-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 21
Clase Interactiva: 30
Total: 54Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Organización de Empresas e Comercialización, Electrónica e ComputaciónÁreas:
Comercialización e Investigación de Mercados, Linguaxes e Sistemas InformáticosCentro
Facultade de Administración e Dirección de EmpresasConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Ao completar a materia o alumnado será capaz de:
- Coñecer os fundamentos do comercio electrónico
- Deseñar e construír unha tenda de comercio online
- Coñecer a importancia do comercio electrónico e as súas modalidades
- Comprender e diferenciar os distintos medios de pago
- Coñecer distintos tipos de software de comercio electrónico- Comercio electrónico: marco conceptual
- Modalidades de comercio electrónico
- Estratexia E-commerce
- Medios de pago
- Software de comercio electrónico
- Proxecto de comercio electrónicoBibliografía básica:
- Cisneros E. (2017): E-comerce. Comercio electrónico, 1º ed. Marcombo
- Somalo, I. (2017): O comercio electrónico. Unha guía completa para xestionar a venda online. ESIC
Bibliografía complementaria:
- Rodríguez-Ardura, I. (2020): Mercadotecnia dixital e comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Zheng Q., Yhan Ch., Shundong, L., Fengxiang, L. (2014): E-Commerce Strategy. Springer
- Maciá, F (2013): Mercadotecnia Online 2.0: Como atraer e fidelizar clientes en Internet. Anaya Multimedia.BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e
tecnolóxico
CG3 - Aprender a planificar e implantar as novas tecnoloxías para contribuír á mellora da competitividade das empresas
CG7 - Coñecer e empregar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión
empresarial
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT6 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización
CT10 - Habilidade no manexo de ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
CT11 - Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor
ESPECÍFICAS
CE16 - Entender os sistemas de información empresarial, tomando en consideración as súas tres dimensións específicas
(informacional, tecnolóxica e organizativa) e tomar decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implantación
CE17 - Propor e codirigir a integración dos sistemas de información avanzados e coñecer as súas aplicacións nos distintos
ámbitos da xestión da empresa, atendendo a requisitos de calidade, seguridade e protección da información, facendo uso da
criptografía, intelixencia artificial e big data
CE1 - Entender os aspectos fundamentais da contorna social e económica a nivel macro e micro, con especial atención ao
comportamento do consumidor e a evolución dos sectores produtivos, no marco global da nova economía e a sociedade
da información
CE6 - Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas distintas
áreas funcionais, e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que de soporte a un negocio
CE7 - Deseñar e xestionar a estratexia comercial e coñecer novas formas de comercialización nun contexto socioeconómico
dixital e globalizadoDocencia teórica: o profesorado indicará ao alumnado os libros, artigos, capítulos de libros, etc. que considere máis axeitado para o seguimento da materia, e explicará os seus aspectos máis relevantes.
Docencia práctica: consistirá na análise de casos, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos con ou sen exposición, entre outras actividades.
Actividades colaborativas: actividades grupais que fomentan o traballo colaborativo mediante debates en foros.
Titorías individuais ou en grupo reducido: teñen como obxectivo orientar ao alumnado nas actividades que teña que realizar na materia.A avaliación terá en conta todas as actividades prácticas desenvolvidas polo alumnado. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico do estudiantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades será o seguinte:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua:
Participación activa na aula virtual, realización de exercicios, actividades prácticas e exposicións orais individuais ou en grupo: 25%
Traballo final (proxecto de comercio electrónico): 25%
Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB5, CT1, CT2, CT6, CT10, CT11, CE1, CE7, CE16, CE17, CG3, CG7.
2. Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio e presencial na que se valorarán os resultados da aprendizaxe do alumnado.
Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CB4, CG2, CT6, CE6, CE7.
Para superar a materia o alumnado terá que obter unha cualificación superior a 4 sobre 10 (2 sobre 5) tanto no exame como na avaliación continua. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua durante o curso.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de "non presentado".
En actas constará a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións:
- Se o alumno/a non alcanza un 4 sobre 10 nas actividades prácticas, a nota que figurará en actas será a alcanzada nas actividades e non se agregará a nota do exame.
- Se o alumno/a non alcanza un 4 sobre 10 no exame, a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba e non se agregará a avaliación continua.
- Se o alumno/a non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
O alumnado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.A materia ten 6 ECTS. Este dato conduce a unha carga de traballo para a materia situada ao redor das 150 horas.
É recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións presenciáis físicamente ou conectándose a través de MS Teams. En estas sesións se levará a cabo unha revisión breve dos contidos xerais de cada unidade temática e se realizarán actividades orientadas a fomentar la participación del todo o alumnado.
O trabajo autónomo del alumnado será guiado por el profesorado en las horas destinadas a tutorías.
O campus virtual e o correo institucional son os medios de información e comunicación principais. Utilízanse para pór a disposición do alumnado o material teórico e práctico da materia e para facilitar a participación e a entrega de actividades e traballos.
-
Efren Arias Jordan
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- efren.arias@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Alvaro Vazquez Alvarez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- alvaro.vazquez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Javier Turienzo Riveiro
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- javier.turienzo@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Venres 15:00-17:00 Grupo /CLIS_01 Castelán Aula Informática 5 Exames 29.05.2025 09:00-13:00 Grupo /CLIS_01 Aula Informática 5 27.06.2025 09:00-13:00 Grupo /CLIS_01 Aula Informática 5