdan e empregue con frecuencia as horas de titoría dos profesores encargados para que esta actividade resulte positiva e complemente a súa formación.
Rita Sánchez-Andrade Fernández
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- rita.sanchez-andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Patrocinio Morrondo Pelayo
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- patrocinio.morrondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Sol Arias Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822126
- Correo electrónico
- mariasol.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
07.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
07.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |