Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar o alumno da capacidade para o diagnóstico e control da contaminación. Adquisición da formación necesaria para optimizar a produción e controlar procesos contaminantes no medio natural derivados das actividades industriais e a xestión de residuos. Adquirir a capacidade para a elaboración de sistemas de auditoría ambiental.
Os contidos da materia son:
Orixe e tipos de contaminación. Biogeoquímica dos contaminantes. O solo como filtro. Xestión de residuos no ámbito agroforestal. Lexislación de residuos. Efectos do uso de residuos na produción e calidade. A fertilización e a contaminación ambiental. Actividade económica e medio ambiente. Implantación de Sistemas de Xestión Medioambiental. Lexislación de aplicación en auditoría ambiental.
Estes contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
1. DOCENCIA EXPOSITIVA (12 HORAS).
Módulo 1 - Orixe e tipos de contaminación. Dinámica de contaminantes
Tema 1. Orixe da contaminación. Tipos de contaminantes (1,5 horas).
Tema 2. Biogeoquímica dos contaminantes (1,5 horas).
Tema 3. Papel do solo como filtro de contaminantes. Bioindicadores (1 hora).
Módulo 2 - Auditoría ambiental
Tema 4. Sistemas de Xestión Ambiental (1,5 hora)
Tema 5. Lexislación de aplicación (1 hora)
Tema 6. Auditoría ambiental: metodoloxía de desenvolvemento (1,5 hora)
Módulo 3 - Xestión de residuos como fertilizantes en agricultura. Producción e calidade Agrícola e Forestal
Tema 7. Tipoloxía de residuos e o seu valor fertilizante (1 horas)
Tema 8. Xestión de residuos no ámbito agroforestal e medidas correctoras (1 horas).
Tema 9. Cuantificación e temporalización do uso de residuos: efectos sobre a produción e calidade (1 horas).
Tema 10. A fertilización e a contaminación ambiental (1 horas)
2. DOCENCIA INTERACTIVA (12 HORAS).
Módulo 1 - Orixe e tipos de contaminación. Dinámica de contaminantes
Práctica 1. Estudo de casos (2 horas)
Práctica 2. Estudo de casos (2) (2 horas)
Módulo 2 - Auditoría ambiental
Práctica 3. Implantación dunha ISO 14001 nunha empresa (2 horas)
Práctica 4. Implantación dunha Axenda 21 nun concello (2 horas)
Módulo 3 - Xestión de residuos como fertilizantes en agricultura. Producción e calidade Agrícola e Forestal (2 horas)
Práctica 5. Seminarios sobre modelos de programación de fertilización con residuos (2 horas)
Bibliografía básica
Módulo 1 – Orixe e tipos de contaminación. Dinámica de contaminantes
ALLOWAY, B.J.; AYRES, D.C. 1993. Chemical Principles of Environmental Pollution. Blackie Academic and Professional. London.
HARRISON, R.M. (ed.). 1992. Understanding our environment. The Royal Society of Chemistry. London.
Módulo 2 – Auditoría ambiental
- AENOR EDICIONES (2008).- Gestión ambiental. Madrid. 539 pp.
- AENOR EDICIONES (2007).- Aspectos ambientales: Identificación y evaluación. Madrid. 223 pp.
- Rodríguez Ruiz, J., Rodriguez Fernández, P., José Francisco, C. G., & Alcaide Arenales, Á. (2012). Auditoría ambiental. UNED - Universidad Nacional de Educación a Distancia. 195 pp.
- ISO (2017). ISO 14001:2015 para la pequeña empresa. AENOR - Asociación Española de Normalización y Certificación. 210 pp.
- Valdés Fernández, J. L., Alonso García, M. C., & Calso Morales, N. (2019). Guía para la aplicación de UNE-EN ISO 14001:2015. AENOR - Asociación Española de Normalización y Certificación. 368 pp.
Módulo 3 – Xestión de residuos como fertilizantes en agricultura. Produción e calidade Agrícola e Forestal
SULLIVAN DM, COGGER CG, BARY AI (2007). Fertilizing with biosolids http://www.ecy.wa.gov/programs/swfa/biosolids/pdf/Fertilizing.pdf
SULLIVAN, D.M., D.M. GRANATSTEIN, C.G. COGGER, C.L. HENRY, AND K.P. DORSEY. Revised 2000. Biosolids Management Guidelines for Washington State. Washington Department of Ecology Publication #93-80. Olympia, WA. http://www.ecy.wa.gov/../biblio/9380.html
USEPA BIOSOLIDS PUBLICATIONS. http://www.epa. gov/owm/mtb/biosolids/index.htm
Bibliografía complementaria
Módulo 1 – Orixe e tipos de contaminación. Dinámica de contaminantes
GONZÁLEZ DELGADO, Mª NIEVES; OROZCO BARRENETXEA, CARMEN; PÉREZ SERRANO, ANTONIO; ALFAYATE BLANCO, JOSE MARCOS; RODRÍGUEZ VIDAL, FRANCISCO J. 2003. Problemas resueltos de contaminación ambiental: cuestiones y problemas resueltos. Ediciones Paraninfo S.A., Madrid (España).
Módulo 2 - Auditoría ambiental
Romero González, E.M. 2020. Evaluación y gestión medio ambiental para planes, programas y proyectos de ingeniería. Editorial Universidad de Sevilla, Sevilla.
Gómez Orea, D., Gómez Villarino, M. 2007. Consultoría e ingeniería ambiental. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Módulo 3. Xestión de residuos como fertilizantes en agricultura. Produción e calidade Agrícola e Forestal
Fertilisation with biosolids in a silvopastoral system established with Pseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco in Galicia (NW Spain)
Agroforestry Systems, Vol. 95, Núm. 5, pp. 881-893
Use of sewage sludge in silvopastoral systems under Pinus radiata D. Don: soil, tree growth, and pasture production
Agroforestry Systems, Vol. 95, Núm. 5, pp. 867-880
Sewage sludge stabilisation and fertiliser value in a silvopastoral system developed with Eucalyptus nitens Maiden in Lugo (Spain)
Science of the Total Environment, Vol. 566-567, pp. 806-815
Effect of liming and organic and inorganic fertilization on soil carbon sequestered in macro-and microaggregates in a 17-year old Pinus radiata silvopastoral system
Journal of Environmental Management, Vol. 150, pp. 28-38
Effect of lime and sewage sludge fertilisation on tree and understory interaction in a silvopastoral system
Agriculture, Ecosystems and Environment, Vol. 188, pp. 72-79
Nesta materia, o alumno adquirirá unha serie de coñecementos a través de contidos específicos, así como unha serie de habilidades e destrezas, e porá en práctica unha serie de competencias específicas respecto o control da contaminación e a auditoría ambiental.
En canto aos coñecementos e contidos, traballarase:
COM2-01. Os tipos, orixes e biogeoquímica dos contaminantes, residuos e fertilizantes producidos, utilizados ou que poden afectar ao ámbito forestal.
COM2-02. A lexislación sobre contaminantes e xestión de residuos.
COM2-03. Técnicas de auditoría ambiental na empresa.
En canto ás habilidades e destrezas, traballaranse as seguintes:
HAM2-01. Analizar os riscos de contaminación ambiental que pode xerar unha empresa forestal así como a influencia da contaminación ambiental nos ecosistemas forestais.
HAM2-02. Deseñar e implementar un sistema de xestión ambiental nunha empresa forestal.
En canto ás competencias, traballaranse as seguintes:
A) Específicas:
CEM2-05. Capacidade para controlar a contaminación do medio natural debida á actividade industrial e a xestión de residuos.
CEM2-07. Capacidade para elaborar sistemas de calidade forestal e de auditoría ambiental.
B) Xeral:
CG04. Capacidade para aplicar e definir criterios e indicadores no ámbito da auditoría ambiental.
A materia será impartida conforme á memoria do título en canto á docencia presencial (expositiva e interactiva) e non presencial, na que se realizarán exercicios propostos na USC virtual e presentaranse informes dos traballos prácticos.
A docencia expositiva consistirá en leccións maxistrais nas que se fomentará a participación e utilizarase tanto a lousa clásica como a dixital (presentacións de ordenador). Nestas leccións transmitiranse aos alumnos os conceptos básicos da materia e orientaráselles para a busca de información complementaria e para o seu traballo persoal. Adquiriranse os seguintes coñecementos: COM2-01, COM2-02, COM2-03. Adquiriranse as seguintes habilidades: HAM2-01, HAM2-02. E traballaranse as seguintes competencias: CEM2-05, CEM2-07, CG04. A docencia interactiva incluirá o estudo de casos, realización de exercicios e utilización de modelos. Nestas clases interactivas presentaranse e discutiranse os traballos desenvolvidos polos alumnos, favorecendo a participación do resto do alumnado e plantexándose preguntas por parte do profesor. Potenciarase o traballo en grupo e o aprendizaxe cooperativo, incluíndo sesións de discusión activa.
Tanto nas clases expositivas como interactivas proporcionarase aos alumnos bibliografía en inglés. Para a realización de traballos deberán utilizar fontes en inglés.
O alumno elaborará traballos sobre unha temática concreta, acordada por profesor e alumno, que se expondrán publicamente. Na docencia interactiva adquiriranse os seguintes coñecementos: COM2-01, COM2-02, COM2-03. Adquiriranse as seguintes habilidades: HAM2-01, HAM2-02. E traballaranse as seguintes competencias: CEM2-05, CEM2-07, CG04. Tutorías individualizadas, onde se adquiriranse os seguintes coñecementos: COM2-01, COM2-02, COM2-03. Adquiriranse as seguintes habilidades: HAM2-01, HAM2-02. E traballaranse as seguintes competencias: CEM2-05, CEM2-07, CG04. Recoméndase ao alumno asistir ás tutorías dos profesores, cos que tamén poderá contactar a través do correo electrónico. Será necesario que o alumno realice informes dos traballos prácticos e os trabllos asignados a través da USC virtual. O alumno deberá realizar trabllos e estudo de forma autónoma, axustándose ás horas programadas na memoria do título.
O sistema de avaliación terá en conta os seguintes aspectos: Participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas. Entrega de exercicios e traballos propostos. Presentación de traballos. Probas escritas.
A participación nas clases teóricas e prácticas será avaliada polo profesor con base nas preguntas que se realicen nos debates e nas respostas dadas.
As probas escritas consistirán en tres exames parciais opcionais, que liberarán ó alumno da obrigación de realizar o exame final no caso de ser superados.
Os exercicios e traballos propostos serán entregados vía telemática (a través de la USC virtual) ou en soporte de papel (os que así se soliciten) nas datas indicadas polo profesor. A presentación oral se avaliarase tendo en conta a claridade da exposición, capacidade de comunicación, soporte audiovisual, capacidade para responder ás preguntas realizadas, etc.
Participación en clases teóricas e prácticas. Coñecementos avaliados: COM2-01, COM2-02, COM2-03. Habilidades avaliadas: HAM2-01, HAM2-02. Competencias cubertas: CEM2-05, CEM2-07, CG04. Peso na cualificación: 10%
Probas escritas. Coñecementos avaliados: COM2-01, COM2-02, COM2-03. Habilidades avaliadas: HAM2-01, HAM2-02. Competencias cubertas: CEM2-05, CEM2-07, CG04. Peso na cualificación: 55%
Entrega de exercicios e traballos propostos. Coñecementos avaliados: COM2-01, COM2-02, COM2-03. Habilidades avaliadas: HAM2-01, HAM2-02. Competencias cubertas: CEM2-05, CEM2-07, CG04. Peso na cualificación: 20%
Presentación de traballos. Coñecementos avaliados: COM2-01, COM2-02, COM2-03. Habilidades avaliadas: HAM2-01, HAM2-02. Competencias cubertas: CEM2-05, CEM2-07, CG04. Peso na cualificación: 15%
Os criterios de avaliación serán os mesmos na segunda oportunidade. Os alumnos repetidores terán a mesma consideración que os non repetidores en relación coa avaliación.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no "Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións" (artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011).
Desaconséllase a dispensa de asistencia ás clases, dada a importancia que se lle dá á participación en clases expositivas e interactivas e o peso que se lle dá a esta participación no proceso de avaliación.
Lectura e preparación de temas: 18 horas
Realización de exercicios: 5 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 7 horas
Elaboración de traballos de curso (en grupo o individuais): 5 horas
Preparación de probas de avaliación: 10 horas
Outras (traballo en grupo): 2 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
Asistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia e especialmente cos informes e traballos prácticos. Levar a materia ao día.
María Rosa Mosquera Losada
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mrosa.mosquera.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Esperanza Alvarez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- esperanza.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Emilio Rafael Diaz Varela
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- emilio.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade