Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia os alumnos deberían:
- Coñecer o papel das finanzas e do departamento de finanzas no proceso de creación de valor da empresa.
- Realizar unha análise financeira en profundidade da situación operativa da empresa.
- Realizar a planificación e presupostación a curto prazo da empresa.
- Calcular as necesidades de circulante da empresa, e xestionar as partidas de activo e pasivo corrente.
Tema 1. ÁMBITO DE ESTUDO DAS FINANZAS CORPORATIVAS
Tema 2. CONCEPTOS BÁSICOS NA XESTIÓN DO CIRCULANTE
Tema 3. ANÁLISE E DIAGNÓSTICO FINANCEIRO A CURTO PRAZO
Tema 4. PLANIFICACIÓN FINANCEIRA A CURTO PRAZO
Tema 5. XESTIÓN FINANCEIRA DE EXISTENCIAS I
Tema 6. XESTIÓN FINANCEIRA DE EXISTENCIAS II
Tema 7. A CONCESIÓN DE CRÉDITO
Tema 8. AS CONDICIÓNS DE VENDA
Tema 9. O CONTROL DOS DEBEDORES
Tema 10. O FINANCIAMENTO ESPONTÁNEO E OS PROCESOS DE PAGO
Tema 11. FINANCIAMENTO A CURTO PRAZO
Tema 12. A XESTIÓN DE TESOURERÍA E RECURSOS FINANCEIROS A CURTO PRAZO
Cortés, E.; Cortés, J.C. (2010): Guía práctica de tesorería de la A a la Z, Madrid : Wolters Kluwer, 2010.
Faus, J. (1997): Finanzas operativas: lo que todo directivo debería saber, Barcelona: Folio.
Hawkings, R.; Peers, R.; Wilde, E. (2000): Asset-based working capital finance. Canterbury : Financial World Publishing.
Igual, D. (2008): Conocer los productos y servicios bancarios : productos de tesorería, de inversión, de financiación, Barcelona: Profit.
López, F.; Soriano, N. (2014): La gestión de tesorería: en qué consiste y cómo debe abordarse, Madrid: Libros de cabecera.
Mascareñas, J. (2010): Finanzas para directivos, Madrid: Prentice Hall.
Olsina, F. X. (2009): Gestión de tesorería: optimizando los flujos monetarios, Barcelona: Profit.
Pindado, J. (2001): Gestión de tesorería en la empresa: teoría y aplicaciones prácticas.
Preve, L.a.; Sarria, V. ( ): Working Capital Management, Financial Management Association Suren and Synthesis Series: Oxford University Press
Santandreu, E. (1993): Gestión del circulante, Barcelona: Gestión 2000.
Santandreu, E. (2009): Manual para la gestión del crédito a clientes: guía práctica de credit management, Barcelona: Deusto.
Scherr, F. C. (1989): Modern working capital management: text and cases, Englewood Cliffs (New Jersey): Prentice-Hall International.
BÁSICAS E XERAIS
Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito financeiro e contable da empresa, en situacións de incerteza que emulen á realidade, así como para xestionar a información.
Capacidade para elaborar e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade financeira e contable da empresa, as teorías, os modelos e os métodos axeitados.
Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión financeira e contable e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
Capacidade de traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades directivas. A toma de decisións leva consigo determinados riscos que é fundamental tomar de forma consciente. Esta toma de decisións require a integración da información achegada por persoas con distintos puntos de vista e información que pode resultar dispar ou responder a obxectivos diferentes. O/a alumno/a, deberá ser capaz de integrar estes puntos de vista distintos, desenvolvendo as habilidades sociais para interactuar como membro dun equipo de traballo.
Capacidade crítica e autocrítica. O/a alumno/a ha de ser capaz de formarse un criterio propio, integrando os coñecementos adquiridos, para determinar as bases sobre as que asentar os seus posicionamentos.
Capacidade de aprendizaxe autónoma para que o alumno poida seguir actualizándose constantemente no ámbito financeiro e contable, no que xorden continuamente novas teorías e prácticas.
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
ESPECÍFICAS
Capacidade para integrar a ética na xestión como valor recollido nos Códigos de Conduta, co obxectivo financeiro da empresa e a capacidade de xerar valor dunha forma sostible.
Capacidade para identificar e analizar a estrutura de custos e os procesos operativos e financeiros fundamentais na empresa, combinando datos cuantitativos e aspectos cualitativos da realidade analizada.
Capacidade para analizar a interrelación existente entre as alternativas de investimento e financiamento na empresa, integrando coñecementos financeiros e contables.
Capacidade para determinar a adecuación, en termos de rendibilidade e risco, dos activos que se negocian nos mercados financeiros ao perfil do investidor ou ben, para poder establecer puntos de referencia para a valoración de proxectos empresariais de investimento e financiamento.
TRANSVERSAIS
Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
Traballo en equipo
Sentido ético
Ao tratarse dunha materia de Master é especialmente importante que o alumno perciba a aplicabilidade dos seus contidos. De aí que se faga especial fincapé no uso de medios informáticos que o acheguen ao que será o seu desempeño laboral nesta área. Por outro lado, asumindo que o alumno xa contará cunha madureza axeitada, propoñeráselle a realización de traballos de análise e planificación empresarial a curto prazo sobre casos reais nos que poida aplicar tanto os contidos das clases de lousa coma os das clases con ordenador, e apoiado coas titorías necesarias para o seu correcto desenvolvemento. Por iso considéranse, á súa vez, un bloque de horas de traballo con ordenador e estudo para a consecución destas competencias.
Un alumno de Master debería estar especialmente motivado para a súa realización así como para o afondamento nos contidos deste. De aí que se considere un bloque de horas de traballo dedicadas á lectura de bibliografía especialmente relevante (tanto en español coma en inglés) no ámbito das xestión do fondo de manobra e os seus compoñentes que axude a que o alumno teña unha visión o máis integral á vez que diversa posible deste campo.
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos, coa seguinte metodoloxía:
- Expositivas: presencial.
- Interactivas: presencial.
- Titorías: presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
O sistema de avaliación será continuo e constará de dous elementos:
• Avaliación continua (EC): 50% (5 puntos) desenvólvese ao longo do curso:
– Exame teórico-práctico temas 1 a 4 (2a – 3a semana de outubro) - 3 puntos.
– Exame teórico-práctico temas 5 e 6 (1a semana de novembro) – 1 punto.
– Presentación do caso tema 7 (antes do exame final) – 0,8 puntos.
– Presentación dunha cuestión tratada na clase (a concertar co alumno) – 0,2 puntos.
• Exame teórico-práctico “final” (data oficial): 50% (5 puntos). Temas 7 a 12.
As probas EC serán obrigatorias e liberatorias. As persoas que non superen as probas EC poderán ser avaliadas de novo desa parte no exame "final".
Para o cálculo da nota de avaliación continua será necesaria a asistencia participativa de polo menos o 80% das clases.
Para os/as estudantes con dispensa de asistencia aprobada pola Comisión Académica do Máster, o sistema de avaliación consistirá nun exame final teórico-práctico (data oficial) que representa o 100% da nota (10 puntos) e que abrangue todos os temas da materia (Temas 1 a 12).
O sistema de avaliación será o mesmo nas convocatorias de xaneiro e xullo.
Clases expositivas 18
Clases interactivas 24
Titorías en grupo moi reducido 6
Estudo autónomo individual ou en grupo 45
Resolución de exercicios e problemas 20
Análise de casos e lecturas 20
Realización de traballos 20
Outras actividades en grupo grande: exame 2
Asistencia e participación activa nas clases presenciais e utilización das titorías. Resulta importante ir fixando os coñecementos a medida que se vaian impartindo debido ao carácter continuo da materia e á estreita relación entre os distintos temas; deste xeito, obterase un maior rendemento e proveito dos contidos teóricos e prácticos.
Recoméndase ter coñecementos previos de: Análise e Cálculo Financeiro, Dirección Financeira, Contabilidade Financeira, Análise Contable e programas de follas de cálculo.
Os estudantes recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curo na que se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Sara Fernandez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811606
- Correo electrónico
- sara.fernandez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 25 |
Xoves | |||
15:30-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 25 |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
27.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
27.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |