Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Usando os coñecementos adquiridos nas materias de Microeconomía, Macroeconomía, Estatística e Econometría, pretendese profundar na comprensión de diversos aspectos que caracterizan as relacións económicas entre países ou zonas xeográficas, e que podemos agrupar en dúas categorías: i) entender os determinantes das relacións comerciais, o tipo de bens e servizos que se comercian, a súa influencia sobre o benestar relativo dos habitantes dos diferentes países ou zonas xeográficas, e os efectos da política comercial sobre todo isto; ii) estudar as implicacións financeiras da existencia de comercio entre países con diferentes moedas: a determinación das taxas de cambio e volume de comercio a curto e longo prazo, a aparición e sostibilidade de desequilibrios comerciais e financeiros co exterior, a interacción entre as políticas macroeconómicas e o comercio exterior, ou as implicacións da creación de unións monetarias.
Combinarase a presentación de teorías e modelos coa análise de datos e evidencia empírica e comentarios de textoss sobre aspectos de comercio e finanzas internacionais, interpretados á luz das teorías presentadas.
PARTE I. TEORÍA DO COMERCIO INTERNACIONAL
Prerrequisitos:
• Teoría da produción en competencia perfecta, monopolio e competencia monopolística
• Equilibrio xeral
• Teoremas fundamentais do benestar
• Estatística descritiva. Regresión Lineal
• Álxebra e cálculo
Tema 1. O modelo Ricardiano da vantaxe comparativa tecnolóxica
1.1 Entorno económico
1.2 Autarquía
1.3 O concepto de vantaxe comparativa
1.4 Comercio internacional e salarios
Tema 2. O modelo Heckscher-Ohlin da vantaxe comparativa de recursos
2.1 Modelo con dous factores
2.2 Autarquía
2.3 Comercio
2.4 Distribución da renda
2.5 Mobilidade internacional de factores
Tema 3. As empresas e o comercio intra-industrial internacional
3.1 Economías internas de escala, competencia monopolística e comercio internacional
3.2 Medición do comercio intra-industrial. A ecuación da gravedade
3.3 Deslocalización e externalización de partes da cadea de valor
PARTE II. MACROECONOMÍA INTERNACIONAL
Prerrequisitos:
• Contabilidade nacional nunha economía aberta
• Equilibrio e determinación dos tipos de cambio no modelo IS-LM dunha economía aberta (Modelo de Mundell-Fleming)
• Teoría do consumo intertemporal
• Mercado de divisas e tipos de cambio
Tema 4. A Balanza de pagamentos
4.1 Definición, evidencia empírica e desaxustes
4.2 Sostibilidade de déficits persistentes na balanza por conta corrente
4.3 Una teoría intertemporal da balanza por conta corrente
Tema 5. Tipo de cambio real e condicións de paridade
5.1 Lei de prezo único
5.2 Paridade de poder adquisitivo
5.3 Limitacións: Barreiras comerciais e bens non comerciables
5.4 Determinación do tipo de cambio real:
5.4.a Modelo con bens non comerciables
5.4.b Modelo de Balassa-Samuelson
Tema 6. Política macroeconómica e tipo de cambio nominal
6.1 Política monetaria e tipo de cambio nominal
6.2 O trilema da política monetaria
6.3 Déficit fiscal e déficit externo
6.4 Rixidez nominal, política cambiaria e desemprego
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Krugman, P. Obstfeld, M. y Melitz, M. (2016): Economía Internacional. Teoría y Política. (10ª edición), Pearson Education.
Schmitt-Grohé, S., Uribe, M. and Woodford, M. (2022): International Macroeconomics. Princeton University Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Feenstra, R. C. y A. M. Taylor (2011): Comercio Internacional. Editorial Reverté.
Feenstra, R. C. y A. M. Taylor (2011): Macroeconomía Internacional. Editorial Reverté.
Mankiw N. G. (2020): Macroeconomía, 10ª Edición. Antoni Bosch.
Harms, P. (2016): International Macroeconomics. Mohr Siebeck.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Posuir e comprender os coñecementos que definen á economía como disciplina científica, incluíndo ás suas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación.
• Posuir os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecer e comprender a economía internacional: os intercambios internacionais como elemento condicionante da asignación de recursos e da estabilidade macroeconómica.
• Capacidade para entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
• Capacidade para identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
• Habilidade para aprender de xeito autónomo.
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento dos conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise da economía internacional.
• Dominio dos principais modelos da teoría do comercio internacional.
• Capacidade de analizar os efectos das operacións económicas internacionais.
• Capacidade de avaliar os resultados das políticas comerciais e macroeconómicas.
• Capacidade de aplicar modelos teóricos á interpretación de dados económicos.
As aulas de pizarra en grupo grande serán expositivas e consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán dedicadas a representar e explicar de forma simplificada os distintos modelos de comercio e finanzas internacionais que forman parte do programa. Usando as ferramentas matemáticas de álxebra, cálculo e optimización, así como a dedución lóxica, explicarase como manexar os diferentes modelos de cara a unha comprensión das relacións económicas internacionais. As aulas de pizarra, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito amosarlle ao estudante o método e a forma como traballa un analista económico, neste caso aplicado ao ámbito das relacións comerciais e financeiras internacionais. Estas habilidades terán que ser postas en práctica polos estudantes posteriormente nas aulas interactivas e durante o tempo dedicado a traballar de forma autónoma.
As aulas interactivas están destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios, e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas aulas tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos, que permita a interacción de forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, métodos e técnicas de análise introducidas nas aulas expositivas. En estas aulas interactivas tamén se realizará un seguimento do traballo dos estudantes con finalidade de contribuír á avaliación, mediante probas que se realizaran, na medida do posible nas aulas de informática usando a USC Virtual.
O traballo na aula combinará as exposicións teóricas nas aulas expositivas con aulas interactivas para a resolución de exercicios e a análise crítica de tales exercicios ou casos prácticos. O Traballo individual ou en grupo do estudante estará orientado a preparar o traballo da aula interactiva e afirmar e aplicar os seus coñecementos na resolución de exercicios e análise crítica de lecturas recomendadas.
Algunhas lecturas poderán ser en Inglés.
Nas aulas interactivas o estudante terá que defender e debater o resultado dese traballo individual ou en equipo. A organización do traballo en equipo estará suxeita a regras que garantan a participación activa en todas actividades, de todos os membros de cada equipo.
Usaremos a USC Virtual como unha ferramenta de apoio para a docencia. A través da USC Virtual, os estudantes terán acceso a material de traballo e todo tipo de anuncios relevantes para a marcha do curso; realizaranse probas que servirán para a súa avaliación continua; os estudantes tamén poderán usar esta ferramenta como forma de interactuar ente eles e cos profesores.
Tamén usaremos a plataforma corporativa Teams e as súas ferramentas para comunicarnos, responder preguntas de xeito interactivo e todo tipo de actividades que fomenten a interacción dos estudantes co profesor e entre sí. Moitas destas actividades realizadas serán avaliables, o que se irá indicando sobre a marcha.
A cualificación final será resultado dun proceso de avaliación continua que ponderará un 30% e un exame final escrito que ponderará un 70%. A avaliación continua será resultado de promediar a nota obtida en probas realizadas ao longo do curso. A cualificación da avaliación continua será unha nota entre 0 e 10 que resultará de calcular a media das probas realizadas. A nota da avaliación continua será ponderada tanto coa cualificación do exame da primeira oportunidade como do exame da segunda oportunidade. Nin a nota da avaliación continua nin a dos exames finais se conserva para cursos posteriores.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Docencia expositiva: 31 horas.
Docencia interactiva: 17 horas.
Probas de avaliación: 3 horas.
Total horas traballo presencial na aula: 51 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudio autónomo individual ou en grupo: 40 horas.
Resolución de exercicios propostos, discusións ou outros traballos: 35 horas.
Preparación de probas: 15 horas.
Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas.
Para unha comprensión adecuada dos temas, débese asistir á clase con regularidade. Despois de escoitar a presentación dun tema na clase, o alumno debe realizar os exercicios e tarefas asignadas polo profesor de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así porque é necesario tratar as teorías para comprender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión na clase.
No traballo individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante empregar os textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías e non basear o estudo na simple memorización das notas tomadas nas clases.
A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas será de gran axuda para asimilar claramente os conceptos teóricos e poder aplicalos á comprensión de problemas empíricos específicos.
Antonio Rodriguez Sampayo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811554
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 26 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 27 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 26 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 27 |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01 |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01 |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 01 |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 01 |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 01 |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 01 |
06.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
06.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
06.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
06.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
06.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
06.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
02.07.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
02.07.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
02.07.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
02.07.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
02.07.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
02.07.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |