Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten por finalidade proporcionar aos alumnos/as coñecementos teórico-prácticos acerca das dificultades da aprendizaxe e dos trastornos do desenvolvemento, que os capaciten para o exercicio profesional no ámbito educativo. Para iso deberán:
•Coñecer as principais dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, na etapa da educación primaria, e identificar as súas características diferenciais.
•Comprender as diferentes clasificacións das dificultades de aprendizaxe e dos trastornos do desenvolvemento.
•Adquirir un coñecemento comprensivo da etioloxía e a problemática, que entorno a ela se plantexa, en relación ás dificultades de aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento.
•Desenvolver unha actitude analítica e reflexiva no ámbito da avaliación e intervención educativa das dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
•Desenvolver ferramentas de avaliación e pautas de intervención educativa.
•Obter coñecementos mediante o manexo (búsqueda, organización e análise crítico) de bibliografía e fontes documentais relacionadas cos contidos da materia.
•Habituarse á metodoloxía do traballo en equipo a través da participación, a colaboración cos compañeiros/as e a exposición correcta das propias ideas e prantexamentos.
BLOQUE I. MARCO TEÓRICO-CONCEPTUAL
1. Introdución ao estudo das dificultades da aprendizaxe e aos trastornos do desenvolvemento.
BLOQUE II. PRINCIPAIS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
2. Discapacidade intelectual.
3. Trastornos do Espectro Autista.
4. Trastorno por déficit de atención e hiperactividade.
5. Trastornos da comunicación.
BLOQUE III. PRINCIPAIS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE.
6. Dificultades na exactitude lectora e ortográfica.
7. Dificultades na fluidez lectora.
8. Dislexia-Disortografía.
9. Dificultades na calidade da letra. Disgrafía.
10.Dificultades na comprensión lectora e composición escrita.
11. Dificultades en matemáticas. Discalculia.
BLOQUE IV. OUTRAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS A ALTERACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO
12. Discapacidade Motórica.
13. Discapacidade Sensorial.
Básica:
Fiuza, Mª. J., & Fernández, Mª. P. (2014). Dificultades de aprendizaje y trastornos del desarrollo. Manual Didáctico. Pirámide.
García, N. (2014). Prevención en dificultades del desarrollo y del aprendizaje. Pirámide.
Marchesi, A., Coll, C., & Palacios, J. (Comp.). (2017). Desarrollo Psicológico y educación. 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales (3ª ed.). Alianza Editorial.
Rivas, R. Mª., & López, S. (2015). Dificultades en el Desarrollo y del Aprendizaje. Pearson.
Complementaria:
Alcantud, F. (2007). Intervención psicoeducativa en niños con trastornos generalizados del desarrollo. Pirámide.
Asociación Americana de Psiquiatría. (2024). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales, DSM-5-TR texto revisado (5ª ed.). Editorial Médica Panamericana.
Baron-Cohen, S. (2010). Autismo y síndrome de Asperger. Alianza Editorial.
Castejón, J. L., & Navas, L. (Eds.). (2013). Dificultades y trastornos del aprendizaje y del desarrollo en infantil y primaria. Editorial Club Universitario.
Defior, S., Serrano, F. & Gutiérrez, N. (2015). Dificultades específicas de aprendizaje. Síntesis.
Dolz, J., Gagnon, R., Mosquera, S., & Sánchez, V. (2013). Producción escrita y dificultades de aprendizaje. Grao
Fernández, F., Llopis, A. M., & Pablo, C. (2012). Discalculia escolar. CEPE
Gallego, J. L. (Dir.). (2006). Enciclopedia temática de logopedia (Vol 1 y 2). Aljibe
García, J. N. (2003). Intervención psicopedagógica en los trastornos del desarrollo. Pirámide.
González, J. (2003). Discapacidad intelectual: concepto, evaluación e intervención psicopedagógica. CCS.
Jiménez, J. E. (1999). Psicología de las Dificultades de Aprendizaje. Síntesis.
López, M. D., & Polo, M. T. (2015). Trastornos del desarrollo infantil (2ª ed.). Pirámide.
Martínez, J. (2023). Enseñar matemáticas a alumnos con necesidades educativas especiales (4ª ed.). Wolters Kluwer.
Miranda, A., Vidal, E., & Soriano, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Pirámide.
Outón, P. (2018). Programas de intervención con disléxicos (5ª ed.). CEPE.
Rivas, R. Mª., & Fernández, P. (2010). Dislexia, disortografía y disgrafía. Pirámide.
Schalock, R. L., Luckasson, R., & Tassé, M. J. (2021). Discapacidad intelectual: definición, diagnóstico, clasificación y sistemas de apoyos (12.ª ed.) (M. A. Verdugo & P. Navas, Trads.). Hogrefe TEA Ediciones.
Suárez, A. (2000). Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Pirámide.
Teruel, J., & Latorre, Á. (2014). Dificultades de aprendizaje. Pirámide.
Básicas:
CB1. Que os estudantes teñan demostrado poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de sua área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Xerais:
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respeto dos dereitos humáns que conformen os valores da formación cidadá.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as suas familias, atendiendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas:
E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamiento.
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
Transversais:
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Tratarase de estimular a participación activa dos alumnos e alumnas por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de diferentes actividades.
As actividades presenciais nas clases expositivas teñen como obxecto introducir, fundamentar e desenvolver os contidos básicos de cada tema.
As actividades presenciais nas clases interactivas incluíran actividades prácticas, dirixidas á profundización de contidos específicos e a súa aplicación a problemas, realidades e situacións concretas da práctica docente. Ademais preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (búsqueda e manexo da información, comparacións a nivel teórico-explicativo, elaboración de mapas conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, elaboración e presentación de informes,...), fomentar a súa implicación en debates e tarefas grupais e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
Na atención titorial, atendéranse ás necesidades específicas de cada alumno/a e realizáranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como, un seguimento e avaliación continuada tanto no referente ao ámbito dos coñecementos como das competencias.
Empregarase a aula virtual como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia ao longo de todo o semestre. Fundamentalmente empregarase para a comunicación cos estudantes e como repositorio de material (guía de cada tema, materiais de lectura...).
Respecto dos materiais non haberá un dossier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc.
A avaliación das aprendizaxes é continua ao longo do semestre, é dicir, ten un propósito formativo, e ten como base a observación das actividades individuais e grupais realizadas polo alumnado, así como a participación nas clases.
Na avaliación final teranse en consideración os seguintes aspectos:
A) Participación nas distintas actividades de clase (10%).
B) Realización e presentación dos traballos solicitados polo profesorado (50%). Consistirán en sete actividades colectivas obligatorias relacionadas cos contidos da materia. Os prazos de entrega dos traballos serán fixados previamente e inamovibles. Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
C) Proba individual escrita (exame), na data establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (40%).
Para superar a materia e ter en conta os outros compoñentes da avaliación será preciso aprobar o exame. O que supón que sexa necesario que, na proba escrita, a suma das súas dúas partes sexa, cando menos, de 4 puntos.
Para obter unha valoración positiva da materia será preciso ter realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación.
Seguirase o mesmo sistema de avaliación para as distintas oportunidades contempladas no calendario académico. Na segunda oportunidade (convocatoria oficial de xullo), o alumnado que teña superado a proba individual escrita, pero non os traballos solicitados polo profesorado, debe poñerse en contacto previamente co profesorado da materia e será avaliado desa parte a través dunha proba práctica que debe entregar na data oficial do exame. O alumnado que teña superado os traballos solicitados polo profesorado, pero non a proba individual escrita, deberá facer a proba individual escrita na data oficial do exame. O alumnado que non teña superado ningunha destas dúas partes da materia deberá realizar as dúas actividades indicadas (proba práctica, e proba individual escrita).
Os/as estudantes repetidores ou non presentados avaliaranse segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
O alumnado con exención oficial de docencia/dispensa de asistencia a clase terá que poñerse en contacto co profesorado da materia para ter unha titoría co mesmo nos quince días seguintes da concesión da exención/dispensa para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do semestre. O sistema de avaliación de aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia, con excepción da participación nas distintas actividades de clase (que no se terán en conta para a avaliación). No seu caso, a calificación procederá da realización dos traballos solicitados polo profesorado (cun peso dun 50%) e a proba individual escrita (cun peso dun 50%).
-Actividades presenciais: 51 horas repartidas en:
•Actividades en gran grupo: 24
•Actividades en grupo mediano: 24
•Titorías: 3
-Actividades de traballo autónomo: 99 horas repartidas en:
Estudo, búsqueda de información, análise de documentos, preparacion de materiais previos, exposición de traballos, participación en debates, lectura e elaboración de traballos, elaboración de esquemas e mapas conceptuais, elaboración de estratexias para a búsqueda de información, preparación de presentacións orais, resolución de casos prácticos…
-Tempo estimado total: 150 horas
•Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
•Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
•Realización e participación activa nas actividades prácticas.
•Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
• Recoméndase que o alumno/a faga uso dos horarios de titorías para recibir o apoio necesario e as directrices que faciliten tanto o estudo da materia coma a elaboración dos traballos que se indiquen. As titorías terán lugar nos seguintes horarios e lugares:
Profesora Vanessa Blanco Seoane
Os martes en horario de 9 a 14:00 horas no despacho 5.07 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) e os xoves de 12:00 a 13:00 horas no despacho 43B da Facultade de Psicoloxía (Campus Vida).
Profesora: Paula Outón Oviedo
Os luns en horario de 10:00 a 14:00 horas e os martes de 12:30 a 14:30 horas, no despacho 65 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(https://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasi…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia/dispensa de asistencia a clase.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no enlace: https://apastyle.apa.org/
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
O alumnado deberá utilizar obrigatoriamente o correo electrónico da USC (@rai. usc.es) na sua comunicación co profesorado.
O alumnado deberá utilizar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.)
Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as instrucción dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/tutorías) é un proceso privado, como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, https://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html
CONTACTO:
Profesora: Vanessa Blanco Seoane
Despacho: Nº 507 Facultade de Ciencias da Educación- Campus Norte
Correo electrónico: vanessa.blanco [at] usc.es (vanessa[dot]blanco[at]usc[dot]es)
Tfno: 881813744
Profesora: Paula Outón Oviedo
Despacho: Nº 65 (Módulo A) Facultade de Ciencias da Educación- Campus Vida
Correo electrónico: paula.outon [at] usc.es (paula[dot]outon[at]usc[dot]es)
Tfno: 881813840
Vanessa Blanco Seoane
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813744
- Correo electrónico
- vanessa.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paula Outon Oviedo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813838
- Correo electrónico
- paula.outon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
14:30-16:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 + Dobre Grao 2º | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
28.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
28.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
28.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
28.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
09.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
09.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |