Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecemento dos mecanismos moleculares implicados na neurotransmisión sináptica.
- Coñecemento das bases moleculares da fisiopatoloxía cerebral relacionada coa neurotransmisión sináptica.
- Coñecemento dos mecanismos moleculares implicados na sinalización intraneuronal.
- Coñecemento das bases moleculares da fisiopatoloxía cerebral relacionada coa sinalización intraneuronal.
- Coñecemento dos mecanismos bioquímicos implicados nas funcións da barreira hematoencefálica e do líquido cefalorraquídeo.
TEMA 1. Introdución a Neuroquímica
Neuroquímica: concepto e contidos. Historia da Neuroquímica. Relación da Neuroquímica con outras Neurociencias.
TEMA 2. Bioquímica do medio interno cerebral
Características do medio interno cerebral. Relación neuroquímica neurona-glía. Constitución e características bioquímicas da barreira hematoencefálica. Formación e composición do líquido cefalorraquídeo. Función do líquido cefalorraquídeo.
TEMA 3. Fundamentos bioquímicos da neurotransmisión sináptica
Xeneralidades sobre a morfoloxía da sinapse. Neurotransmisores e neuromoduladores. Etapas na sinapse química.
TEMA 4. Acetilcolina
Biosíntese e almacenamento de acetilcolina. Liberación e inactivación de acetilcolina. Receptores colinérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión colinérxica.
TEMA 5. Catecolaminas
Biosíntese e almacenamento de catecolaminas. Liberación e inactivación de catecolaminas. Receptores catecolaminérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión catecolaminérxica.
TEMA 6. Serotonina.
Biosíntese e almacenamento de serotonina. Liberación e inactivación de serotonina. Receptores serotonérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión serotonérxica.
TEMA 7. Histamina
Biosíntese e almacenamento de histamina. Liberación e inactivación de histamina. Receptores histaminérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión histaminérxica
TEMA 8. Glutamato e aspartato
Biosíntese e almacenamento de glutamato e aspartato. Liberación e inactivación de glutamato e aspartato. Receptores glutaminérxicos. Bioquímica das alteracions relacionadas coa neurotransmisión glutaminérxica.
TEMA 9. Glicina e GABA
Biosíntese e almacenamento de glicina e GABA. Liberación e inactivación de glicina e GABA. Receptores de glicina e receptores GABAérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa nerotransmisión GABAérgxica.
TEMA 10. Sistema purinérxico
Biosíntese e liberación de purinas. Inactivación de purinas. Receptores purinérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión purinérxica.
TEMA 11. Neuropéptidos
Biosíntese e almacenamento de neuropéptidos. Liberación e inactivación de neuropéptidos. Receptores de neuropéptidos. Bioquímica das alteracions relacionadas coa acción peptidérxica.
Bibliografía básica:
- Brady S, Siegel G, Albers RW, Price D. "Basic Neurochemistry: Molecular, Cellular and Medical Aspects". 8th ed. New York: Elsevier; 2012.
- Kandel ER, Schwartz JH, Jessell TM y cols. “Principles of Neuronal Science”. 5th ed. New York: McGraw-Hill, 2013.
- Purves D, Augustine GJ, Fitzpatrick D y cols. “Neurociencia”. Quinta ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2016.
Bibliografía complementaria:
- Vizi ES. "Handbook of Neurochemistry and Molecular Neurobiology. Neurotransmitter Systems". 3rd ed. New York: Springer; 2009.
- Nestler EJ, Hyman SE, Malenka RC. "Molecular Neuropharmacology". 2nd ed. New York: McGraw-Hill; 2009.
O alumno deberá posuír e potencia as seguintes competencias e destrezas xenéricas:
- fluidez e capacidade de comunicación oral e escrita, tanto nas linguas propias da comunidade como en inglés.
- compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
- capacidade de análise e síntese.
- habilidades para a análise da información provinte de diferentes fontes.
- capacidade de crítica e autocrítica.
- capacidade para aplicar a teoría a práctica.
- habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
Docencia expositiva
A docencia expositiva está concibida co fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC), así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Docencia interactiva
Realizaranse seminarios/prácticas de laboratorio sobre temas da máxima actualidade relacionados cos contidos teóricos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais, o espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC) e laboratorios, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Titorías
Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, ordenadores, espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC) e outros medios que o profesor considere oportunos.
Realizarase un exame final, que representará un 80% da nota final. Este exame final será de tipo test e/ou preguntas curtas, abarcando todos os aspectos relacionados cos contidos da materia.
Do mesmo xeito, realizarase unha avaliación continua, que representará un 20% da nota final, e que consistirá en controis periódicos da súa aprendizaxe, asistencia e nivel de participación nas distintas actividades realizadas.
Tendo en conta que o exame final aporta un máximo de 8 puntos, e a avaliación continua un máximo de 2 puntos, para superar a materia será necesario obter no exame final unha nota mínima de 4 puntos e obter un mínimo de 5 puntos na suma da nota do exame final máis a nota correspondente a avaliación continua.
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
4 créditos ECTs, calculando 27 horas por crédito (presenciais e non presenciais), temos un total de 108 horas que se reparten da seguinte maneira:
- teoría: 24 horas presenciais e 36 horas de traballo persoal (horas totais: 60)
- clases prácticas: 16 horas presenciais e 10 horas de traballo persoal (horas totais: 26)
- asistencia, preparación e exposición de seminarios: 8 horas presenciais e 10 horas de traballo persoal (horas totais: 18)
- titorías personalizadas: 1 hora.
- exame teórico e práctico: 3 horas.
- Aconséllaselle o alumno a realización dun estudo persoal diario para a fixación dos coñecementos impartidos, tanto nas clases de teoría como nos seminarios/prácticas de laboratorio
- Tamén resulta aconsellable a asistencia as titorías personalizadas, co fin de resolver todas aquelas dúbidas que xurdan durante o traballo persoal do alumno.
Estefania Maria Salome Mendez Alvarez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- estefania.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Estefania Maria Salome Mendez Alvarez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- estefania.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
German Sierra Paredes
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812212
- Correo electrónico
- german.sierra.paredes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
Xoves | |||
12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
13.01.2025 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | X_Fac. Medicina |
02.06.2025 12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | X_Fac. Medicina |