Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer, analizar e valorar individualmente a(s) función(s) dos diversos órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Analizar cada función e os seus mecanismos en cada un dos niveis de organización que a Fisiología teña descrito.
• Coñecer os elementos básicos e comúns nas distintas formas de realizar unha función, de maneira que se mostre a unidade de funcións e a rica diversidade de formas que apareceron na filoxenia animal.
• Comprender as posibilidades funcionais do organismo que o condicionan e o posibilitan respecto do medio ambiente.
• Coñecer os diversos sistemas de adaptación ao medio ambiente con que conta o organismo.
• Coñecer e comprender o significado biolóxico de todas as funcións en circunstancias normais, en diferentes etapas especiais da vida, así como en circunstancias especiais.
• Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos sobre funcións e a súa regulación ante circunstancias anormais que tendan a modificalas.
• Ser capaz de valorar críticamente as hipóteses emitidas para explicar cientificamente o mecanismo dunha función definida.
• Poder valorar as funcións alteradas dun organismo en función da análise dunha serie de parámetros fisiolóxicos.
Aspectos básicos biofísicos e fisiolóxicos de funcionamento, regulación e coordinación das principais especies de interese veterinario a niveis molecular e celular. Funcionamento, regulación e coordinación do sistema nervioso e dixestivo. Bases neurofisiolóxicas do comportamento das especies de interese veterinario. Protección animal.
CAPÍTULO I.- FISIOLOXÍA XERAL E MOLECULAR (10 horas)
T01 Concepto de homeostase.
T02 Membranas e transporte.
T03 Potencial de membrana.
T04 Células nerviosas. Potencial de acción e transmisión Sináptica.
T05 Comunicación intercelular e receptores
T06 Segundos mensaxeiros
T07 Células musculares. Contracción do músculo estriado, músculo liso e músculo cardíaco.
S01 Seminario I
S02 Seminario II
S03 Seminario III
S04 Seminario IV
CAPÍTULO II.- FISIOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO (10 horas)
T08 Fisioloxía receptorial. Sentidos somáticos.
T09 Sentidos especiais: visión.
T10 Sentidos especiais: audición e equilibrio.
T11 Sentidos especiais: olfación e gustación.
T12 Sistema motor: motilidade reflexa e motilidade voluntaria.
T13 Control do movemento: cerebelo e ganglios basais.
T14 Sono e vixilia: sistema reticular. hipotálamo e sistema límbico. Funcións vexetativas.
T15 Sistema nervioso autónomo.
CAPITULO III. SISTEMA DIXESTIVO (10 horas)
T16. Control neural da función gastrointestinal
T17. Control endócrino da función gastrointestinal
T18. Movementos do tubo dixestivo: boca, esófago e estómago
T19. Movementos do tubo dixestivo: intestinos delgado e groso
T20. Secrecións salivar e gástrica
T21. Secreción pancreática. Secreción biliar
T22. Dixestión e absorción: procesos non fermentativos
T23.Fisioloxia dixestiva de ruminantes
T24.Fisioloxía dixestiva de hervívoros e de aves
CAPITULO IV.- ETOLOXÍA (3 horas)
T25 Introdución ao comportamento animal. Definición de etoloxía. Antecedentes históricos da etología. A etoloxía no medicamento veterinario e na produción animal
T26 Domesticación. Definición de domesticación. Factores conductuais que favoreceron a domesticación
T27 Control, desenvolvemento, evolución do comportamento. Motivación. Conduta innata. Conduta aprendida (tipos de aprendizaxe). Sinal e socialización. Evolución.
T28 Comportamento individual. Comportamento social. Alteracións do comportamento
T29 Protección Animal. Principios éticos. Lexislación
S05 Seminario V
S06 Seminario VI
PRÁCTICAS
LB1 Mecanismos de transporte e permeabilidade celular
LB2 Procesos físicos e químicos da dixestión
LB3 y LB4 Neurofisioloxía do impulso nervioso
LB5 y LB6 Fisioloxía do músculo esquelético
Bibliografía básica:
Fisiología Veterinaria (1ª edición) 2018. Albino García Sacristán. Edit. Tébar Flores
PhysioEx 9.0: Laboratory Simulations in Physiology. 2012. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson
Fisiología Veterinaria (5ª edición), 2013. Cunningham-Klein. Edit. Elsevier-Saunders
Bibliografía complementaria
Fisiología. (6º edición), 2009. Berne e Levy. Edit. Elsevier-Mosby
Tratado de Fisiología Médica. (12ª edición). 2011. Guyton & Hall. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología Humana (6ª edición), 2014, Silverthorn. Edit. Médica Panamericana
Fisiología Animal (1ª edición), 2006. Hill-Wyse-Anderson. Edit. Méd. Panamericana
Etología clínica veterinaria del perro y del gato. 2º ed. Xavier Manteca Vilanova. Multimédica. 2002
Behaviour Problems in Small Animals. Jon Bowen and Sarah Head. Elsevier.2005
Etología clínica veterinaria. Xavier Manteca Vilanova. Multimédica. 2009
Domestic animal behaviour. K. Houpt. Blackwell Publishing. 2010.
Handbook of behaviour problems of the dog and cat. G. Landsberg, W. Hunthausen, L. Ackerman. Tercera Edición. Elsevier. 2013
Clinical behavioural medicine for small animals. Karen L. Overall.Mosby. 2013.
Acceso gratuito a libros electrónicos de Fisioloxía dentro dos recursos electrónicos da USC:
https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101339224160…
https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/1okucki/cdi_proquest_eboo…
https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101338943590…
Competencias xenéricas:
Capacidade de aprendizaxe e adaptación (GVUSC01)
Capacidade de análise e síntese (GVUSC02)
Coñecementos xerais sobre a área de traballo (GVUSC03)
Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo (GVUSC06)
Competencias disciplinares:
Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación (CEDVUSC 01)
Estrutura e función dos animais sans (CEDVUSC 02)
Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal(CEDVUSC04)
Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación (CEDVUSC 16)
Competencias profesionais:
Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos (D1VUSC 03)
Competencias académicas:
Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario (CEAVUSC 01)
Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade (CEAVUSC 02)
Competencias transversais:
Capacidade para o razoamento e a argumentación (CTVUSC 01)
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dunha forma crítica (CTVUSC 02)
Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible (CTVUSC 03)
Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa (CTVUSC 04)
Habilidade no manexo de TICs (CTVUSC 05)
Utilización de información en lingua estranxeira (CTVUSC 06)
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos (CTVUSC 07)
Resultados da aprendizaxe
Competencia a día 1 (CD1): 1.9 Ser capaz de revisar e avaliar de forma crítica a literatura e as presentacións
Actividade académica: realización dun traballo de seminario con exposición presencial ante a clase e os profesores dun aspecto avanzado da asignatura durante un tempo máximo de 10 minutos
Obxetivos da aprendizaxe:
OA1: Empregar bases de datos seleccionando de forma crítica a información sobre un tema
OA2: Sintetizar e organizar a información obtida sobre un tema e crear unha presentación para expoñela públicamente
A avaliación desta tarefa farase mediante unha rúbrica ao rematar a exposición do seminario
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, utilizando o encerado, os medios audiovisuais que considere oportunos e os contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
As prácticas de ordenador servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencia prácticas. As prácticas realizaranse en grupos de vinte alumnos na aula de informática da facultade.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
A temporalidade é de aproximadamente unha hora expositiva por cada tema do programa/seminario e 6 horas de traballo por cada práctica.
Para todas as actividades académicas utilirizase como recurso fundamental a Aula Virtual da USC.
Como recurso fundamental de soporte á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle)
A nota final da materia comprende tres partes: cualificación teórica (10 puntos), cualificación práctica (10 puntos) e avaliación continua (10 puntos). A ponderación final farase cun coeficiente do 80% para a nota teórica, do 20% para a nota práctica e do 20% para a avaliación continua. Para realizar a ponderación final é requisito indispensable que todas as cualificacións, teórica e práctica, e avaliación continua superen 4 puntos.
A cualificación de cada estudante farase en base a tres criterios:
1.- Cualificación teórica (80% da puntuación final). Exame final tipo test, pregunta curta e/o tema (SE1). No caso de que se fagan exames parciais (SE3), para o cálculo da media final é indispensable que ningún dos exames parciais teña unha cualificación inferior a 4. Competencias avaliadas: GVUSC01, GVUSC03, CEDVUSC01, CEDVUSC02, CEDVUSC04.
2.- Cualificación práctica (SE5, 20% da puntuación final): Exame tipo test e asistencia obrigatoria a prácticas. Os alumnos repetidores cuxa nota media global de prácticas sexa igual ou superior a 4 quedan exentos de realizar o exame de prácticas. Competencias avaliadas: GVUSC06, CEDVUSC16, D1VUSC03, CTVUSC06.
3.- Avaliación continua (SE4, ata un 20% da puntuación final). A avaliación continua farase por medio de controis escritos (exames tipo test, pregunta curta e/o tema), realización e exposición de traballos individuais e/o en grupo, participación dos estudantes na aula, titorías etc. Competencias avaliadas: GVUSC02, GVUSC06, CEAVUSC01, CEAVUSC02, CTVUSC01, CTVUSC02, CTVUSC03, CTVUSC004, CTVUSC05, CTVUSC06, CTVUSC07.
Non se garda a avaliación continua
É obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas programadas,. Non asistir ás actividades prácticas salvo forza de causa maior que deberá ser debidamente xustificada de maneira documental terá como consecuencia a non superación da materia en calquera das oportunidades de exame final.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A dispensa a clase non é aplicable
O número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno ocupan o 60%
Traballo presencial
Clases maxistrais: 33 h
Interactivas ordenador: 24 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 03 h
Horas totais: 60 horas
Traballo individual
Estudo individual: 57 h
Elaboración de traballos: 18 h
Revisión bibliográfica, etc: 04 h
Asistencia a relatorios ou outras actividades recomendadas: 01 h
Resolución de casos/problemas: 02 h
Presentacións orais: 05 h
Realización de exames: 03 h
Horas totais: 90 horas
Coñecementos previos de anatomía e bioquímica
A materia impartirase nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma: Castelán e Galego.
Jesús Antonio Casabiell Pintos
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- x.casabiell [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Mercedes Rodríguez Vieytes
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Cabezas Sainz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- pablo.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rebeca Alvariño Romero
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- rebeca.alvarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
20.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
20.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
07.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
07.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |