Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. OBXECTIVOS PROPIOS DA MATERIA
Este curso proporciona ao estudante os instrumentos de análises e a metodoloxía básica para o razoamento económico. A materia está dividida en 4 seccións, utilizaremos esta clasificación para especificar os diferentes obxectivos:
INCERTEZA (SECCIÓN I)
A introdución do risco permítenos explicar a existencia de seguros, a clasificación de individuos segundo a súa actitude fronte ao risco será útil para explicar distintos modos de actuar nun mesmo contexto. O problema de elección óptima de carteira pode exporse como unha elección óptima entre risco e rendemento dun individuo con aversión ao risco que é consciente da relación que estas dúas variables teñen no mercado (restrición).
INTERDEPENDENCIA (SECCIÓN II)
Cando a resposta óptima dun axente económico depende de, e inflúe en, as accións e reaccións dos seus rivais ou competidores, a Teoría de Xogos permite analizar con maior facilidade a idoneidade das decisións nese contexto complexo.
ESTRUTURAS DE MERCADO (SECCIÓN III)
O empresario é un axente económico que persegue a maximización do beneficio.
Nesta parte o obxectivo é comprender os distintos contextos nos que o empresario toma decisións: competencia perfecta, monopolio, competencia monopolística e oligopolio.
As ferramentas proporcionadas nas seccións I e II permítennos abordar as decisións dunha empresa dentro dun grupo. A interdependencia na toma de decisións e a incerteza sobre o valor dalgunhas variables caracterizan frecuentemente a toma de decisións empresariais. A Teoría de Xogos e a modelización da incerteza estudada incorpóranse aos modelos explicativos do comportamento das empresas en diferentes estruturas de mercado.
INFORMACIÓN ASIMÉTRICA (SECCIÓN IV)
A existencia de asimetrías na información pode crear fallos de mercado, como a selección adversa e o risco moral. Debemos coñecer en que consisten estes problemas e por que xorden. É importante detectar os mercados susceptibles de verse afectados por estes fallos de mercado e as medidas que se poden tomar para tentar eliminalos ou diminuílos.
2. OBXECTIVOS XERAIS
O estudante, ao terminar este curso, debe dominar os temas que contén o mesmo a diferentes niveis:
- Debe comprender o obxectivo de cada tema, e as relacións fundamentais entre distintas variables económicas a nivel conceptual.
- Debe ser capaz de utilizar a expresión matemática deste razoamento económico especificando o modo en que se expresan as relacións entre as variables (o modelo), e a técnica utilizada para a resolución do problema (a maximización ou optimización).
- Debe ser capaz de utilizar a análise gráfica para complementar as visións anteriores.
Debe ser capaz de combinar as tres aproximacións mencionadas para explicar por escrito, de maneira coherente e ordenada, cada un dos temas que se estudaron.
Debe ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos ao estudo de diferentes casos prácticos.
3. OBXECTIVOS RELACIONADOS CON VALORES
A análise microeconómico efectuado nesta materia debe permitir ao alumno identificar que persegue cada axente económico individual (cal é a variable que tenta maximizar) e en que contexto tenta lograr o seu obxectivo (as restricións ás que se enfronta e as relacións cos outros axentes económicos).
Tras a comprensión do proceso que guía a toma de decisións individuais, o alumno debe poder analizar a posibilidade de compatibilizar os intereses individuais e o modo de resolver os conflitos entre eles. Debe poder discutir, con argumentos económicos na súa man, sobre temas como e a eficiencia, equidade e xuízos de valor. A posibilidade de discriminar entre distintas situacións a nivel global, en función de que estas sexan máis ou menos desexables socialmente, xeralmente implica a introdución dunha serie de valores que deben ser explicitamente recoñecidos; tras o estudo desta materia debe ser máis sinxelo sinalar que tipos de valores están detrás de cada elección.
Competencias específicas da materia:
A1 - A escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
TEMA 1: COMPORTAMENTO EN CONDICIÓNS DE INCERTEZA.
Probabilidades e valores esperados.
As preferencias fronte ao risco.
A elección risco-rendemento e a composición óptima de carteira.
TEMA 2: TEORÍA DE XOGOS.
Estratexias dominantes e equilibrios de Nash.
Xogos repetidos.
Ameazas e comportamento estratéxico.
TEMA 3: MONOPOLIO E MONOPSONIO
Monopolio e poder de monopolio.
A regulación do poder de monopolio.
TEMA 4: DISCRIMINACIÓN DE PREZOS
Discriminación de prezos.
Tarifas en dous tramos e venta conxunta.
TEMA 5: COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA E OLIGOPOLIO.
A competencia monopolística.
Modelos de oligopolios non cooperativos:
Cournot
Stackelberg
Bertrand
Colusión
TEMA 6: INFORMACIÓN ASIMÉTRICA
Seleccíón adversa.
Risco moral.
Bibliografía básica:
Pindyck, R, y Rubinfeld, D. (2018), Microeconomía, 9ª edición, Editorial Pearson, Madrid
Bibliografía complementaria:
Perloff, J.M. (2018): 8ª edición, Microeconomía. Ed. Pearson.
Varian, H. R. (2015), Microeconomía Intermedia. Un Enfoque Actual, 9ª edición, Editorial Antoni Bosch, Barcelona.
Core Team (2020): La Economía, https://www.core-econ.org/the-economy/book/es/text/0-3-contents.html
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias transversais:
CT1 - -Análise e síntese
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisións.
CT8 - -Razoamento crítico
Competencias específicas da materia:
A1 - A escasez e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da producción, equilibrio competitivo, mercados no competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
D7 - Entender asinstitucions económicas como resultado e aplicación de representacions teóricas ou formales acerca de cómo funciona a economía.
O traballo no aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise e a discusión de problemas.
A Aula Virtual ofrece material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia.
O traballo individual do alumno debe orientarse cara á preparación do traballo no aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análises e expresión oral.
TODAS AS CLASES SERÁN PRESENCIAIS
Clases de pizarra en grupo grande: Actividades presenciais de tipo expositivo que non requiren unha participación activa dos/as estudantes.
Clases en grupo reducido: Actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa dos/as estudantes: seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador etc.
Ata un 10% destas clases podería substituírse por clases telemáticas síncronas, vía TEAMS, ou asíncronas (videos explicativos en MSO ou no aula virtual da materia).
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizarán durante o semestre considerando diversos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe.
Todas as competencias sinaladas, fóra diso a CT5 se avalían no exame final.
A avaliación continua avalía as competencias transversais CT5, CT6, CT7, CT8 e as específicas A1 e D7.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous tipos de compoñentes:
a) Avaliación continua: composta polas cualificacións das actividades propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia.
b) Proba final: consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro. Esta proba final está formada por dúas partes diferenciadas:
b1- Inclúe preguntas test de resposta múltiple e exercicios nos que só hai que introducir ou marcar o resultado que se pide.
b2- Inclúe exercicios nos que debe explicarse o procedemento e o significado económico dos resultados obtidos e preguntas teóricas de desenvolvemento.
A cualificación final terá en conta os compoñentes anteriores, coa seguinte valoración:
a) 30% da puntuación total.
b) 70% da puntuación total (35% b1 e 35% b2)
Para aprobar a materia deben aprobarse todas e cada unha das compoñentes da avaliación (a, b1 e b2), a non superación dunha destas compoñentes impide a realización da seguinte dando lugar á cualificación de suspenso.
A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, se lle avaliará cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
Todos os alumnos que non teñan concedida a dispensa de asistencia serán evaluados da misma maneira, non hai sistema alternativo para repetidores, non se guardará ningúnha calificación do ano anterior.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, o material de apoio, as actividades complementarias,...) estará dispoñible no aula virtual antes de que comecen as clases desta materia.
TODAS AS PROBAS SERÁN PRESENCIAIS. A avaliación continua realizarase nas clases expositivas e interactivas e a proba final terá lugar na facultade na data que se estableza.
Nesta materia as clases expositivas e interactivas establécense como actividades formativas obrigatorias para o estudantado matriculado, polo que, atendendo ó artigo 130, punto 2, dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, o estudantado matriculado ten o deber de asistencia e participación nas mesmas.
Así mesmo, na Normativa de Asistencia a Clases (CG 25-03-2010) indícase que a asistencia regular e a participación do alumno na clases poderá ser tida en conta no sistema de avaliación.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas: 31 horas
Clases interactivas: 17 horas
Total: 48 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo, individual ou en grupo 40 horas
Elaboración de exercicios 25 horas
Preparación de exames 25 horas
Total 90 Horas
Recoméndase a asistencia ás sesións expositivas e interativas e o estudio semanal.
Os profesores teñen establecido un horario de titorías para atender calquera cuestión, relacionada coa materia, que os estudantes consideren necesaria.
María Belén Fernandez Castro
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- mariabelen.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rafael Trelles Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811540
- Correo electrónico
- rafael.trelles [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
11:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 07 |
Mércores | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 07 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_5a | Galego | Aula 01 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_5b | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_5a | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula A |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_5b | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |
01.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_5a | Aula C |