Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 0.5 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 10 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Radioloxía e Medicina Física
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as bases físicas das técnicas de obtención de imaxes.
- Coñecer a utilidade e indicación do emprego de cada técnica.
- Identificar os órganos, aparellos e sistemas do ser humano, vivo e en estado de saúde, mediante as distintas técnicas de imaxe.
Clases expositivas (18h)
Módulo I
TEMA 1. Evolución histórica das técnicas de imaxe.
TEMA 2. Bases físicas dos métodos de obtención de imaxe.
TEMA 3. Principios de identificación de órganos, aparellos e sistemas mediante ultrasóns.
Módulo II
TEMA 1. Bases físicas dos métodos de obtención de imaxe
TEMA 2. Principios de identificación de órganos, aparellos e sistemas no tórax mediante Rx simple, TAC (Tomografía Axial Computadorizada) e RMN ( Resonancia Magnética Nuclear)
Módulo III
TEMA 1. Anatomía topográfica abdominopelviana
TEMA 2. Principios de identificación de órganos, aparellos e sistemas abdominopelvianos mediante Rx simple, técnicas con contraste, TAC e RMN
Módulo IV
TEMA 1. Anatomía topográfica da cabeza, colo e vertebromedular
TEMA 2. Principios de identificación de órganos, aparellos e sistemas cervicocefálicos e vertebro medulares mediante Rx simple, técnicas con contraste, TAC e RMN
Clases interactivas (10h)
Actividades para desenvolver na aula en grupos reducidos, nas prácticas de laboratorio e hospitalarias: identificación de estruturas, exposición de traballos, resolución de problemas, etc.
1.- Ultrasóns
2.-Rx Simple, TAC (Tomografía Axial Computadorizada) e RMN (Resonancia Magnética Nuclear) de tórax
3.-Rx Simple e con contraste, TAC e RMN sen e con contraste de abdome e pelve
4.-Rx Simple, TAC e RMN sen e con contraste, de cabeza e columna
Básica
- Fleckenstein & J.Tranum-Jensen. Bases Anatomicas del diagnostico por Imagen. Elsevier.2016 Copenhagen Denmark. 3Th ed MII ed en español.
- Gil Gayarre. Manual de radiología clínica. Ed Harcourt. 3Th ed.2a.
- M.A. Gregorio. Radiología para estudiantes Ed: Fac de Medicina Universidad de Zaragoza.
- R.A Novelline. Fundamentos de Radiología. Ed Masson
- Weir, P H Abrahams, J D Sprat & L R Salkowski. Atlas de anatomía Humana por técnicas de Imagen. Ed Elsevier Mosby. Sexta edición.
- Weir & Murray. Imágenes radiológicas clínicas. Ed Harcourt.
Complementaria
- Souto Bayarri M. Introducción a la radiología Cardiotorácica. Ed.andavira.2015.
- J.M. Carreira Villamor & M. Maynar Moliner. Diagnóstico y terapéutica endoluminal. Radiología Intervencionista. Ed Masson.
- Direciones útiles de páginas WEB se facilitarán en las clases teóricas
Competencias básicas e xerais
CG5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
CG6. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
CG7. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e no tocante ó sexo.
CG9. Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
CG23. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
CG31. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG37. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Competencias especificas
CEMI.20.-. Recoñecer con métodos macroscópicos, microscópicos e técnicas de imaxe a morfoloxía e estrutura de tecidos, órganos e sistemas.
CEMIV.10.- Coñecer os fundamentos da interacción das radiacións co organismo humano.
CEMIV.11.- Imaxe radiolóxica.
CEMIV.12.- Semiología radiolóxica básica dos diferentes aparellos e sistemas.
CEMIV.13.- Coñecer outras técnicas de obtención de imaxe diagnóstica.
CEMIV.14.- Valorar as indicacións e contraindicacións dos estudos radiolóxicos.
CEMIV.15.- Ter a capacidade de aplicar os criterios de protección radiolóxica nos procedementos diagnósticos e terapéuticos con radiacións ionizantes
A ensinanza da materia consta de 29 h presenciais: 18 expositivas, 10 interactivas e unha para a realización do exame.
As clases Interactivas desagréganse en 8 prácticas de laboratorio, 2 de seminarios e 1 de titorías. De tal maneira, cada un dos catro módulos temáticos impartiranse mediante 4-5 clases expositivas, 2 prácticas de laboratorio e 1 seminario.
Nas clases expositivas, abordaranse fundamentalmente os contidos dos módulos I-IV do programa. Impartiranse clases maxistrais, empregando medios audiovisuais e nalgúns casos o profesor realizará debuxos na lousa para unha maior comprensión da materia. Promoverase a participación do alumnado
Nas clases prácticas promoverase a aprendizaxe autónoma e os alumnos traballarán de forma individual e en equipo, orientados polo profesorado. As notas de clase e o atlas son esenciais como material de apoio. Para a realización de calquera actividade na Sala de Técnica Anatómica será obrigatorio o uso de bata branca. Esixirase ao alumno un uso coidadoso e respectuoso do material de prácticas. Realizarase un seguimento da participación e actitude do alumno nas actividades programadas. Realizaranse titorías individualizadas para a orientación da aprendizaxe e a resolución de dúbidas e habilitarase un foro público de titorías na aula virtual da materia.
Valoraranse os coñecementos teóricos e competencias adquiridas nas clases expositivas ( CG5, CG7, CG9, CG31, CG37, CEMI.20, CEMIV.10, CEMIV.11, CEMIV.12, CEMIV.13, CEMIV.14, CEMIV.15) mediante unha proba final e as actividades que se puidesen programar durante o curso como avaliación continua.
A proba final en primeira oportunidade consistirá nunha proba de resposta única con cinco opcións para avaliar o coñecemento dos catro bloques temáticos que se impartiron nas clases expositivas e interactivas. Cada un dos bloques valorarase de 0 a 10 puntos. A nota final da proba será a media das cualificacións obtidas nos catro bloques. Para facer esta media e superar o exame, o alumno non poderá ter unha nota inferior a 3 nalgún dos 4 bloques. O nivel de aprobación da proba será do 60%. É necesario superar este exame para aprobar a materia. Na segunda oportunidade, o exame constará de preguntas curtas ou un tema, requirindo o mesmo nivel do 60% para aprobar.
Dentro da avaliación continua valoraranse a asistencia a clases teóricas e clases interactivas, a actitude, o rendemento e o contido das actividades programadas así como outros méritos aportados durante o curso. A avaliación continua non representará máis do 20% da nota total.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o Regulamento de avaliación do rendemento académico dos alumnos e de revisión das cualificacións (RESOLUCIÓN DO 15 DE XUÑO DE 2011, DOG do 21 de xullo de 2011)
3 Créditos ECTS:
Horas expositivas: 18
Horas interactivas: 10
Horas de titorías: 1
Revisión exames: 1
Total de horas presenciais: 30
Estudo individual: 26
Actividades programadas: 20.5
Exame: 1
Total de horas non presenciais: 47.5
Aconséllase que o estudante utilice como referencia as notas de clase e as imaxes e esquemas que o profesor suxira como material didáctico e que en moitos casos subirase á virtual como material docente . Debe complementar esta información coa lectura e estudo de textos suxeridos na bibliografía. Os libros e atlas son guías esenciais para a adquisición de destrezas e habilidades prácticas da materia. Aconséllase levar a materia ao día e facer uso das titorías para orientar a aprendizaxe e resolver dúbidas.
O alumno deberá revisar os coñecementos adquiridos en Anatomía e Fisioloxía para unha correcta asimilación dos conceptos, aptitudes e actitudes que a través da materia se ofrecen. Así mesmo, a aprendizaxe verase facilitada polo coñecemento previo das leis físicas fundamentais implicadas no funcionamento dos sistemas biolóxicos.
O alumnado disporá dunha aula virtual da materia na plataforma Moodle con material didáctico da materia que o profesorado porá á súa disposición. Por indicación de cada profesor, o alumnado poderá resolver dúbidas ou contar con titorías a través da aula virtual, correo electrónico ou mesmo a través de Microsoft TEAMs.
José Miguel Souto Bayarri
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- miguel.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Martin Carreira Villamor
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Teléfono
- 881812285
- Correo electrónico
- josemartin.carreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Antonio Suarez Quintanilla
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812224
- Correo electrónico
- juanantonisuarez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Elena Lopez Martin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812310
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Garcia Figueiras
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- robertogarcia.figueiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mateo Vazquez Torres
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- mateovazquez.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Martes | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Xoves | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
03.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
03.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
03.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
03.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
03.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
03.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
03.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
23.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
23.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
23.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
23.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |