Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Didácticas Aplicadas
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da área de Lingua galega e literatura de educación primaria e de educación infantil.
- Coñecer enfoques e métodos de ensino e aprendizaxe da lingua e a literatura.
- Capacitar lingüística e literariamente no uso adecuado de destrezas comunicativas, comprensivas e expresivas en lingua galega en situacións sociais diversas.
- Favorecer e poñer en práctica procesos de interacción e comunicación na aula, e dominar destrezas e habilidades sociais para fomentar un ambiente que facilite a aprendizaxe da lingua e literatura infantil galegas e a boa relación, así como promover, desenvolver e adquirir actitudes, hábitos e destrezas para unha aprendizaxe cooperativa e autónoma.
- Apropiarse da competencia comunicativa e da competencia docente para ser quen de deseñar propostas de ensino e aprendizaxe que promova a competencia comunicativa e literaria en lingua galega no alumnado de Infantil e Primaria.
- Desenvolver a curiosidade, a iniciativa persoal, a creatividade e o sentido crítico.
- O currículo oficial de lingua galega e literatura no ensino infantil e primario.
- O modelo de lingua para a docencia.
- A competencia oral. Características específicas e recursos para desenvolvela.
- A competencia escrita. Características específicas e recursos para desenvolvela.
- A competencia lectora. Características específicas e recursos para desenvolvela.
- A competencia literaria. Características específicas e recursos para desenvolvela.
- A competencia gramatical. Características específicas e recursos para desenvolvela.
- A competencia léxica e fraseolóxica. Características específicas e recursos para desenvolvela.
BÁSICA
Carballeira Anllo, X. M. (coord.) (2009). Gran Dicionario Xerais da lingua. Xerais.
Hermida, C. (2004). Gramática práctica. Morfosintaxe. Sotelo Blanco.
Martín Vegas, R. (2009). Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Síntesis.
Roig Rechou, B. (2013). Educação Literária e Literatura Infantojuvenil / Educación Literaria e Literatura Infantil e Xuvenil. Tropelias&Companhia.
COMPLEMENTARIA:
Briz, E. (2006). Didáctica de la lengua y la literatura para Primaria. Prentice Hall.
Camps, A. (coord.) (2006). Diálogo e investigación en las aulas: investigaciones en didáctica de la lengua. Graó.
Camps, A., Zayas, F. (Coord.) (2006). Secuencias didácticas para aprender gramática. Graò.
Espiño, M., Sánchez, H. (1990): Aprender palabras e significados: léxico-semántica, aproximación ao seu ensino-aprendizaxe. Vía Láctea.
Fons, M., Palou, J. (Coord.) (2016). Didáctica de la lengua y la literatura en Educación Infantil. Síntesis.
González Rei, B. (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova.
López, A., Encabo, E. (2003). El desenvolvimiento de habilidades lingüísticas. Grupo Editorial Universitario.
Martín Vegas, R. (2015). Desarrollo del lenguaje en la educación infantil. Síntesis.
Martín Vegas, R. (2018). Desarrollo de la competencia lingüística y literaria en la educación primaria. Síntesis.
Mendoza, A. (Coord.) et al (2006). Didáctica de la lengua y la literatura para Primaria. Pearson.
Richards, J., Rodgers, T. (2003). Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas. Cambridge University Press.
Rodari, G. (2010). Gramática da fantasía. Kalandraka.
BÁSICAS
B.1. Que o estudantado teña demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
XERAIS
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro..
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G.4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos entre os estudantes.
TRANSVERSAIS
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Coñecemento informacional.
ESPECÍFICAS
E45. Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
E46. Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
E47. Falar, ler e escribir correcta e axeitadamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
E48. Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.
E53. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
O enfoque metodolóxico é flexíbel, xa que pretende adecuarse ás distintas funcións da aprendizaxe polo que é necesario o uso de procedementos diversos en distintos momentos do proceso de ensino e aprendizaxe.
Na aulas expositivas e interactivas non haberá unha división estrita entre a teoría e a práctica. Buscarase unha conxunción entre ambas as dúas, o que implica tamén un ensino aprendizaxe en variados agrupamentos de traballo; ademais promoverase un aprender facendo, o desenvolvemento de competencias –coñecementos, destrezas e habilidades– en función das necesidades de cada quen.
En xeral, utilizarase a aula virtual para fornecer anotacións teóricas, material de apoio bibliográfico, modelos de traballo práctico e descrición de tarefas individuais.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes elementos con expresión da correspondente ponderación:
a) SEGUIMENTO, PARTICIPACIÓN E REALIZACIÓN DE EXERCICIOS DE AULA: 50%.
b) TRABALLO(S) FINAL(IS) INDIVIDUAL(IS) E/OU PROBA FINAL INDIVIDUAL: 50%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
O alumnado que precise da segunda oportunidade deberá repetir o traballo final individual e/ou a proba final e manteráselle a cualificación obtida nos apartado A.
ALUMNADO CON DISPENSA OU EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnado con dispensa ou exención de docencia en aplicación de normativa superior avaliarase do seguinte xeito:
- Traballos de aula: 40%
- Traballo e proba final: 60%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para acordaren o programa de traballo correspondente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da Universidade de Santiago de Compostela.
Os traballos realizados polo alumnado deberán ser entregados, preferentemente, a través da aula virtual.
Segundo o estipulado oficialmente, ademais das horas expositivas, interactivas e titorías, o alumnado deberá dedicarlle á materia 150 horas.
Asistir e participar de forma activa nas aulas expositivas, interactivas e nas titorías.
Atender as orientacións específicas das profesoras, en relación ás diferentes cuestións que teñen que ver co proceso de ensino e aprendizaxe da materia.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL:
Verbo dos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS:
- As ferramentas tecnolóxicas que se empregarán serán as institucionais da USC ou outras facilitadas pola facultade.
- É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil de non ser indicación específica do profesorado. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun emprego non autorizado.
PROTECCIÓN DE DATOS:
- Aplicarase a normativa de protección de datos incluída en hpps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
- O proceso de ensino-aprendizaxe é un proceso privado. A privacidade afecta ó proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
María Do Carme Hermida Gulías
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881816534
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Neira Rodriguez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812121
- Correo electrónico
- marta.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 (R - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (Loq - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 (Fernández M - Lop) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 (B - Fernández L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 (A - Lop) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 (Loq - Q) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_03 (A - Az) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
16.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (A - Lop) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (Loq - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (Loq - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
16.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (A - Lop) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
23.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (A - Lop) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
23.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (Loq - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |