Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Comprender o valor que teñen os códigos lingüísticos como instrumentos de comunicación, como construcións sociais e como símbolos comunitarios.
-Coñecer os fundamentos psicopedagóxicos e socioculturais da aprendizaxe das linguas, a súa materialización nos enfoques comunicativos e o valor de instrumentos como o Marco Europeo Común de Referencia e o Portfolio Europeo das Linguas.
-Adquirir unha visión panorámica do plurilingüismo a nivel europeo e mundial, comprender as consecuencias lingüísticas e culturais da globalización e considerar a diversidade lingüística como un valor e un compromiso educativo.
-Coñecer indicadores básicos da situación lingüística de Galicia a nivel social e escolar, e tomar conciencia da responsabilidade do sistema educativo no desenvolvemento de competencias plurilingües e na defensa da lingua galega como patrimonio colectivo.
-Coñecer distintos programas de ensino bilingüe e plurilingüe no sistema educativo español, e valorar de maneira específica os resultados e a adecuación do modelo lingüístico galego.
-Comprender a importancia do traballo colaborativo nas áreas lingüísticas e coñecer os fundamentos do tratamento integrado de linguas.
- Principios básicos das ciencias da linguaxe e da comunicación. As linguas como instrumentos de comunicación, elementos simbólicos e construtos sociais.
- As relacións de poder entre as linguas. A tensión entre uniformidade e diversidade lingüística. O multilingüismo en perspectiva global e europea.
- Ensinar e aprender linguas. Enfoques didácticos. Factores lingüísticos, psicopedagóxicos e sociais na adquisición e aprendizaxe de linguas. 'Saber', 'saber facer' e 'saber ser' en relación coas linguas.
- A competencia plurilingüe. Instrumentos para o ensino das linguas desde unha perspectiva comunicativa e plurilingüe. O Marco Europeo Común de Referencia e o Portfolio Europeo das linguas.
- A organización escolar do plurilingüismo. Programas de ensino bilingüe ou plurilingüe. Modelos lingüísticos escolares nas comunidades bilingües do Estado español.
- Situación social e escolar das linguas en Galicia. Lexislación e modelo lingüístico no sistema educativo galego. Criterios e referentes para a planificación escolar do plurilingüismo en Galicia.
- O traballo interlingüístico a nivel escolar. Xustificación, requisitos e fundamentación do tratamento integrado das linguas. Exemplos de propostas interlingüísticas para a educación primaria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Council of Europe (2020). Common European Framework of Reference for Languages: Learning, teaching, assessment. Companion volume. Council of Europe Publishing.
- Fernández Paz, A, Lorenzo Suárez, A. M e Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Xunta de Galicia.
- Xunta de Galicia (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. DOG nº 97 do 25 de maio de 2010.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Baker, C. (1997). Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo. Cátedra.
- Consello da Cultura Galega (2012). A(s) lingua(s) a debate. CCG.
- Consello da Cultura Galega (2017). Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia. CCG.
- Huguet, A. e Madariaga, J.M. (2005). Fundamentos de educación bilingüe. Universidad País Vasco.
- Lorenzo, F., Trujillo, F. e Vez, J.M. (2011). Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas. Editorial Síntesis.
- Monteagudo, H. (coord.) (2009). Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Consello da Cultura Galega.
- Monteagudo, H. (ed.) (2012). Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Consello da Cultura Galega.
- Monteagudo, H., Loredo, X. e Vázquez, M. (2016). Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. Real Academia Galega.
- Silva Valdivia, B. (ed.) (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán. Xunta de Galicia-USC.
- Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2010). Educación el inguas en Galicia. Universidade de Santiago de Compostela.
- Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2011). A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. Universidade de Santiago de Compostela.
- VV. AA. (2003). O desafío da diversidade lingüística. Grial – Revista Galega de Cultura, nº 160.
- Xunta de Galicia (2004). Plan xeral de normalización da lingua galega. Xunta de Galicia.
A) Competencias xerais
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
B) Competencias específicas
E44. Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
E50. Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas.
E51. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
C) Competencias básicas
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
D) Competencias transversais
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional
Nas sesións expositivas de gran grupo trataranse os contidos de carácter máis xeral, partindo dos conceptos máis básicos e facilitando as informacións fundamentais. A aprendizaxe apoiarase inicialmente na exposición do profesor, completada con interaccións para aclarar conceptos e para contrastar opinións, así como con actividades prácticas puntuais.
As actividades das sesións interactivas orientaranse a afondar nos contidos do programa a través de estratexias como a revisión de documentos, o estudo de casos, a exposición, o debate e a asunción de rol docente. Estimularase en todo momento a participación activa do alumnado. Con isto, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias de análise e síntese, de pensamento crítico, de comunicación oral e escrita, así como de aprendizaxe autónoma e de traballo cooperativo.
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal ou grupal relacionado coas tarefas das sesións interactivas.
O uso da aula virtual será necesario para un axeitado aproveitamento dos contidos abordados ao longo do cuadrimestre, pois o alumnado terá acceso a través dela a materiais e recursos que sustentarán ou complementarán tanto as sesións expositivas como as interactivas. En consecuencia, é imprescindible que o alumnado empregue con normalidade a conta de correo da USC, para garantir así que a comunicación co profesorado sexa efectiva.
- PARTICIPACIÓN E DESTREZAS ORAIS (10%)
Na avaliación deste elemento terase en conta a asistencia, o interese amosado pola materia, as intervencións en aula e a realización das diferentes actividades propostas. Na valoración das destrezas orais atenderase á capacidade organizativa, a claridade expositiva e as habilidades comunicativas amosadas.
-INFORMES ESCRITOS. ACTIVIDADES E/OU TRABALLOS (40%)
Na avaliación deste elemento teranse en conta cuestións referidas ao contido, estruturación, presentación, documentación e orixinalidade dos traballos. Tamén se tomarán en consideración, por suposto, a capacidade reflexiva do alumnado e a corrección formal e lingüística.
En todos os traballos presentados a redacción debe ser sempre persoal.
A entrega será, preferentemente, a través da aula virtual.
- PROBA ESPECÍFICA. EXAME (50%)
A data de realización desta proba será fixada pola Facultade.
Na avaliación teranse en conta o dominio amosado polo alumnado en relación cos contidos abordados tanto nas sesións expositivas como nas interactivas.
Aprobar o exame é un requisito imprescindible para superar a materia.
Para poder participar nesta avaliación continua con estes tres elementos é imprescindible asistir a un 80% das sesións.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Este alumnado será avaliado mediante a realización dun exame na data fixada oficialmente. Poderá acadar nel unha puntuación máxima de cinco puntos. Aprobar este exame, ao igual que para o resto do alumnado, será un requisito necesario para superar a materia. Os cinco puntos restantes poderán obterse coa realización de distintas tarefas (orais e escritas) de carácter teórico-práctico.
2. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
As cualificacións obtidas na participación, nas actividades orais e nos traballos escritos presentados durante o curso serán conservados para a segunda oportunidade.
3. ALUMNADO REPETIDOR
Cursará a materia con normalidade. Tan só a imposibilidade de asistir motivada polo solapamento horario entre materias lle permitirá afrontar a avaliación da materia con condicións semellantes aos do alumando con dispensa.
4. PLAXIO OU FRAUDE
Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
a) Actividades en gran grupo: actividades presenciais, 24 horas; actividades de traballo autónomo, 35 horas.
b) Actividades en grupo mediano: actividades presenciais, 24 horas; actividades de traballo autónomo, 45 horas.
c) Actividades en pequeno grupo ou individuais: actividades presenciais, 3 horas; actividades de traballo autónomo, 19 horas.
Total: actividades presenciais, 51 horas; actividades de traballo autónomo, 99 horas.
• Asistir asidua e participativamente ás clases e ás titorías.
• Atender as orientacións específicas do profesorado da materia canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo, …
• Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da asignatura a unha dedicación intensiva e puntual no final de curso.
• Facer lecturas sosegadas dos documentos que se faciliten e doutras consultas persoais, completándoas coa realización de sínteses e coa formulación de opinións propias.
• Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (correo-e, campus virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize...).
- Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
-Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións das docentes. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
PROTECCIÓN DE DATOS:
- Adóptase a normativa da USC a este respecto: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Isabel Fernandez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- isabel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Zosimo Lopez Pena
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- zosimo.lopez.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_05 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |