Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Zooloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Capacitar ao alumnado para o deseño e realización de accións de conservación de especies e hábitats en espazos naturais protexidos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Conservación in situ e ex situ. Criterios e indicadores de avaliación do estado de conservación de especies. Técnicas de conservación, recuperación e reintrodución de especies. Criterios e indicadores de avaliación do estado de conservación de hábitats. Mellora, restablecemento e restauración de hábitats. Beneficios e riscos ambientais.
Os contidos da materia serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
Actividades expositivas (9h):
Tema 1. Introdución. Necesidade de accións de conservación da Biodiversidade. Conservación in situ vs. Conservación ex situ. Accións de Conservación. 1 h (Zooloxía)
Tema 2. Conservación in situ de especies animais. Manexo de hábitats. 1h (Zooloxía)
Tema 3. Conservación ex situde especies animais: a) zoolóxicos. b) centros de cría e reintrodución. A liberación de especies non medio natural. 1 h (Zooloxía)
Tema 4. Conservación in situ y ex situ de especies vexetais. Plans de conservación, recuperación e reintroducción de especies 1.5 h (Botánica)
Tema 5. Conservación e xestión de hábitats: Plans e actuacións. Restauración de hábitats. 1.5 h. (Botánica)
Tema 6. Conservación de lugares de interese edáfico. 2 h (Edafoloxía e Química Agrícola)
Tema 7. Conservación de lugares de interese xeolóxico. 1 h (Edafoloxía e Química Agrícola)
Actividades interactivas (12 h):
Seminario 1 Directrices para a elaboración dun traballo sobre a materia que contemple algún dos temas específico dentro da temática xeral ofertada (1h)
Seminario 2: Visita de recoñecemento a dous proxectos de conservación in situ (fauna e flora) que se levan a cabo na estación ictiolóxica do Veral (Lugo) e no LIC Serra do Careón (Microreserva de Flora de Barazón, Santiso, A Coruña) (Seminario complementado con outro análogo da materia Avaliación da Biodiversidade) (2 h)
Práctica 1. Viaxe de prácticas a un espazo protexido do Noroeste Ibérico onde se leven a cabo accións de conservación da biodiversidade. (Actividade complementada con outra análoga da materia Avaliación da Biodiversidade) (9 h).
Bibliografía básica
Bacchetta G., Bueno Sánchez A., Fenu G., Jiménez-Alfaro B., Mattana E., Piotto B. & Virevaire M. (eds), 2008. Conservación ex situ de plantas silvestres. Principado de Asturias / La Caixa. 378 pp.
Biodiversity Indicators Partnership, 2010. Biodiversity indicators and the 2010 Target: Experiences and lessons learnt from the 2010. Biodiversity Indicators Partnership. Secr. of the Convention on Biological Diversity. Tec. Series No. 53, Montréal, Canada.
Capdevila et al (2006), Especies Exóticas Invasoras. Diagnóstico y bases para la prevención y el manejo. Organismo Autónomo Parques Nacionales. MMA. Naturaleza y Parques Nacionales. Seria Técnica.
IUCN/SSC (2013). Guidelines for Reintroductions and Other Conservation. Translocations. Version 1.0. Gland, Switzerland: IUCN Species Survival Commission, viiii + 57 pp.
Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino, 2011. Informe 2010 sobre el estado del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad en España. Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino. Organismo Autónomo Parques Nacionales. 169 pp.
Primack, R.B. & Ros, J., 2002. Introducción a la biología de la conservación. Ariel Ciencia, Barcelona. 375 pp.
Van Dyke, F., 2008. Conservation Biology. Foundations, Concepts, Applications. Springer Science and Business Media. 478 pp.
Ramil Rego, P. et al, 2008. SITEB, Sistema de Información Territorial e da Biodiversidade de Galicia. Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural. Dirección Xeral de Conservación da Natureza. http://inspire.xunta.es/siteb/acceso.php. Acceso 15/12/2012.
Ramil Rego, P. et al. (2008). Os hábitats de interese comunitario en Galicia. 2Vol. IBADER. Universidade de Santiago. Lugo. http://www.ibader.org/archivos_difusion.asp
Ramil Rego, P. et al. (2011). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Memoría Técnica. 1 Vol + 7 Anexos. Xunta de Galicia. Santiago. http://www.ibader.org/archivos_difusion.asp
Bibliografía complementaria
European Environment Agency, 2012. Streamlining European biodiversity indicators 2020: Building a future on lessons learnt from the SEBI 2010 process. EEA Technical report No 11/2012. Publications Office of the European Union, Luxembourg. 45 pp.
Millennium Ecosystem Assessment, 2005. Ecosystems and Human Well-being: Biodiversity Synthesis. World Resources Institute, Washington, DC.
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, 2012. Perfil ambiental de España 2011. Informe basado en indicadores. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Secretaría General Técnica. Oficina de publicaciones. 293 pp.
WAZA, 2005. Construyendo un futuro para la fauna salvaje. La Estrategia Mundial de Zoos y Acuarios para la Conservación (Asociación Mundial de Zoos y Acuarios-WAZA 2005). http://www.waza.org/files/webcontent/1.public_site/5.conservation/conse…
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
- Competencias básicas, xerais e transversais:
CB6: Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miudo nun de investigación.
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar a súas conclusións –e os coñecementos e razón últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito e sen ambigüidades.
CB10: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo
CX2 Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, cunha actitude autocrítica.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensíbel.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de clara, concisa e coherente.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
- Competencias específicas:
CE22 Capacidade de deseño e realización de accións de conservación de especies e hábitats en espazos naturais protexidos.
CE29 Manexo dos instrumentos de avaliación de biodiversidade en espazos naturais protexidos.
CE30 Capacidade de análise da biodiversidade (especies e hábitats) para a planificación e realización de accións de conservación en espazos naturais protexidos.
CE31 Elaboración e presentación de informes sobre biodiversidade en espazos naturais protexidos.
Leccións maxistrais. Serán presenciais e participativas co apoio das ferramentas TICs. As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre as accións de conservación in situ e ex situ da diversidade biolóxica en espazos protexidos.
As clases prácticas centraranse no coñecemento e análise crítica de exemplos reais de diversas accións de conservación da biodiversidade na rede de espazos protexidos autonómica e/ou nacional. Elo a través dunha práctica de campo coordinada con outra materia da especialidade na que se fará un seguimento de acciones de conservación in situ, do cal o alumnados deberán entregar un informe.
Os seminarios estarán enfocados á realización dun traballo, no que se consultará e citarán artigos científicos de referencia publicados en inglés, e a coñecer dous proxectos de conservación da biodiversidade na contorna de Lugo (Veral e Santiso). En ambos casos se expoñerán e discutirán os aspectos particulares do desenrolo dos proxectos visitados así como dos temas específicos vinculados cos traballos seleccionados polos alumnos facendo especial fincapé na súa estrutura, enfoque, desenrolo, bibliografía etc.
En caso de imposibilidade material para realizar estas viaxes, se realizarán actividades interactivas alternativas cubrindo os aspectos formativos do seminario e da viaxe de práctica.
Todas as actividades anteriores (sesións expositivas, interactivas e titorías) estarán apoiadas polo ámbito virtual (aula virtual da materia) que facilitará e permitirá a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (guía, artigos científicos, documentos técnicos, entrega de traballos, foros de debate, espazos de colaboración, etc.). Tamén se expoñerá o calendario de actividades e comunicaranse os resultados das avaliacións e as diversas incidencias que poidan xurdir.
Dado que as actividades teñen carácter presencial, realizarase un seguimento da asistencia e participación do alumnado nas diferentes actividades.
Para aprobar a materia é preciso superar a proba de teoría, asistir as prácticas e seminarios, e entregar os traballos e informes requiridos. Os sistemas de avaliación, o peso de cada parte na cualificación final, e as competencias avaliadas, se indican a continuación:
Clases expositivas e interactivas: a asistencia e obrigatoria. Participación e asistencia (5%).
Probas, orais e/ou escritas presenciais realizadas seguindo o enfoque de avaliación continua (40%): competencias CB6, CB7, CB9, CT1, CT2, CT3, CE28, CE29, CE30.
(35% traballos e informes de seminario, e 20% informe de prácticas): competencias CB7, CB10, CX2, CT1, CT4, CE22, CE29, CE30, CE31.
No caso de non superar algunha das actividades de avaliación ao longo do curso, o alumnado terá unha segunda oportunidade para calquera delas.
A dispensa de asistencia, en casos xustificados, só se concederá para as actividades expositivas; neste caso a súa avaliación realizarase a partir do exame final cun porcentaxe de 45%. As actividades interactivas seguirán o mesmo proceso de avaliación que o levado polos demais alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións.
A materia consta de 3 créditos ECTS (27 horas presenciais) cunha carga total de traballo autónomo do alumnado de 48 horas. A distribución de horas para cada actividade móstrase a continuación:
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas (distribuídas en 9 h de prácticas de campo e 3 h de seminario)
Avaliación: 3 horas
Outras (traballo en grupo...): 3 horas
Total traballo autónomo presencial: 27 horas
Traballo autónomo do alumnado:
Lectura e preparación de temas: 22 horas
Realización de exercicios: 6 horas
Preparación previa de prácticas e traballo posterior sobre estas: 6 horas
Elaboración de traballos en curso: 7 horas
Preparación de probas de avaliación: 7 horas
Total traballo autónomo: 48 horas
Total horas traballo do alumnado: 75 horas
- Asistir e participar activamente tanto nas clases teóricas como prácticas
- Utilizar os recursos informáticos propostos e consultar na biblioteca a bibliografía indicada.
Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- joaquin.gimenezdeazcarate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Esperanza Alvarez Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- esperanza.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Paz Ondina Navarret
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Viaxe/Práctica de Campo |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |