Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Historia
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Presentar, analizar e valorar algunhas das grandes transformacións socioculturais acontecidas no decurso da contemporaneidade con especial incidencia no ámbito educativo
2. Presentar, analizar e valorar a evolución das estruturas familiares no decurso da contemporaneidade e seu impacto na educación
3. Analizar e valorar a presenza das Ciencias Sociais no Currículo e a súa dimensión epistemolóxica
4. Coñecer e recoñecer a potencialidade das ciencias sociais para a formación dunha cidadanía crítica e democrática
5. Comprender as transformacións dos espazos rurais e as novas funcionalidades na sociedade da información
6. Coñecer e manexar as principais fontes e recursos TIC para o ensino e aprendizaxe da Xeografía e as Ciencias Sociais
7. Fomentar, dende a educación social, unha actitude activa e comprometida na defensa dos dereitos humanos e da sustentabilidade medioambiental, como eixos dunha comunidade plenamente democrática
8. - Acadar e acreditar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Tema 1. Ensino e aprendizaxe dos espazos rurais do século XXI
1.1. A presenza do medio rural no currículo das Ciencias Sociais na Educación Primaria
1.2. O medio rural na sociedade do coñecemento
1.3. Novas funcionalidades para un medio rural da pospandemia
Tema 2. Fontes, ferramentas e recursos TIC para o ensino e aprendizaxe das Ciencias Sociais
2.1. Cartografía temática para o ensino e aprendizaxe da Xeografía e as Ciencias Sociais
2.2. Fontes estatísticas oficiais e ferramentas para a análise e interpretación de datos
2.3. Recursos TIC para o ensino e aprendizaxe da Xeografía e as Ciencias Sociais
Tema 3. Grandes núcleos conceptuais das Ciencias Sociais e problemas socioculturais relevantes
3.1. Familias na Historia: transformacións contemporáneas e educación
3.2. Os Novos Movementos Sociais e o protagonismo dos mozos
3.3. Estado do Benestar: sociedade e desafíos educativos
3.4. Patrimonio e ensino das Ciencias Sociais
3.5. Currículo e Ciencias Sociais
Achégase ao alumnado unha bibliografía elemental para complementar as aprendizaxes da materia. O acceso a ela é doado. No caso da complementaria sintetízase en poucos libros con capítulos variados que permitan profundar nos contidos. Tamén algún libro referencial para comprender o mundo actual dende o pasado recente.
Básica
- Briones, G. (2006). Epistemología y teorías de las ciencias sociales y de la educación. México: Trillas.
- Canals Cabau, R., González Monfort, N. (2011) El currículo del conocimiento del medio social y cultural y la formación de competencias. En: A. Satisteban, J. Pagés (coords.) Didáctica del medio social y cultural en la educación primaria (41-62). Madrid: Síntesis.
- Lázaro y Torres, M. L., González González, M. J. (2005). La utilidad de los sistemas de información geográfica para la enseñanza de la geografía. Didáctica Geográfica, 7, 105-122.
Complementaria
Temas 1 e 2:
- Armas Quintá, F. X., Lois González, R. C., Macía Arce, X. C. (2018). Los servicios avanzados de Internet. Nuevas oportunidades para el desarrollo de los territorios rurales. Anales de Geografía de la Universidad Complutense, 38(2), 271-287.
- Armas Quintá, F. X., Rodríguez Lestegás, F., Macía Arce, X. C. (2018). La presencia de la geografía humana en el currículo de ciencias sociales de la Educación Primaria. En: García de la Vega, A. (Ed.). Contribución didáctica al aprendizaje de la geografía (pp. 47-58).
- Buzo Sánchez, I. (2015). Posibilidades y límites de las TIC en la enseñanza de la geografía. Ar@acne, 195.
- Capel, H. (2009). Geografía en red a comienzos del Tercer Milenio. Por una ciencia solidaria y en colaboración. Scripta Nova. Revista Electrónica de Geografía y Ciencias Sociales, 14(313).
- De Miguel González, R., De Lázaro y Torres, M. L., Velilla Gil, J., Buzo Sánchez, I., Guallart Moreno, C. (2016). Atlas Digital Escolar: Aprender geografía con ArcGis Online. En: Sebastiá Alcaraz, R., Tonda
- Macía Arce, X. C., Rodríguez Lestegás, F., Armas Quintá, F. X. (2016). Atlas da sociedade da información en Galicia: A cartografía temática como recurso didáctico. Revista Galega de Educación, 65(14), 80-83.
- Monllor, M. E. (Coords.). La investigación y la innovación en la enseñanza de la geografía (pp. 925-936). Alicante: Universidad de Alicante.
Tema 3:
- Avilés, J. e Sepúlveda, I. (2010). Historia del mundo actual. De la caída del Muro a la Gran Depresión. Madrid: Síntesis-UNED
- Chacón, F. e Bestard, J. (dirs. 2011). Familias. Historia de la sociedad española. Madrid: Cátedra
- Della Porta, D. (2006). Social Movements. An Introduction. Malden (Mass.): Blackwell
- Estepa, J. (ed.; 2013). La educación patrimonial en la escuela y el museo. Huelva: Universidad
- Fontal, O. (ed.; 2013). La educación patrimonial. Del patrimonio a las personas. Gijón: Trea
- Freixa, C., Saura, J.R. e Costa, C. (eds.; 2002). Movimientos juveniles: de la globalización a la antiglobalización. Barcelona: Ariel
- Hiner, N.R. (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Modern Age. Londres: Berg
- Kertzer, D.I. e Barbagli, M. (comps.; 2004). La vida familiar en el siglo XX. Barcelona: Paidós
- Liceras, A. e Romero, G. (coords.; 2016). Didáctica de las Ciencias Sociales: fundamentos, contextos y propuestas. Madrid: Pirámide
- Santacana, J (2015). El patrimonio cultural inmaterial y su didáctica. Gijón: Trea
Xerais:
G4. Deseñar e regulamentar espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas:
E31. Comprender os principios básicos das CCSS.
E33. Integrar o estudo histórico e xeográfico dende unha orientación instructiva e cultural.
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e súa relación coa cultura.
Básicas:
B.1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe encontrar nun nivel que, se ben apóiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da avangarda do seu eido de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos a seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T.1. Coñecemento instrumental de linguas extranxeiras.
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Competencia informacional.
As actividades presenciais en grupo expositivo (24 horas) están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.
De xeito análogo procederase nas actividades en grupo interactivo (24 horas) con respecto á discusión, debate, comentario de documentos e exposición de traballos, o que esixirá 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
Os alumnos/as serán atendidos en sesións de titoría (3 horas), individualmente ou en grupos moi reducidos, coa fin de orientar o seu traballo e aprendizaxe, o que esixirá 19 horas de traballo autónomo do alumnado.
A materia empregará as posibilidades do Campus Virtual da USC.
Esta materia e os seus docentes participan do proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso, os profesores desenvolverán en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, e tanto se son síncronas como asíncronas.
- Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais: o profesorado solicitará a preparación de exercicios para presentar oralmente nas sesións interactivas, que se concretarán oportunamente. Para recibir cualificación neste apartado, o alumnado non poderá ter faltado sen xustificar a máis de 3 sesións. Puntuación máxima deste apartado: 2,5 puntos.
- Realización dun traballo de carácter grupal (conformando equipos de traballo guiados polo profesorado nas aulas interactivas e nas titorías), que entregarán na data que se indicará oportunamente. Puntuación máxima deste apartado: 2,5 puntos.
- Proba específica: ata 5,0 puntos da nota final. Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado. Toda a actividade que se desenvolva nas sesións presenciais da materia (máis os documentos achegados polo/a docente para o estudo non presencial por parte do alumnado), serán considerados de partida como contidos sometidos a avaliación na proba final da materia.
Con carácter xeral, nas primeiras sesións de clase do semestre o/a docente ofrecerá con detalle e concreción as orientacións necesarias respecto de cada un dos criterios e instrumentos de avaliación da materia.
A proba específica consistirá nun exercicio obxectivo “tipo test” de 50 preguntas de resposta pechada (4 alternativas de resposta en cada pregunta; só unha delas se dará por correcta). Superará a proba toda alumna ou alumno que acade un mínimo de 25 respostas validadas; cada dúas respostas incorrectas, resta unha das correctas; as preguntas sen responder non teñen efectos na puntuación. A valoración final da proba será o resultado da multiplicación do número de respostas validadas por 0,1 puntos. O alumnado que non acade un mínimo de 25 respostas validadas, e con independencia das cualificacións dos restantes apartados da avaliación, recibirá como nota final da materia a acadada nesta proba específica.
Para aprobar a materia na primeira oportunidade cómpre ter aprobados os tres items de avaliación: proba específica, traballo grupal de materia e asistencia e presentacións orais na aula.
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precise acudir á oportunidade de xuño/xullo avaliarase de acordo coa seguinte casuística. 1) Alumnado que superou a proba específica, mais que suspendeu sexan as exposicións orais na aula ou o traballo de materia, debera superar un exame de 20 preguntas a partir dos materiais traballados nas aulas interactivas que oportunamente sinalarán os docentes da materia. Condicións para superar a proba: ter validadas 10 respostas. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen peso na puntuación. 2) Alumnado que suspendeu a proba específica e superou os outros items da avaliación: deberá superar unha proba específica de 50 preguntas tipo test coas mesmas condicións de avaliación da convocatoria de xaneiro. O resto das notas mantéñense para esta segunda oportunidade. 3) Alumnado que suspendeu tanto a proba específica como o traballo de materia e/ou o traballo na aula: exame de 70 preguntas, a partir dos materiais expostos nas aulas expositivas e daqueles das interactivas que o profesorado sinalará oportunamente. Condicións para superar a proba: ten validadas 35 respostas. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen influencia na puntuación. Cada resposta validada multiplica por 0,143. A nota mínima para superar a proba son 5 puntos.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde inicios do semestre, e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar da actividade ordinaria da materia, de cara á avaliación deberá facer unicamente a proba específica (a mesma que o alumnado habitual) e respéctanselle (por un ano) as cualificacións obtidas o curso anterior nos restantes apartados obxecto de avaliación. O alumnado de 3ª e posteriores convocatorias deberá falar co docente no mes de setembro para determinar cal será o seu plan de traballo e avaliación.
De calquera maneira, con carácter xeral o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co/coa docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso, a fin de acordar o plan de traballo específico que en cada caso se seguirá.
Para o caso do alumnado con dispensa de asistencia a clase recoñecida formalmente, o único exercicio que se lle considerará a efectos de avaliación nesta materia será unha proba específica na que se valorarán todos os contidos traballados na materia, tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. É unha proba semellante á do alumnado habitual, pero coas seguintes diferenzas: consta de 20 preguntas máis (70 en total), o umbral de respostas validadas para aprobar é 35, e a multiplicación de cada resposta validada será por 0,143 puntos. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As preguntas sen responder non teñen efecto na puntuación. O alumnado que non acade un mínimo de 35 respostas validadas, recibirá como nota final máxima un 4. En todo caso este alumnado deberá pasar a falar co/coa docente necesariamente na mesma semana na que solicita a dispensa, para concretar o seu plan de traballo na materia.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito),as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación e implicación” as súas intervencións en galego.
150 horas totais: 51 presenciais e 99 de traballo autónomo.
Actividades en grupo expositivo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo
Actividades en grupo interactivo: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo
Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
En función dos criterios de avaliación empregados, para superar a materia é imprescindíbel a realización do conxunto das actividades previstas, o que esixe un traballo continuado dende o comezo do curso e unha asistencia regular ás aulas.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Ramon Veiga Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982821031
- Correo electrónico
- xoseramon.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Conde Miguelez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812120
- Correo electrónico
- j.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU