Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao completar a materia o alumnado será capaz de:
• Capacidade para identificar a carteira de produtos duna empresa e analizar a importancia relativa dos produtos que a integran.
• Coñecemento dos procesos de desenvolvemento e adopción de novos produtos, a importancia de dar participación ao cliente no proceso e a importancia dos novos produtos para a rendibilidade.
• Coñecemento da importancia das marcas na actualidade e normativa sobre as marcas comerciais.
• Coñecemento dos modelos de valoración da marca e das estratexias de marca.
• Capacidade para identificar as posibilidades de extensión da marca.
1.- A carteira de produtos da empresa
2.- Atributos, calidade obxectiva e calidade percibida
3.- Marca e decisións de marca
4.- O proceso de desenvolvemento de novos produtos
5.- A introdución de novos produtos no mercado
6.- O proceso de adopción de produtos polos consumidores
Bibliografía básica:
Jiménez, A.I. (coord). (2004). Dirección de productos y marcas. UOC.
Jordán, D. (2018). Creando productos de éxito. Tener buenas ideas ya no es suficiente. Anaya multimedia
Bibliografía complementaria:
Aaker, D. (2012). Relevancia de la marca: hacer a los competidores irrelevantes. Ed. Pearson educación.
Díaz, S. (Coord.) (2022). Política de producto. ESIC
Fernández del Hoyo, A. (2009). Innovación y gestión de nuevos productos: una visión estratégica y práctica. Pirámide.
Fernández, J.D. (2009). Cómo crear una marca: manual de uso y gestión. Almuzara.
Keller, K. L. (2008). Administración estratégica de marca: branding, 3ª edic, Pearson Educación.
Munuera, J.L.; Rodríguez, A.I. (2012). Estrategias de marketing. Un enfoque basado en el proceso de dirección, 2ª edición. ESIC.
Rivera, L.M. (2016). Creación y lanzamiento de nuevos productos en la empresa. Editorial Politécnica de Valencia
Serrano, F.; Serrano, C. (2005). Gestión, dirección y estrategia de producto. ESIC.
BÁSICAS Y GENERALES
CB04- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB05- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida auto dirixido ou autónomo.
CG02- Capacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas –de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG09- Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CG10- Conciencia da responsabilidade social da empresa.
ESPECÍFICAS
CE03- Capacidade para comprender os mercados e o Marketing dende unha perspectiva estratéxica.
TRANSVERSALES
CT01- Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT03- Capacidade de análise e síntese.
CT04- Capacidade de planificación e organización.
CT06- Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. As sesións interactivas en grupos reducidos basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas a resolución e debate de caos e exercicios prácticos, noticias de prensa e vídeos educativos para mellorar a habilidade do alumnado en recoñecer e definir os problemas aos que se enfrontan as empresas, e poder tomar as decisións máis axeitadas, á vez que se facilita a interacción entre o alumnado.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro y terán carácter presencial.
Todas estas actividades complementaranse co traballo persoal que o alumnado deberá dedicar a cada unha delas, como busca de material bibliográfico, lectura do devandito material, redacción de conclusións, etc. Este traballo autónomo será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Ademais, utilizarase o apoio virtual a docencia.
En caso de ser posible, levarase a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final a realizar na data fixada polo centro no calendario académico do curso.
O exame final representará o 50% da cualificación. Nesta proba é necesario que o alumnado obteña o 50% da cualificación da puntuación total do exame para poder compensar esta puntuación coa obtida na avaliación continua.
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como tódalas as actividades desenvolvidas polo alumnado. Terase en conta especialmente a participación activa na análise dos casos, debate e comentario de lecturas, e a presentación de traballos. Esta avaliación suporá o 50% da cualificación final.
A superación da materia implica a obtención de, a lo menos, 5 puntos no conxunto dos elementos avaliados (sobre 10).
Cando o alumnado non alcance a puntuación mínima necesaria para aprobar no exame final, será cualificado coa nota obtida unicamente pola participación nas sesións interactivas.
Estas dúas partes que conforman a cualificación do alumnado, aplicares ás dúas convocatorias ordinarias (xuño e xullo). De tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (50%) manterase para a convocatoria de xullo.
En ningún caso gardarase a puntuación obtida en calquera das actividades avaliadas para convocatorias posteriores.
O alumnado ao que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC será avaliado mediante unha proba presencial que suporá o 100% da nota a obter polo alumno.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art.º 5.2), a participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do alumno será distinta de non presentado.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Isto é, a verificación polo profesorado da existencia de plaxio nos traballos entregados supoñerá para o alumnado afectado a cualificación de “Suspenso”.
Avaliación das competencias:
Exame final: CB4, CG02, CG03, CT03, CE03.
Avaliación continua: CB05, CG06, CG09, CG10, CT01, CT04, CT06.
O tempo recomendado para a superación da materia é o seguinte:
Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 36h.
Horas de traballo autónomo (estudo e preparación de actividades): 76,5h.
Recoméndase que os alumnos traballen de modo continuado sobre a materia ao longo de todo o curso, leven ao día os conceptos teóricos e implíquense no debate dos temas e dos casos. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesor a través das titorías, para aclarar dúbidas ou profundar sobre os conceptos expostos nas clases expositivas ou sobre os traballos e os debates expostos nas clases interactivas.
Sandra Castro Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824481
- Correo electrónico
- sandra.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Javier Turienzo Riveiro
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- javier.turienzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario 3 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 3 |
20.05.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |
23.06.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |