Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A escoita e a observación son duas das ferramentas fundamentais que utiliza o/a docente de Educación Infantil para desenvolver o seu traballo xa que lle proporcionan a información necesaria para planificar e cambiar, si é preciso, a súa intervención educativa. Por iso, o obxectivo desta asignatura é proporcionara aos futuros mestres e mestras os coñecementos e as ferramentas necesarias para aprender a observar e a deseñar e levar a cabo proxectos de observación nas aulas de Educación Infantil. Pero sobre todo, é importante que comprendan a importancia que ten para lograr unha educación infantil de calidade aprender a “escoitar máis á infancia e intervir menos”.
Para lograr este obxectivo e desenvolver as competencias indicadas anteriormente propoñemos os seguintes obxectivos:
3.1.Obxectivos referidos ao saber
• Definir o concepto de observación e identificar as súas funcións, características e finalidades.
• Coñecer e comprender en qué consiste a pedagoxía da escoita en educación infantil.
• Diferenciar o que é obxectivo do que é subxectivo no proceso observacional
• Identificar as fases da metodoloxía observacional e os diferentes roles dos observadores
• Coñecer diferentes técnicas e instrumentos de observación e recollida de datos.
3.2.Obxectivos referidos as saber facer
• Diseñar, implementar e avaliar un proxecto de observación
• Empregar diferentes técnicas e instrumentos de observación e recollida de datos: notqs de campo, diarios, rexistros anecdóticos, fotografía, video…
• Construir e aplicar pautas de observación e sistemas de categorías para a análise e a interpretación.
• Aprender a observar e documentar os procesos de ensinanza-aprendizaxe
• Sistematizar e documentar a información recollida.
3.3. Obxectivos referidos ao saber ser
• Valorar a observación compartida e o valor da intersubxectividade, entendendo a complexidade da observación e a aceptación de múltiples puntos de vista.
• Estimular o respeto á pluralidade de perspectivas, favorecer a actitude interrogadora e a apertura a distintas interpretacións.
• Analizar e valorar cuales son as actitudes éticas necesarias para unha boa escoita e para unha boa observación.
• Xenerar novas actitudes educativas incorporando a observación e a escoita como un hábito da vida cotiá na aula.
Módulo 1: Conceptos teóricos e ideas clave en torno á observación na Educación Infantil.
• A pedagoxía da escoita.
• Concepto de observación.
• Características e modelos de observación.
• Funcións e finalidades da observación.
• Acitude e ética necesarias para realizar a observación.
Módulo 2: Os proxectos de observación.
• Fases no proceso observacional.
• Deseño e desenvolvemento dun proxecto de observación en 0-3 e 3-6.
• A recollida de datos, análise e interpretación de suxeitos e procesos de ensino aprendizaxe.
• Análise e utilización de escalas estandarizadas específicas de Educación Infantil.
Módulo 3: Procedementos e técnicas de rexistro da observación.
• Rexistros sistemáticos: listas de control e escalas de observación.
• Rexistros asistemáticos: Diarios, rexistros narrativos e descritivos
• Rexistros semisistemáticos: notas de campo, rexistros anecdóticos.
• Observacións indirectas: Gravacións en audio, gravacións en vídeo, fotografías, análise de documentos.
Módulo 4: A documentación na aula de educación infantil.
• Potencialidade dos recursos tecnolóxicos para a observación o rexistro e a documentación.
• Pautas para o rexistro en audio, vídeo e fotografía.
• Software para o rexistro e procesamento da información.
A.Bibliografía básica:
ALTIMIR, D. (2010). ¿Cómo escuchar a la infancia? Barcelona, Ed. Octaedro
ANGUERA, M.T. (Coord.) (1999). Observación en la escuela: aplicaciones. Barcelona: Edicions Universitat de Barcelona.
CABANELLAS, I. Coord. (Grupo de investigación entorno al hecho creativo)(2004) Ritmos Infantiles. Temas de in-fan-ci-a. Colección CD-1-Asociación de Maestros Rosa Sensat
HARMS, T; CLIFFORD, R. (1990). Escala de valoración del ambiente en la infancia temprana. Madrid: Aprendizaje-Visor.
HERRERO, M. L. (1999). Aplicación de la metodologia observacional al estudio del comportamiento infantil en el aula, en en Anguera, M. T. (1999). Observación en la escuela: aplicaciones. Ed. Universitat de Barcelona.
HUGET CORNELLES, T. (2018) ¿Recuerdo para que observo?. Revista Aula Infantil, 94, 23.
IGLESIAS, l. (2008). Observación y evaluación del ambiente de aprendizaje en Educación Infantil: dimensiones y variables a considerar. Revista Iberoamericana de Educación, 47
PLATAS, M.L. (1996). “El conflicto familiar: un contexto de enseñanza-aprendizaje. Observación y codificación”. Actas del Congreso Nacional sobre Motivación e Instrucción. AGP. (pág. 222). D.L.: M-30960-1996.
PLATAS, M. L. (2001). Observación de la conducta de los hijos pequeños en el contexto de discusiones matrimoniales: un estudio longitudinal. (441-457). Resumo de Teses de Doutoramento, 2001. Ed. Universidade da Coruña. ISBN: 84-9749-029-0.
POSTIC, M.; DE KETELE, J.M. (1992). Observar las situaciones educativas. Madrid: Narcea.
RINALDI, CARLINA (2001): Una pedagogía de la escucha: perspectiva desde Reggio Emilia Infancia en Europa: revista de una red de revistas europeas, Nº. 1, , pags. 3-6
SECADAS, F. (1992). Procesos evolutivos y escala observacional del desarrollo. Del nacimiento a la adolescencia. Vol.1-2. Madrid: TEA.
SUGRAÑES, E., et al. (2012).Observar para interpretar. Actividades de vida cotidiana para la educación infantil (2-6). Barcelona: Graó
VALLEJO SALINAS, A. (2018). Mi mirada y la observación. Revista Aula Infantil, 94,9-13.
ZIMMERMANN, D. (1987). Observación y comunicación no verbal en la Escuela Infantil. Madrid: M.E.C.- Morata.
B. Bibliografia complementaria
BECCHI, E. (1992), Scala per la valutazione dell´Asilo Nido. Milán: Franco Angeli.
BECCHI, E. et al. (1999). Strumenti e indicatori per valutare il Nido.Milán: Junior.
BONDIOLI, A.; SAVIO; D. (1994). Osservare il gioco di finzione: una scala di valutazione delle abilità ludico-simboliche infantili (SVALSI). Bergamo: Junior.
CABANELLAS, I.; HOYUELOS, A. (1998). Momentos. Cantos entre balbuceos. Pamplona: Universidad Pública de Navarra.
DIEZ NAVARRO, C. (1999). Un diario de clase no del todo pedagógico. Barcelona: La Torre.
ESCUDERO, V., LÓPEZ, S. y PLATAS, M.L. (1997): “Discusiones familiares en el hogar: Los niños en el contexto de la rivalidad y el conflicto”. En J.A. Ríos (Ed.) Realidad y Crisis de la Familia Actual. 52-86. Madrid. Editorial Fundación Ramón Areces. ISBN: 84-8004-281-8
HOYUELOS, A. (2004). La ética en el pensamiento y obra pedagógica de Loris Malaguzzi. Barcelona: Octaedro. Rosa Sensat
LOSADA, J.L; (2003) Metodología observacional. En Métodos de investigación en Ciencias Humanas y Sociales.Ed. Thomson
MALAGUZZI, L. (2009). La educación infantil en Reggio Emilia. «Temas de Infancia. Barcelona, Octaedro. Rosa Sensat. 2ª edición.
PEREZ SANCHEZ, M. (1995). Observación de bebés. Barcelona: Paidós Educador.
Sarceda-Gorgoso, MC.; Caldeiro-Pedreira, MC. &. & Barreira-Cerqueiras, E. (2019). La observación en el Prácticum de Infantil y Primaria: dimensión contextual y relacional. In Martínez-Figueira, M.E. & Raposo-Rivas, M. (coords). Kit de supervivencia para el Prácticum de Educación Infantil y Primaria. Madrid: Editorial Universitas,
Silvente J. (2021): Esquemas de acción: una guía para acompañar el juego.Barcelona: Veure Pensar Sentir
BÁSICAS E XERAIS
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar
sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G7 - Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E.24. - Dominar as técnicas de observación e rexistro.
E.25. - Abordar análise de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
E.26 - Saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
E.23. - Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combinan sesesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesión desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón una forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposición orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións cos compañeiros, e calquera outra que contribúa á construcción do coñecemento.
O traballo nas aulas será apoiado polo seguimento a través da USC Virtual onde o alumno disporá de ferramentas de apoio o seu estudo.
Así mesmo é o medio para publicar as tarefas deseñadas para a parte práctica Da materia. Proporcionáranse indicacións específicas en relación a elaboración dos traballos individuais e en equipo seleccionados así como características formais, e prazos de entrega.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:
A. ASISTENCIA E PARTICIPACIÒN
Peso na cualificación: 5%
B. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 40%
Instrumentos de avaliación: Exame final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno ó longo do curso a través dunha combinación de preguntas cortas e tipo test.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
Peso na cualificación: 40%
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Os indicadores e orientacións para a realización destas probas específicas serán explicados polo docente o inicio das sesións da materia.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
Peso na cualificación: 15%
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten o alumnado e tamén a calidade das diferentes exposicións realizadas nas dinámicas de aula que se propoñan ó longo das sesións.
MOI IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación.
Aínda que na Guía Docente da materia se especificarán con máis detalle todas as actividades e criterios de avaliación, con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadarunha puntuación mínima de:
2/4 ou 5/10 puntos no apartado B (Probas específicas),
2/4 ou 5/10 no apartado C (Informes escritos e outras producións)
0,75/1,5 ou 5/10 no apartado D (Presentacións orais).
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesión presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como ás que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, non son recuperables.
Sobre a dispensa da asistencia a clase, estará suxeita ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeneral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida solicitude, deberá informarse ao profesorado no inicio da materia (nas duas primeiras semanas preferiblemente). Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases (alumando repetidor, etc).
3. ALUMNADO NON ASISTENTE:
O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na guía docente.
O alumnado que, polas razóns que sexa, acode entre un 50%-80% das sesións presenciais, non poderá puntuar no apartado de participación na aula, pero sí presentar traballos e participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir aoexame final da materia, nas condicións que se indiquen na guía docente.
4. ALUMNADO CON DISPENSA DOCENTE: O alumnado que, solicite esta modalidade deberá informar da súa situación ó docente correspondente na mesma semana que en que soliciten a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación na materia.
5. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
A. Se no período ordinario assistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ó exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicaraseao docente naprimeira quincena de curso.
Os traballo individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo no pode ser utilizado para varias materias, excepto que se programen de xeito coordinado.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial:51 h
-Docencia expositiva (Gran grupo): 24 h
-Docencia interactiva (Grupo medio): 24 h
-Actividades de titoria e supervisión: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado: 99 horas
Total: 150 horas
Na guía docente da asignatura figura unha descrición detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuatrimestre.
1.A asistencia continuada ás sesións de clase, tanto teóricas como prácticas e sesións de titoría, así como entrega en tempo e forma dos traballos propostos, é imprescindible para un adecuado seguimento da materia e para poder superala na convocatoria ordinaria.
2.É recomendable posuír coñecementos no manexo do ordenador a nivel básico de usuario: sistema operativo, procesador de textos, navegación en internet e uso do correo electrónico.
3.Considérase moi recomendable que os alumnos e alumnas posúan ordenador e, a ser posible, conexión a internet no seu domicilio, xa que isto facilitará o acceso aos materiais en liña que se achegan e o uso da USC-Virtual para a realización de diversas actividades. Si esto non fora posible, poderán utilizar as infraestructuras que ofrece o centro: aula de informática e conexión WIFI no caso de utilizar portatil.
4. Consulta frecuente do aula virtual e uso das titorías individuais e grupais.
A USC é una Universidade presencial, polo que, tal como queda reflexado no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ó profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
O alumnado empregará o correo oficial da USC (@ rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado así como outras vías telemáticas. A programación da titoría será exclusivamente por vía telemática (Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura 2020-2021)
Calidade formal dos traballos:
Na realización das práctica e traballos se seguirán as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-que se poden consultar en el enlace: http://www.apastyle.org
- Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá do aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitaria, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
Protección de datos.
Aplicarase a normativa vixentena USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Outros datos de interese:
Horario de titorías do profesorado: exposto nos despachos e na páxina web da Facultade
Datas de exames: no calendario oficial
Información sobre fraude no sistema de avaliación:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación
Mª Carmen Caldeiro Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821061
- Correo electrónico
- mcarmen.caldeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 20 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 20 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 20 |
22.05.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
22.05.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 24 |
03.07.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 24 |
03.07.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |