Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Saber: analizar o impacto da dinámica dos mercados internacionais de bens e fluxos de inversión na determinación dos tipos de cambio, identificando as fontes dos riscos asociados á operativa económica e financeira en divisas.
Saber facer: empregar diferentes modelos teóricos e empíricos que permitan explicar o comportamento dos tipos de cambio.
Saber ser e saber estar: valorar a importancia da dinámica dos tipos de cambio nas decisións empresariais, financeiras e na determinación dos ciclos económicos.
Comercio de bens e fluxos monetarios
Teorías explicativas da determinación do tipo de cambio
Prezos, produción e tipos de cambio
As unións monetarias e os fluxos financeiros
Globalización dos mercados de capitais e volatilidade do tipo de cambio
Políticas económicas e tipos de cambio
Carlin, W. and D. Soskice (2024). Macroeconomics: Institutions, Instability and Inequality. OUP.
Gandolfo, G. (2016). International Finance and Open-Economy Macroeconomics. Springer.
Gopinath, G., E. Helpman and K. Rogoff (eds.) (2022). Handbook of International Economics:International Macroeconomics, vol 6. North-Holland.
Na Guía Docente darase información detallada doutras referencias bibliográficas e artigos recomendados.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución dos problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao nivel de especialización, en entornos novos ou poco coñecidos.
CG3 - Capacidade para realizar unha análise crítica, evaluación e síntese de ideas novas e complexas.
TRANSVERSAIS
CT4 - Capacidade para interaccionar e defender con rigor, claridade e precisión ante outros especialistas traballos, propostas, novas ideas etc.
CT5 - Comunicación oral e escrita.
CT6 - Capacidade de xestión da información.
CT8 - Capacidade para traballar nun contexto internacional.
CT9 - Destrezas para investigar.
CT10 - Capacidade de análise e síntese.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecemento das ferramentas matemáticas, estatísticas e econométricas necesarias para manexar con rigor os modelos económicos.
CE4 - Capacidade para modelar situacións económicas concretas e obter resultados con datos numéricos aplicando as técnicas econométricas pertinentes.
CE5 - Capacidade para defender argumentos económicos con claridade e precisión tanto no entorno habitual de traballo, como en reunións científicas nacionais e internacionais.
CE6 - Plantexar con suficiente precisión e rigor un proxecto de investigación en economía.
CE8 - Analizar e propoñer cambios no diseño das organizacions e dos sistemas de incentivos que melloren o funcionamiento dos mesmos e da súa eficiencia.
CE9 - Elaborar informes económicos coxunturais e estudos orientados a analizar e predecir o comportamento de curto prazo da economía e os seus efectos sobre sectores e mercados específicos.
CE11 - Analizar o papel das institucions públicas na economía a través da regulación de mercados e da implementación de políticas que inciden sobre a actividade empresarial.
Sesións maxistrais
Estudo de casos
Prácticas autónomas a través de TIC
Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
Seminarios
Os alumnos disporán dunha Guía Docente con información detallada que indicará o contido específico dos temas, as referencias bibliográficas complementarias e outra información relevante que sirva de orientación para o seu traballo persoal. Así mesmo, se empregará a Aula Virtual da USC.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso. A cualificación final está composta nun 25 % pola avaliación continua e nun 75% polo exame final, ambos establecidos a través de probas escritas. A Guía Docente describirá en detalle as probas que se realizarán para a avaliación do alumno. Todas as competencias serán avaliadas tanto na avaliación contínua como no exame final.
Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado” (ver Normativa sobre permanencia e asistencia en titulacións adaptadas ao EEES).
O alumnado con dispensa de asistencia a clase únicamente realizará o exame final (100% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ademais das 15 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá adicar 60 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo e a realización de lecturas e exercicios, así como a preparación dos exames.
Para superar a materia con éxito é recomendable que o alumno estude continuadamente ao longo do curso, resolva e discuta os exercicios prácticos propostos, lea as referencias recomendadas e acuda ás titorias para resolver as dúbidas relacionadas coa materia.
Requírense coñecementos básicos de inglés, fundamentalmente a nivel de comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua.
María Del Pilar Díaz Vázquez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811553
- Correo electrónico
- p.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 5 |
Martes | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática 5 |
21.02.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
21.02.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
19.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
19.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |