Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer a evolución dinámica das paisaxes naturais.
• Entender o valor das paisaxes naturais como patrimonio.
• Coñecer as políticas de protección e as redes de espacios naturais protexidos.
• Saber analizar a calidade e fraxilidade dos espazos naturais.
• Coñecer as medidas e os recursos para a conservación e restauración dos espazos naturais.
• Coñecer as actividades de divulgación e xestión das paisaxes naturais.
• Evolución e dinámica das paisaxes naturais.
• As paisaxes naturais como patrimonio.
• Políticas de protección e redes de espazos naturais protexidos no mundo, España e Galicia.
• Análise de calidade e fraxilidade das paisaxes naturais.
• Medidas e recursos para a conservación, restauración, divulgación, educación e xestión das paisaxes naturais.
Os contidos da materia desenvolveranse nos seguintes bloques temáticos:
Tema 1. Evolución e dinámica das paisaxes naturais. Organización e historia da paisaxe vexetal galega
Tema 2. Métodos de avaliación da paisaxe e a vexetación: métodos e técnicas de estudo da vexetación
Tema 3. As Paisaxes naturais como patrimonio. Espazos protexidos do patrimonio natural. A Biodiversidade
Tema 4. Análise de calidade e fraxilidade das paisaxes naturais
Tema 5. Medidas e recursos para conservar, restaurar, xestionar, educar, divulgar e participar nas paisaxes naturais
- Alfonso de Luaces, A.; Schröder, K. & Müller, M.J. (2020) Espacios Naturales en Galicia; un análisis diacrónico de las distintas categorías
de protección y de la eficiencia de estas para afrontar el reto de la pérdida de Biodiversidad. Recursos Rurais, 16: 57-97
- Bertrand, C. e Bertrand,G. (2006) Geografía del Medio Ambiente. El sistema GTP: Geosistema, territorio y paisaje. Universidad de
Granada, Granada
- Braque, R. (1987) Biogéographie des continents. Masson, Paris
- Borrini-Feyerabend, G., Dudley, N.; Jaeger, T.; Lassen, B.; Pathak Broome, N.; Phillips, A. & Sandwith, T. (2014) Gobernanza de áreas
protegidas: de la comprensión a la acción. Serie Directrices para buenas prácticas en áreas protegidas. Gland, Suiza: UICN. 20, 1-123.
- Burel, F. e Baudry, J. (2002) Ecología del Paisaje. Conceptos, métodos y aplicaciones. Ediciones Mundi- Prensa, Madrid
- Castroviejo, M. (Coord.) (1991) Prácticas para la planificación de Espacios Naturales. ICONA, Madrid
- De Rojas Martínez, F. (2006) Los Espacios Naturales Protegidos. Cizur Menor (Navarra). Thomson-Aranzadi
- Farina, A. (1998): Principles and methods in Landscape ecology. Chapman & Hall, London
- Forman, R.T.T. (1995) Land mosaic. The ecology of landscapes and regions. Cambridge University Press, Cambridge
- Forman, R.T.T. e Godron, M. (1986) Landscape ecology. John Wiley & Sons, New York
- González Bernáldez, F. (1981) Ecología y paisaje, Blume Ediciones, Madrid
- Meaza Rodríguez, G. (Coord.) (2000) Medodología y práctica de la Biogeografía. Ediciones del Serbal, Barcelona
- Sevilla Martínez, F. (2008) Una teoría ecológica para los Montes Ibéricos. IRMA, S.L., León
- Simmons, I.G. (1982) Biogeografía natural y cultural. Omega, Barcelona
Documentos lexislativos
- BOE (2020). Código de Naturaleza y Biodiversidad. Madrid: Boletín Oficial del Estado.
- Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE 299, 14/12/2007
- Real Decreto 1274/2011, de 16 de septiembre, por el que se aprueba el Plan estratégico del patrimonio natural y de la biodiversidad
2011-2017. BOE. 236. 30/09/2011.
A. Básicas e Xerais
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista con unha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xenerar sensibilidade e interese por los temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostre posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, y se atope a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes sexan quen de aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que demostren por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía
B. Transversais
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos
C. Específicas
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE2 - Coñecer as técnicas de traballoo de campo e de captura de datos sobre o terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental
CE4 - Expresar información cartograficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
CE6 - Realizar análises e propostas de xestión territorial
CE8 - Xestionar a localización de servizos e actividades
CE9 - Realizar diagnoses integradas da acción pública
O traballo cotiá da materia seguirá un esquema no que se combinan as exposicións docentes, o traballo individual, en pequenos grupos e a posta en común nun contexto de interactuación entre docente e estudantes. Co obxectivo de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura a docencia articúlase en:
• Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
• Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia. Estas clases serán aproveitadas tamén para o debate e a defensa dos traballos en público, tanto individuais coma grupais.
• A docencia incluirá polo menos unha Práctica de Campo na que se levará a cabo explicacións e aplicación de técnicas e ferramentas para analizar as Paisaxes Naturais. Será realizada nas datas indicadas no calendario oficial. A asistencia á Práctica de Campo é obrigatoria, salvo xustificación. Sempre que sexa posible realizaranse outras saídas de campo na contorna de Santiago de Compostela.
• Sesións de TITORÍAS, destinadas a: prestar apoio na realización de tarefas, titoría en grupos reducidos, resolver dúbidas persoais ou outras actividades que o profesor considere oportunas. Realizaranse de forma presencial no despacho do/a docente e/ou mediante a plataforma MS Teams.
• TRABALLO AUTÓNOMO do alumnado, que consistirá en: estudio, elaboración e redacción de traballos, preparación de presentacións ou outras actividades.
• Campus Virtual. Utilizarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos estudantes, ofrecéndolles información da programación docente e materiais complementarios para o estudo da materia.
A avaliación da aprendizaxe consistirá en:
A) Avaliación contínua: Seguimento na entrega de prácticas nas que se recolle a metodoloxía e resultados obtidos na aplicación dos distintos traballos/informes (70%).
É imprescindible a presenza activa do alumnado nas actividades que se propoñan. A falta de implicación - non asistir, sen xustificación, a un mínimo dun 80% das sesións programadas ou non presentar as actividades demandadas – poderá implicar a exclusión deste proceso avaliativo e deberá superar a materia mediante probas específicas (exámes e presentación de traballos finais) de carácter individual a determinar no seu momento.
O proceso avaliativo contempla a suma de:
A.1. Traballo/os individuais: Terán un peso dun 35% na cualificación final. O alumnado deberá abordar por escrito distintas reflexións en relación coa materia. Estarán encamiñadas a demostrar a comprensión crítica e a resolución de problemas derivados da posta en práctica da materia.
A.2. Traballo/os en grupo: Terán un peso dun 35% na cualificación final. Encamiñados ao deseño de actividades relacionadas coa aplicación dos métodos e técnicas de estudo das Paisaxes Naturais. Os grupos contarán coa guía do profesor. Deben levarse a cabo de forma cooperativa, quen non colabore no grupo será apartado e terá que acadar ese 35% nunha proba específica sobre os contidos da materia.
B) Control da asistencia a clase e a Práctica de Campo, así coma a memoria sobre o traballo de campo realizado (30%).
C) Na 2ª Oportunidade, o alumnado que deba superar a avaliación manterá as mesmas condicións. Debendo superar as ponderacións naquelas tarefas que supuxeron o suspenso na primeira oportunidade. O alumnado que non se presente na primeira oportunidade e, polo tanto, sen porcentaxes doutros traballos, terá que realizar unha proba, cun peso na cualificación final dun 60%, e un traballo final específico cun peso dun 40%. No caso de ter que recorrer a novas convocatorias, continuará o mesmo sistema, pero será preciso tratar o tema previamente, e de forma individualizada, entre o alumnado afectado e o/a docente.
D) No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer un traballo específico, acordado co/a docente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
A asignatura consta de 6 créditos repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade académicamente dirixida non presencial na aula. O alumno deberá dedicar a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades persoais para un coñecemento axeitado da materia.
Dado o carácter progresivo e secuencial dos contidos, é indispensable a asistencia ás clases e a saída de campo.
Non é recomendable presentar traballos que no fosen orientados e supervisados polo/a docente.
Recoméndase encarecidamente cursar os Cursos de Competencias en Información ofertados pola Biblioteca Universitaria:
(https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
-. Non existirá unha separación clara entre as clases expositivas e as interactivas. Intercalaranse explicacións teóricas por parte do profesor/a, cando sexa pertinente e tamén se buscará a participación continuada do alumnado.
-. As saídas de campo son de gran importancia. Cando menos, se fará unha que abrangue o día completo. Sempre e cando sexa posible, tentarase programar a saída en colaboración con outros membros do profesorado, que imparten outras materias.
Manuela Costa Casais
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- manuela.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
26.05.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
02.07.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |