Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 37 Clase Interactiva: 10 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Proporcionar o alumnado os coñecementos para comprender o funcionamento dos órganos e sistemas dos mamíferos, especialmente da especie humana, así como o seu funcionamento integrado. Destacando os mecanismos que controlan e regulan dito funcionamento para mantener a homeostase.
• Saber aplicar as fontes de información da Fisioloxía para avanzar no seu estudo e a resolución de problemas para sua mellor comprensión.
• Desenrolar o pensamento crítico sobre as formas de obter a información e os contidos.
Clases expositivas: 37 horas presenciais
Programa
BLOQUE I: PRINCIPIOS DE FISIOLOXÍA. (1 hora)
Tema 1. Concepto de Fisioloxía. Homeostase e control. Sistemas de retroalimentación. Breve repaso da bioloxía das membranas.
BLOQUE II: SISTEMA NERVIOSO (11h)
Tema 2. Estrutura e función do Sistema Nervioso. Sinais eléctricas.
Tema 3. Sinapse
Tema 4. Fisioloxía Sensorial I: Sistemas sensoriais: Xeneralidades. Sensibilidade cutánea e profunda.
Tema 5. Fisioloxía Sensorial II. Os sentidos especiais. Quimiorrecepción.- Receptores do gusto e do olfacto. Sistema visual. Sistema auditivo e do equilibrio.
Tema 6. Fisioloxía motora e integradora. Características xerais. Control central da motilidade
Tema 7. Funcións superiores do sistema nervioso central
Tema 8. Sistema nervioso autónomo
BLOQUE III: FISIOLOXÍA ENDOCRINA (6h)
Tema 9. Eixe hipotálamo-hipofisario. Tiroides. Suprarrenais
Tema 10. Control endócrino da glucemia e calcemia. Control do crecemento e desenrolo.
Tema 11. Sistema Reprodutor. Reprodución nos machos. Reprodución nas femias.
BLOQUE IV: SANGUE (1h)
Tema 12. Propiedades xerais e funcións da sangue. Fisioloxía das plaquetas. Hemostase e coagulación sanguínea.
BLOQUE V: FISIOLOXÍA CARDIOVASCULAR (6h)
Tema 13. Estrutura xeral. Estimulación e contracción do músculo cardíaco.
Tema 14. O corazón como bomba. Ciclo cardíaco. Regulación da función cardíaca.
Tema 15. Circulación periférica: arterias e venas. Microcirculación. Hemodinámica.
Tema 16. Funcións integradoras: regulación da presión arterial a curto e medio prazo.
BLOQUE VI: FISIOLOXÍA RESPIRATORIA (4h)
Tema 17. Estrutura xeral. Mecánica da ventilación.
Tema 18. Transporte e intercambio de gases. Regulación de la ventilación.
BLOQUE VII: FISIOLOXÍA RENAL (5h)
Tema 19. Estrutura xeral. Fluxo sanguíneo renal. Regulación.
Tema 20. Formación da ouriña: filtración, reabsorción e secreción. Regulación. Concentración e dilución da ouriña.
Tema 21. Regulación do equilibrio hídrico e salino. Regulación do equilibrio ácido-base
BLOQUE VIII: FISIOLOXÍA DIXESTIVA (3h)
Tema 22. Estrutura xeral. Inervación. Motilidade. Péptidos gastrointestinais.
Tema 23. Secreción, dixestión e absorción. Transporte electrolítico gastrointestinal.
Seminarios: 10 horas presenciais
Realización de cuestións, casos prácticos etc. relacionados cos temas das clases expositivas
Seminario 1: S. Nervioso (2h)
Seminario 2: S. Endocrino (2h)
Seminario 3: S. Cardiovascular (2h)
Seminario 4: S. Respiratorio (2h)
Seminario 5: Integración (2h)
Titorías: Empréganse para a revisión de conceptos e aclaración de dúbidas. Impártense a petición dos estudantes, de xeito individual ou grupal, presencial ou telemático. Exame; O exame é obrigatorio e presencial. Trátase dunha proba escrita con preguntas tipo test e/ou cuestións curtas e/ou problemas. Terá unha duración máxima de 3 horas.
Costanzo, L.S., 2018. Fisiología. 6ª ed. Barcelona: Elsevier.
Levy, M.N., Stanton, B.A. y Koeppen, B.M., 2018. Fisiología. 7ª ed. Madrid: Elsevier.
Accesibles en ClinicalKeys. Elsevier
Silverthorn, D.U., Johnson, B. R., Ober, W. C., Garrison, C. W. e Silverthorn, A. C., 2019. Fisioloxía humana: un enfoque integrado. 8ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Complementaria
Boron, W. F. e Boulpaep, E. L. eds., 2017. Fisioloxía Médica. 3ª ed. Madrid: Elsevier.
Guyton, A. C. e Hall, J.E., 2016. Tratado de fisioloxía médica. 13ª ed. Madrid: Elsevier.
Tortora, G. J. e Derrickson, B., 2018. Principios de anatomía e fisioloxía. 15ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Fisiología humana (14a. ed.) Fox, Stuart Ira; McGraw-Hill Interamericana Dispoñible vía McGraw-Hill AccessMedicina Spa
Conocimientos contenidos: Con01, Con02
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D08, H/D10, H/D13
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05
Clase expositivas:
Tipo lección maxistral que consistirá no desenrolo por parte do profesor dos aspectos fundamentales do programa e a interacción cos alumnos para resolver as dúbidas que se presenten ou o profesor considere preguntar. Na aula virtual deixaranse as presentación utilizadas e/ou material didáctico complementario.
Clases interactivas (seminarios):
Nos seminairos, se discutirán e resolverán cuestións e problemas relacionados cos temas do programa. Xeralmente o alumnado deberá traballar con anterioridade o contido do seminario. Os seminarios avaliaranse con cuestionarios e problemas que se entregarán por medios físicos ou telemáticos. Actividade non obrigatoria.
Titorias en grupo ou persoais:
Impartiránse por medios presenciais ou virtuais, ben síncronos (Teams) ou asíncronos (correo electrónico, foro da aula virtual, etc). Actividade non obrigatoria.
Exame: Proba escrita presencial que contén preguntas dos distintos contidos impartidos tanto en clases expositivas como interactivas. Actividade obrigatoria.
Realizarase a avaliación da aprendizaxe de contidos e competencias mediante probas de avaliación continua e exame final.
A nota final de avaliación obterase da suma da nota alcanzada no exame final (máximo 7 puntos) e a avaliación continua (máximo 3 puntos).
Exame final (primeira e segunda oportunidade):
• Incluirá todos os contidos traballados nas clases expositivas e seminarios da materia.
• Será unha proba escrita presencial que poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas e problemas.
• A puntuación máxima a alcanzable será de 7 puntos e será necesario obter un mínimo de 4.0 puntos sobre 10 puntos posibles para poder engadir á nota alcanzada no exame final a puntuación obtida na avaliación continua. De non alcanzarse o mínimo no exame final a materia considerarase suspensa reflectíndose na acta unicamente a nota obtida no exame final.
As porcentaxes de valoración de exame e avaliación continua serán as memas nas duas oportunidades. Os alumnos que non superen a primeira oportunidade manterán na segunda oportunidade a cualificación da avaliación continua.
As notas obtidas no apartado de evaluación contínua gardaránse para a oprtunidade de xullo e tamén para os cursos seguintes. O mesmo aplica para os repetidores que queiran obter estas cualificacións, poden pedir as dos cursos precedentes se as tiveran. Os repetidores deberán en calquer caso realizar o exame.
Examen: Con01, Con02, H/D01, H/D02, H/D04, H/D10, Comp01, Com02
Seminarios: Con01, Con02, H/D01, H7D02, H7D03, H7D04, H7D05, H7D07H7D10, Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05
TRABALLO PRESENCIAL
Clases expositivas e de seminario 47 h
Tutorias individuais e en grupo 4 h
Exames, cuestionarios e revisión 3 h
Total presencial 54 h
TRABALLO PERSOAL
Estudo autónomo individual 96 h
Asistencia e participación activa nas clases e seminarios.
Estudo e revisión periódica da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e profundar na información obtida en clase.
Aclaración cos profesores de posibles dúbidas.
Os alumnos matriculados nesta materia terán a súa disposición, no Campus Virtual da USC, gran parte do material que os profesores utilizan nas súas clases para desenrolar as explicación dos diferentes temas. Do mesmo xeito, será a vía preferente para transmitir aos estudantes avisos e otras cuestión. En certas actividades poderase utilizar o inglés como lingua de soporte.
A canle de comunicación directa preferente co profesorado será a través do correo institucional. Baixo acordó pódense programar sesión virtuais a través do MS-Teams.
Celia Maria Pombo Ramos
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815413
- Correo electrónico
- celiamaria.pombo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anxo Vidal Figueroa
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815417
- Correo electrónico
- anxo.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sulay A. Tovar Carro
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815456
- Correo electrónico
- sulay.tovar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |