Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer o concepto de patrimonio e os resultados obtidos na actividade dun centro xerontolóxico e a súa representación nos correspondentes estados contables.
- Analizar e avaliar a información económico-financeira e a súa utilidade á hora de tomar decisións nun centro xerontolóxico.
- Estudar a viabilidade dun proxecto empresarial xerontolóxico.
- Tomar decisións que favorezan, dentro dun marco ético e socialmente responsable, os mellores resultados de calquera recurso xerontolóxico.
- Tema 1: O patrimonio e a representación da información económico-financeira dun centro xerontolóxico.
- Tema 2: Análise da información económico-financeira dun centro xerontolóxico.
- Tema 3. Aproximación aos orzamentos e os fluxos de tesourería.
- Tema 4: Estudo da viabilidade dun proxecto empresarial xerontolóxico.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
ALCARRIA-JAIME, J.J. (2012). Introducción a la contabilidad. Publicacions de la Universitat Jaume I. Disponible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
ALCARRIA-JAIME, J.J. (2009). Contabilidad financiera I. Publicacions de la Universitat Jaume I. Disponible en http://hdl.handle.net/10234/24002
AMAT-SALAS, O. (2008). Comprender la contabilidad y las finanzas. Barcelona: Ediciones Gestión 2000.
ARQUERO, J.L., JIMÉNEZ, S.M., & RUÍZ, I. (2023): Introducción a la contabilidad financiera. Madrid: Pirámide, 8ª edición.
CASTRO ABANCÉNS, I., RUFINO-RUS, J.I. (2015): Creación de empresas para emprendedores. Ed. Pirámide.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ACEITUNO, P. (2020): Creación y Gestión de Empresas 2020. Ed. Centro de Estudios Financieros (CEF)
AMAT-SALAS, O. (2010): Aplicación en Excel para el análisis de balances. Barcelona: Ed. Profit
AMAT-SALAS, O. (2008): Análisis de estados financieros: fundamentos y aplicaciones. Barcelona : Gestión 2000.
ARCHEL-DOMENCH, P. ET AL. (2022): Estados Contables. Elaboración, análisis e interpretación. Madrid: Ed. Pirámide.
GARCÍA, M.A., & VICO, A. (2021): Introducción a la contabilidad financiera, Centro de Estudios financieros, 3ª edición.
GONZALEZ-DOMINGUEZ, F. J. (2012): Creación de empresas. Guía del emprendedor. Ed. Pirámide.
GONZÁLEZ-PASCUAL, J. (2016): Análisis de la Empresa a través de su Información Económico-Financiera. Fundamentos Teóricos y Aplicaciones Madrid: Ed. Pirámide.
MAYNAR, P. ET AL. (2008). La Economía de la Empresa en el Espacio de Educación Superior. Madrid: McGraw-Hill
NEIRA-RODRIGUEZ, J.A. (2010): Cómo preparar el plan de empresa. FC Editorial.
LEXISLACIÓN:
Real Decreto 1514/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el Plan General de Contabilidad (BOE de 20 de noviembre).
Real Decreto 1515/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el Plan General de Contabilidad de Pequeñas y Medianas Empresas y los criterios contables específicos para microempresas (BOE de 21 de noviembre).
O profesorado da materia poderá proporcionar bibliografía adicional en cada un dos temas.
BÁSICAS E XERAIS:
CG4 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CG5 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser na súa maioría autodirixido ou autónomo.
ESPECÍFICAS:
CE1 - Adquirir coñecementos avanzados e demostrando, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo no campo da Xerontoloxía.
CE7 – Adquirir coñecementos que lle permitan establecer o recurso xeronto-xeriátrico adecuado de acordo ás características da persoa maior.
TRANSVERSAIS:
CT1 - Coñecer e aplicar o método científico na redacción de proxectos
CT2 - Saber difundir os resultados obtidos no desenvolvemento da súa actividade a través das fontes de información dispoñibles para a comunidade científica.
A docencia impartirase en modalidade presencial e fará uso de diferentes metodoloxías; a saber:
- Sesión maxistral: Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado co fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
- Titorías: Destinadas fundamentalmente a orientar ao alumnado sobre os traballos e actividades a realizar, así como a resolver as dúbidas e problemas que se lle presenten no transcurso da materia e a proporcionarlle retroalimentación sobre os resultados do proceso de aprendizaxe.
- Traballos tutelados: realización, individual ou en grupo, de diferentes actividades e traballos que se detallarán na guía docente que se expoñerá o primeiro día de clase e se poñerá ao dispor do alumnado no Campus Virtual durante a primeira semana de clases.
- Presentación oral: Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de caso que deberán entregarse por escrito.
- Prácticas a través de TIC: Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (en concreto, MS Excel).
- Estudo de casos: Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo.
- Exame: Realización dun exame final, de contido teórico-practico, que poderá combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test).
- Lecturas: Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/o profundar nas cuestións abordadas na aula.
- Foro virtual: Existirán dous foros virtuais, a saber: (a) Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes; e (b) Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e exame teórico-práctico.
- Avaliación continua: terá un peso do 80% na cualificación e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo, tales como probas teóricas e/o prácticas na aula, entrega de exercicios, entrega e presentación oral dun traballo final de curso, participación en debates....
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso. Poderán establecerse actividades de avaliación obrigatorias non puntuables. A asistencia a clase non será valorada por si mesma.
- Exame teórico-práctico final: terá un peso do 20% na cualificación final e avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación práctica. Terá carácter obrigatorio.
A cualificación final será o resultado de sumar a nota da avaliación continua e do exame teórico-práctico. O alumnado superará a materia se a nota final acadada é igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Esta forma de avaliación será de aplicación nas dúas oportunidades (ordinaria e extraordinaria). Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase nas dúas convocatorias. O sistema de avaliación é único para o alumnado de primeira e posteriores matrículas.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
- Avaliación continua: CG4 - CG5 - CE1 - CE7 - CT1- CT2
- Exame final: CG4 - CG5 - CE1 - CE7 - CT1- CT2
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao comezo do curso a súa situación ao profesorado da materia, para así poder establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: exame final de contidos teórico-prácticos que terá un peso do 100% na cualificación final da materia. Para superar a materia será necesario unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 neste exame.
Traballo presencial na aula:
- Clases expositivas: 16 horas
- Titorías: 4 horas
- Exame e revisión de exame e actividades: 5 horas
Total horas traballo presencial na aula: 25
Traballo non presencial:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 30
- Preparación de traballos e actividades: 14
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 6
Total horas traballo persoal do alumnado: 50
TOTAL HORAS: 75
- Esta é unha materia de carácter introdutorio na que non se necesitan coñecementos previos.
- A revisión e seguimento do curso da materia no campus virtual, onde se subirán os materiais e se informará das actividades a realizar. O campus virtual utilizarase tamén como medio de comunicación co alumnado.
- A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa das actividades propostas.
- A asistencia e participación activa na aula.
- A asistencia a titorías e a participación nos foros virtuais para resolver as dúbidas da materia.
- A lectura do material bibliográfico recomendado polo profesorado.
Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/o almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).
A realización fraudulenta de calquera exame, exercicios, informes..., de maneira total ou parcial, que poida ser obxecto de avaliación para a materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria vixente, de acordo co artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Lucia Rey Ares
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811650
- Correo electrónico
- lucia.rey.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.02 |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |