Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 3 Clínicos EEES: 15 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A formación que os alumnos adquiren sobre a disciplina de Enfermidades parasitarias II achega ao profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e control das principais protozooses e artropodoses que afectan aos animais, tanto de forma individual como colectiva, e especialmente neste último caso, posto que estas enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no estudo desta materia son básicos para controlar as afeccións que se transmiten dos animais ao home (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas de Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a administración debe elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana.
Obxectivos xerais da materia
• Obxectivo 1. Identificar os signos clínicos e as lesións das principais enfermidades parasitarias producidas por protozoos e artrópodos nos animais; establecer as diagnoses diferenciais baseándose nos datos recollidos na anamnese, na exploración física regrada do animal e nos factores epidemiolóxicos que inflúen na enfermidade e nos resultados de laboratorio.
• Obxectivo 2. Identificar os factores de risco asociados coa aparición destas parasitoses no animal ou no colectivo, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade.
• Obxectivo 3. Decidir en función do cadro clínico qué tipo de mostras teñen que tomarse e como debe facerse. Remitir de forma adecuada as mostras ó laboratorio e os seus correspondentes informes.
• Obxectivo 4. Aplicar as normas de bioseguridade básicas na toma de mostras sospeitosas e a súa manipulación, tanto en condicións de campo como na sala de necropsias, matadoiros e no laboratorio.
• Obxectivo 5. Coñecer, seleccionar e prescribir tratamentos e, no seu caso, vacinas necesarias para a loita antiparasitaria, tendo en conta as interaccións, contraindicacións e efectos secundarios dos diferentes protocolos terapéuticos, así como o problema das resistencias ós fármacos.
• Obxectivo 6. Deseñar estudos epidemiolóxicos e programas sanitarios fronte as principais protozooses e artropodoses.
PROGRAMA TEÓRICO
O programa desta disciplina consta, primeiramente, de dous bloques temáticos dedicados ao estudio dos aspectos epidemiolóxicos, patoxénicos, clínicos, diagnósticos, terapéuticos e medidas de prevención das distintas enfermidades producidas por protozoos e artrópodos nos animais, facendo especial fincapé nos máis frecuentes no noso entorno. Nun último bloque temático estudaranse as enfermidades parasitarias de maior relevancia nas abellas e peixes.
-BLOQUE TEMÁTICO I. PROTOZOOSES
Leishmaniose. (2 horas)
Tricomonose, histomonose e xiardiose. (1,5 horas)
Coccidiose (eimeriose e cystoisosporose). (1,5 horas)
Criptosporidiose. (1,5 horas)
Besnoitiose. (0,5 horas)
Toxoplasmose, neosporose e sarcocistose. (3 horas)
Babesiose e teileriose. (2 horas)
-BLOQUE TEMÁTICO II. ARTROPODOSES
Sarnas sarcóptica, psoróptica, notoédrica e corióptica dos animais domésticos. (1 hora)
Demodicose. (1 hora)
Parasitación por carrachas (Ixodidoses e Argasidoses). Papel vector. (1 hora)
Parasitación por pulgas. Papel vector. (1,5 horas)
Parasitación por piollos, dermanisidos, cheyletielas, etc. Papel vector-transmisor. (0,5 horas)
Miases dos animais de renda: gasterofilose, oestrose, hipodermose. (2,5 horas)
Outras miases traumáticas de importancia económica e sanitaria. (0,25 horas)
Outros dípteros (mosquitos, tabáns, hipoboscas, etc.). Papel patóxeno e vector. (0,25 horas)
-BLOQUE TEMÁTICO III. OUTRAS PARASITOSES
Enfermidades parasitarias das abellas. (3,5 horas)
Enfermidades parasitarias dos peixes. (1,5 horas)
PROGRAMA PRÁCTICO
O programa práctico constará de 5 sesións distribuídas do seguinte xeito:
1.- EPAR II. C1. Identificación de ooquistes de protozoos: Identificación específica de ooquistes de coccidios (Eimeria spp e Cystoisospora spp) tras esporulación. Detección de ooquistes de Cryptosporidium spp. mediante tinturas negativa (Heine) e ácido-alcohol resistente (Ziehl-Neelsen). (3 horas). Lugar: Laboratorio pavillón 1, Planta primeira.
2.- EPAR II. C2. Programa de control de ectoparasitos en gando vacún: Exploración externa dos animais e toma de mostras de pel e pelos para a investigación macroscópica e microscópica e diagnóstico de ectoparasitos. (4 horas). Lugar: Granxa Campus Terra.
3.- EPAR II. C3. Programa de desparasitación: Valoración dos resultados obtidos nas coproloxías e exame externo dos animais. Desparasitación dos animais. (4 horas). Lugar: Granxa Campus Terra.
4.- EPAR II.C4. Exame de sangue: Técnicas para o diagnóstico de protozoos hemáticos (Babesia spp., Theileria spp., Trypanosoma spp., Leishmania spp.). Técnicas para o diagnóstico de microfilarias. (3 horas). Lugar: Laboratorio pavillón 1, Planta primeira.
5.- EPAR II.C5. Diagnóstico de ecto e endoparasitos de abellas e peixes: Técnicas para a detección de Nosema spp. e Acarapis spp. en abellas. Identificación de Varroa en adultos e larvas de abella. Técnicas para o diagnóstico dos principais parasitos dos peixes. (2 horas). Lugar: Laboratorio pavillón 1, Planta primeira.
Cada sesión práctica consta de 3 horas presenciais nas que o alumnado aprenderá e realizará os procedementos e técnicas de diagnóstico parasitolóxico e valorará e analizará a súa aplicación a distintos casos clínicos. Nas prácticas EPAR II C2 e EPAR II C3, o desprazamento á granxa e o cambio de roupa e calzado suporá aproximadamente 60 minutos. Os diferentes procedementos, coma a toma de mostras ou a administración de antiparasitarios empregando diferentes vías, levaranse a cabo, sempre que sexa posible, sobre animais vivos (con procedementos non invasivos) ou os seus cadáveres en granxas ou establecementos nos que o estudante desenvolverá un traballo activo.
-Bibliografía básica
BOWMAN, D.D. e LYNN, R.C. (2011). Georgis Parasitología para veterinarios. Ed. Elsevier.
CORDERO, M. e col. (1999). Parasitología Veterinaria. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
DEPLAZES, P. e col. (2016). Parasitology in Veterinary Medicine. Wageningen Academic Publishers.
FRONTERA, E. e col. (2009). Patología parasitaria porcina en imágenes. Ed. SERVET.
SÁNCHEZ ACEDO, C. e col. (2003). Enfermedades parasitarias del ganado ovino y caprino. Ed. GEA.
TAYLOR, M.A. e col. (2013). Veterinary Parasitology. Ed. Wiley-Blackwell.
URQUHART, G.M. e col. (2001). Parasitología Veterinaria. Ed. Acribia, Zaragoza.
VALCÁRCEL, F. e col. (2009). Atlas de Parasitología ovina. Ed. SERVET.
WALL, R. e SHEARER, D. (2001). Veterinary Ectoparasites: biology, pathology and control.
-Bibliografía complementaria
DÍAZ, P. e MORRONDO, P. (2012). Unidade didáctica 7: Parasitación por carrachas (ixodidose e argasidose), pulgas e piollos. Servizo de Publicacións da USC.
DÍAZ, P. e MORRONDO, P. (2013). Unidade Didáctica 6:Sarna sarcóptica, psoróptica e corióptica dos animais domésticos. Demodicose. Servizo de Publicacións da USC.
DIEZ-BAÑOS, P. e DÍAZ, P. (2012). Unidade Didáctica 3: Coccidiose de aves e mamíferos e criptosporidiose. Servizo de Publicacións da USC.
DIEZ-BAÑOS, P. e DÍAZ, P. (2013). Unidade Didáctica 2: Trichomonose bovina e aviar, histomonose e xiardiose. Servizo de Publicacións da USC.
DIEZ-BAÑOS, P. e DÍAZ, P. (2016). Unidade Didáctica 4: Toxoplasmose, neosporose e sarcocistose. Servizo de Publicacións da USC.
DUBEY, J.P. (2012). Toxoplasmosis of Animals and Humans. Ed. CRC Press.
FAYER, R. e XIAO, L. (2008): Cryptosporidium and cryptosporidiosis. Ed. CRC Press.
HIDE, G. e col. (1997). Trypanosomiasis and Leishmaniasis: Biology and Control. CAB International.
LATIF, A.A. e WALKER, A.R. (2004). An introduction to the biology and control of ticks in Africa. ICTTD.
LONG, P.L. (1990). Coccidiosis of man and domestic animals. Ed. CRC Press.
PANADERO, R. e DÍAZ, P. (2011). Unidade didáctica 8: Miases dos animais de renda. Servizo de Publicacións da USC.
PANADERO, R. e LÓPEZ-SÁNDEZ, C. (2012). Unidade didáctica 9: Enfermidades parasitarias das abellas. Servizo de Publicacións da USC.
REMESAR, S. e DIAZ FERNÁNDEZ, P. (2022). Unidade didáctica 1: Leishmaniose canina. Servizo de Publicacións da USC
REMESAR, S. e DIAZ FERNÁNDEZ, P. (2022). Unidade didáctica 5: Piroplasmose (babesiose e teileriose). Servizo de Publicacións da USC.
SOLANO-GALLEGO, L. e col. (2011). LeishVet guidelines for the practical management of canine leishmaniosis. Parasites & Vectors, 4:86.
-Páxinas web:
www.leishvet.info/
https://instruction.cvhs.okstate.edu/JCFOX/HTDOCS/CLINPARA/Index.htm
www.engormix.com/control_prevencion_coccidiosis_medidas_s_articulos_998…
www.ars.usda.gov/Main/site_Main.htm?mode
Competencias xenéricas
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias Específicas disciplinares
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 07. Coñecemento da alteración da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e obrigas do/da/ veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
Competencias Específicas profesionais
D1VUSC 01. Levar a cabo a historia e a exploración clínica dos animais.
D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
D1VUSC 03. Levar a cabo técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante o emprego dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 07. Levar a cabo os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesional.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Os contidos do programa impartiranse mediante:
• Sesións expositivas:
-Clases teóricas:
Son leccións maxistrais de tipo expositivo-interrogativo e carácter obrigatorio que se desenvolverán na aula a un grupo completo e terán una duración de 50 minutos. As clases desenvolveranse en base a presentacións multimedia e abordarán os contidos do programa: proxectaranse contidos orixinais escritos e material gráfico. O alumnado terá acceso a un resumo de ditos temas a través do campus virtual.
-Seminarios (EPAR II S1-S3 G1-G4):
Son actividades complementarias baseadas na resolución de casos clínicos ou exposición de temas de interese ou actualidade relacionados coas artropodoses e protozooses que afectan ós animais domésticos e silvestres, así coma as parasitoses que afectan a animais exóticos, abellas e peixes. Estarán impartidos por persoal académico, profesionais veterinarios ou por alumnado que de forma voluntaria elabore un traballo. Desenvolveranse no aulario da Facultade.
-Titorías (EPAR II T1 G1-G12):
Existe unha titoría en grupo programada no calendario oficial e que se desenvolverá de xeito presencial no aulario ao comezo do semestre. A finalidade desta sesión é presentar a materia, expoñer os contidos, metodoloxía e avaliación e resolver as dúbidas que se expoñan. Tamén haberá dispoñibles titorías individuais non programadas, realizadas a demanda do alumnado nos horarios establecidos, nas que este terá a oportunidade de resolver e consultar todas as dúbidas xurdidas durante as sesións teóricas ou prácticas; tamén se dedicarán á supervisión de traballos e/ou tarefas propostas. Ademais, o alumnado disporá dun servicio de titorías virtuais para realizar consultas e formular preguntas ou realizar comentarios acerca da docencia impartida.
•Sesións interactivas:
-Prácticas clínicas:
Os contidos prácticos desta materia desenvolveranse en 5 sesións que se desenvolverán no laboratorio de diagnóstico parasitolóxico (módulo 10 alumnos/grupo) e nunha explotación de gando vacún (Granxa Campus Terra; módulo 7 alumnos/grupo). Nelas o alumnado aprenderá a realizar unha correcta toma de mostras (pel, pelos, etc.), sobre as que realizarán os protocolos e técnicas que se deben empregar, en cada caso, para poder facer o diagnóstico das principais enfermidades parasitarias incluídas no programa da materia, dentro das que previsiblemente poidan presentarse nos animais afectados. A continuación, unha vez avaliada a anamnese do caso os estudantes interpretarán os resultados obtidos e elaborarán os informes oportunos. Tamén aprenderán a analizar e interpretar os resultados proporcionados polo laboratorio. Finalmente, estableceranse as pautas de tratamento, e no seu caso de control e prevención, adecuadas para cada tipo de granxa e/ou pacientes individuais. Nos casos de enfermidades parasitarias que entrañen algún risco de transmisión ós seres humanos, proporanse asemade cantas medidas sexan necesarias para impedir a súa presentación.
A asistencia a todas as sesións prácticas é obrigatoria. Recoméndase que o alumnado elabore unha memoria de prácticas que recolla os aspectos máis importantes de cada práctica e que lle servirá de material de estudo para preparar o exame práctico. Os estudantes que, tendo realizado todas as prácticas, non superaran ou non se presentaran ó exame práctico non terán a obriga de repetir as prácticas en convocatorias sucesivas.
-Exame teórico: os contidos teóricos da materia avaliaranse mediante un exame final que será presencial e estará composto por 5-8 preguntas de desenvolvemento; cada pregunta poderá conter varios sub-apartados. Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar o exame a nota mínima media deberá ser de 5 sobre 10, sempre e cando o número de preguntas con puntuación menor ou igual a 3 sobre 10 no supoñan un 40% das preguntas propostas. A nota do exame teórico conservarase durante os seguintes cursos académicos sempre e cando a cualificación acadada sexa igual ou superior a 6/10.
- Exame práctico: a avaliación das prácticas farase tendo en conta a asistencia que é obrigatoria, así como a participación do alumnado nas sesións prácticas e entrega das tarefas propostas polos profesores e mediante unha proba escrita con 20 preguntas tipo test de resposta simple (5 opcións; 1 correcta; tres preguntas mal contestadas restarán 1 ben). En todos os casos, para superar o exame práctico a nota deberá ser igual ou superior ao 50% de seu valor (5/10 puntos). A nota do exame práctico conservarase durante os seguintes cursos académicos sempre e cando a cualificación acadada sexa igual ou superior a 6/10.
-Avaliación continua: Na avaliación continua terase en conta a nota media das probas e tarefas propostas polos profesores, así como a participación do estudante nas actividades programadas ao longo do semestre. Ao final de cada actividade (clases teóricas, prácticas, seminarios) poderán facerse preguntas ou probas para avaliar a progresión da aprendizaxe realizada polos estudantes sobre os contidos impartidos durante as mesmas e que contribuirá a nota final da avaliación continua. Número de probas de avaliación continua previstas para o curso 2024-2025: protozooses (3-4 probas), artropodoses (2-3 probas), parasitoses de abellas (1 proba), seminarios (1 proba). As probas de avaliación continua faranse de maneira presencial na aula ou no laboratorio de prácticas coincidindo co horario de clases ou exames da materia. Non se precisa unha nota mínima na avaliación continua para superar a materia.
Adicionalmente, o alumnado pode realizar e presentar un traballo voluntario, que se entregará a principios do mes de decembro e se exporá en horario de seminarios. Os seus contidos avaliaranse nunha proba de avaliación continua que se realizará xunto cos exames teórico e práctico. O estudantado que realice este traballo poderá sumar un máximo de 0,5 puntos á nota final da avaliación continua, que nunca poderá superar os 2 puntos. A nota do traballo conservarase en cursos sucesivos.
É importante destacar que non se precisa unha nota mínima na avaliación continua para superar a materia. A nota da avaliación continua conservarase durante os seguintes cursos académicos.
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral, nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas actividades de xeito presencial.
-Cualificación final do alumnado
Superadas as probas teórica e práctica, a cualificación final do alumnado incluirá, ademais dos resultados dos exames teórico (70%) e práctico (10%), a avaliación continua (20%).
Na avaliación continua terase en conta a nota media das probas e tarefas propostas polos profesores, así como a participación do estudante nas actividades programadas ao longo do semestre.
Aqueles alumnos que non teñan asistido a tódalas prácticas ou que non teñan superado o exame práctico terán como máximo un 4 na nota final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollida na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
HORAS PRESENCIAIS:
EXPOSITIVAS: 25 horas
CLINICAS: 16 horas
SEMINARIO: 3 horas
TITORIAS: 1 hora
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 45
HORAS NON PRESENCIAIS:
Estudo individual: 40
Elaboración de memorias de prácticas: 5 horas
Elaboración de traballos: 2,5 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca: 5 horas
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 2 horas
Resolución de casos/problemas: 10 horas
Presentacións orais: 1
Realización de exames: 2 horas
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 67,5
Volume total de traballo: 112,5 horas
A experiencia acumulada nos anos que temos dedicado á docencia desta disciplina lévanos a recomendarlles aos alumnos o estudo continuado da materia, así como realizar esquemas e resumos que os axuden a comparar os distintos procesos parasitarios. Desta maneira conseguirán afianzar coñecementos e evitarán as confusións que xorden cando se intenta a memorización da disciplina co único fin de superar o exame final. O coñecemento do ciclo biolóxico dos parasitos resulta imprescindible para poder comprender a súa epidemioloxía, patoxenia e as pautas de control máis axeitadas.
É imprescindible o seguimento e participación activa nas sesións prácticas e a elaboración dunha memoria. Recoméndase a consulta da bibliografía recomendada a visita das diferentes páxinas web indicadas na guía docente, co obxecto de completar os contidos.
Recoméndase, así mesmo, que o alumno expoña as dúbidas que lle xurdan e utilice con frecuencia as horas de titoría dos profesores encargados para que esta actividade resulte positiva e complemente a súa formación.
Rosario Panadero Fontán
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- rosario.panadero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Díaz Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- pablo.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Sol Arias Vazquez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822126
- Correo electrónico
- mariasol.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Susana Remesar Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- susana.remesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Cristiana Filipa Cazapal Monteiro
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- cristiana.cazapal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Saldaña Ruiz
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- anasaldana.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
20.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
20.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
24.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
24.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |