Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Manexar a terminoloxía científica propia da Bioxeoquímica e doutras disciplinas relacionadas.
- Manexar bibliografía especializada.
- Aprender a observar e interpretar os principais procesos bioxeoquímicos superficiais.
- Desenvolver a capacidade crítica para a interpretación da información sobre procesos de degradación ambiental relacionados coas actividades humanas.
- Diagnosticar problemas ambientais.
Orixe dos elementos, o Sistema Solar, a Terra e a Vida. Principais procesos en Bioxeoquímica e os seus métodos de estudo. Distribución dos elementos químicos nos sistemas superficiais: atmósfera, litosfera, hidrosfera e biosfera. Estrutura, dinámica e procesos de degradación actual dos sistemas superficiais. Ciclos bioxeoquímicos dos elementos.
Programa de expositivas (h) (35).
CONCEPTOS FUNDAMENTAIS. Concepto e fontes da Bioxeoquímica. Formación e distribución dos elementos químicos no universo e na Terra. Diferenciación bioxeoquímica: primaria, secundaria, e terciaria. Orixe dos subsistemas terrestres: litosfera, atmósfera, hidrosfera e biosfera. Introdución aos ciclos bioxeoquímicos dos elementos. 2.5 horas
PRINCIPAIS PARÁMETROS DOS SISTEMAS BIOXEOQUÍMICOS. A auga como vehículo da reactividade bioxeoquímica. Concentración e actividade. Forza iónica. Potencial iónico e mobilidade dos elementos. O pH: medidas, variabilidade nos sistemas naturais. Potencial redox (Eh). Diagramas Eh-pH e principais ambientes xeoquímicos da Terra. Coloides: tipos, natureza e propiedades. 4 horas
A LITOSFERA. Composición, estrutura e dinámica da litosfera. O ciclo xeolóxico. Meteorización da litosfera: tipos, procesos principais, estimación da intensidade de meteorización química. Os solos: formación, organización, tipos e funcións ambientais. Principais procesos de degradación dos solos. 9.5 horas
A ATMOSFERA. Composición: gases e aerosois. Estrutura: capas de atmosfera. Dinámica da atmosfera (circulación atmosférica). Reaccións bioxeoquímicas atmosféricas e acoplamentos. Principais procesos de degradación da atmosfera: destrución de ozono estratosférico, formación de ozono troposférico, chuvia ácida, cambio climático inducido. 9.5 horas.
A HIDROSFERA. Composición da hidrosfera e ciclo da auga. Composición, estrutura e dinámica (circulación oceánica) da hidrosfera oceánica. Composición, estrutura e dinámica da hidrosfera continental. Principais procesos de degradación da hidrosfera. 9.5 horas
Prácticas (h) (11)
1. Traballo de campo. Zona de estudio Aldarís (Pontevedra). Tipo de hábitat: humedal de turbera. Descrición das características do medio e anáise in situ dos principais parámetros bioxeoquímicos obxecto de estudo. Toma de decisións sobre a mostraxe, tendo en conta os resultados obtidos. Toma de mostras. (6h).
2. Traballo de laboratorio. Estudo da composición química das diferentes mostras recollidas en campo. Análise dos resultados obtidos. Discusión dos resultados. (5h).
Seminarios (h) (6)
Tres seminarios cunha duración de 2 horas cada un. Desenvolveranse de maneira práctica os ciclos dos elementos.
Titorías (h) (1)
Unha titorías dunha hora de duración. Resolveranse dúbidas.
Exame (h) (2)
Realizarase un exame final da materia
Bibliografía Básica
- Butcher S.S., et al. 1992. Global biogeochemical cycles. London: Academic Press.
Biblioteca de Bioloxía: EMA 473
Biblioteca de Bioloxía: EMA 473 A
- Ernst W.G. (ed). 2000. Earth Systems. Cambridge: Cambridge University Press.
Biblioteca de Farmacia: TG 157
Biblioteca de Bioloxía: A TG 295
- Schlesinger, W.H. 2000. Biogeoquímica: un análisis del cambio global. Barcelona: Ariel.
Biblioteca de Bioloxía: A TG 115 A
Biblioteca Xeral: SL 570 94
- Sierra Rodríguez, M. Á., 2010. Principios de química medioambiental [en liña]. 1ª ed. Madrid: Sintesis. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-519
Bibliografía Complementaria
- Andrews, J. E., Brimblecombe, P., Jickells, T. D., Liss, P. S., & Reid, B. 2009. An introduction to environmental chemistry. John Wiley & Sons.
- Contreras López, A., 2012. Ciencia y tecnología del medioambiente [en liña]. Madrid: UNED. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1419
- Díaz de Mera Morales, Y., & Martínez Ataz, E., 2004. Contaminación atmosférica [en liña]. 1ª ed. electrónica. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1730
- Jacobson M.Z. 2002. Atmospheric pollution. History, Science, and Regulation. Cambridge: Cambridge University Press.
- Muñoz Andrés, V., 2019. Gestión y conservación de aguas y suelos [en liña]. Madrid: UNED. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-5220
- Stevenson F.J, Coels M.A. 1999. Cycles of soil: carbon, nitrogen, phosphorus, sulfur, micronutrients. 2nd ed . New York: John Wiley & Sons
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con09, Con11
Habilidades: H/D01, H/D02, H/D06, H/D07, H/D08, H/D11
Competencias: Comp04, Comp05, Comp08
Usarase o Campus Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación co estudantado, ofrecéndolle información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (guía docente, presentacións de clase, artigos científicos de referencia, ligazóns a páxinas web con contido de interese, boletíns de cuestións, etc), fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Así mesmo, a entrega do material necesario para realizar os seminarios e as prácticas, así como a entrega de tarefas realizadas polas/os estudantes, realizarase empregando a plataforma Moodle. Crearanse foros para a resolución de dúbidas e ampliación de información.
Clases expositivas:
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con aprendizaxe baseado en proxectos (puntuables como avaliación continua). Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos, empregando diferentes formatos. Este proceso de aprendizaxe reforzarase intercalando probas de aula avaliables que permitirán superar a materia. Dedicaranse a esta actividade 35 horas no curso. A asistencia as sesións expositivas non é obligatoria.
Clases interactivas
Prácticas de campo: Se realizará unha práctica de campo en grupos na que se mostrará a aplicabilidade dos coñecementos teóricos adquiridos. Se realizará in situ unha contextualización biolóxica, xeolóxica e socioeconómica da área de estudo, unha descrición dos factores do medio físico e dos factores bióticos, valorarase o método de mostraxe mais adecuado, determinaranse parámetros bioxeoquímicos empregando o equipamento necesario e tomaranse mostras para seren analizadas no laboratorio.
Prácticas de laboratorio: traballo persoal e en grupo no laboratorio empregando ferramentas e equipamento apropiados para analizar as mostras recollidas nas prácticas de campo.
Seminarios: traballo das/os estudantes, en grupos reducidos, baixo a tutela e dirección do profesorado, nos que propoñen, para a súa resolución, actividades (exercicios, estudos de caso, simulacións, etc) de aplicación dos coñecementos teóricos. Estas actividades esixirán dunha participación activa do alumnado.
A asistencia ás clases interactivas non é obrigatoria, pero a realización das actividades propostas forma parte da avaliación continua.
Titorías: resolución de dudas plantexadas polo alumnado, de forma individual ou en grupos. Serán solicitadas polo alumnado según as súas necesidades. Non obrigatorias.
Exame: Obrigatorio para todo o estudantado que non superase a puntuación mínima na avaluación continua. Terá unha duración de dúas horas e avaliaranse os coñecementos adquiridos.
A cualificación será unha media do rendemento nas diferentes partes nas que se avalía o traballo do alumno, podendo obter o 100% da cualificación mediante unha combinación de avaliación continua (20% prácticas de campo e de laboratorio (asistencia e memoria) e 10 % seminarios (asistencia e memoria) e exame final (70%). As actividades propostas na aula serán eliminatorias de materia para o exame final.
O traballo do alumno na docencia interactiva avaliarase a partir da asistencia presencial e dunha memoria práctica (traballo de campo e de laboratorio) e informes das actividades propostas nos seminarios, sendo ningunha destas actividades obrigatorias para a superación da materia.
Para superar a materia é obrigatorio realizar o exame e acadar unha puntuación mínima de 4. A puntuación obtida en laboratorio e campo e seminarios, actividades non obrigatorias, sumarase sempre que se alcance a puntuación mínima no exame final.
No caso de estudantes ós que se lle teña concedido dispensa de asistencia a clase, a avaliación levarase a cabo mediante a realización de exames teórico e/ou práctico.
O estudantado que teña que asistir á segunda oportunidade conservará as cualificacións obtidas no campo, laboratorio e seminarios, debendo repetir o exame final.
Para o estudantado repetidor: conservaranse as cualificacións de campo e laboratorio e seminarios realizados nos dous cursos anteriores.
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
Así mesmo, queda terminantemente prohibida a distribución por calquera medio do material didáctico colgado no campus virtual.
Avaliación das competencias
-Exame: Con01, Con02, Con09, Con11, H/D01, H/D06, H/D08
-Traballos propostos na aula e seminarios: Con01, Con02, Con09, Con11, H/D02, H/D06, H/D07, H/D08, H/D11, Comp05, Comp8.
- Memorias campo e laboratorio: Con01, Con02, Con09, Con11, H/D01, H/D02, H/D06, H/D11, Comp04, Comp05, Comp08.
Estímase que o estudantado necesitará entre 1,5 e 2 horas de estudo e traballo persoal por cada hora de docencia presencial. Desta forma, o tempo adicado sería:
Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 35 horas
Clases interactivas:
Prácticas: 11 horas (6 h campo, 5 h laboratorio)
Seminarios: 6 horas
Titorías: 1 hora
Realización de exame: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 55 horas
Traballo persoal
Estudo e/o preparación de traballos: 80 horas
Elaboración da memoria de prácticas e seminarios: 15 horas
Total horas de traballo persoal: 95
Tempo total de adicación: 150 h
- Asistencia regular e participación nas clases expositivas e interactivas
- Realización de todas as tarefas encargadas
- Utilización das titorías
- Utilización da bibliografía recomendada
- Estudo continuo e baseado na comprensión dos conceptos
- Uso do campus virtual ao longo do curso
- Consulta con antelación os documentos que se vaian sinalando para facilitar a interacción estudantado-profesorado
Utilizarase a plataforma Moodle para facilitar o intercambio de información entre profesorado e alumnado.
Recoméndase que o alumnado teña cursado as materias de Xeoloxía e Caracterización do Medio Físico, impartidas no primeiro curso do grao.
Beatriz Loreto Prieto Lamas
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814594
- Correo electrónico
- beatriz.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Manuel Martinez Cortizas
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813379
- Correo electrónico
- antonio.martinez.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alvaro Gil Gonzalez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881816879
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Sanmartin Sanchez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814984
- Correo electrónico
- patricia.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diana Perez Velon
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814922
- Correo electrónico
- dianaperez.velon [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Iñaki Beceiro Cillero
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- inaki.beceiro.cillero [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 01. Charles Darwin |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
27.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
27.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
27.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |