Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 288 Horas de Titorías: 9 Clase Interactiva: 3 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Historia Contemporánea, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Elaboración dun documento técnico-científico no ámbito profesional da Enxeñaría de Montes
Resultados esperados do aprendizaxe
Capacidade para traballar de forma autónoma, con rigor e criterio. Coñecer e aprender a aplicar a lexislación, regulamentos e normativas legais en vigor que sexan de aplicación en virtude dos contidos dos estudos de máster. Ao finalizar o seu TFM o alumno ha de poder facer crítica dos éxitos, os erros e resultados propios, así como responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos. Así mesmo ha de poder expresarse correctamente na terminoloxía propia da enxeñaría de montes.
Os contidos do traballo fin de máster (TFM) estarán dentro do ámbito profesional do Enxeñeiro de montes. Para determinala procedencia dunha temática a desenvolver como TFM, o estudante deberá presentar na Secretaría do Centro unha proposta seguindo un formulario normalizado
(http://www.usc.es/gl/centros/eps/caixa_alumnado/traballo_fin_de_grao_e_…). Os temas concretos sobre os que poderán tratar os TFM serán ofertados polo centro, se ben o alumno pode acordar co titor un tema concreto, sempre que se enmarque nas temáticas cubertas pola titulación.
Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado e presentado para o seu defensa. O regulamento do TFM da EPS para esta titulación (dispoñible na anterior dirección), define varios aspectos relativos ó TFM.
Variable en función da tipoloxía de traballo a abordar.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
As comptencias transversais a adquirir estarán en función da tipoloxía do TFM a abordar.
CT1 - Capacidade de análise y síntese.
CT2 - Capacidade para o razonamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT5 - Capacidade para obten información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos máis.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua extranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE20 - Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos tódolos créditos do plan de estudios, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario consistente nun proxecto integral de Enxeñaría de Montes de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas.
A metodoloxía docente a utilizar será a docencia interactiva personalizada co titor ou titores, co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que, en cumprimento dos requisitos que afectan á profesión regulada de Enxeñeiro de Montes, deberá de ser un exercicio orixinal e individual.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Propostas: Como requisitos formais e de contidos para as propostas desta titulación, consideraranse os seguintes:
a. No modelo oficial de proposta, no caso de elixirse unha especialidade concreta, débese vincular a temática do TFM coa especialidade elixida, aspecto que será analizado pola Comisión de Título.
b. Nese mesmo documento deben indicarse as competencias do título concretas que se avaliarán, o que debe ser cuberto polo titor de acordo coa memoria verificada do título.
c. O desenvolvemento do segundo documento (Memoria indicativa do traballo) terá unha extensión máxima de dous A4 escritos por ambas caras, e presentará os seguintes contidos: descrición do TFM, xustificación do TFM, índice previsto de documentos e plan de traballo.
d. O Plan de Traballo conterá a programación da elaboración do TFM, na que se incluirán as principais actividades a desenvolver, coa estimación do tempo necesario, datas de inicio e prevista de finalización, xunto coa dedicación diaria de horas.
e. Por defecto, o Plan de traballo corresponderá a unha dedicación de 300 horas, que son as correspondentes ós 12 créditos ECTS asignados a la materia.
Aspectos formais do documento final:
a. A estrutura dos traballos corresponderá ós seguintes tipos de documentos esenciais:
1. Proxectos de Enxeñaría: Memoria (incluíndo referencias bibliográficas), planos, prego de condicións, presuposto e, no seu caso, estudo de seguridade e saúde, así como anexos.
2. Estudos de investigación: Introdución, obxectivos, material e métodos, resultados e discusión, conclusións, referencias bibliográficas e, no seu caso, anexos.
3. Estudos técnicos ou documentos considerados traballos facultativos ou profesionais: a estrutura corresponderá ao tipo de documento técnico a elaborar, considerando a normativa sectorial que puidera afectarlle.
b. Requisitos formais:
1. Entregarase unha copia en papel e 3 en soporte informático
2. Os contidos dos exemplares en soporte dixital terán unha estrutura baseada en carpetas. As dúas primeiras serán 0_PORTADA_RESUMO e 1_TFM_COMPLETO. Esta segunda carpeta conterá un único arquivo: TFM_Nome_Apelido1_Apelido2.pdf. O resto da estrutura das carpetas corresponderá ós apartados derivados da estrutura dos traballos para cada tipo de TFM, incluíndose en cada carpeta os arquivos pdf que resulten necesarios.
A avaliación desenvolverase a partir do seguimento por parte do titor e da comisión de título,
considerando o informe do primeiro. A avaliación do TFM corresponderá a un tribunal de 3
membros, e referirase tanto ao documento escrito como ao acto de defensa pública.
Valoraranse de forma diferenciada estes catro aspectos:
1. Calidade do documento presentado. Ata 4 ptos
Unha mala calidade do documento ou a existencia de eivas relevantes no mesmo suporá que
non se pode aprobar, polo que non poderá ser compensable polos aspectos que se listan nos apartados 2, 3 e 4. O documento presentado deberá de presentar unha estrutura que se adapte ao tipo de TFM presentado, admitíndose formatos de proxecto de enxeñaría (PE), estudo técnico (ET) ou estudo de investigación (I).
• Resumos, índice, paxinación e referencias bibliográficas: Para tódolos tipos de TFM presentados, inclúese índice de contidos. O documento está paxinado axeitadamente para o acceso á información. Existe un apartado de Bibliografía onde se listan as referencias citadas no texto, de acordo con un procedemento de citación homoxéneo. A bibliografía inclúese como apartado individual ou como Anexo á Memoria no caso de Proxectos de Enxeñaría.
• Estrutura e contidos: valorarase a calidade no marco da tipoloxía de TFM considerada. En particular no caso dos PE a actuación abordada debe quedar ben definida, adecuándose á proposta presentada. Especificaranse claramente os obxectivos, condicionantes a considerar, as alternativas consideradas, solucións adoptadas, métodos de cálculo empregados e resultados obtidos.
A información incluída na Memoria, pregos de condicións e presuposto é suficientemente sintética, evitando documentos excesivamente longos. No caso de I e de ET debe exporse claramente a metodoloxía empregada e as hipóteses consideradas. A información debe estar correctamente estruturada, incluíndose tódolos documentos propios da tipoloxía de traballo a abordar, para o que deberá atenderse á normativa sectorial forestal que no seu caso o condicione. Os cálculos incluídos deben ser correctos. No caso de ET e I as conclusións deben ser acordes cos resultados obtidos no traballo.
• Anexos (no caso dos PE): o documento prové os anexos suficientes para detallar os cálculos,
descricións técnicas e información adicional que concreten as actuacións propostas ou o
proxecto a executar. Non se inclúe información redundante nin anexos prescindibles.
2.Calidade da exposición do TFM, que será oral e pública. Ata 2 ptos
• Documentación escrita na presentación. A presentación sintetiza a estrutura e contidos do traballo, presentando os elementos máis destacables do mesmo. A presentación é clara e supón un reforzo para a presentación oral. Os gráficos, fotos e texto son visibles.
• Presentación oral: respéctase o tempo asignado para a presentación (que se publicará na convocatoria de defensa), sintetizando os contidos do TFM. A exposición é clara, con ritmo axeitado, concluíndo correctamente segundo a tipoloxía do TFM. O alumno non se limita a ler o texto da diapositiva, senón que comunica os contidos de forma eficaz.
3.Defensa do TFM, que será oral e pública. Ata 2,5 ptos
A defensa do TFM, xunto co informe do titor, aportará a información esencial para valorar que o TFM corresponde a un traballo orixinal abordado polo alumno, o que se considera imprescindible para ser avaliado positivamente.
• O alumno demostra coñecemento sobre a temática do traballo, respostando axeitadamente
ás preguntas formuladas. O alumno é capaz de dar información de cómo abordou as distintas
actuacións que deron lugar á consecución do TFM. O alumno posúe un coñecemento global da temática abordada que lle permite vincular as solucións adoptadas con outras posibles
alternativas para satisfacer as necesidades consideradas.
4.Outros aspectos do proxecto: ata 1,5 puntos.
• Relacionadas coa redacción: O alumno emprega adecuadamente a gramática, ortografía e a puntuación. Usa adecuadamente a linguaxe, e a estrutura de oracións e parágrafos para a transmisión das ideas de forma que melloran a facilidade de lectura. Non se detectan cambios de estilo para os mesmos elementos de texto en canto a fonte, paxinación e maquetación. O alumno emprega un vocabulario axeitado e profesional, preciso. A forma de expresarse ten concreción, evitando rodeos innecesarios. A linguaxe é formal e axeitada ao contexto académico e profesional.
• Relacionadas coa adquisición das competencias do título: O traballo, exposición e defensa demostran que o alumno adquiriu varias das competencias xerais, transversais e específicas referidas na memoria verificada do título. Considerarase especialmente que o TFM debe ser un traballo integral de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas.
• Relacionadas coa información proporcionada polo titor: Resulta imprescindible que o ti
tor informase favorablemente tanto en aspectos relativos ós contidos incluídos no traballo como en aspectos relativos ao traballo desenrolado polo alumno, titorización, intensidade do traballo realizado, capacidade de xerar alternativas e outros aspectos.
En cada un destes catro aspectos estaríanse a avaliar as competencias CB6, CB10 e CE20, así como aqueloutras competencias particulares de cada TFM que fosen incluídas na proposta aprobada pola Comisión de Título.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" (artigo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
O alumno entregará coa proposta un cronograma no que detallará as actuacións a acometer, así como a súa distribución temporal, de forma que se xustifiquen as horas de traballo persoal necesarias para superar o TFM, 300 horas.
Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.