Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Modelos Multivariados de Análise de Datos Aplicados á Psicoloxía da Saúde (3 créditos) pertence a Área de Metodoloxía das CC do Comportamento. É unha materia optativa do Máster de Psicoloxía Xeral Sanitaria que se imparte no segundo semestre do curso.
OBXECTIVOS
O/A estudante, ao finalizar esta materia, deberá:
• Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre os diferentes tipos de modelos multivariados á resolución de problemas nos distintos ámbitos da psicoloxía clínica e da saúde.
• Saber comunicar as conclusións elaboradas a partir dos resultados derivados da aplicación das diferentes técnicas de análise de datos.
• Ser capaz de profundar no coñecemento de outros modelos de relación entre variables e que sexan extensións ou variacións dos recollidos na materia.
• Saber identificar aqueles aspectos máis relevantes nun contexto de investigación en psicoloxía clínica e da saúde para a súa análise posterior.
• Saber seleccionar e aplicar a técnica ou modelo de análise máis adecuado nun contexto de investigación en psicoloxía clínica e da saúde para a súa análise posterior.
• Saber analizar e interpretar os resultados obtidos da aplicación dunha técnica ou modelo concreto de análise nun contexto de investigación en psicoloxía clínica e da saúde.
• Ser capaz de elaborar un informe que recolla, nunha linguaxe clara e precisa, os aspectos referidos ao método de investigación e resultados da mesma.
• Ser capaz de interpretar de forma crítica os resultados obtidos nunha investigación atendendo ao método e técnica de análise de datos utilizada.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS
1. Como abordar o estudo con múltiples variables? Modelos estatísticos de base: análise de regresión múltiple e análise factorial exploratoria.
2. Medición e relacións entre variables no ámbito da Psicoloxía da Saúde.
3. Utilización axeitada dos instrumentos de medida.
4. Precisión e evidencias de validez. Selección de preditores relevantes.
5. Outros modelos: análise de mediación e moderación.
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS
1. Discusión de estudos publicados no ámbito da Psicoloxía da Saúde.
2. Análise de datos con SPSS.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
*Harlow, L. L. (2023). The essence of multivariate thinking: Basic themes and methods (3ª ed.). Routledge.
*Hayes, A. F. (2022). Introduction to mediation, moderation, and conditional process analysis: A regression-based approach (3ª ed.). The Guilford Press.
*Martínez-Arias, M. R., Hernández-Lloreda, M. J. e Hernández-Lloreda, M. V. (2006). Psicometría. Alianza. Recurso electrónico de 2014 accesible vía PRELO.
* Pardo, A. e San Martín, R. (2011). Análisis de datos en ciencias sociales y de la salud II. Síntesis. Recurso electrónico accesible vía PRELO.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
*Abad, F. J., Olea, J., Ponsoda, V. e García, C. (2011). Medición en ciencias sociales y de la salud. Síntesis.
*American Educational Research Association, American Psychological Association e National Council on Measurement in Education (2014). Standards for educational and psychological testing. American Educational Research Association.
*Baron, R. M. e Kenny, D. A. (1986). The moderator-mediator variable distinction in social psychological research: Conceptual, strategic, and statistical considerations. Journal of Personality and Social Psychology, 51, 1173-1182. https://doi.org/10.1037/0022-3514.51.6.1173
*Colegio Oficial de Psicólogos (2015). Directrices internacionales para el uso de los tests. http://www.cop.es/index.php?page=directrices-internacionales
*Hayes, A. F. e Rockwood, N. J. (2017). Regression-based statistical mediation and moderation analysis in clinical research: Observations, recommendations, and implementation. Behaviour Research and Therapy, 98, 39-47. https://doi.org/10.1016/j.brat.2016.11.00
*Muñiz, J. e Fernández-Hermida, J. R. (2010). La opinión de los psicólogos españoles sobre el uso de los tests. Papeles del Psicólogo, 31(1), 108-121.
*Tabachnick, B. G. e Fidell, L. S. (2019). Using multivariate statistics (7ª ed.). Allyn and Bacon.
BÁSICAS E XERAIS
CX11 - Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, amosando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades, de respecto á diversidade e de resolución pacífica dos conflitos.
CB7 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Saber utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación no desempeño profesional.
CT2 - Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
CT3 - Saber analizar criticamente e utilizar as fontes de información clínica.
CT4 - Saber formular hipóteses de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, aplicando o método científico.
CT6 - Saber comunicar e comunicarse con outros profesionais, e dominar as habilidades necesarias para o traballo en equipo e en grupos multidisciplinares.
ESPECÍFICAS
CE3 - Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE4 - Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber redactar informes psicolóxicos de forma adecuada aos destinatarios.
CE16 - Participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito da Psicoloxía Xeral Sanitaria.
SESIÓNS EXPOSITIVAS, nas que se presentarán os diferentes temas de que consta o programa. Terán unha duración de 12 horas distribuídas ao longo do segundo cuadrimestre nunha sesión semanal de dúas horas.
SESIÓNS INTERACTIVAS, cuxa finalidade será complementar os contidos das clases expositivas, mediante a discusión de estudos publicados no ámbito da Psicoloxía da Saúde. Executaranse análises estatísticas con SPSS e software complementario. Terán unha duración de 12 horas distribuídas ao longo do segundo cuadrimestre nunha sesión semanal de dúas horas.
As sesións expositivas e interactivas iranse intercalando ao longo das 12 semanas de clases que dura o cuadrimestre, e desenvolveranse no Laboratorio de Proceso de Datos. Para o seguimento destas clases a/o estudante contará tamén con material de apoio, que se facilitará a través do Campus Virtual da USC.
TRABALLO AUTÓNOMO DA/O ESTUDANTE. Ademais da asistencia ás actividades indicadas nos parágrafos anteriores, a/o estudante deberá dedicar un tempo á lectura de materiais complementarios, á elaboración dun informe, e ó estudo dos contidos que se van desenvolvendo durante o curso. É preciso que a/o estudante domine os contidos teóricos necesarios para o adecuado aproveitamento das sesións interactivas.
A ASISTENCIA A CLASES E ACTIVIDADES considérase fundamental para poder alcanzar os obxectivos da materia. Controlarase a asistencia na totalidade das sesións. A consideración da asistencia na avaliación da/do estudante indícase no apartado correspondente do programa.
TITORÍAS. As profesoras da materia estarán dispoñibles en titorías (nos lugares e horas que se indicarán a comezo do curso) para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e dos seus contidos.
A avaliación da aprendizaxe e das competencias adquiridas realizarase en base a varios elementos, cun peso relativo no resultado final que se detalla a continuación:
(1) Ata un máximo de 4 puntos pola execución nun informe que deberán presentar as/os estudantes ao concluír a primeira parte da materia. Só poderán optar a estes 4 puntos as/os estudantes que asistan a un mínimo do 80 % das clases.
(2) Ata un máximo de 6 puntos da cualificación na segunda proba, que será a continuación da primeira en canto a contidos teórico-prácticos e se realizará na parte final da materia.
A materia consta de 3 créditos, o que corresponde a un total estimado de 75 horas de traballo da/o estudante, que se estiman repartidas do seguinte modo:
Asistencia a actividades: 24 horas; 12 en sesións expositivas e 12 en sesións interactivas.
Traballo autónomo: 51 horas. Este deberá distribuírse en actividades de estudo (25 horas), preparación de prácticas (15 horas) e elaboración do informe (11 horas).
Para un correcto aproveitamento desta materia recoméndase:
(1) Seguimento continuado da materia: realización das actividades que se programen, lectura de materiais e estudo dos contidos.
(2) Asistencia a titorías para a resolución de dúbidas e orientación no proceso de aprendizaxe.
(3) Dominio na lectura e comprensión do inglés.
As/os estudantes poderán realizar calquera consulta que desexen acerca da materia durante o horario de titorías. O horario de titorías de cada profesora comunicarase ao comezo do curso, publicarase na Aula Virtual e estará exposto nos seus respectivos despachos. As direccións institucionais para consultas por correo electrónico son as seguintes:
elena.andrade [at] usc.es (elena[dot]andrade[at]usc[dot]es)
msoledad.rodriguez [at] usc.es (msoledad[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
Maria Soledad Rodriguez Gonzalez
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813793
- Correo electrónico
- msoledad.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Maria Andrade Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813716
- Correo electrónico
- elena.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I |
22.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |
03.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |