Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer as características fundamentais das relacións entre seres vivos e as súas asociacións.
Recoñecer e identificar as principais especies de parasitos responsábeis de enfermidade no ser human e animais.
Aplicar e relacionar os coñecementos morfolóxicos e biolóxicos no diagnóstico parasitolóxico.
Aplicar os fundamentos biolóxicos e epidemiolóxicos na prevención e control das enfermidades parasitarias.
Desenvolver capacidades para suscitar e resolver problemas prácticos de tipo parasitolóxico.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS (26 horas)
BLOQUE I. XENERALIDADES
Tema 1. Introdución ao parasitismo. (2 h)
Tema 2. Taxonomía e nomenclatura parasitaria. (0,5 h)
Tema 3. Patoxénese parasitaria. (1 h)
Tema 4. Epidemioloxía parasitaria. (0,5 h)
Tema 5. Bases para o control das enfermidades parasitarias. (0,5 h)
BLOQUE II. PROTOZOOLOXÍA
Tema 6. Introdución aos protozoos. (1 h)
Tema 7. Amebas intestinais e amebas anfizoicas. (1,5 h)
Tema 8. Flaxelados intestinais e uroxenitais. (0,5 h)
Tema 9. Flaxelados hemotisulares. (3,5 h)
Tema 10. Ciliados. (0,5 h)
Tema 11. Apicomplexos intestinais. (1 h)
Tema 12. Apicomplexos tisulares. (1 h)
Tema 13. Apicomplexos hemáticos. (2 h)
BLOQUE III. HELMINTOLOXÍA
Tema 14. Introdución aos trematodos. (0,5 h)
Tema 15. Trematodos hepatobiliares. (0,5 h)
Tema 16. Trematodos intestinais e pulmonares. (0,5 h)
Tema 17. Trematodos hemáticos (1 h)
Tema 18. Introdución aos cestodos. (0,5 h)
Tema 19. Cestodos pseudofílidos. (0,5 h)
Tema 20. Cestodos ciclofílidos. (1 h)
Tema 21. Introdución aos nematodos. (0,5 h)
Tema 22. Tricúridos. (0,5 h)
Tema 23. Ascáridos. (0,5 h)
Tema 24. Estronxílidos. (1 h)
Tema 25. Oxiúridos. (0,5 h)
Tema 26. Filarias. (1 h)
BLOQUE IV. ARTROPODOLOXÍA
Tema 27. Introdución e importancia dos artrópodos. (0,5 h)
Tema 28. Ácaros e garrapatas. (0,5 h)
Tema 29. Insectos ápteros. (0,5 h)
Tema 30. Insectos dípteros. (0,5 h)
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (10 horas)
Práctica 1. Protozoos: observación de preparacións. (2 h)
Práctica 2. Trematodos: observación de preparacións. (2 h)
Práctica 3. Cestodos: observación de preparacións. (2 h)
Práctica 4. Nematodos: observación de preparacións. (2 h)
Práctica 5. Artrópodos: observación de preparacións. (2 h)
TITORÍAS(2 horas). Programaranse pola profesora de acordo cos alumnos e estarán dedicadas á aclaración de dúbidas sobre aspectos relacionados ca materia.
SEMINARIOS (3 horas). Impartiranse 3 seminarios que tratarán sobre potenciais aspectos profisionais do Graduado/a en Bioloxía no campo da Parasitoloxía.
EXAMEN (2 horas). Haberá dúas convocatorias cuxa data, hora e aula estableceranse polo Decanato da Facultade de Bioloxía.
Básica
Ash, L.R. y Orihel, T.C., 2010. Atlas de parasitología humana. 5ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Cordero del Campillo, M. y Rojo Vázquez, F.J., 1999. Parasitología Veretinaria. Madrid: Editorial McGraw-Hill Interamericana.
Despommier, D.D., Karapelou, J. e Jensen, J., 2006. Parasitic Diseases. 5th ed. New York: Apple Trees.
Gállego Berenguer, J. 2007. Manual de parasitología: morfología y biología de los parásitos de interés sanitario. Barcelona: Publicacions i Edicions Universitat de Barcelona.
Roberts, L.S., Janovy, J.Jr e Nadler, S., 2013. Gerald D. Schmidt & Larry S. Roberts’ Foundations of Parasitology. 9th ed. Boston: McGraw-Hill.
Complementaria
http://www.facmed.unam.mx/marco/index.php?dir_ver=87
http://www.dpd.cdc.gov/dpdx/HTML/Para_Health.htm
http://apps.who.int/tdr/svc/publications
As competencias básicas e xerais son as que se atopan recollidas na Memoria do Grao en Bioloxía
Competencias específicas
Ámbito de competencia: COÑECEMENTOS INSTRUMENTAIS, DESTREZAS E HABILIDADES
CE1.c Técnicas básicas en Bioloxía
Ámbito de competencia: BIODIVERSIDADE
CE4.a Tipos e niveis de organización e ciclos biolóxicos.
CE4.c Diversidade animal.
CE4.e Diversidade de microrganismos
CE4.g Análise da biodiversidade.
Ámbito de competencia: BIOTECNOLOXÍA E BIOMEDICINA
CE7.a Bases biolóxicas das enfermedades
CE7.f Bioindicadores, bioensaios e cultivos.
CE7.g Métodos de análise clínica e molecular.
Competencias trasversais
CT1 Capacidade de análise y síntesi.
CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 Habilidade no manexo de Tics.
CT9 Utilización de información bibliográfica e Internet.
CT11 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Clases Expositivas
Serán clases maxistrais impartidas pola docente responsábel, nas que se expoñerán, inicialmente, as directrices xerais da materia para, posteriormente, explicar os conceptos básicos e os temas reflexados no programa das clases expositivas. A profesora poderá apoiarse nos medios informáticos e audiovisuais. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento á docencia teórica.
Clases interactivas de Laboratorio
As clases prácticas terán por finalidade a observación macroscópica e microscópica de distintas especies parasitas, tanto as fases dos seus ciclos biolóxicos como as formas parasitarias que permiten facer un diagnóstico directo. Programaranse de acordo cos bloques que constitúen o programa das clases expositivas. A plataforma virtual da USC complementará as clases interactivas de laboratorio. Serán válidas durante os 2 cursos seguintes a súa realización.
Clases interactivas de Seminario
Están previstos tres seminarios que serán impartidos por biológos/as en cuxa actividade profesional se abordan temas relacionados coa Parasitoloxía.
Consistirán basicamente en charlas-coloquios nas que o alumnado poderá plantexar calquera tipo de cuestión ó respecto.
A súa validez limitaráse ó curso académico actual.
Titorías
Dedicaranse á resolución de dúbidas sobre calquera aspecto da materia. Convocaranse pola docente a demanda do alumnado.
O alumnado disporá de dúas oportunidades de avaliación. Non se poderá aprobar a materia sen a realización das clases interactivas de laboratorio, sendo a cualificación final na materia “Non Presentado/a”.
No exame avalíanse as competencias: CG3, CT1, CT2, CT5, CT9, CT11, CE4.a e CE7.g
Na participación activa en clases prácticas e seminarios avalíanse as competencias: CB3, CG4, CT2, CT4, CT5, CT9, CE1.c
A asistencia ás clases prácticas e ós seminarios serán actividades obrigatorias avaliábeis (interese, participación, comportamento).
Pola contra, a asistencia ás clases expositivas e ás titorías non serán actividades obrigatorias pero si avaliábeis.
A avaliación consistirá nun exame teórico que suporá un 80% da cualificación final e poderá constar de: definición de conceptos básicos, resposta a preguntas curtas e tipo test, interpretación de imaxes e esquemas, resolución de casos prácticos e desenvolvemento de temas fundamentais. Serán tamén obxecto de avaliación os coñecementos adquiridos durante a realización das clases prácticas.
Haberá unha avaliación continua complementaria na que se valorarán a participación, a actitude e o aproveitamento das diferentes actividades programadas, incluíndo as clases interactivas de seminario e de laboratorio. A súa valoración será do 20% da cualificación final, pero será necesario obter unha nota mínima (5 sobre 10) no exame teórico para aplicar esta valoración. Dita valoración so terá validez para o curso académico no que foi obtida
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revision de cualificacions”.
Traballo presencial: 43 h
26 h expositivas
10 h interactivas de laboratorio
3 h interactivas de seminario
2 h titorías
2 h examen
Traballo non presencial: 69,5 h
Estudio individual: 64 h
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 3 h
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 2,5 h
TOTAL= 4.5 ECTS x 25 h= 112.5 h
Asistencia ás clases expositivas
Dedicación regular á materia
É recomendable o coñecemento dos conceptos básicos.
É de utilidade a realización de resumos sobre os aspecto importantes dos temas, asegurándose de coñecer tanto o seu significado como a súa aplicación.
Utilizar a plataforma virtual como complemento e consultar a bibliografía.
Empregar as horas de titorías para resolver calquera dúbida.
Para aqueles casos excepcionais, poderase comunicar a través da canle MS-Teams, previa solicitude por correo electrónico.
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12.Vasili Dokucháyev |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12.Vasili Dokucháyev |