Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer os procesos neuroendocrinos esenciais que manteñen a homeostase corporal.
2. Aproximarse ós conceptos mais importantes da Neuroendocrinoloxía dende o punto de vista experimental. Familiarizarse ca forma na que se estudian o hipotálamo e a hipófise
3. Poder emitir xuizos críticos sobre hipóteses, propostas experimentais ou experimentos xa realizados do campo da Neuroendocrinoloxía. Ser capaz de deseñar experimentos utilizando as técnicas desta ciencia para responder a preguntas científicas relevantes.
4. Aprender a traballar en equipo. Ser capaz de comunicar propostas, experimentos, resultados, conclusións e críticas no campo da Neuroendocrinoloxía.
5. Adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias para manterse ó día no campo da Neuroendocrinoloxía e as suas técnicas.
1. Introducción ó Sistema Neuroendocrino. Concepto de eixos neuroendocrinos. Regulación da secreción hormonal.
2. Anatomía neuroendocrina do hipotálamo e a hipófise. Barrera hematoencefálica.
3. Neurohormonas e os seus receptores. Mecanismos de acción.
4. Ritmos biolóxicos. Orixen dos “reloxos biolóxicos”. Ritmos circadianos e infradianos.
5. Osmoregulación e homeostase de fluidos corporais.
6. Eixo somatotropo. Funcións fisiolóxicas da hormona de crecemento (GH). Regulación da secreción de GH. Anormalidades da secreción de GH.
7. Eixo adrenal. Síntese e secreción de hormonas adrenocorticais. Funcións dos mineralocorticoides e glucocorticoides. Anormalidades da secreción adrenocortical.
8. Eixo tiroideo. Regulación da síntese e secreción de hormonas tiroideas. Funcións fisiolóxicas das hormonas tiroideas. Anormalidades da secreción de hormonas tiroideas.
9. Eixo gonadal e reproducción. Control neuroendocrino da función reproductora. Xestación e lactancia.
10. Regulación da Temperatura corporal. Febre.
Indicarase no curso.
Especificadas no primeiro apartado.
Clases expositivas e seminarios dos profesores e dos alumnos.
En caso de escenario 2 as clases maxistrais se realizarán de forma telemática e os seminarios de forma presencial. En escenario 3 toda a actividade será telemática
Avaliación continua. Presentaranse traballos que serán avaliados e valorarase a participación na clase.
Trátase dunha materia de 3 créditos ECTS.
Requisitos previos recomendados: Coñecementos básicos da Neuroanatomía, Endocrinoloxía, Neuroendocrinoloxía e Bioloxía Molecular.
Plan de continxencia:
Tanto a Metodoloxía do Ensino como o Sistema de avaliación da aprendizaxe empregarán medios telemáticos
tanto sincrónicos como asíncronos para considerar a posibilidade de implementar os tres posibles escenarios:
normalidade, escenario 2 o escenario 3.
Rosa Maria Señaris Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815442
- Correo electrónico
- rosa.senaris [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Dieguez Gonzalez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812258
- Correo electrónico
- carlos.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 10 |