Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.Xerais
a. Formar ao alumnado, futuro docente, no coñecemento e aplicación dos fundamentos das linguas e das súas funcións e dos factores (sociolingüísticos, didácticos e normativos) relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas en contextos multilingües
b. Acadar un grao de dominio aceptable daquelas competencias enumeradas no apartado anterior máis relacionadas co ensino e aprendizaxe das linguas
Ademais, nesta materia preténdese formar ao alumnado en:
2. Coñecementos (saber)
a. Os fundamentos das linguas e as súas funcións
b. A natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas
c. Os determinantes da situación sociolingüística galega, especialmente no ensino
d.As bases da planificación lingüística escolar galega e o modelo vixente
e.Contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe
3. Procedementos (saber facer)
a. Aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao ensino e aprendizaxe das linguas
b. Analizar casos e modelos educativos multilingües e saber aplicalos a situacións concretas
c. Resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas
d. Analizar exemplos relacionados coa situación sociolingüística galega, especialmente a escolar
e. Operar con criterios e instrumentos propios da planificación lingüística escolar
f. Aplicar principios do ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe a partir do MECR
g. Potenciar as capacidades comunicativas do alumnado
4. Actitudes (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza expresiva e cultural
b. Valorar a importancia destas actitudes para o ensino e aprendizaxe das linguas
1. Situación social e escolar das linguas en Galicia. Lexislación e modelo lingüístico no sistema educativo galego. A planificación lingüística escolar en Galicia: criterios e instrumentos.
2. O ensino das linguas desde una perspectiva plurilingüe. O Marco Europeo Común de Referencia e o Portfolio Europeo das linguas. O tratamento integrado das linguas.
3. Principios básicos das ciencias da linguaxe e da comunicación. As linguas como instrumentos de comunicación, elementos simbólicos e constructos sociais. O ‘saber facer’ e o ‘saber ser’ en relación coas linguas: obxectivos comunicativos e obxectivos actitudinais.
4. A educación en contextos multilingües. Criterios para organizar o plurilingüismo escolar. Modelos de ensino plurilingüe.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Cassany, D.; Luna, M. & Sanz, G. (1994): Enseñar lengua. Barcelona: Graó, 9ª ed., 2003.
-Council of Europe (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf
-Council of Europe (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. http://www.usc.es/snl/forma/marco.pdf http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf
- Fernández Paz, A; Lorenzo Suárez, A. M & Ramallo, F. (2007): A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2ª ed., 2008.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-Amengual, Mª; Juan, Mª e Salazar, J. (eds). (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Baleares (Actas AESLA). http://books.google.es/booksid=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=
onepage&q&f=false
-Candelier, Michel (coord.) (2013). MAREP Un Marco de Referencia para los Enfoques Plurales de las Lenguas y de las Culturas. Competencias y recursos. Consello de Europa.
-Cassany, Daniel (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid: MEC.
- Lorenzo, F. (2005). “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. En Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263.
-Palacios Martínez, Ignacio M. (dir.) (2007). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid. enclave-ELE.
- Perera, J. (ed.) (2003). Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI, Barcelona, ICE de l’ Universitat de Barcelona.
- Richards, Jack C., John Platt e Heidi Platt (1992). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas, Barcelona, Ariel, 1997.
- Romaine, S. (1995). Bilingualism. Oxford. Blackwell.
- Shin, Sarah J. (2013): Bilingualism in Schools and Society. Language, Identity and Policy. Basingstok (RU): Routledge.
- Siguán, M. (2004). Bilingüismo y lenguas en contacto, Madrid, Alianza Editorial.
- Silva Valdivia, B. (2008). “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial nº 179, pp. 48-59.
-Xunta de Galicia (2004). Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia. http://www.xunta.es/linguagalega/plan_xeral_de_normalizacion
-Xunta de Galicia (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. DOG nº 97 de 25 de maio de 2010, páxina 9.242
Competencias xerais
G2 Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3 Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
Competencias específicas
E44 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
E50 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas.
E51 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
Competencias básicas
B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias transversais
T2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4 Competencia informacional.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da asignatura. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesorado e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etc., de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etc., ademais das propias do módulo e da asignatura.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á asignatura.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura de documentos, comentario, debate, etc., e á preparación da exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público). Tamén se fomentará a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre o profesorado e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
-----Peso máximo na cualificación: 5%
-----Obxecto de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades plantexadas, prestando especial atención ao grao de pertinencia e motivación das intervencións e á propiedade e corrección da súa expresión e argumentación.
-----Instrumentos de avaliación: ficha na que se rexistra a asistencia e a observación do profesor.
-----Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas, e participar activamente e con interese nas mesmas, para obter a puntuación máxima global do apartado. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado A.
B. PROBAS FINAIS
-----Peso máximo na cualificación: 50%
-----Obxecto da avaliación: comprensión dos contidos básicos das sesións expositivas e interactivas.
-----Instrumento de avaliación: exame escrito.
-----Orientacións para a avaliación: todo o alumnado matriculado deberá superar un exame final sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas na data fixada pola secretaría do centro.
C. INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS
-----Peso máximo na cualificación: 40%
-----Obxecto da avaliación: Forma: propiedade e corrección expresivas, riqueza léxica, relación contido-forma, cohesión textual, etc. Contido: Pertinencia do tema para a asignatura, enfoque do mesmo, fontes consultadas, orixinalidade e creatividade, argumentación e coherencia, etc.
-----Instrumentos de avaliación: traballos, informes, etc., é dicir, produción escrita: escritos individuais e grupais.
-----Orientacións para a avaliación: durante o curso o alumnado deberá ir presentando paulatinamente a súa produción escrita resultado dos traballos (individuais ou grupais) solicitados polo docente.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
-----Peso máximo na cualificación: 5%
-----Obxecto da avaliación: Forma: Dicción (articulación, entoación, etc. ), fluidez verbal, presentación ordenada dos contidos, competencia comunicativa. Contido: pertinencia do tema e das fontes consultadas para a asignatura, relacións con outros contidos, argumentación axeitada, claridade nas conclusións.
-----Instrumentos de avaliación: exposicións orais nas sesións interactivas
-----Orientacións para a avaliación: non só se valorará a calidade do traballo exposto senón tamén a calidade formal da exposición.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA
Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
-----a. Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2,5 puntos de 5).
-----b. Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C, D.
2.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CUNHA ASISTENCIA ENTRE O 50% E O 80% ÁS ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D, porque, para puntuar no A, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a produción escrita realizada nas sesións presenciais e realizar presentacións orais na aula.
3. ALUMNADO QUE SÓ ASISTE A MENOS DO 50%
Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como dixemos antes, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais.
4. ALUMNADO QUE NON SUPERE A ASIGNATURA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO)
Os estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán tres:
-----a. Conservación das cualificacións obtidas ao longo do curso nos apartados A (Participación na aula) e D (Presentacións orais) ou, no seu defecto, realización dunha proba oral na que se avaliarán as competencias recollidas neste programa. Puntuación máxima: 1 punto.
-----b. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas. Puntuación máxima: 5 puntos.
-----c. Informes e outras producións escritas realizadas ao longo do curso. Se o alumno entregou o portafolios da materia no seu momento, esta cualificación conservarase para a avaliación do mes de xullo. Puntuación máxima: 4 puntos.
5. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Este alumnado deberá realizar na data fixada o exame da materia. Esta proba complementarase cunha segunda parte na que se formularán cuestións que permitan constatar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións da materia. Os docentes poderán solicitar que as respostas a estas cuestións sexan orais ou escritas.
6. ALUMNADO REPETIDOR
Cursará a materia con normalidade. Tan só a imposibilidade de asistir motivada polo solapamento horario entre materias lle permitirá afrontar únicamente unha proba final. Nela formularanse diversas cuestións que permitan constatar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións da materia. Os docentes poderán solicitar que as respostas sexan orais ou escritas.
7. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
Ademais das indicacións específicas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da asignatura e a capacidade para relacionalos co ensino e aprendizaxe das linguas.
4. A habilidade para integralos no saber do/da alumno/a, futuro docente de E. Primaria.
5. A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
6. A calidade da actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …) que inclúe, ademais do contido, a presentación pulcra e ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
7. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas.
Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Como consta na Memoria da titulación, está previsto que o alumnado dedique a esta materia un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das indicacións que xa se deron no apartado adicado ao sistema de avaliación da aprendizaxe, véxase tamén o apartado seguinte sobre recomendacións para o estudo da materia.
-Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Atender as orientacións específicas do profesorado da materia en canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo, etc.
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da materia para o final de curso
-Ter a man fontes para preparar o labor de aprendizaxe nesta asignatura (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender como para afianzar conceptos
-Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize...).
- Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
-Queda restrinxidio o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións das docentes. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
PROTECCIÓN DE DATOS:
- Adóptase a normativa da USC a este respecto: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Noelia Estevez Rionegro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821036
- Correo electrónico
- noelia.rionegro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Iván Enríquez Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 23 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 23 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 20 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula 20 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 22 |
02.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
02.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |