Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer o sistema nervioso humano e profundar no coñecemento da neuroanatomía a nivel macroscópico e microscópico.
- Manexar a terminoloxía neuroanatómica con precisión.
- Identificar e describir con precisión as estruturas do sistema nervioso central humano.
- Adestrarse no manexo de bibliografía e ferramentas adecuadas para preparar a materia.
- Coñecer os conceptos actuais e os fundamentos das técnicas empregadas neste ámbito.
A) Clases expositivas (27h)
1. Sistema nervioso da vida de relación e sistema nervioso autónomo. Sistema nervioso central e sistema nervioso periférico.
2. Sistema nervioso periférico. Aspectos recentes relacionados coa clasificación dos nervios periféricos e a estrutura e distribución dos nervios raquídeos.
3. Coñecementos actuais sobre a organización do sistema nervioso vexetativo.
4. Configuración exterior do SNC: Medula espiñal, bulbo raquídeo, ponte e mesencéfalo.
5. Configuración exterior do SNC: Cerebelo. Cerebro: telencéfalo, diencéfalo e ventrículo diencefálico.
6. Conformación exterior dos hemisferios. Formacións interhemisféricas. Ganglios basais. Ventrículos telencefálicos.
7. Actualización sobre meninxes e líquido cefalorraquídeo. Barreira hematoencefálica.
8. Medula espiñal: Fundamentos neuroanatómicos e aspectos avanzados sobre a neuroanatomía da medula.
9. Tronco encefálico. Aspectos xerais e actualización en neuromorfología do tronco.
10. Cerebelo. Xeneralidades sobre a súa estrutura e función. Avances recentes no coñecemento do cerebelo.
11. Diencéfalo. Xeneralidades sobre a súa estrutura. Novos aspectos relacionados coa neuroanatomía do subtálamo e epitálamo.
12. Tálamo. Estrutura e conexións. Últimos coñecementos no ámbito.
13. Hipotálamo. Estrutura e conexións. Últimos coñecementos no ámbito.
14. Telencéfalo. Estrutura e núcleos basais. Avances no coñecemento do telencéfalo.
15. Cortiza cerebral. Xeneralidades e actualización sobre aspectos estruturais e funcionais da cortiza cerebral.
16. Sistema límbico. Aspectos actuais sobre a súa estrutura e función.
17. Neuroanatomía das vías motoras. Actualización sobre aspectos funcionais.
18. Neuroanatomía das vías da sensibilidade. Actualización sobre aspectos funcionais.
B) Clases interactivas (12h)
B.1. Seminarios (2h)
Realizaranse seminarios, fundamentalmente sobre aspectos macroscópicos do sistema nervioso, para que os estudantes completen a formación recibida nas clases expositivas e poidan desenvolver as prácticas.
B.2. Prácticas de laboratorio (10h)
Práctica 1. Observación e identificación de estruturas neuroanatómicas da medula e o tronco cerebral utilizando maquetas e preparacións reais.
Práctica 2. Observación e identificación de estruturas neuroanatómicas no cerebelo e no diencéfalo utilizando maquetas e preparacións reais.
Práctica 3. Observación e identificación de estruturas neuroanatómicas no telencéfalo utilizando maquetas e preparacións reais. Ganglios basais e ventrículos laterais.
Práctica 4. Observación e identificación de estruturas neuroanatómicas no telencéfalo utilizando maquetas e preparacións reais. Configuración exterior da cortiza cerebral. Sistema límbico.
Básica (priorizada)
Crossman R., Neary D. Neuroanatomía: Texto y atlas en color. 6ª ed. Barcelona: Elsevier; 2019.
Haines DE., Mihailoff GA. 2019. Principios de Neurociencia. Aplicaciones básicas y clínicas. 5ª Ed. Barcelona: Elsevier; 2019. Acceso electrónico en ClinicalKey.
Mtui E, Gruener G., Dockery P. Fitzgerald, Neuroanatomía clínica y neurociencia. 8ª ed. Barcelona: Elsevier; 2022. Acceso electrónico en ClinicalKey.
Muñoz Patiño, Ana María, Rodríguez Pallares, Jannette e Díaz Ruiz, María del Carmen, 2016. Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico. DOI: http://dx.doi.org/10.15304/9788416533329.
Díaz Ruiz, María del Carmen, Muñoz Patiño, Ana María e Rodríguez Pallares, Jannette, 2016. Meninxes, líquido cefalorraquídeo e barreira hematoencefálica. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico. Disponible en: https://www.usc.gal/libros/gl/medicina/201-meninxes-liquido-cefalorraqu…
Atlas
Felten DL., O’Banion, MK, Maida MS. Netter. Atlas de neurociencia. 4ª ed. Barcelona: Elsevier; 2023 Acceso electrónico en ClinicalKey.
Nolte J., Angevine, JB. El encéfalo humano en fotografías y esquemas. 3ª ed. Madrid: Marbán, 2009.
Paulsen F., Waschke J. Sobotta, Atlas de anatomía humana. Volumen 3, Cabeza, cuello y neuroanatomía. 25º ed. Barcelona: Elsevier: 2024. Acceso electrónico en ClinicalKey.
Todos os libros accesibles en liña e/ou impresos desde o catálogo da Biblioteca Universitaria.
- Fluidez e propiedade na utilización da terminoloxía neuroanatómica básica.
- Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
- Capacidade de análise e síntese.
- Habilidades para conseguir analizar información desde diferentes fontes.
- Capacidade de crítica e autocrítica.
- Capacidade para aplicar a teoría á práctica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
A docencia expositiva realizarase mediante clases maxistrais, empregando medios audiovisuais e a lousa. Promoverase a participación do alumnado. Realizaranse seminarios que complementarán a docencia. As prácticas de laboratorio realizaranse na Sala de Técnica Anatómica da Facultade de Medicina e utilizaranse maquetas anatómicas e preparacións de encéfalo e medula espiñal procedentes de cadáver. Nas clases prácticas promoverase a aprendizaxe autónoma e os alumnos traballarán de forma individual e en equipo, orientados polo profesorado. As notas de clase e o atlas serán esenciais como material de apoio. Nas prácticas de laboratorio será obrigatorio o uso de bata branca e luvas. Realizaranse titorías individualizadas para a orientación da aprendizaxe e a resolución de dúbidas e habilitarase un foro público de titorías na aula virtual da materia.
Para poder ser avaliado é necesaria a asistencia ás clases expositivas e interactivas. Avaliaranse os coñecementos adquiridos nas clases expositivas mediante unha proba final. O nivel de aprobado será o 60%. Esta proba representará ata un 70% da nota máxima global. Realizarase unha proba práctica sobre os contidos traballados nas clases interactivas e que servirá ademais para valorar as habilidades e destrezas adquiridas nas mesmas. O nivel de aprobado será o 70%. A asistencia a prácticas é obrigatoria e será necesario superar este exame para aprobar a materia. Realizarase ademais una avaliación continua na que se valorará a actitude do alumno, a asistencia a clases, os coñecementos prácticos e a realización e contido das actividades programadas durante o curso. A avaliación continua suporá ata un 30% da nota global.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
4 créditos ECTS:
- Clases expositivas: 27h
- Estudo individual: 40h
- Clases interactivas:
- Seminarios: 2h
- Prácticas de laboratorio: 10h
- Elaboración de actividades: 10h
- Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1h
- Actividades de avaliación:
- Presencial: 2h
- Traballo persoal: 8h
- Total horas de traballo presencial: 40h
- Total horas de traballo persoal do estudante: 60h
Recoméndase levar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos, empregando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Ademais, recoméndase a participación nas clases, o estudo periódico e a utilización das horas de titorías. Os libros e os atlas son guías esenciais para a adquisición de destrezas e habilidades prácticas da materia e a compresión dos conceptos teóricos. É importante que o alumno adquira conciencia da importancia da comprensión dos conceptos e dos métodos e técnicas descritas, para desenvolver destrezas para a súa aplicación fronte a problemas prácticos na súa futura vida profesional.
Para o máximo aproveitamento da materia é recomendable que os estudantes posúan coñecementos previos de bioloxía celular e neurociencia básica, de inglés para o manexo da bibliografía/recursos didácticos e competencias no uso de tecnoloxías da información e a comunicación. O alumnado terá á súa disposición unha aula virtual da materia na plataforma Moodle, cos recursos e canles de comunicación que ofrece. Ademais, poderase empregar como medio de comunicación docente-alumnado a aplicación Microsoft Teams e o correo electrónico.
Jose Luis Labandeira Garcia
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815468
- Correo electrónico
- joseluis.labandeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Maria Muñoz Patiño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jannette Rodriguez Pallares
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815466
- Correo electrónico
- jannette.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
Xoves | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
09.12.2024 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | X_Fac. Medicina |
06.06.2025 11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | X_Fac. Medicina |