Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 22 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Familiarizar ó alumnado coa metodoloxía de uso habitual na descrición de solos, toma de mostras e análise e interpretación das propiedades dos solos das que dependen as súas aptitudes, limitacións e sensibilidade para os distintos usos.
Familiarizar ao alumno coa metodoloxía de caracterización dos distintos tipos de residuos en función de a) a súa toxicidade/perigosidade, b) o seu potencial uso como fertilizante ou emenda para a recuperación de solos degradados, e c) o seu poder enerxético.
O programa da materia divídese en 2 bloques que se indican a continuación:
- Bloque 1. Metodoloxía de mostraxe e análise básica de solos (14 horas: 2 horas de campo, 11 de laboratorio e 1 de titoría; presencial; obrigatorio).
1.1. Prácticas de campo: Descrición de perfís de solo e toma de mostras para a súa posterior análise.
1.2. Prácticas de laboratorio
• Normas de seguridade no laboratorio
• Preparación de mostras de solo para a súa análise
• Análise do tamaño e textura das partículas
• Medición e interpretación do pH do solo (pH en auga, pH en KCl)
• Reactividade ao NaF (pH en NaF)
• Índice de salinidade do solo. Condutividade eléctrica da pasta saturada
• Materia orgánica do solo
• Macronutrientes: N, P e K
• Catións de intercambio e capacidade de intercambio catiónico
• Capacidade de amortiguación de ácidos
-Bloque 2. Caracterización e análise básica de residuos. Toxicidade: 10 horas (9 laboratorio e 1 titoría; presencial; obrigatorio).
2.1. Prácticas de laboratorio
• Preparación de mostras de diferentes tipos de residuos para a súa análise
• Ensaio de fitotoxicidade
• Poder calorífico
• Biodispoñibilidade de metais pesados
• Valoración de residuos para o seu uso na agricultura e restauración de solos degradados
Bibliografía básica
- BOE. 1989. Orden do 13 de octubre de 1989 pola que se determinan os métodos de caracterización de residuos tóxicos e perigrosos. Boletín Oficial del Estado Nº 270, 10-11-89.
- Guitian Ojea, F. e T. Carballas Fernández. Técnicas de análisis de suelos. Ed. Pico Sacro, Santiago de Compostela, 1975.
- Marisol Andrades Rodríguez, Ana Moliner Aramendía, Alberto Masaguer Rodríguez. Prácticas de Edafología: métodos didácticos para análisis de suelos. Colección: Material Didáctico. Agricultura y Alimentación, 15. Servicio Publicaciones Universidad de La Rioja, 2015. https://publicaciones.unirioja.es/catalogo/monografias/mdaa15.shtml
Bibliografía complementaria
- FAO. Guía para la descripción de suelos http://www.fao.org/3/a0541s/A0541S.pdf
- BOE. 1990. Real Decreto 1310/1990, de 29 de outubro, polo que se regula a utilización dos Lodos de Depuración no Sector Agrario. Boletín Oficial del Estado, Nº 262, 32339-32340.
- Domínguez, J. & Mato. S. Principios básicos da compostaxe. En: Soto, M. y Vega, A. Tratamento de residuos sólidos urbanos. Servicio de Publicacións da Universidade de A Coruña. Monografía 77. 2001.
- LaGrega, M.D., Buckingham, P.L., Evans, J.C. Gestión de residuos tóxicos: tratamento, eliminación y recuperación de solos. McGraw-Hill/Interamericana de España, S. A. 1996. ISBN: 0-07-019552-8, España
- Monterroso, C., Gil, A., Val, C. & Macías, F. 1998. Evaluation of the land reclamation project at the As Pontes Mine (NW Spain) in relation to the suitability of the soil for plant growth. Land Degradation & Development, 9:441-451.
- Porta, J. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ed. Mundi.Prensa. 2000.
- Skoog, D.A. & Leary, J.J. Análisis Instrumental, 4ª Ed. McGraw-Hill, Madrid, 1994
- Walsh, L.M. & Beaton J.A. (eds). Soil testing and plant analysis. Soil Sci. of America, Madison, Wisconsin, USA, 1973.
Xerais:
CG1 - Identificar e declarar problemas ambientais
CG2 - Ser capaz de prever e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional específico, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolve a súa actividade.
CG3 - Ser capaz de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou varios ámbitos de estudo
CG4 - Aplicar os coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante o estudo, a experiencia e a práctica, con razoamento crítico para establecer solucións económicamente viables a problemas técnicos.
Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Transversais:
CT1 - Desenvolver habilidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar
CT3 - Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros avances relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT4 - Demostrar capacidade de razoamento crítico e autocrítico, de análise e de síntese
CT6 - Valorar o valor da calidade e da mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional no marco do compromiso co desenvolvemento sostible.
CT7 - Dominio da xestión do tempo e das situacións críticas
Específicas:
CE2 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no ámbito da enxeñaría ambiental para poder comparar e seleccionar alternativas técnicas e tecnoloxías emerxentes.
CE8 - Abordar un problema real de Enxeñaría Ambiental desde unha perspectiva científico-técnica, recoñecendo a importancia de buscar e xestionar a información existente e a lexislación aplicable.
CE9 - Posuír as competencias de aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñaría Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
CE10 - Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (Estudos de Impacto Ambiental, Análise do Ciclo de Vida, Ecoloxía Industrial, Tecnoloxías Limpas, Normas ISO, EMAS) na elaboración de informes ou proxectos.
A materia ten 3,0 créditos ECTS que se imparten en sesións de 4 horas. Para un óptimo aproveitamento das clases presenciais, os contidos da materia organizáronse en dous bloques temáticos. Dentro de cada bloque desenvólvense prácticas de campo e de laboratorio arredor dun tema central:
• Bloque 1. Métodos de mostraxe e análise básica de solos: 14 horas (2 horas de campo, 11 de laboratorio e 1 de titoría).
• Bloque 2. Caracterización e análise básica de residuos. Toxicidade: 10 horas (9 laboratorio e 1 titoría).
O Campus virtual empregarase para comunicarse cos estudantes e proporcionar información adicional. Ao comezo do curso, facilitaráselles ao alumno os protocolos a empregar no laboratorio, así como a planificación diaria, a través do campus virtual.
Docencia presencial (24 horas):
-Saída ao campo: Contémplase unha saída ao campo nas inmediacións do colexio para facer unha descrición completa de perfís e para que o alumnado tome mostras coas que traballará no laboratorio.
- Clases expositivas e interactivas: As clases impartiranse no laboratorio analizando as mostras tomadas no campo e resolvendo cuestións prácticas.
- Titoría grupal: realizarase unha titoría grupal no laboratorio para resolver dúbidas.
Basearase fundamentalmente na avaliación continua.
Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter polo menos un valor numérico de 5.
- 10% exame final
- 90% de avaliación continua:
- Realización de actividades no laboratorio: 35%
- Caderno de laboratorio: 35%
- Proactividade (motivación, actitude positiva, comentarios e participación en debates): 20%
A avaliación en segunda oportunidade consistirá nunha proba realizada no laboratorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións.
Avaliación de actividades e competencias
-Mediante a asistencia e participación activa nas sesións de campo e de laboratorio, avaliaranse as seguintes competencias: CG1, CG4, CB6, CT1, CT4, CT6, CT7
- Mediante a resolución de cuestións prácticas avaliaranse as competencias: CG1, CG2, CG4, CB7, CT1, CE2, CE8, CE9, CE10.
- A través do caderno de laboratorio avaliaranse as competencias: CG3, CG4, CB8, CB9, CB10, CT1, CT3, CT4, CT7
A materia ten unha carga de traballo de 3.0 créditos ECTS que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presencias Traballo persoal
Teoría - -
Prácticas 20 39
Saida ao campo 2 2
Titorías 2 2
Exame 2 6
A materia, totalmente práctica, está deseñada tendo en conta os contidos das demais materias desta titulación. Recoméndase ao alumno participar activamente e implicarse durante o desenvolvemento das prácticas, traballar en grupo para favorecer o proceso de discusión e facer uso das titorías para resolver dúbidas.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas esixe que coñeza e cumpra as normas recollidas no Protocolo de formación básica en seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible na sección de Seguridade da súa sitio web..
O idioma prioritario será o castelán.
A comunicación entre alumnado e profesorado fóra da aula farase a través do Campus Virtual.
O alumnado terá que utilizar os programas informáticos Excell e Word ou calquera outro que lles ofreza as mesmas funcionalidades.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas esixe que coñeza e cumpra as normas recollidas no Protocolo de formación básica en seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible na sección de Seguridade da súa web ao que se pode acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet; 2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación; 3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais”.
O idioma prioritario será o castelán.
A comunicación entre alumnado e profesorado fóra da aula farase a través do Campus Virtual.
O alumnado terá que utilizar os programas informáticos Excell e Word ou calquera outro que lles ofreza as mesmas funcionalidades.
Beatriz Loreto Prieto Lamas
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814594
- Correo electrónico
- beatriz.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | LB 2 Laboratorio general |
Martes | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | LB 2 Laboratorio general |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | LB 2 Laboratorio general |
Xoves | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | LB 2 Laboratorio general |
03.04.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
26.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |