Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 37 Clase Interactiva: 8 Clínicos EEES: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os principais feitos históricos que contribuíron ao desenvolvemento científico das enfermidades infecciosas.
• Coñecer os conceptos básicos e a terminoloxía utilizada no estudo das enfermidades infecciosas.
• Comprender o papel que os axentes infecciosos, o hospedeiro e o medio ambiente xogan como factores determinantes da enfermidade infecciosa.
• Comprender a importancia económica e sanitaria das enfermidades infecciosas.
• Coñecemento e aplicación dos estudos epidemiolóxicos no estudo das enfermidades infecciosas.
• Realizar unha historia clínica adecuada (obtención de información sobre unha enfermidade).
• Recollida de mostras convenientes e envío correcto ao centro de diagnóstico correspondente, coa finalidade de lograr o diagnóstico dunha enfermidade infecciosa concreta.
• Poder determinar a orixe dunha enfermidade cuxa causa é coñecida e investigar e controlar unha enfermidade cuxa causa se descoñece inicialmente.
• Coñecer as técnicas de laboratorio máis habitualmente empregadas no diagnóstico das enfermidades infecciosas, poder empregalas, saber interpretalas e poder valoralas na súa utilidade práctica.
• Recoñecer as enfermidades infecciosas máis importantes nas diferentes especies de ruminantes e aves estudadas desde o punto de vista diferencial e baseándose en datos epidemiolóxicos, signos clínicos e lesións.
• Establecer os tratamentos e as medidas máis correctas de profilaxe médica, vacinal, de bioseguridade e de manexo, acordes co sistema de explotacións, para evitar a chegada de enfermidades infecciosas do exterior, ou impedir a diseminación das xa existentes e diminuír os seus efectos cando sexa posible.
• Seguimento e avaliación dos programas de control dunha enfermidade.
O obxectivo final será que o alumno se atope en perfectas condicións para exercer profesionalmente en base aos seus coñecementos específicos da materia, tendo en conta, sobre todo, o criterio e o carácter aplicativo da disciplina.
Programa teórico:
O programa consta dos seguintes apartados: enfermidades infecciosas do gando vacún (12 temas), enfermidades infecciosas dos pequenos ruminantes (8 temas) e enfermidades infecciosas das aves (6 temas):
• BLOQUE 1: GANDO VACUNO
o Tema 1.- Rinotraqueíte infecciosa bovina.
o Tema 2.- Diarrea vírica bovina / enfermidade das mucosas.
o Tema 3.- Paratuberculose bovina.
o Tema 4.- Mamites bovinas.
o Tema 5.- Síndrome respiratorio bovino: infeccións por parainfluenza-3 e virus respiratorio sincitial. Adenovirose. Pasteurelose.
o Tema 6.- Diarreas neonatais bovinas: infeccións por rotavirus, coronavirus e outros virus entéricos. Colibacilose. Salmonelose.
o Tema 7.- Carbunco bacteridiano. Carbunco sintomático. Outras enfermidades causadas por clostridios: tétanos e botulismo.
o Tema 8.- Outras enfermidades que causan abortos: leptospirose, clamidiose, campilobacteriose, listeriose, febre Q, anaplasmose e aborto micótico.
o Tema 9.- Encefalopatía esponxiforme bovina. Outros procesos nerviosos: meningoencefalite tromboembólica, listeriose, rabia e enfermidade de Aujeszky.
o Tema 10.-. Enfermidades incluidas en programas oficiais de erradicación e de vixilancia en ruminantes: tuberculose bovina. Brucelose bovina. Perineumonía contaxiosa bovina. Leucose enzoótica bovina.
o Tema 11.- Enfermidades cutáneas: Micoses. Queratoconxuntivite bovina. Outros procesos cutáneos: varíolas, dermatose nodular contaxiosa, dermatofitose, papilomatose, actinobacilose, actinomicose, piobacilose, necrobacilose e nocardiose.
o Tema 12.- Enfermidades exóticas de interese: febre catarral maligna. Peste bovina. Febre aftosa e outras enfermidades vesiculares.
• BLOQUE 2: PEQUENOS RUMINANTES
o Tema 13.- Complexo respiratorio dos ovinos: infeccións por Parainfluenza, adenovirose e pasteurelose. Pleuroneumonía contaxiosa dos pequenos ruminantes.
o Tema 14.- Maedi-Visna. Artrite-encefalite caprina. Adenomatose pulmonar ovina. Scrapie.
o Tema15.- Enterotoxemias.
o Tema 16.- Síndrome de agalaxia contaxiosa nos pequenos ruminantes.
o Tema 17.- Procesos que causan problemas reprodutivos en pequenos ruminantes. Febre Q, aborto enzoótico ovino e outros.
o Tema 18.- Lingua azul.
o Tema 19.- Linfadenite caseosa.
o Tema 20.- Necrobacilose e outros procesos de interese.
• BLOQUE 3: AVES
o Tema 21.- Enfermidades respiratorias (I): Enfermidade de Newcastle. Influenza aviar.
o Tema 22.- Enfermidades respiratorias (II): Enfermidade respiratoria crónica. Bronquite infecciosa. Laringotraqueite. Pasteurelose. Psitacose-Ornitose.
o Tema 23.- Salmonelose aviar.
o Tema 24.- Colibacilose.
o Tema 25.- Enfermidades tumorais de orixe vírica: enfermidade de Marek. Leucose aviar.
o Tema 26.- Enfermidades inmunosupresoras: enfermidade de Gumboro.
O estudo das principais enfermidades infecciosas distribuirase por especies animais e cada enfermidade desenvolverase seguindo o esquema seguinte:
• Definición e sinonimias.
• Aspectos históricos, se é pertinente.
• Importancia económica e sanitaria.
• Etioloxía: resaltaranse as características do axente infeccioso que teñen influencia na patoxenia ou nos mecanismos inmunitarios, así como na epidemioloxía, diagnóstico e profilaxe da enfermidade.
• Epidemioloxía: estudaranse a distribución xeográfica da enfermidade, as interaccións axente- hospedeiro-ambiente, a transmisión e mantemento da infección, morbilidade e letalidade, etc.
• Patoxenia.
• Sintomatoloxía e lesións: estes datos xunto coa epizootioloxía da enfermidade permitiranlle ao futuro veterinario establecer un diagnóstico clínico.
• Diagnóstico: establecerase o diagnóstico clínico en base aos datos epidemiolóxicos, os signos clínicos e as lesións da enfermidade. Así mesmo, estudarase o diagnóstico de laboratorio, que comprende os métodos directos e indirectos para comprobar a intervención ou a presenza do axente patóxeno.
• Tratamento: mencionaranse aqueles tratamentos posibles e a súa eficacia.
• Profilaxe: profilaxe vacinal e médica, medidas de bioseguridade e de manexo.
Duración aproximada: 44 horas
• 28 h bloque 1: aproximadamente 2 horas por tema + 6 horas de prácticas de encerado (1 hora/práctica)
• 9 h bloque 2: aproximadamente 1hora por tema + 2 horas de prácticas de encerado (1 hora/práctica)
• 7 h bloque 3: aproximadamente 1 hora por tema
Prácticas de encerado:
Realizaranse 8 sesións ao longo do curso sobre diferentes aspectos prácticos relacionados coa sanidade en cada especie estudada:
1.- Toma e envío de mostras ao laboratorio (EINFII PE1).
2.- Seroloxía: aplicacións prácticas (EINFII PE2).
3.- Uso racional de antibióticos e interpretación de antibiogramas (EINFII PE3).
4.- Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) (EINFII PE4).
5.- Funcións do/a veterinario/a de explotación (EINFII PE5).
6.- Funcións do/a veterinario/a que xestiona os programas de mellora da calidade do leite (EINFII PE6).
7.- Deseño e avaliación de programas sanitarios (2 h, EINFII PE7 e EINFII PE8).
Prácticas clínicas:
Realizaranse 15 horas de prácticas divididas en 4 sesións:
• Práctica 1: programas de control en pequenos ruminantes (EINFII C1, 4 h).
• Práctica 2: control das mamites en vacún (EINFII C2, 4 h).
• Práctica 3: programas de control en vacún (EINFII C3, 4 h).
• Práctica 4: avicultura (EINFII C4, 3 h).
As prácticas realizaranse na granxa Campus Terra (EINFII C2 e EINFII C3) e na medida do posible, en granxas externas (EINFII C1). Para a práctica de avicultura (EINFII C4) realizarase unha simulación de visita a unha granxa de aves utilizando as instalacións para uso de tecnoloxías de realidade virtual dispoñibles na facultade. O contido destas prácticas clínicas versará sobre diferentes aspectos prácticos das enfermidades infecciosas das especies de animais incluídas no temario:
• Valoración de factores de risco
• Valoración da situación sanitaria dunha explotación/colectivo
• Recollida de mostras biolóxicas de diversa índole
• Tratamento e control de enfermidades infecciosas
NOTA: lémbrase que en ningún caso poderán realizarse fotos ou vídeos durante as prácticas clínicas sen a autorización expresa do propietario das instalacións ou o docente responsable.
Básica:
• SCOTT P.R.; PENNY C.D.; MACRAE A.I. 2011. Cattle medicine. Manson Publishing Ltd. London, UK.
• PEEK S.F.; DIVERS T.J. 2018. Rebhun´s diseases of dairy cattle, 3rd edition. Elsevier. St. Louis, USA.
• CONSTABLE P.D.; HINCHCLIFF K.W.; DONE S.H.; GRÜNBERG W. 2017. Veterinary Medicine: a textbook of the diseases of cattle, horses, sheep, pigs and goats, 11th edition. Elsevier. St. Louis, USA.
• GARCÍA-BOCANEGRA I.; ZAFRA R. 2019. Enfermedades infectocontagiosas en rumiantes, 1a edición. Elsevier España. Barcelona, España.
• PUGH D.G.; BAIRD A.N. 2012. Sheep and goat medicine, 2nd edition. Elsevier Saunders. Maryland Heights, USA.
• AITKEN I.D. 2007. Diseases of sheep, 4th edition. Blackwell Publishing. Oxford, UK.
• SMITH M.C.; SHERMAN D.M. 2009. Goat medicine, 2nd edition. Wiley-Blackwell. Ames, USA.
• BOULIANNE M. 2012. Avian disease manual, 7th edition. American Association of Avian Pathologists, Inc. Florida, USA.
• TULLY JR T.N.; DORRESTEIN G.M.; JONES A.K. 2009. Handbook of avian medicine, 2nd edition. Elsevier Saunders. Maryland Heights, USA.
• DINEV I. 2011. Enfermedades de las aves, atlas a color 2ª edición. CEVA. Perú.
Complementaria:
• KAHN C.M.; LINE S. 2012. Manual Merck de Veterinaria, 6ª edición. Océano, Barcelona, España.
• CONTRERAS A.; SÁNCHEZ A.; CORRALES J. C. 2001. Epidemiología veterinaria. Universidad de Murcia. Murcia.
• MACLACHLAN N.J. ET AL. 2017. Fenner´s Veterinary Virology, 5th edition. Academic Press, London, UK.
• MARKEY B. ET AL. 2013. Clinical Veterinary Microbiology, 2nd edition. Mosby Elsevier. St. Louis, USA.
• QUINN P.J. ET AL. 2017. Microbiología y enfermedades infecciosas veterinarias (2017). 2º edición. Editorial Acribia.
• RADOSTIS O. M. 2000. Examen y diagnóstico clínico en veterinaria. Mc Graw-Hill. México.
• Webs de interese:
o https://www.merckvetmanual.com
o https://www.oie.int/es/que-hacemos/normas/codigos-y-manuales/
o http://www.vetresponsable.es/vet-responsable/espanol/inicio_55_1_ap.html
o http://www.cfsph.iastate.edu/
o http://www.neurovideos.vet.cornell.edu/index.aspx
Competencias xenéricas:
• Capacidade de análise e síntese (GVUSC-02).
• Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica (GVUSC-05).
• Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo (GVUSC-06).
Competencias disciplinares:
• Principios básicos e aplicados da resposta inmune (CEDVUSC-05).
• Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria (CEDVUSC-08).
Competencias profesionais:
• Realizar a historia e a exploración clínica dos animais (D1VUSC-01).
• Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe (D1VUSC-02).
• Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico (D1VUSC-04).
• Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses (D1VUSC-05).
Competencias académicas:
• Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a (CEAVUSC-01).
• Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral (CEAVUSC03).
• Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia (CEAVUSC-05).
Competencias transversais:
• Capacidade para o razoamento e a argumentación (CTVUSC-01).
• Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible (CTVUSC-03).
• Habilidade no manexo das TICs (CTVUSC-05).
• Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos (CTVUSC-07).
Sendo esta unha materia orientada a futuros profesionais veterinarios, pretendemos cumprir coas seguintes condicións metodolóxicas básicas:
a) Mantemento dun equilibrio entre a adquisición de coñecementos teóricos e de habilidades prácticas; non debemos esquecer que nesta disciplina deberán adquirirse unha serie de habilidades necesarias para o exercicio profesional da veterinaria.
b) Promover a constante procura de nova información. Esta non é unha disciplina estática e atópase en continua evolución, polo que é necesario que o alumno aprenda a buscar nova información, analizándoa desde unha posición crítica.
As actividades formativas con presenza do profesor serán:
• Clases maxistrais (grupo grande; 36 h): lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os estudantes non os necesitan manexar en clase.
• Prácticas de encerado (grupo grande; 8 h): clase teórico-práctica na que os alumnos recibirán formación sobre aspectos prácticos relacionados co exercicio da profesión, discutíndose devanditos aspectos polo conxunto dos alumnos. Tentarase na medida do posible convidar a recoñecidos profesionais para que acheguen ao alumnado a súa experiencia e puntos de vista.
• Prácticas clínicas (grupos reducidos/moi reducidos; 15 h): prácticas manuais (“hands on training”) nas que o estudante leva a cabo en por si procedementos e técnicas clínicas sobre animais vivos ou os seus cadáveres, en visitas presenciais ou virtuais a granxas ou establecementos nas que o estudante desenvolve un traballo activo.
• Titorías: titorías programadas polo profesor (grupos reducidos/moi reducidos ou individuais; 1 h). Adicionalmente, os alumnos poderán solicitar titorías individualizadas nos horarios establecidos. As titorías dedicaranse á supervisión de traballos, aclaración de dúbidas sobre a materia, exercicios, programas, lecturas ou outras tarefas propostas, debate ou comentario de traballos.
Dentro desta estrutura, podemos describir varias partes neste curso:
A.- Traballo teórico: o profesor expoñerá os temas incluídos no programa da materia, e o alumno deberá adquirir os coñecementos básicos da disciplina. O alumno deberá compaxinar a asistencia a estas clases teóricas coa lectura dos textos recomendados para ampliar os seus coñecementos. Inclúense dentro deste grupo as clases maxistrais, as prácticas de encerado e as titorías. En tódolos casos facilitarase ao alumnado guións das clases teóricas, así como diversos documentos que se empregarán durante as prácticas de encerado.
B.- Traballo en grupos de 4-5 alumnos: dous supostos prácticos de diferentes especies que terán que resolver de maneira autónoma e presentar por escrito. Os alumnos deberán indagar ata establecer un protocolo de actuación e responder as cuestións expostas baseándose nos coñecementos adquiridos a través das clases teóricas, da bibliografía recomendada e das ferramentas de procura de información dispoñibles. De maneira xeral e co fin de repartir a carga de traballo ao longo de todo o semestre, dispoñerase de medio semestre para cadanseu suposto práctico. Os supostos prácticos facilitaranse e terán que ser entregados resoltos a través da aula virtual dentro do prazo establecido (metade do semestre para o primeiro e último día do período lectivo para o segundo). Non se avaliarán traballos entregados fora do prazo establecido.
C.- Traballo Práctico: ao longo de todo o curso, o alumno deberá participar nas prácticas clínicas da materia, para poder desenvolver as habilidades necesarias para o futuro exercicio profesional. Debido a que o desenvolvemento dalgunhas das sesións prácticas (EINFII C3) implican a realización de procedementos invasivos en animais vivos, é imprescindible que os alumnos acrediten o adestramento previo de ditos procedementos con modelos animais. Para isto, os alumnos disporán na aula de habilidades clínicas dun modelo animal có cal poderán adestrar de forma autónoma os procedementos que se levarán a cabo posteriormente nas sesións prácticas a través do modulo “Procedementos clínicos en cabeza de cabalo e vaca”. Facilitaráselles aos alumnos as instrucións para levar a cabo os procedementos requiridos e comprobarase que teñen desenvolto a tarefa previamente ao desenvolvemento das prácticas que así o requiran. Os alumnos que non acrediten a realización deste adestramento non poderán realizar a práctica clínica correspondente. Para cada práctica, avaliarase o coñecemento adquirido polo alumno mediante cuestionarios, rúbricas ou ferramentas similares durante o desenvolvemento da práctica. A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, así como obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no total da avaliación práctica.
Apoios ao curso:
Durante todo o curso os alumnos dispoñerán dun apoio presencial, podendo realizar consultas aos distintos profesores da materia nas horas de titoría indicadas. Tamén dispoñerán dun apoio virtual, podendo facer as consultas a través do correo electrónico.
Ademais, no curso de “Enfermidades Infecciosas II” do CAMPUS VIRTUAL da USC o alumno atopará diversas ferramentas de contidos e de comunicación. A finalidade deste curso é integrar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na docencia da materia.
A cualificación de cada estudante farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
A avaliación continua contemplará as cualificacións obtidas tanto nos supostos prácticos expostos que deben resolver en grupos (4-5 alumnos) como nas diferentes actividades de avaliación das prácticas clínicas (cuestionarios, avaliación mediante rúbrica, etc.)
Así, a avaliación final do alumno terá en conta os seguintes aspectos:
1. Realización obrigatoria das prácticas clínicas.
2. Supostos Prácticos: os alumnos desenvolverán en grupos de 4-5 persoas un total de dous supostos prácticos ao longo do curso, que entregarán sempre dentro do prazo establecido. Valorarase a resolución destes e os coñecementos da materia demostrados.
3. Avaliación das prácticas clínicas, xa sexa mediante cuestionario, rúbrica ou outros métodos de avaliación. Será obrigatorio obter como mínimo 4 puntos sobre 10 no total da avaliación de prácticas para poder superar a materia.
4. Exame Escrito: neste apartado valorarase os coñecementos teórico-prácticos alcanzados polo alumno. Realizarase un exame final nas datas establecidas na Programación Académica da Facultade de Veterinaria, e será necesario obter como mínimo 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. O exame final será unha proba que constará de:
• 40-50 preguntas tipo test de reposta única entre catro posibles. Cada 2 respostas erróneas descontarase unha pregunta correcta. A puntuación desta parte representará o 50% da nota do exame.
• 4 preguntas cortas a desenrolar de maneira esquemática. As preguntas cortas poderán conter subapartados en cada pregunta para responder de forma breve.Cada pregunta puntuarase de 0 a 10 puntos, e a puntuación desta parte (media das 4 preguntas) representará o 50% da nota do exame.
• Os exames das convocatorias do mesmo curso terán un formato similar e a nota final calcularase do mesmo xeito.
O contido exposto nas prácticas de encerado é susceptible de ser incluído no exame teórico.
Para os casos de realización fraudulenta ou de plaxio de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tras a publicación das notas provisionais de cada exame, o alumno poderá revisar o seu exercicio e expor as dúbidas, suxerencias ou reclamacións que considere oportunas. A data e lugar das revisións, será publicada xunto coas puntuacións dos exames.
Cualificación Final da Materia:
A cualificación final da materia será da seguinte maneira:
• Avaliación continua: 30 % da cualificación repartida da seguinte maneira:
• Supostos prácticos: 20 % (10 % cada un)
• Actividades de avaliación de prácticas clínicas: 10 %. Para superar a materia será necesario obter polo menos 4 puntos sobre 10 no total das actividades.
• Exame escrito: 70% da cualificación final. Para superar a materia terá que superarse o exame final cunha nota igual ou superior ao 50% do seu valor (5/10 puntos).
Os contidos impartidos nas clases maxistrais e nas prácticas de encerado avaliaranse co exame escrito e os supostos prácticos. Os contidos impartidos nas prácticas clínicas avaliaranse coas súas respectivas actividades de avaliación.
Nesta materia non se concede dispensa total. En base á instrución Nº1/2017 da Secretaría Xeral, aqueles estudantes aos que se lles conceda dispensa parcial non terán a obriga de asistir ás clases expositivas e ás prácticas de encerado, pero mantense a obrigación de asistir as prácticas clínicas. Independentemente de que se conceda ou non a dispensa parcial, o sistema de avaliación será o mesmo para tódolos estudantes, xa que nas actividades nas que se concede dispensa parcial non se realizarán actividades de avaliación de xeito presencial.
Recomendacións de cara á Avaliación:
É moi recomendable participar na realización dos supostos prácticos xa que supoñen o 20% da cualificación final. Tamén é de destacar que deben realizarse obrigatoriamente todas as prácticas clínicas.
En canto ás recomendacións á hora de enfrontarse a un exame final, é importante lembrar aos alumnos que é imprescindible ler detidamente os enunciados de cada pregunta e de todas as posibles respostas. Nas preguntas curtas o alumno deberá axustarse ao preguntado e responder con claridade e esquematicamente.
Recomendacións de cara á Recuperación:
É importante ter en conta unha serie de aspectos no caso de que o alumno non supere a materia nunha convocatoria determinada:
• Non se manteñen as cualificacións dos exames teóricos, polo que o alumno deberá novamente examinarse do contido teórico da materia.
• Gardaranse as cualificacións obtidas nos supostos prácticos así como a avaliación das prácticas clínicas cando nas seguintes condicións:
• A avaliación dos supostos prácticos e das prácticas clínicas poderase manter durante un máximo de dous cursos posteriores ao curso no que se realizou a avaliación correspondente.
• Para que se manteña a avaliación das prácticas clínicas os alumnos deberán ter asistido a todas as sesións prácticas obtendo polo menos un 4 puntos sobre 10 no total da avaliación de prácticas
• Os alumnos que teñan unha cualificación previa dos supostos prácticos e/ou das prácticas clínicas poderán solicitar a repetición da avaliación dalgún dos supostos ou do conxunto das prácticas clínicas (non se poderán repetir prácticas individuais). No caso de que o alumno desexe repetir algunha destas actividades, o alumno debe comunícalo ao coordinador da materia ao inicio do curso. A repetición dunha actividade implicará a renuncia á cualificación previa obtida para esa actividade.
Traballo presencia na aula:
• Clases expositivas: 36 h
• Prácticas clínicas 15 h
• Prácticas de encerado 8 h
• Titorías 1 h
Total horas de traballo presencial (10x Nº ECTS) 60 h
Traballo persoal do estudante:
• Estudo individual 48 h
Elaboración de memorias de prácticas 1 h
Elaboración de traballos 20 h
• Revisión bibliográfica, uso de biblioteca, etc 4 h
• Resolución de casos/problemas 12 h
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas 2 h
• Realización de exames 3 h
Total de horas de traballo persoal do estudante (15x Nº ECTS) 90 h
Total horas de traballo 150 h
Para o estudo do contido da disciplina teranse en conta as seguintes consideracións:
• O diagnóstico diferencial entre as diferentes enfermidades infecciosas que afectan a unha determinada especie animal é fundamental. Para o seu estudo e comprensión aconséllase o elaborar cadros sinópticos que inclúan os principais datos epidemiolóxicos, signos clínicos e lesións características de cada unha das enfermidades obxecto de estudo e realizar un estudo comparativo do mesmo en base aos datos similares e excluíntes de cada unha delas.
• Para a aprendizaxe das técnicas de diagnóstico de laboratorio de cada enfermidade é conveniente clasificar as diferentes enfermidades infecciosas polo axente etiolóxico, independentemente da especie animal afectada e o sistema orgánico afectado. Posteriormente anotaranse as principais técnicas de laboratorio aplicadas para cada enfermidade e poderase comprobar a súa analoxía segundo as etioloxías de cada enfermidade:
o Técnicas analíticas para bacterias e segundo o tipo de bacterias, algunhas máis específicas
o Técnicas analíticas para virus e segundo o tipo de virus, algunhas máis específicas, etc….
• Para o estudo das medidas de prevención, control e erradicación de diversas enfermidades é conveniente realizalo en bloques de enfermidades que teñan en común as medidas xerais (ex.: enfermidades respiratorias do gando ovino e caprino, etc…) e posteriormente estudar as medidas específicas dalgunhas das enfermidades.
• Para o coñecemento das diferentes pautas de vacinación fronte a cada enfermidade infecciosa sempre é de gran utilidade ter en conta en que época do ano, idade de animais afectados ou fase de produción onde con maior frecuencia aparece a enfermidade e, por tanto, cando interesa utilizar a vacinación.
En conclusión, é esencial a aprendizaxe da disciplina desde un punto de vista diferencial e comparativo entre as diferentes enfermidades infecciosas obxecto de estudo e non o estudo independente de cada unha delas.
Por último, para a aprendizaxe, estudo e comprensión dos supostos prácticos é esencial que o alumno non perda en ningún momento o sentido práctico que hai que darlle no seu desenvolvemento, aplicando os coñecementos teóricos aprendidos, pero cunha visión lóxica, económica, factible, segundo mentalidade do gandeiro/propietario, etc.
Materiais:
Facilitaranse, con anterioridade ao seu desenvolvemento en clase, os resumos das presentacións que serán utilizadas nas sesións teóricas en pdf no curso da materia no Campus Virtual.
Este material débese completar cos apuntamentos e notas tomadas en clase.
Método de traballo aconsellado e actividades a realizar:
O alumno debe completar a presentación dos temas coas notas e aclaracións realizadas nas clases teóricas.
Aconséllase revisar os sistemas de produción que se vexan reflectidos segundo a especie estudada.
Tamén é importante revisar os materiais de cada especie antes de realizar as prácticas correspondentes para poder obter un mellor aproveitamento destas.
Coordinador: José Manuel Díaz Cao
Gonzalo Fernández Rodríguez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- gonzalo.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Prieto Lago
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- alberto.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
José Manuel Diaz Cao
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- josemanueldiaz.cao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Gonzalo López Lorenzo
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822127
- Correo electrónico
- Gonzalo.lopezlorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC_Campus Terra
Cristiana Filipa Cazapal Monteiro
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- cristiana.cazapal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 1 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 1 |
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |