Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia segundo a memoria do título son:
• Coñecer os tipos de riscos naturais
• Coñecer os compoñentes do risco: perigo e vulnerabilidade
• Coñecer os riscos xeolóxicos e xeomorfolóxicos*
• Coñecer os riscos climáticos
• Coñecer os riscos hidrolóxicos
• Coñecer os riscos de contaminación dos sistemas naturais
* Os riscos xeolóxicos e xeomorfolóxicos abórdanse fundamentalmente na materia Xeoloxía Ambiental.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Conceptos de risco, vulnerabilidade e perigo
• Tipoloxía de riscos
• A dimensión global dos riscos naturais
• Planificación e xestión de riscos
• Estratexias de mitigación do risco natural en España
• Riscos naturais e Protección Civil
• Ordenación do territorio e riscos
• Riscos atmosféricos e hidrolóxicos: Temporais de choiva
• Ciclóns tropicais
• DANAs ou gotas frías
• Tempestades e tornados
• Enchentes e inundacións
• Temporais de vento
• Temporais de frío e neve
• Avalanchas de neve
• Vagas de calor
• Episodios de seca
• Riscos de contaminación atmosférica
• Riscos fitoxeográficos: incendios forestais
• Efectos do cambio climático sobre os riscos naturais
Estes contidos desenvólvense ao longo do curso a través do seguinte programa de clases expositivas:
• Tema 1. Fundamentos básicos dos riscos naturais (parte 1): conceptos, tipoloxías e dimensión global (3 h)
• Tema 2. Fundamentos básicos en riscos naturais (parte 2): compoñentes de risco; prevención, adaptación e redución de riscos (3 h)
• Tema 3. Riscos atmosféricos (4 h)
• Tema 4. Riscos climáticos (4 h)
• Tema 5. Riscos hidrolóxicos (6 h)
• Tema 6. Riscos fitoxeográficos: incendios (1 h)
• Tema 7. Riscos biolóxicos (2 h)
• Tema 8. Outros riscos (1 h)
Programa de clase interactivo:
• Análise de series de datos climatolóxicos e hidrolóxicos (3 h)
• Avaliación da perigosidade de fenómenos extremos (7 h)
• Comentar situacións atmosféricas constitutivas de risco (3 h)
• Análise e comentario de exemplos de medidas de redución de riscos (3 h)
• Elaboración de mapas de risco (8 horas)
Práctica de campo:
• Saída de campo (polo menos unha) (6 h)
Bibliografía básica (* en biblioteca; ** en internet):
• Ayala Carcedo, F., Olcina Cantos, J. (Coord.) (2002). Riesgos naturales. Ariel, Barcelona
• García, H. (2022). Riscos naturais aplicados á ordenación do territorio. Unha aproximación dende a Xeografía. Material didáctico da Universidade de Santiago de Compostela*
• García-Legaz, C., Valero, F. (2011). Fenómenos meteorológicos adversos en España. Consorcio de Compensación de Seguros, Madrid
• Martínez, M.T. (2009). Los geógrafos y la teoría de riesgos y desastres ambientales. Perspectiva Geográfica, 1(14), 241-263**
• Olcina Cantos, J. (2006). ¿Riesgos naturales? Ed. Davinci, Mataró
Bibliografía complementaria:
• Calvo García-Tornel, F. (2010). Los riesgos de la geografía y la geografía de los riesgos. Papeles de Geografía, (51-52), 11-22**
• Fra Paleo, U. (2010). Riesgos naturales en Galicia : el encuentro entre naturaleza y sociedad. Universidad de Santiago de Compostela**
• Frampton, S., Chaffey, J., Alistair, M., Hardwick, J. (1996). Natural hazards. Causes, consecuences and management. Hodder & Stoughton, Londres
• González García, J.L. (Ed.) (2009). Mapas de riesgos naturales en la ordenación territorial y urbanística. Colegio Oficial de Geólogos, Madrid
• Greiving et al. (2011). Espon climate. Climate Change and Territorial Effects on Regions and Local Economies in Europe. ESPON & IRPUD, TU Dortmund**
• IPCC (2012). Informe especial sobre la gestión de los riesgos de fenómenos meteorológicos extremos y desastres para mejorar la adaptación al cambio climático**
• Keller, E. (2007). Riesgos naturales: procesos de la Tierra como riesgos, desastres y catástrofes. Pearson Prentice Hall, Madrid
• Olcina Cantos, J. ( 1994 ). Riesgos climáticos en la Península Ibérica . Penthalon , Madrid
• Olcina Cantos, J. (2008). Cambios en la consideración territorial, conceptual y de método de los riesgos naturales. Scripta Nova. Revista Electrónica de Geografía y Ciencias Sociales, 12
• Pallmall, A. (2020). El cambio climático, una amenaza global. Ediciones Alfar, Madrid
• Pita López, M.F. (Coord) (1999). Riesgos catastróficos y ordenación del territorio en Andalucía. Junta de Andalucía, Sevilla
• Ruiz, M. (2011). Vulnerabilidad territorial y evaluación de daños postcatástrofe: una aproximación desde la geografía del riesgo (tesis doctoral). Universidad Complutense de Madrid, Madrid**
• SNCZI (2011). Guía Metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Madrid
• Wallemacq, P., Rowena, H. (2018). Economic losses, poverty & Disasters: 1998-2017. UNDRR**
Enlaces:
• UN Office for Disaster Risk Reduction: https://www.unisdr.org/
• PreventionWeb (The knowledge platform for disaster risk reduction): https://www.preventionweb.net/publications/view/63328
• Cátedra de Desenvolupament Sostenible: Módulos Universitarios en ciencia del Desarrollo Sostenible (MPUDS): Los riesgos naturales. Universidad Rovira i Virgili: http://www.desenvolupamentsostenible.org/es/los-riesgos-naturales
• Global Risk Data Platform: https://preview.grid.unep.ch/
• The International Disaster Database (Centre for Research on the Epidemiology of Disasters, CRED): www.emdat.be
• Organización Meteorológica Mundial: https://public.wmo.int/es/peligros-naturales-y-reducci%C3%B3n-de-riesgo…
Durante o desenvolvemento da materia preténdese que o alumnado adquira ou mellore o seu rendemento nas seguintes competencias:
Competencias básicas e xerais
• CG1 - Asegurar unha formación xeral e integrada sobre os contidos fundamentais das distintas áreas temáticas da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
• CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
• CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental co ámbito social e humano
• CG4 - Combinar un enfoque xeralista cunha análise especializada
• CG5 - Interrelacionar fenómenos a diferentes escalas territoriais
• CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
• CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar aspectos culturais na súa interpretación
• CG8 - Analizar e interpretar paisaxes
• CG9 - Xerar conciencia e interese polas cuestións territoriais e ambientais
• CB1 - O alumnado demostrou posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo que se basea na educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde o vangarda da súa área de estudo
• CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúe as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
• CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a públicos tanto especializados como non especializados.
• CB5 - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
• CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do Territorio
• CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales
• CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
• CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
• CT7 - Xestionar a complexidade
• CT8 - Ordenar e sintetizar información
• CT9 - Expoñer e transmitir coñecementos xeográficos
Competencias específicas
• CE1 - Realizar análises integradas do territorio
• CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e captura de datos en campo
• CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
• CE4 - Expresar información cartograficamente
• CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
• CE6 - Realizar análises e propostas de xestión territorial
• CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental
• CE8 - Xestionar a localización de servizos e actividades
• CE9 - Realizar diagnósticos integrados de acción pública
A metodoloxía docente avaliará as seguintes competencias das clases expositivas e interactivas:
• Exame escrito teórico-práctico: CG2, CG4, CG5, CG7, CG8, CT3
• Prácticas interactivas de clase e saída ao campo: CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7, CE9
As metodoloxías didácticas que se aplicarán durante o desenvolvemento da materia son:
• Clases maxistrais participativas: CG2, CG4, CG5, CG7, CG8, CT3, CE1
• Prácticas na aula de informática: CE3, CE4, CE5
• Exposición de traballos prácticos: CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT5, CT7, CT8, CT9, CE6, CE7, CE9
• Práctica de campo: CT6, CE2
As anteriores metodoloxías complementaranse coas seguintes:
• Uso da aula virtual (Moodle)
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e proxectos
• Titorías individualizadas e colectivas
• Traballo autónomo e estudo independente do alumnado
• Seguimento de competencias mediante exercicios de control
Os programas informáticos que se empregarán son: ArcGIS (Pro + ArcMap), HEC-HMS, HEC-RAS, IBER, R Studio.
Todas as docencias, tanto expositivas como interactivas, así como as titorías e saídas de campo, realizaranse de xeito presencial segundo o horario oficial.
Terase en conta a asistencia ás clases cunha asistencia mínima do 80% ás clases programadas no horario, incluída a saída ao campo (obrigatoria), para aprobar a materia.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
• Avaliación continua (70%): prácticas
• Proba final (30%): exame
Para aprobar a materia será necesario (i) ter realizado todas as prácticas, (ii) ter acadado unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en prácticas e 4,5 sobre 10 no exame, e (iii) ter acadado unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia. En segunda convocatoria só poderá concorrer a parte suspendida. No caso de repetir materia non se conservan as partes previamente superadas, é dicir, hai que concorrer con toda a materia.
As prácticas entregadas fora dos plazos establecidos terán unha penalización do 20%.
No caso de que se conceda oficialmente a renuncia á asistencia a clase ou excursión, o alumnado terá que realizar o exame da materia, mentres que a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións.
A superación da materia require un tempo de dedicación por parte do alumno equivalente ao total das horas prácticas e teóricas da aula.
• Valórase moito unha actitude positiva e activa cara á aprendizaxe, así como a participación nas clases e excursións.
• Acceso do alumnado a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas na clase para facilitar a realización das tarefas encomendadas ao longo do curso. Todas estas aplicacións, non obstante, tamén se instalarán nas aulas de informática que o Centro pon a disposición do alumnado.
• Dado que as prácticas teñen un marcado carácter secuencial e de aprendizaxe progresiva, recoméndase a asistencia regular á clase e o seguimento continuo da teoría e da práctica.
• Tamén se recomenda como actividade formativa de interese para esta e outras materias os cursos de “Competencias informativas” que ofrece a Biblioteca.
A materia poderá impartirse nas dúas linguas oficiais de Galicia: galego e castelán, así como, ocasionalmente, en inglés e/ou alemán.
Alberto Marti Ezpeleta
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812608
- Correo electrónico
- alberto.marti [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Horacio Garcia Garcia
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- horacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angel Rodes Bolumburu
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812491
- Correo electrónico
- angel.rodes [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
09.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
18.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |