Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten como finalidade proporcionar ao alumnado coñecementos teórico-prácticos acerca das dificultades de aprendizaxe e dos trastornos do desenvolvemento, que o capacite para o exercicio profesional no ámbito educativo. Para iso deberá:
- Identificar as principais características das dificultades de aprendizaxe e dos distintos trastornos do desenvolvemento, así como as variables individuais e contextuais asociadas ás súas diversas manifestacións.
- Coñecer e valorar criticamente os distintos modelos de avaliación e identificación temperá, tanto no ámbito das dificultades de aprendizaxe como nos trastornos do desenvolvemento.
- Coñecer e valorar criticamente os distintos procedementos de intervención educativa nas dificultades de aprendizaxe e nos trastornos do desenvolvemento.
BLOQUE I. MARCO TEÓRICO-CONCEPTUAL
1. Introdución ao estudo das dificultades de aprendizaxe e aos trastornos do desenvolvemento
BLOQUE II. PRINCIPAIS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
2. Discapacidade intelectual.
3. Trastornos do Espectro Autista.
4. Trastorno por déficit de atención e hiperactividade.
5. Trastornos da comunicación.
BLOQUE III. PRINCIPAIS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE.
6. Dificultades na exactitude lectora e ortográfica.
7. Dificultades na fluidez lectora.
8. Dislexia-Disortografía.
9. Dificultades na calidade da letra. Disgrafía.
10.Dificultades na comprensión lectora e composición escrita.
11. Dificultades en matemáticas. Discalculia.
BLOQUE IV. OUTRAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS A ALTERACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO
12. Discapacidade Motórica.
13. Discapacidade Sensorial.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
Fiuza, Mª. J., & Fernández, Mª. P. (2014). Dificultades de aprendizaje y trastornos del desarrollo. Manual Didáctico. Pirámide.
García, N. (2014). Prevención en dificultades del desarrollo y del aprendizaje. Pirámide.
Marchesi, A., Coll, C., & Palacios, J. (Comp.). (2017). Desarrollo Psicológico y educación. 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales (3ª ed.). Alianza Editorial.
Rivas, R. Mª., & López, S. (2015). Dificultades en el Desarrollo y del Aprendizaje. Pearson.
Bibliografía complementaria:
Alcantud, F. (2007). Intervención psicoeducativa en niños con trastornos generalizados del desarrollo. Pirámide.
Asociación Americana de Psiquiatría. (2024). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales, DSM-5-TR texto revisado (5ª ed.). Editorial Médica Panamericana.
Baron-Cohen, S. (2010). Autismo y síndrome de Asperger. Alianza Editorial.
Castejón, J. L., & Navas, L. (Eds.). (2013). Dificultades y trastornos del aprendizaje y del desarrollo en infantil y primaria. Editorial Club Universitario.
Defior, S., Serrano, F. & Gutiérrez, N. (2015). Dificultades específicas de aprendizaje. Síntesis.
Dolz, J., Gagnon, R., Mosquera, S., & Sánchez, V. (2013). Producción escrita y dificultades de aprendizaje. Grao
Fernández, F., Llopis, A. M., & Pablo, C. (2012). Discalculia escolar. CEPE
Gallego, J. L. (Dir.). (2006). Enciclopedia temática de logopedia (Vol 1 y 2). Aljibe
García, J. N. (2003). Intervención psicopedagógica en los trastornos del desarrollo. Pirámide.
González, J. (2003). Discapacidad intelectual: concepto, evaluación e intervención psicopedagógica. CCS.
Jiménez, J. E. (1999). Psicología de las Dificultades de Aprendizaje. Síntesis.
López, M. D., & Polo, M. T. (2015). Trastornos del desarrollo infantil (2ª ed.). Pirámide.
Martínez, J. (2023). Enseñar matemáticas a alumnos con necesidades educativas especiales (4ª ed.). Wolters Kluwer.
Miranda, A., Vidal, E., & Soriano, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Pirámide.
Outón, P. (2018). Programas de intervención con disléxicos (5ª ed.). CEPE.
Rivas, R. Mª., & Fernández, P. (2010). Dislexia, disortografía y disgrafía. Pirámide.
Schalock, R. L., Luckasson, R., & Tassé, M. J. (2021). Discapacidad intelectual: definición, diagnóstico, clasificación y sistemas de apoyos (12.ª edición) (M. A. Verdugo & P. Navas, Trads.). Hogrefe TEA Ediciones.
Suárez, A. (2000). Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Pirámide.
Teruel, J., & Latorre, Á. (2014). Dificultades de aprendizaje. Pirámide
Básicas:
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
G2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do estudantado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G4 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G6 Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G10 Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
Competencias transversais:
T2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4 Competencia informacional.
Competencias específicas:
E7 Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención.
E8 Saber informar a outros/as profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se expoñan.
E9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
Tratarase de estimular a participación activa do alumnado por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de diferentes actividades.
As actividades presenciais nas clases expositivas teñen como obxectivo introducir, fundamentar e desenvolver os contidos básicos de cada tema.
As actividades presenciais nas clases interactivas incluirán actividades prácticas, dirixidas á profundar nos contidos específicos e a súa aplicación a problemas, realidades e situacións concretas da práctica docente. Preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para o traballo autónomo (busca e manexo da información, comparacións a nivel teórico-explicativo, elaboración de mapas conceptuais, transferencia da teoría á práctica, elaboración e presentación de informes,...), fomentar a súa implicación en debates e tarefas grupais e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
Na atención titorial darase resposta ás necesidades específicas de cada alumno/a e realizáranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como un seguimento e avaliación continua tanto no referente ao ámbito dos coñecementos como das competencias.
Empregarase a aula virtual como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia ao longo de todo o semestre, fundamentalmente empregarase para a comunicación co alumnado e como repositorio de material (guía de cada tema, materiais de lectura...).
Respecto dos materiais non haberá un dossier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc.
A avaliación das aprendizaxes é continua ao longo do semestre, é dicir, ten un propósito formativo, e ten como base a observación das actividades individuais e grupais realizadas polo alumnado, así como a participación nas clases.
Na avaliación final teranse en consideración os seguintes aspectos:
A) Participación nas distintas actividades de clase (10%).
B) Realización e presentación dos traballos solicitados polo profesorado (50%). Os prazos de entrega dos traballos serán fixados previamente e inamovibles. Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
C) Proba individual escrita (exame), na data establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (40%).
Para superar a materia e ter en conta os outros compoñentes da avaliación será preciso aprobar o exame. O que supón que sexa necesario que, na proba escrita, a suma das súas dúas partes sexa, cando menos, de 4 puntos sobre 10.
Para obter unha valoración positiva da materia será preciso ter realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación.
Seguirase o mesmo sistema de avaliación para as distintas oportunidades contempladas no calendario académico. Na segunda oportunidade (convocatoria oficial de xullo), o alumnado que teña superado a proba individual escrita pero non os traballos solicitados polo profesorado, debe poñerse en contacto previamente co profesorado da materia e será avaliado desa parte a través dunha proba práctica que debe entregar na data oficial do exame. O alumnado que teña superado os traballos solicitados polo profesorado pero non a proba individual escrita deberá facer a proba individual escrita na data oficial do exame. O alumnado que non teña superado ningunha destas dúas partes da materia deberá realizar as dúas actividades indicadas (proba práctica, e proba individual escrita).
O alumnado repetidor ou non presentado avaliaranse segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
O alumnado con exención oficial de docencia/dispensa de asistencia a clase terá que poñerse en contacto co profesorado da materia para ter unha titoría co mesmo nos quince días seguintes da concesión da exención/dispensa para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do semestre. O sistema de avaliación de aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia, con excepción da participación nas distintas actividades de clase (que no se terán en conta para a avaliación). No seu caso, a calificación procederá da realización dos traballos solicitados polo profesorado (cun peso dun 50%) e a proba individual escrita (cun peso dun 50%).
Actividades presenciais:
Gran grupo: 24 horas
- Clases expositivas.
- Lectura de documentos.
- Presentación de material de apoio audiovisual.
- Instrucións para a realización de traballos e prácticas.
- Presentación de traballos.
- Debates guiados.
- Avaliación escrita.
Grupo reducido (seminario): 24 horas
- Traballo con textos complementarios, análises, discusións, estudo de casos e realización de prácticas de seminario.
- Discusión de conclusións.
- Guía e orientación de traballos.
Pequeno grupo ou individual: 3 horas
- Atención de necesidades específicas.
- Titorización individual do proceso de ensino-aprendizaxe.
- Orientación de traballos e estudo.
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 51
Actividades non presenciais: traballo autónomo do alumnado.
- Estudo, lectura e elaboración de traballos.
- Busca de información.
- Preparación de materiais previos.
- Análise de documentos.
- Resolución de casos e prácticas.
- Preparación de presentacións orais, debates, etc.
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 99
Dado o carácter básico e a situación no plan de estudos da materia, non se indican requisitos previos. Non obstante, será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos coñecementos propios das materias Psicoloxía do Desenvolvemento e Psicoloxía da Educación.
Recoméndase ademais:
•A asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
•A consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
•A realización e participación activa nas actividades prácticas.
•O traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
Recoméndase que o alumno/a faga uso dos horarios de titorías para recibir o apoio necesario e as directrices que faciliten tanto o estudo da materia coma a elaboración dos traballos que se indiquen. As titorías terán lugar nos seguintes horarios e lugares:
Profesora Paula Outón Oviedo
Os luns en horario de 10:00 a 14:00 horas, e os martes de 12:30 a 14:30 horas, no despacho 65 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Profesora Sabela Carme Mallo López
Os luns en horario de 10 a 14 horas, e os xoves de 10 a 12 horas, no despacho 44 da Facultade de Psicoloxía (Módulo A, 1º andar), Campus Vida.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade (Instrucción num. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC), os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia/dispensa de asistencia a clase .
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no enlace: https://apastyle.apa.org/
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional/pr…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que noN teñan referencia directa cos temas desenvolvidos
O alumnado deberá utilizar obrigatoriamente o correo electrónico da USC (@rai. usc.es) na sua comunicación co profesorado.
O alumnado deberá utilizar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.)
Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as instrucción dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O ensino-aprendizaxe (clases/tutorías) é un proceso privado, como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/proteccion-…
CONTACTO:
Profesora: Sabela Carme Mallo López
Despacho: Nº44 Facultade de Psicoloxía (Módulo A, 1º andar) - Campus Vida
Correo electrónico: sabelacarme.mallo [at] usc.es (sabelacarme[dot]mallo[at]usc[dot]es)
Profesora: Paula Outón Oviedo
Despacho: Nº65 (Módulo A) Facultade de Ciencias da Educación- Campus Vida
Correo electrónico: paula.outon [at] usc.es (paula[dot]outon[at]usc[dot]es)
Teléfono: 881813840
Paula Outon Oviedo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813838
- Correo electrónico
- paula.outon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sabela Carme Mallo López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- sabelacarme.mallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Fatima Fernandez Feijoo
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Correo electrónico
- fatimafernandez.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Fu - M) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fr) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (N - Z) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
22.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
26.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |